O Forneiro

Page 1

C.E.I.P. SAN ISIDRO

XUテ前 2011- Nツコ 60

Sergio 5ツコ

C.E.I.P. SAN ISIDRO


C.E.I.P. SAN ISIDRO


EDITORIAL Xa está aquí de novo O Forneiro, xornal escolar do noso colexio. Como vedes, este ano cambiámoslle o formato e o editamos en cores. Sempre que nos sexa posible (se temos cartos e axudas económicas) farémolo así porque os traballos dos nenos e nenas resultan mais vistosos e reais. Co remate do curso, chega ás vosas mans, tentando facer un pouco de memoria do que pasou ao longo do mesmo. O que aquí aparece publicado é só unha mínima mostra do traballo que ao longo do curso realizaron profesores e alumnos/as. Aínda así intentamos que quede representado algo de cada saída; das festas celebradas no centro: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas...; actividades extraescolares, o deporte do cole, temas de actualidade... así como outras actividades: contos, poesías, entrevistas..., pero todo isto feito coa óptica e a creatividade dos nenos e nenas. Como noutras ocasións, os alumnos e alumnas de 6º despídense nestas páxinas, porque o ano que ven xa estarán no instituto. Desexámoslles que teñan moita sorte na súa nova andaina.

INDICE

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Alí Babá e os 40 ladróns.....................4 Os poetas de 4º................................5 Violencia de xénero: Cando non será noticia..............................................6 Monte de Ancos.................................7 Visita á casa do mel.........................10 fomos ao teatro FRANKENSTEIN.......11 No Jofre..........................................12 Excursión a a Coruña.......................13 Saída ao Belelle...............................15 De novo ola a todos e todas!............16 Orla 6º de Infantil............................20 O tren de 4º de Infantil....................21 5º de Infantil debuxa.......................22 O Samaín........................................23 Nadal 2011......................................24 Día escolar pola Paz e a Non violencia..........................................25 Entroido 2011...............................................26 Letras Galegas 2011........................28 O noso Composteiro.........................29 Aprende a circular en bicicleta..........................................30 Excusión a Madrid............................32 English-speaking countries by population.......................................34 O deporte no noso colexio................36 ANPA C.E.I.P. San Isidro..................37 Despedidas alumn@s de 6º..............38

Tamén nos despedimos de todos os demáis alumnos/as, pais/nais e profes. ¡Ata pronto a todos! especialmente aos que se van, porque saben que aquí, no seu colexio San Isidro, sempre teñen as portas abertas. Ata aquí o que deu de si este curso. ¡¡¡ FELICES VACACIÓNS!!! ESTA PUBLICACIÓN ESTÁ SUBVENCIONADA POLA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LIGÜÍSTICA

C.E.I.P. SAN ISIDRO

3


C.E.I.P. SAN ISIDRO

4


Lucía V.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

5


Violencia de xénero: Cando non será noticia? O día 25 de novembro, “Día Internacional para eliminar a violencia de xénero”, os alumnos dos CEIPS e do IES do concello de Neda fomos invitados a unha concentración na praza do concello, organizada pola Concellería da Muller e Xuventude. Dita concentración celebrouse ás doce do mediodía e nela léronse distintos textos rexeitando a violencia de xénero. En representación do CEIP San Isidro fomos os alumnos de 6º de primaria. Dous de nós, Sofía e Carlos, elixidos entre os voluntarios, lemos este decálogo de “Consellos para as mulleres”, elaborado por todos os alumn@s da aula: “Muller, que ninguén silencie a túa verdade. Muller, que ninguén te afogue e te obrigue a calar. Muller, que ninguén che encadee o corazón. Muller, que ninguén te faga chorar. Muller, que ninguén decida cando tés que morrer. Muller, que ninguén che corte as túas ás para que deixes de voar. Muller, atopa a túa liberdade e vive en paz. Muller, chama ao 016, se non queres máis tundas levar. Muller, teclea o 0, o 1 e o 6, se desexas volver a empezar. Alguén te axudará, e comezarás de novo a camiñar”. En case tódalas sociedades e culturas prefírese e prixilexiase aos nenos sobre as nenas. A preferencia polos nenos é unha forma de discriminación sexual que comenza no nacemento e incluso antes. Ao menos 60 millóns de nenas que doutro xeito vivirían, desapareceron de diversas poboacións, maiormente en Asia, coma resultado do aborto selectivo en función do sexo, o infanticidio ou a desatención. Os alumn@s de 6º de primaria do CEIP San Isidro queremos que dentro duns anos haxa menos violencia de xénero no mundo e que as nenas e as mulleres sexan para todo o mundo coma os nenos e os homes.

Sofía e Carlos 6º C.E.I.P. SAN ISIDRO

6


MONTE DE ANCOS O MIRADOR DO MONTE DE ANCOS visto polos nenos e nenas de 1º ciclo:

Alejandro (Mirador)

Lucas (Cúmio de Ancos)

Diego (Mirador)

Sergio (Ría de Ferrol e montañas)

Lucas (Fábrica de foguetes do Coto de Ancos)

C.E.I.P. SAN ISIDRO

7


C.E.I.P. SAN ISIDRO

8


C.E.I.P. SAN ISIDRO

9


VISITA Á CASA DO MEL O día 4 de outubro de 2010 o 2º Ciclo de Primaria fixo una visita á Casa do mel de Goente, no concello de As Pontes. Alí vimos unha morea de cousas, dende una candea feita con cera natural a como viven as abellas na colmea. Aprendemos que as abellas son insectos sociais que viven agrupados en colonias. Puidemos observar diferentes tipos de colmeas : antigas como os trobos, cortizos, covos e colmeas mobilistas (modernas). Nestas colmeas dánselles ás abellas os panais feitos (cadros con cera) e estes pódense trasladar de lugar e aínda de colmea. A media mañá tivemos unha degustación de meles untadas en torradas. Que ricas! As abellas aliméntanse do mel agás a raíña que se alimenta da xalea real. As abellas recollen o néctar das flores para facer o mel, dependendo das flores que visiten prodúcense diferentes tipos de mel. Os apicultores son a xente que coida ás abellas e recolle o mel . Cando andan con elas e para que non lles piquen, teñen que levar un traxe especial, carauta, luvas, botas e una espátula. A colmea é moi ampla e nela viven os enxames que están constituidos por tres tipos de abellas: As obreiras que, como o seu nome indica, adícanse a traballar. A raíña que é a que manda e a que pon os ovos. Os zánganos son os machos e o seu traballo consiste en fecundar os ovos que pon a raíña. As larvas críanse nas celas en forma de hexágono da colmea. Vimos un video e regaláronnos una flor feita con cera. Coincidiu de estar alí unha reporteira e un cámara da TVG, fixéronnos preguntas e saímos no programa A Revista.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

10


Fomos ao teatro Frankenstein O xoves 18 de novembro , o 2º Ciclo de Primaria fomos ver una historia de risa e medo titulada Frankenstein, ao Auditorio de Narón. Era un día chuvioso. Cando chegamos as luces estaban apagadas e de súpeto… un lóstrego!!! Todos e todas botamos un berro tremendo. Que medo! Os personaxes eran o pianista, un chepudo moi simpático que se chamaba Igor; o doutor Apio e a doutora Champiñón .Tamén había tres ratiños: un tocaba as maracas, outro o tambor e outro cantaba. Os decorados eran moi bonitos. A obra desenvolvíase nun Castelo, tiña pasadoiros secretos, unha libraría que daba voltas, unha cheminea, torres, un piano , un cadro que movía os ollos… A obra trataba de que o doutor Víctor Frankenstein tiña un gato que caeu do tellado e perdeu unha vida, despois caéronlle tres tellas e perdeu tres vidas máis, nunha borrasca perdeu outra vida , conxelouse e perdeu outra, so lle quedaba unha. Entón o doutor púxoo a carón da cheminea e foille buscar un pouco de leite, cando volveu estaba morto e frito. O doutor pechouse no seu laboratorio prometendo que non saliría ata conseguir poder resucitar ao seu gato . Uns doutores souberon dos seus experimentos e foron ao Castelo a investigar, cando viron a Igor transportando un corpo nun saco entroulles o pánico, pero ao final descubriron que o que levaba Igor era un maniquí para probar os deseños de roupa que el mesmo facía. C.E.I.P. SAN ISIDRO

11


NO JOFRE O pasado martes 14 de decembro fomos ao teatro Jofre de Ferrol para ver a obra O

campo das estrelas. Trataba de dous exploradores: Paio e Berenguela que eran moi amigos. Un día decidiron ir ata a Catedral de Santiago e quedaron atrapados no camiño, nun bosque, pola Raíña Lupa e se querían saír do bosque tiñan que atopar 4 cousas: tres cunchas de vieira, un puñal de prata coas iniciais RL, un feixe de leña e a pluma máis colorada do galo que canta as verdades. Pouco a pouco foron atopando os obxectos e ao fin lograron saír do bosque, atoparon o camino e continuaron coa súa viaxe ata chegar á Catedral. A obra era una mestura de teatro e video : Os personaxes interactuaban coas imaxes dunha pantalla dixital. O que máis nos impresionou foi o espazo do teatro, nunca estivéramos nun así. Había butacas, palcos, plateas, escenario, telón,… cortinas, pinturas no teito, lámpadas, estatuas,…. Nós estivemos sentados na platea, había catro sillas en cada unha. Juan dixo que debía ser moi antigo porque nun palco como aqueles mataran a un presidente dos EEUU. Había moitos nenos e nenas doutros colexios. Á saída regaláronnos un libro e un DVD que se titula O fillo do trono.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

12


EXCURSIÓN A A CORUÑA O 15 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos a CASA DAS CIENCIAS. Alí vimos moitas cousas e xogamos con aparatos en tódalas plantas. O que máis nos gustou foi ver uns pitiños que estaban nacendo duns ovos grandes e doutros pequenos.

Tamén nos divertimos moito facendo unhas pompas xigantes de xabón nunha máquina.

No planetario puxéronnos un vídeo das estrelas moi bonito. Trataba dun vampiro que quería ver o mundo desde cerca e un amigo construiulle unha máquina para que puidera facer a viaxe. Ademáis

de

pasalo

bomba

aprendemos moito.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

13


A continuación fomos a CASA DO HOME Gustounos moito. Vimos unha peli de animais en 3D para a que nos deron unhas gafas. Parecía que estaban diante de ti e que podías tocalos. Había unha máquina que botaba café, sal, azucre e pica pica e outra que tiña uns tubos para distinguir olores. Metémonos dentro dun corazón xigante. Había unha cadeira dun home e outra dunha muller. Se metías unha bola do tamaño da cabeza dun bebé pasaba pola da muller pero non pola do home. Xogamos nunha pista onde medían con que forza chutabas o balón. O que non nos gustou foi o vídeo onde se vía como nace un bebé. O demais xenial. Por último fomos ao ACUARIO Vimos un dente de tiburón e moitos peixes exóticos. Había barcos de xoguete para conducir pero tiñas que meter un euro. O que máis nos gustou

foron

os

tiburóns, as estrelas e os cabaliños de mar. A pena foi que non nos deu tempo de ver as focas e os polbos. Por último fomos á tenda. Compramos recordos moi bonitos de animais mariños. Como tiñamos pouco tempo andamos

ás

carreiras.

De

tódolos

xeitos

encantounos. Foi o mellor. 3º curso C.E.I.P. SAN ISIDRO

14


SAIDA AO BELELLE O día 31 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º dos colexios Maciñeira e San Isidro fomos de excursión ao Parque Micolóxico do Belelle.

Ademáis

estiveron

dos

profes

con nosoutros Pepe

Gradaílle concelleiro de Neda e María de Néboa. Alí plantamos cada curso un piñeiro e un castiñeiro. Esas árbores estaban

micorrizadas

para

que

medren máis sas e dean moitos cogomelos. Nos próximos cursos iremos velos, regarémolos e coidarémolos para que medren moito e estean moi contentos. Os profes explicáronnos que no parque micolóxico había varias clases de árbores para estudar que cogomelos nacían en cada especie.

Tamén nos ensinaron

o muiño que está restaurado menos onde están as pedras de moer. Xogamos moito, abrazamos as árbores e escoitamos como soaba o seu corazón, merendamos e …. sobre todo pasamolo tan ben que nos gustaría volver para o próximo curso. 3º curso C.E.I.P. SAN ISIDRO

15


C.E.I.P. SAN ISIDRO

16


C.E.I.P. SAN ISIDRO

17


C.E.I.P. SAN ISIDRO

18


E COMO XA MEDRAMOS A PRIMARIA PASAMOS

C.E.I.P. SAN ISIDRO

19


C.E.I.P. SAN ISIDRO

20


O TREN DE 4º DE INFANTIL

CHUCU, CHUCU, CHUUU…. CHACA, CHACA, CHAAA… O TREN CAMIÑA XAA… ASÍ SOABA O TREN ESCOLAR ONDE SUBIRON OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS NO MES DE SETEMBRO. A SÚA EQUIPAXE VIÑA CARGADA DE ILUSIÓNS, NERVIOS E MOITAS GANAS DE DESCUBRIR O QUE AS DIFERENTES ESTACIÓNS LLES PODIAN OFRECER. ESTE TREN DURANTE ESTE PRIMEIRA ETAPA DA SÚA VIAXE PASEOU POR PATIOS E CORREDORES E POR LUGARES FORA DA ESCOLA. AS VECES RAPIDIÑO, OUTRAS PASENIÑO; UNHAS VECES CON VAGÓNS DISCIPLINADOS, OUTRAS CON VAGÓNS QUE SE EMPURRAN OU CAEN; PERO SEMPRE CONTENTOS OS PASAXEIROS CANTAN PARA DESPEDIR CADA DÍA DA SÚA VIAXE. CHUCU, CHUCU CHUUU…. CHACA, CHACA, CHAAA… A ESTE TREN XA NINGUÉN O PARARÁAA…

C.E.I.P. SAN ISIDRO

21


5ยบ DE INFANTIL DEBUXA:

C.E.I.P. SAN ISIDRO

22


O SAMAIN O día 5 de novembro de 2010, celebrouse o Samaín no colexio. Todos os nenos e nenas do colexio levamos cabazas e adicamos un tempo a preparalas, decoralas. Foi moi divertido! Nestas datas andamos tamén co campionato de peón coas dúas modalidades de xogo: por puntos e por chapas. Ás 12:15 da mañá baixamos a ver as exposicións de cabazas, de froitos de outono e de libros de terror. A exposición de cabazas dába un pouco de medo porque había una música terrorífica, estaba todo escuro e o único que dába un pouco de luz eran as candeas que tiñan as cabazas. Despois fomos pintar a cara de demos, de vampiros, de bruxas, de monos,.. Logo de todo isto fomos xogar mentres asaban as castañas e os chourizos. Estivemos xogando e bailando ata o momento de entrar ao patio cuberto para comer bocatas de chourizo e as castañas que asou Quique, o noso conserxe. Que ricas estaban!!! Á saída, quen quixese levar a súa cabaza para darlle un toque terrorífico á súa casa podía facelo e o que non a quería, tirábaa ao colector. Marchamos non moi contentos, senón contentísimosssssss!!!

C.E.I.P. SAN ISIDRO

23


NADAL 2011 ¡¡¡ Ouh, que baño tan quentiño!!!

Polo Nadal na nosa escola, pais, alumnos e mestres traballamos arreo para que todo estivese ben fermoso.

Decoramos o colexio con postais, guirnaldas, árbores de nadal...

Así, atopábamonos a Papa Noel dándose un baño antes do duro traballo que lle esperaba.

Tamén a mama osa co seu osiño. Arrefriaba e viñan a nosa festa moi abrigradiños.

Nediña amosounos un personaxe propio do Nadal en Galicia, O Apalpador,

Ademáis, preparouse un gran escenario para recibir aos Reis Magos, e tamén para os cómicos, bailaríns, cantantes... ¡¡E deu comezo o festival de Nadal de San Isidro 2011!!

E por fin chegaron os Reis Magos. Cada neno entregoulles a súa carta.

“A ledicia dos animais”” foi a obra que tan ben fixeron os nenos de 4e5 anos.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

Despois tomamos chocolate con churros para enchernos de enerxía.

E depois de raps, bailes e divertidas actuacións de todos os nenos

Os máis cativos foron o Belen vivente

o festival rematou cunha panxoliña cantada polos mestres.

24


Día Escolar pola Paz e a non Violencia. 30 de Xaneiro. Ao longo de toda a semana no colexio fixéronse diferentes actividades para celebrar este día que ten por obxectivo educar para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a Paz..

Co

Coa participación de tódolos alumnos pintouse un mural nunha das paredes do patio do colexio. Por primeira vez este ano celebrouse o “I certame literario e de debuxo pola Paz”. Os gañadores foron: DEBUXO INFANTIL: Marta Martínez Pena (6º Infantil) DEBUXO 1º CICLO: Ana Galdo (1º Primaria) POESÍA 2º CICLO: Irene Novo Giménez (4º Primaria) CONTO 2º CICLO: David Rodríguez Díaz (4º Primaria) CONTO 3º CICLO: Icía Córdoba Pantín (6º Primaria) O 28 de Xaneiro xuntámonos alumnos, mestres e pais, para celebrar un acto no que os alumnos de sexto fixeron a lectura e a presentación dun Power Point sobre os Dereitos do Neno.

Depois representamos e cantamos o poema “A muralla”. Para iso unimos as mans e construimos simbólicamente unha muralla que arrodeaba únicamente as cousas boas e as mensaxes positivas que traían os nenos de 1º escritas nuns carteis.

Para rematar todos quixemos axudar á Cociña Económica cuns aforriños. Esta ano a recadación foi de 450 €.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

25


2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques pola ONU, de xeito que este foi o tema do entroido na nosa escola.

O BOSQUE DE SAN ISIDRO San Isidro, San Isidro ten un bosque San Isidro ten un bosque Un bosque moi divertido Os cogomelos e as flores Caramba! Enchen todo de colores Caramba! Al bolboretas e as serpes Caramba! Animaliños guapetes Caramba! Robin e os gardabosques Caramba! Que ben nos coidan a todos Caramba! Os gnomiños e as gnomas Caramba! Cantan, bailan, saltan, xogan Caramba!

Se non fora polos bosques Caramba! Toda xente morrería Caramba! Co aire cheo de fume Caramba! Ai! Que pronto afogarías, Caramba! C.E.I.P. SAN ISIDRO

26


C.E.I.P. SAN ISIDRO

27


O 17 de maio do 2011, Día das Letras Galegas, estivo adicado a LOIS PEREIRO. Na escola celebrámolo o venres 13 de maio cun festival ao que se convidou a toda a comunidade educativa.

BREVE ENCONTRO Sobrevoabas un día o meu espazo aéreo rozándome coas plumas levemente e desaparecías cun rumor minguante como a visión dun soño fracasado.

Este día para comezar, os alumnos de sexto curso fixeron unha presentanción en power point sobre a biografía deste poeta monfortino.

Lois Pererio. Xuño 95

Os nenos de de 4 e 5 anos representaron a obra de teatro: “A controversia das cores”.

Os mais pequenos cantaron e representaron “O Chim pum”.

Disfrutamos coa actuación do grupo de Neda “Zoar do vento”

C.E.I.P. SAN ISIDRO

Os alumnos de primeiro cantaron “O camaleón”.

Rímos cos monólogos dos alumnos de 6º

Os alumnos de 4º curso representaron “O rei do paraugas e as 3 fillas do rei de gaitas

Os nenos de quinto cantaron: “A Foliada de Muros”.

Rematamos coa “A Mariñda de San Isidro” Nenos de 2º,3º e 6º.

28


O NOSO COMPOSTEIRO No patio do cole, xunto ao ximnasio, temos un composteiro. É unha caixa grande de plástico de cor verde. No tellado ten dúas portiñas que se abren. Por alí os nenos e nenas de 3º e 4º botamos restos de comida, herba e folliñas. Non podemos meter nada que poida contaminalo: papel escrito, pilas, plásticos, papel de aluminio, etc. O día 3 de febreiro véunolo ver María, a coordinadora de ADEGA encargada de vixiar e explicarnos como o temos que facer. Era moi simpática e díxonos que estaba todo ben pero que tiñamos que botarlle máis restos de comida. Como no cole so comemos a merenda temos poucos pero poderíamos traer algúns da casa: restos de carne, peixe, cascas de ovos….. Abriunos unha portiña que ten por abaixo e sacou unhas presas de compost. Aínda non estaba ben maduro. Hai que esperar un pouco para poder utilizalo como terra ou abono. Cando nos sirva empregarémolo nas plantas das macetas e nas do xardín do cole. O importante é que aprendamos e o fagamos todos na casa. Así aforramos e coidamos o medio ambiente. Ánimo que é divertido!! 3º curso C.E.I.P. SAN ISIDRO

29


APRENDE A CIRCULAR EN BICICLETA Os alumn@s do terceiro ciclo de educación primaria acudimos ao “Parque de educación vial” de Fene o pasado mes de outubro. Desprazámonos en autobús e ao chegar ao parque recibiunos un monitor. Primeiro impartiunos unha clase teórica sobre: o significado dos distintos tipos de sinais (perigo, prohibición, información e obrigación) e comentounos os dous sinais que son diferentes ás demais “o sinal de stop e o sinal de ceda o paso”, ensinounos a ser bos peóns, explicounos como circular se conduciamos algún vehículo, … Despois deunos unha clase práctica mediante un xogo: algúns puxemos casco e chaleco e montamos nos kars, bicicletas e monopatíns, para circular ben polo circuíto do parque. Mentres outros simulamos ser gardas de tráfico e controlabamos que os primeiros respectasen as normas de tráfico e os sinais que había no circuíto. Cando algún condutor non as cumpría sancionabámolo quitándolle puntos do seu carné. Se algún remataba os puntos deixaba de ser condutor e convertíase en garda. Foi unha actividade moi divertida, e esperamos repetila o curso que ben dende o instituto.

AGORA LEMBRADE COMO DEBEMOS CIRCULAR EN BICICLETA

En bicicleta vai polo “carril bici” ou polo parque.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

Usa sempre casco.

Non podes circular por onde o prohiba un sinal.

30


Detén a bicicleta ante un sinal de “STOP”.

Por vías urbanas vai pola dereita da calzada.

Por vías interurbanas circula pola veiravía da dereita.

Non soltes as mans do guiador.

Non leves acompañantes, nin vaias ti de acompañante.

Non te enganches a outros vehículos.

SE CUMPRES ESTAS NORMAS, SERÁS UN BO CONDUTOR DE BICICLETA. Avisa aos outros condutores das túas manobras.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

De noite debes ver e facerte ver. Usa o alumeado da bicicleta.

ALUMN@S 6º

31


EXCURSIÓN A MADRID O martes, día 24 de maio , ás 6:00 da mañá saímos do colexio cara a Madrid. Estivemos viaxando no bus porque fomos facendo paradas nas áreas de servizo. Chegamos ás 14:00, comimos un bocata na entrada do Zoo-Aquarium da Casa de Campo. Alí estivemos toda a tarde e vimos moitos animais: elefantes,tigres, cabras, pumas, osos...etc, pero o que máis nos gustou foi o gran espectáculo de golfiños .Estabamos desexando meternos na piscina con eles !!.Marchamos ó camping Alpha onde nos aloxamos. Cando vimos os nosos bungalows gustáronnos moito, era como ter a túa propia casa: tiñamos tele, cociña,...

O mércores despois de almorzar marchamos de ruta por Madrid: vimos a fonte da Cibeles, a Porta de Alcalá e chegamos ao Parque do Retiro co seu lago. Comemos un bocata e sacamos moitas fotos. Por último visitamos O Museo de Cera, onde vimos moitos personaxes famosos.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

32


O xoves saímos para A WARNER BROSS PARK MADRID. Ía unha calor abafante. Cando entramos déronnos uns mapas para saber onde estabamos si nos perdiamos. Comemos hamburguesas e despois seguimos na Montaña rusa de madeira, “Río Bravo”.... Pasámolo xenial!!!

O venres deixamos Madrid e puxemos rumbo a Segovia. Pareceunos IMPRESIONANTE O ACUEDUCTO. A comida no restaurante : “El CORDERO” gustounos moitísimo.

Despois subimos ó autobus e puxemos rumbo Neda. Chegamos ás 23: 15 todos afónicos.

Pasámolo xenial ...e xa estamos pensando en voltar ...!!!

C.E.I.P. SAN ISIDRO

33


ENGLISH-SPEAKING COUNTRIES BY POPULATION English was born, of course, in England. But neither England nor the United Kingdom are the most populated English speaking countries. Here you are the top five: The most populated English speaking country is India, in Asia, with nearly 1.000.000.000 of speakers.

Flag of India

The next is the United States of America with about 300.000.000 speakers.

Flag of the United States

The third English speaking country is Pakistan, in Asia, with, more or less, 150.000.000 speakers.

Flag of Pakistan

C.E.I.P. SAN ISIDRO

34


The fourh is Bangladesh, also in Asia, with nearly 130.000.000 speakers.

Flag of Bangladesh

And the fifth is Nigeria, in Africa, with about 100.000.000 speakers

Flag of Nigeria

Coloring the flags. The Indian flag is orange, white and green. The wheel in the middle is blue. The flag of the Unites States has the stripes one red, one white. The stars are white on a blue background. The flag of Pakistan is white on the left and green on the right. The moon and the star are white. The flag of Bangladesh has a red circle on a green background. And the flag of Nigeria is green, white and green. C.E.I.P. SAN ISIDRO

35


O DEPORTE NO NOSO COLEXIO Chegou o final do curso e é o momento de ver os resultados e sobre todo felicitar aos compañeiros e compañeiras que participaron nas actividades deportivas do colexio e nos diferentes campionatos, sobre todo por iso, por participar e traballar, adestrando todo o ano. A mensaxe que dende o colexio queremos dar a todos é o mesmo de todos os anos, “o mais importante é que todos o pasaran moi ben e disfrutaran xogando e participando en grupo, cos compañeiros”, porque a relación deporte-amistadecompañeirismo é o fin que buscamos dende o cole cando participamos en calquera actividade deportiva. Este ano mantívose o equipo de preminibasket creado o curso pasado, composto por 11 nenos e nenas de 4º (8 do noso colexio e 3 de outros). Esta actividade funcionou como actividade extraescolar (dous días á semana), sendo coordinada e dirixidas polo colexio. O grupo de preminibasket participou na liga zonal. Os resultados foron moi bos e moito mellores que o curso pasado xa que eran de segundo ano e xa tiñan a experiencia da tempada pasada. Ao final da liga quedaron clasificados en 4º lugar dun total de 9 equipos. A clasificación é moi boa, xa que os tres primeiros clasificados (C.B. Ferrol, Tirso e Baloncesto Narón son clubes de baloncesto, con escola deste deporte desde moi pequenos O grupo de 11 mantívose todo o ano, traballou moito nos adestramentos e a melloría notouse según avanzaba o curso. Iso significa que o pasaron ben ou que lles gustou. Se este grupo se mantén o curso que ven, cun ano mais de idade, seguro que van a seguir mellorando e a

EQUIPO DE PREMINIBASKET De pé: Lucía M., Juan, Iris, India, Antón e Irene Agachados: Lucía Vázquez, Laura, Jorge, Marcos A., Marcos G.

recoller os froitos dese esforzo de dous anos de traballo. Ademais, foi recoñecido o seu esforzo cun premio na Gala do Deporte do Concello. En canto ás probas de atletismo, este ano celebrouse o Cross escolar “Concello de Neda” no colexio Maciñeira. A participación non foi tan boa como noutras ocasións e por iso o noso colexio non acadou tan bos resultados, tanto nas clasificacións xerais como na de participantes dos colexios de Neda. Noraboa a todos (nenos e pais) que acudístesdes e grazas pola vosa participación e colaboración. Agardamos que o ano que ven sexamos moitos mais participantes. Nos recreos tamén celebramos varias actividades durante o curso. No outono e tal e como di o refrán “Polo San Martiño o peón ao camiño”, fíxose o campionato de peón. O gañador

foi David (5º), seguido de Antón (4º) e Rubén (5º) na

modalidade de peón por puntos. Na modalidade de peón con chapas o gañador foi David (4º) Xa na segunda metade do curso celebramos varios campionatos por cursos tanto de fútbol-sala como de balonmán, brilé ou futbolín. No momento de editar este xornal non temos os resultados finais destes campionatos pero neles participan, como complemento das actividades de Educación Física, a totalidade do alumnado de cada curso. Dende estas liñas queremos facer un chamamento ós pais, para que animen ós seus fillos/as a facer un deporte cos compañeiros de colexio e no propio colexio, pois detectamos claramente que os nenos/as cada vez fan menos deporte, sobre todo de equipo e colectivo, e é unha práctica que non queremos que se perda.

C.E.I.P. SAN ISIDRO

36


ccaCA:

ANPA C.E.I.P. SAN ISIDRO

O FORNEIRO Nº 60 XUÑO 2011 COLABORAN

“PARTICIPA PARTICIPA E COLABORA NA ANPA” A ANPA quere agradecer a oportunidade que nos brinda o cole nesta publicación para solicitar a vosa colaboración e apoio, co fin de poder seguir desempeñando o noso labor. Queremos facer unha chamada á PARTICIPACIÓN. PARTICIPACIÓN Xa se demostrou que a implicación da familia na educación pode influír positivamente na mellora do rendemento escolar, polo tanto animámosvos unha vez máis á colaboración, renovando para o ano que ven a ficha de socios/as, como na detección de problemas e apoiando novas suxerencias. ¿CÓMO PODEDES CONTACTAR CONNOSCO? Lembrámosvos que sempre podedes facervos soci@s da ANPA en cualquera momento, e participar activamente con novas ideas ou colaborando coas actividades anuais. Por só 15 €/ano por familia. O NOSO HORARIO É: De Luns a Venres de 8:50 a 9:30. Para calquera, dúbida, aclaración, queixa, suxerencia etc… e todos os últimos mércores de cada mes de 8:50 a 10:00. Para o cobramento das actividades extraescolares máis os Bonos da “Hora do Bocata”.

A EDUCACIÓN necesita o compromiso dos pais e nais

Participa e colabora na ANPA Su opinión e necesaria

a ANPA Eu son d

¿ E ti

?

FESTAS E EVENTOS NAS QUE COLABOROU ESTE ANO A ANPA CO COLE.

ESTE ANO ADEMÁIS FIXEMOS E CONSEGUIMOS:

-Festa do Samaín

-TARXETA ANPA

-Festa do Magosto.

-FELICITACIÓN DE NADAL

- Chandals y camisetas (manga C/L)del Cole.

- I CONCURSO DE DIBUxO

-Chocolatada

-SORTEO DA 3 CESTA DE NADAL.

-Entroido.

-SUBVENCION DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. (OBRA DE TEATRO)

-Día das Letras Galegas (GRUPO FOLK “ZOAR DO VENTO”-NEDA)

-SUBVENCION DO CONCELLO DE NEDA

-TEATRO “NI FU NI FA” –Obra: RECICLA-ARTE.

-SUBVENCION DA DEPUTACION DA CORUÑA (NAS TECNOLOXIAS)

REGALOS M.P.

-“A HORA DO BOCATA”

LIBRERÍA CITANIA

-Festa de Fin de Curso (CARS GRANDES Y PEQUEÑOS)

-CONVENIO CA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE NEDA -AXUDAS DO CONCELLO PARA O SANEAMENTO DE NOSO LOCAL. (PINTURA, TABOEIRO, ELECTRICIDADE, CALEFACCION, ETC…)

C.E.I.P. SAN ISIDRO

37


DESPEDIDAS ALUMN@S DE 6º Adeus colexio. Adeus profesores. Vouvos botar de menos no colexio dos maiores. (Pedro)

Cando me vaia do colexio botarei de menos ós profes e encantoume educarme e aprender neste centro. (Álex)

Colexio,colexiño. Voume con cariño. Botareivos de menos no meu corazonciño. (Francisco)

Voume para non volver máis. (Lydia)

Moitos recordos a todos os profes e os compañeiros e que o pasedes moi ben todos! (Carlos) Botarei de menos os meus compañeiros que non veñen comigo ao instituto. Adeus meu colexio. (Adrián Novo) Adeus, colexiño, adeus. Ola, instituto, ola. Moitos bicos aos profes, porque este colexio mola. (Sergio) Teño ganas de ir para o instituto, pero temén sinto morriña por irme deste colexiño, onde estiven dende pequeniña. (Aldara) Adeus colexio, adeus colexiño. Déixote e vou para o Fernando Esquío. Estou contentiño por librarme dalgún castiguiño. Adeus profes, botareivos de menos. (José) Votarei moito de menos ao San Isidro, mais non vou tan triste porque seguirei con algúns amigos no instituto. (Adrián Castro)

Adeus colexio onde estudei dende pequeniño. Botareite moito de menos. 100% calidade. (Victor) Voume deste colexio donde tantas aventuras vivín. Vou para outro cole onde os profes son plastas que aquí. (Xurxo) Adeus, colexio, adeus. Ola, Instituto, ola! Moitos bicos aos profes, porque este colexio: Molaaa!! (Alejandra) Colexiño querido voume de aquí con moito agarimo para o Fernando Esquío. Levo de aquí moito cariño e moitos recordos neste corpiño . Botareivos de menos profes e amiguiños queridos que vos quedades aquí Nunca olvidarei estes fermosos momentos. Nunca vos olvidarei. Querido Colexiño, xa son maior para ti, voume ao instituto tirando BIQUIÑOS E APERTAS (Icia)

Adeus a todos, déixovos o colexio para todos vós, porque me vou para a Jorge. Botareivos a todos de menos, pero sobre todo a algúns compañeiros que marchan para outro instituto. Con moito cariño. Marcos. Levántome todas as mañas pensando “que rollo, outro día á escola”. Pero hoxe pensei en todo o que vou botar de menos porque sen o ensino dos profes do CEIP San Isidro, que son os mellores, non estaría escribindo isto. (Yoli) Por fin voume para o instituto con moitos bos recordos deste colexio, dos profes e compañeiros. (Adrián Yáñez) Eu voume pero non quero volver. (Jorge) Neste cole empecei con Rosa moi emocionada, e remato con Mariajo un pouco cansada, vuome levando ducias de recordos destes anos, que foron unha pasada. Con estes profes tan chulos e clases tan divertidas, voume cos meus amiguiños de toda a vida. (Sofía)

C.E.I.P. SAN ISIDRO

38


C.E.I.P. SAN ISIDRO

39


C.E.I.P. SAN ISIDRO

40


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.