O Quinto Elemento (nº 1)

Page 1

20 09 de Fe br ei ro

Voceiro de 1o de ESO C do IES Gonzalo Torrente Ballester

Aquí

e s t a m o s...

Somos os rapaces e rapazas de 1º da ESO C do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, coñecido na nosa cidade coma o quinto. Este é o primeiro número da nosa revista de clase. Nela imos escribir sobre as cousas que nos gustan, que nos importan, que nos pasan, tanto no instituto coma fóra del. Somos un equipo de redacción moi amplo, todos achegamos algo: escribimos, debuxamos, fotografa-

mos, buscamos información. Tamén contamos con colaboracións de compañeiros e compañeiras doutras clases e dos nosos profesores e profesoras. Aquí estamos Cintia, Pablo, Anxo, Clara, César, Sandor, Iván D., Patricia, Rodrigo, José Manuel, Rubén, Jose, Paula, Diego, Jonathan, Iván V., Carmen e Marisol.

HAI DIFERENZA DO COLEXIO AO INSTITUTO? por César Díaz García

Hai nenos que din que o instituto é moito máis difícil ca o colexio. Hainos que din todo o contrario, é dicir, que é máis doado ca o colexio. E tamén os hai que din que non notan a diferenza. Eu son dos que non notan a diferenza niso, porque de momento o que se está dando é coma un repaso do que xa vimos o ano pasado en 6º. Ao que non me afago e non me gusta nada é a que en 1º da ESO non teñamos música. Tamén hai outra diferenza con respecto ao colexio que é o tempo que se pasa na aula. No colexio eran 5 horas e no instituto pasan a ser 40 minutos máis, pero só os días que saímos ás 14:10h, que cando saímos ás 15:00h pasa a ser 1 hora e ½ máis ca as que pasabamos no colexio. Outra cousa que tamén cambia é, dende logo, o profesorado. E niso si que notei o cambio. No colexio os profesores e as profesoras ``pásanche´´ máis as cousas mal feitas. No entanto, no instituto son máis estritos. Hai moitos tipos de profesores: tranquilos, histéricos, baixos, altos, que impoñen, que dan risa, que estresan... Tamén, e por desgraza, deixas de estar tanto tempo cos compañeiros e compañeiras do ano pasado que van para outro instituto. Pero todo iso esquécelo cando coñeces a novos nenos e novas nenas e te fas amigo deles. Outro tema que tamén cambia son os deberes. No colexio case non poñían e no instituto poñen máis. Pasa o mesmo cos traballos. No que levamos de curso xa fixen máis que en todo o curso pasado. No instituto a vida é diferente porque todo ao que estabas afeito cambia. Tes sempre a alguén ``por riba´´de ti. Porén vaste dando conta do importante que é o compañeirismo. Debuxo: Rubén Gómez Dopazo 2º ESO B

1 No

O Quinto Elemento

O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 1


A CAPA DE OZONO E O CAMBIO CLIMÁTICO por Clara Díaz Fernández e Cintia Cabada Malvar CAMBIO

CLIMÁTICO

Proceso mediante o cal varían as temperaturas, precipitacións e demais factores climáticos ocasionando un desastre natural.

O ozono é un gas formado pola acción da luz sobre o osíxeno. Isto leva acontecendo durante milleiros de anos, pero a capa de ozono sempre se mantiña estable grazas aos compostos de nitróxeno presentes na atmosfera. A nivel do chan unhas concentracións tan elevadas poden chegar a ser perigosas para a saúde, pero estas protexen a vida do planeta da radiación ultravioleta (raios uva) que pode chegar a causar cancro de pel. En definitiva, sen ela a vida na Terra sería imposíbel, e por iso é natural que no ano 1970 os científicos se preocuparan ao descubriren unha diminución da capa de ozono (tamén chamado burato na capa de ozono) na Antártida. Esta diminución estaba provocada por uns compostos químicos (composto de flúor) presentes nos aerosois, sobre todo no cloro e nos fertilizantes. Fíxose unha proposta de prohibición de producir calquera composto de flúor, pero esta non se levou a cabo. No entanto, no ano 1995 reduciuse case por completo a utilización deste produto. Aínda así, para substituír este produto estanse utilizando outros (meticloroformo e tetracloruro de carbono e tamén hidrocloroflurocarbono) que tamén son moi contaminantes e axudan a diminución da capa de ozono. Non só interveñen estes compostos da desaparición da capa de ozono, se non que tamén interveñen outros gases como o dióxido de carbono (producido

polos coches e as fábricas) que, aínda que non destrúen a capa de ozono, aumentan a calor da Terra producindo o tamén famoso quecemento global. OPINAMOS O dodo extinguiuse pola culpa dos colonos europeos. Queremos acaso nós ser extinguidos polo quecemento global? Cremos que o cambio climático é algo terríbel, e é un perigo para a supervivencia da vida na Terra. Temos que ser realistas e pensar que é unha cousa grave, e que xa está moi avanzada, e que, se non reaccionamos pronto, a catástrofe aparecerá diante dos nosos ollos, e non nun documental sobre o que acontecería. Que sexa grave non quere dicir que non poidamos facer nada para remedialo. Se pensamos iso, a desgraza chegará antes.

AS BICICLETAS DE SALTOS por Pablo Castro Acuña

Hai varios tipos de bicicletas de saltos, as Dual e as BMX, e hai campionatos de todos os tipos. As BMX teñen as rodas máis pequenas, e o cadro tamén ten bastante diferenza con respecto ao tamaño. Normalmente non adoitan levar freo de disco e as outras, as Dual, si que o levan. Ademais non levan cambio nin suspensión. As bicis poden ser de fibra de carbono ou aluminio; así son menos pesadas e máis lixeiras co cal facilitan moito máis os saltos e as piruetas. A miña bicicleta é unha BH OVERX, o modelo novo. Comprei esa porque é unha das que máis me gustaban. Para min son mellores as bicis Dual xa que se goza moito máis.

O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 2


UN OUTONO DE MEDO por Paula Palacios e Carmen Vilela

O dia 30 de outubro celebramos no noso IES o “Halloween”, en galego Samaín. Organizárono a nosa titora, Alexandra, e outros profesores/as, e traballamos na actividade todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO, que realizamos varios traballos para a decoración do centro: na clase de plástica fixemos guirnaldas con recortables con diferentes formas, bruxas, morcegos, cabazas, e coa nosa titora fixemos guirnaldas de follas secas…Tamén compuxemos e decoramos uns murais coas profesoras de galego co tema da “santa compaña”, seres mitolóxicos, refráns do outono, identificación de follas de árbores... Houbo dous concursos, un de cabazas e outro de centros de outono con ourizos, castañas… Os gañadores foron todos de 1º C: o da cabaza foi Diego Peón, e os do centro foron Carmen Vilela, Paula Palacios e Iván Vidal. De premio pola participación déronos a todos un vale para a cafetería. Aos gañadores, ademais, déronlles un libro a cada un. Logo os mestres na biblioteca do centro déronos unha gran sorpresa. Decoraran a biblioteca con cabazas, teas, cabeiras, velas… e os profesores Manuel Lorenzo e Francisco Calo contáronos algúns contos de medo. Despois algúns compañeiros nosos tamén se animaron a ler en alto algunha historia: Patricia, José Manuel, César, Clara e Sara. Sacáronselle fotos a todas as cousas que fixemos, e tamén se gravou un vídeo da sesión de contos. Con todo iso fíxose unha montaxe en DVD que está dispoñible para quen a queira. O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 3


A RECEITA: CHULAS DE CABAZA por Jorge Cortés Esperón (1º ESO B)

Ingredientes 4 ovos, 6 culleradas de azucre, media cabaza mediana, fariña (a que admita), 1 sobre de lévedo por cada 400 gramos de fariña, a reladura dun limón, aceite para fritir, sal, azucre para botar por riba, canela, anís, pasas e piñóns (opcional).

Xeito de preparación Pelamos a cabaza e partímola en anacos. Cócese ata que estea tenra e logo escórrese e desfaise ben (cun garfo). Ponse de novo a escorrer. Batemos os ovos co azucre e unha chisca de sal. Engádeselle a reladura e o zume do limón. Mesturamos ben. Unha vez que a cabaza quedou ben escorrida engadímola á mestura anterior. Mesturamos ata que quede homoxéneo. Mesturamos a fariña co lévedo e incorporámola, cunha peneira, pouco a pouco á mestura. Ten que quedar nun termo medio, é dicir, nin moi espesa nin moi líquida (podemos probar fritindo unha pequena porción de masa e comprobando se o resultado está ó noso gusto). Deixamos repousa-la masa uns cinco minutos. Poñemos ó lume unha tixola con aceite para fritir e cando estea ben quente fritimos porcións de masa que depositaremos na tixola cunha culler sopeira. Débese fritir polos dous lados da chula cando menos un par de veces. Deben quedar douradas e cocidas por dentro. Se o lume está moi violento, pódense queimar xa que a masa ten azucre. Retirámolas cunha escumadeira. Escórrese en papel de cociña para eliminar o exceso de aceite e compróbase a cocción. Esparexer con azucre en quente e servir. Hai que tamén lle bota ao amoado unhas pasas e/ou piñóns, e incluso unha chisca de anís. Tampouco lle cae mal esparexer por riba unha pouca canela, que rico!

O BALONCESTO E O BALONMÁN SON DEPORTES PARECIDOS por Jose Muíños e Rubén López

O baloncesto e o balonmán son deportes aos que lles atopamos moitas semellanzas, por moito que teñan características específicas. Entre as súas diferenzas destacan que a pelota de balonmán é máis pequena ca a de baloncesto, que no baloncesto utilízase unha canastra (está a 3,05m do chan) e no balonmán utilízase unha portería (o ancho é 3m) e que no baloncesto xogan cinco xogadores e no balonmán seis mais o porteiro. Entre as s e m e l l a n za s máis claras está que nos dous deportes xógase cunha pelota, e que esta bótase e cóllese coas mans. Os dous xóganse en pavillóns e ambas seleccións españolas son campioas do mundo. As regras do balonmán e do baloncesto son moi similares. Nestes dous deportes temos dobres, pasos, faltas, etc.

O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 4


O XADREZ por Rodrigo González Regueiro Para aprender a xogar ao xadrez fai falta paixón e aplicación. No mundo hai 156 federacións nacionais de xadrez asociadas á FIDE, organización internacional que as representa a todas. De todos os deportes, só as federacións mundiais de fútbol e atletismo contan cun número tan grande de afiliados. Pero nos xornais, medios de comunicación e organismos públicos non se lle presta tanta atención como a outros deportes máis populares. A min ensinoume a xogar o meu irmán cando eu tiña oito anos e dende entón encántame xogar, e, cando podo, competir en torneos. Estou na Escola de Xadrez Pontevedra, onde temos varios equipos para xogar nas distintas Ligas galegas. Prefiro as partidas longas que as curtas. O meu xogador favorito é Bobby Fisher; o meu pai e un dos meus adestradores din que na miña forma de xogar parézome a Fisher. As orixes do xadrez remóntanse a Oriente no ano 2500 a.C., trátase dun taboleiro cadrado composto por 64 casiñas, 32 brancas alternadas con 32 negras. O taboleiro é o campo de batalla nunha partida de xadrez, os peóns son as tropas dos dous exércitos. Gánase a batalla cando se lle dá xaque mate ao Rei ou cando o adversario se rende.

AS PEZAS

O Rei. É o xeneral que dirixe a batalla, hai un rei branco e un rei negro. Móvese soamente unha casiña en todas as direccións. A Torre. Están situadas nas catro esquinas do taboleiro, hai dúas torres brancas e dúas torres negras. Son as fortalezas dos dous exércitos, e poden moverse en vertical ou en horizontal. O seu valor é de 5 puntos. O Alfil. Están aos lados do rei e da dama, hai dous alfís brancos e dous negros. Móvense en diagonal. O seu valor é de 3 puntos. A Dama. Sen dúbida é a peza máis poderosa do xogo, hai unha dama branca e unha dama negra. Móvese como unha torre (en horizontal ou en vertical), ou tamén un alfil (en diagonal) e pode ir ás casiñas que queira. O seu valor é de 10 puntos. O Cabalo. Entre as torres e os alfís están os cabalos, hai dous cabalos brancos e dous negros. Móvense en forma de L. O seu valor é de 3 puntos. O Peón. Hai oito peóns brancos e oito negros. Avanzan unha casiña cada vez na súa propia columna e non poden ir cara a atrás. O seu valor é de 1 punto.

O RÍO XALLAS por Clara Díaz Fernández e Cintia Cabada Malvar

O Xallas é un pequeno río no noroeste da Península Ibérica que transcorre pola provincia da Coruña. Serpentea pola comarca do Xallas. Ten 65 quilómetros de longo, unha cunca de 504 quilómetros cadrados de extensión e un caudal de pouco máis de 13 metros cúbicos por segundo. Neste río hai 6 centrais hidroeléctricas debido á potencia hidráulica que ten. Tres destas centrais están na súa desembocadura. O primeiro afluente importante que recibe é Río Mira. Durante boa parte do seu curso o caudal do Xallas mantense constante por causa dos encoros que se construíron nel. O encoro máis importante é o da Fervenza. O Xallas atravesa o fermoso monte Pindo e precipítase nunha caída practicamente libre, de algo máis de 100 m, á ría de Ézaro fronte ao cabo Fisterra no Océano Atlántico. É o único río de Europa que desemboca formando unha fervenza, pero este espectáculo natural non se pode ver máis que algúns días ao ano porque está canalizado cuns tubos da central hidroeléctrica.

A MÚSICA QUE ME GUSTA por Diego Peón Calvar

A min gústame moito escoitar música. Escóitoa no mp4 a todas horas e é incrible. Gústanme moitos tipos de música: rock, pop… algo en español pero a maioría en inglés, algúns xa veteranos e outros moi recentes. Póñoche a continuación os nomes dalgún dos meus cantantes e grupos favoritos. Seguro que algúns tamén che gustan a ti, ou se cadra douche algunha idea para escoitar cousas novas. Estes son: Jonas Brothers, Mago de Oz, Fito y los fitipaldis, Europe, El canto del loco, Estopa, La oreja de Van Gogh, Safri Duo, Amaral, Rihanna, Camila, Nena Daconte, K-Narias, Madcon, Pignoise, Porta, Calle 13, Demi Lovato, La Quinta Estación, Cold Play, 50 Cent, Eminem, U2, Evanescence, Amy Winehouse, Marilyn Manson, Katy Perry, The Script. O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 5


O PODER DUNHA FABADA? por Anxo Costa e JosĂŠ Manuel Ledo

O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 6


SKATES por Iván Dios, Iván Vidal e Jonathan Salazar O skate é unha táboa con rodas e eixes. Con el pódense facer moitos trucos, como o pop-shovit, que é darlle unha volta de 180o, ou o ollie, que é levantar a táboa sen movela. Hai moitas marcas de skates, as máis coñecidas son Chocolate, Girl, Toy Machine, Imagine, Rial… Para patinar utilízanse unhas zapatillas especializadas -teñen que ser moi resistentes aos roces-, como as Nike Dunk MID pro Sb, Supra, DVS, etc. Co skate pódense grindar moitas cousas: barandas, bancos, etc… Hai moitos tipos de grinds diferentes, como o boardslide, que é grindar coa parte do medio do skate, ou o fiftyfifty, que é grindar cos eixes. Truco

Movemento que se fai coa táboa-skate.

Grindar

Deslizarse coa táboa e/ou os eixes nun elemento que non estea en contacto co chan.

Finger

O finger é un skate pequeno que se manexa cos dedos. Hai moitas marcas e moitos trucos que podes facer, como o flip ou o impossible. En Pontevedra sóense mercar en Sin semilla ou en Mission.

VIDEOXOGOS por Sándor Diéguez Fernández

Preséntoche aquí algúns dos meus videoxogos favoritos. Son variados na temática, e douche unha pequena información de cada un. Lembra consultar con teus pais á hora de escollelos! THE DARKNESS

Terror

Vai dun home que é exortizado no seu 21 cumpleanos

STAR WARS UNLEASHED

Acción

Xogo da Guerra das Galaxias

NEED FOR SPEED UNDERCOVER 2

Coches

FALLOUT 3

Acción

RESIDENT EVIL 4, 5

TONY HAWK’S PRO SKATER 2 EL PADRINO JACKASS

VAMPIRE BLOODLINES BRAIN TRAINING

Terror

Skates

Acción Risa

Terror

Memoria

Xogo de zombies que nacen dun virus Xogo de skates para facer trucos

Xogo de carreiras con coches moi rápidos

Xogo de mafiosos no que te tes que converter no Don Neste xogo apareces nun búnker do que tes que fuxir Xogo para divertirse, no que só fas parvadas Neste xogo creas o teu propio vampiro Xogo de memoria e lóxica

O q u i n t o e le m en t o no 1 - Febreiro de 2009 - pax. 7


QUE MODA HAI NO INSTITUTO? por Patricia Gaiteiro e Marisol Zambrano

Choco chámome de nome, late do meu corazón, quen non acerte o meu nome é un gran burricón.

4

Que cousa, cousa é cando vai para o monte mira para a casa, cando vai para a casa mira para o monte.

2

5

Negriño son, colgadiño estou, se me apretas no cu, adeus que me vou.

Redondín, redondón nin ten boca nin tapón.

Edi ta

1 º E S O C - I E S G ON Z A L O T O RR E N TE B A L LE S T E R R úa H e r m i ni a F a r i ña C o b i á n S /N - 3 6 00 3 Po nte ve d r a T el f . 9 8 6 8 6 3 6 12 F ax 9 86 8 63 6 1 3 i e s . to r r e nt e . b al l e s t er @ e d u. x u nta . e s h t tp : / /c e n t r o s . e du . x u n ta . e s /i e s to rr e n te b al l e s t er

Maquetación e revisión: ACO, titoría 1º ESO C, LRN

3

6

No campo do meu amante, hai un cabalo francés, ten dentes e non boca, ten cabeza e non pés.

Que cousa, cousa é que cando vai para o monte vai encollido, e cando vén de volta vén estirado.

RESPOSTAS ÁS ADIVIÑAS:

1

AS ADIVIÑAS DA AVOA por Patricia Gaiteiro

.lavida O .6 ,ovo O .5 ,arbac ad sonroc sO .4 ,olla O .3 ,etop od uc O .2 ,etalocohC .1

No instituto vén xente moi diferente: rapeiros, punkis… Cada estilo ten as súas características e a súa historia. Estes son os principais: Rapeiros. Na nosa clase temos un bo exemplo deste estilo, Joni, así que lle preguntamos sobre isto. A el gústalle a musica rap (S.F.D.K). Aos doce anos empezou a ser rapeiro porque cría que era un mundo diferente. Empezou por un amigo. Compra a roupa en BOOM BOOK, de marcas como Zoo York, Êcko e Dickies. Soen levar roupa moi ampla, pantalóns baixos e sudadeiras, e gorros ou viseiras. Punkies. Visten de escuro, de negro ou outras cores escuras. Case sempre andan con roupa que ten os estampados de caveiras, cousas de coiro e con cravos ou chatolas, pantalóns axustados e botas. Moitos deles levan o pelo de punta, con cristas. Pijos. Gústalles levar cousas caras e de marcas especiais, e ir moi conxuntados. As rapazas visten de rosa moitas veces, con moitos accesorios a xogo e soen levar o pelo moi liso. Preocúpanse moito polo seu aspecto, super guai! Hippies. Soen ir con cores moi chamativas, estampados de flores, xerseis de la, saias longas, pantalóns anchos, bolsos grandes tanto os rapaces coma as rapazas… A miúdo son ecoloxistas e pacifistas. Soen ter o pelo longo e teñen outro xeito de vida.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.