Picurí 2011

Page 1

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

nº 8 Curso 2010/2011

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

ÍNDICE 3 4e5 6a9

10 a 21 22 e 23 24 25 26 e 27 28 e 29 30

31 32 e 33 34 e 35 36 e 37

Editorial. Clara Campoamor: unha muller, un voto. O MONSTRO DE GÈVAUDAN por ADRIÁN SOUTULLO MATO 4º ESO. (OBRA GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATOS DE MEDO, SAMAÍN 2010). A revista de Infantil. Letras 2011. Lois Pereiro. Somos fillos de Balbino. Queremos estudar en paz. É asunto de todos. Que queres ser de maior? Xornadas de Interculturalidade. La experiencia como una emigrante adolescente. Sara Abrigo Guamán. Cómo afrontar nuestro futuro. José Luis Otero Rozas Soñei que... 3º Primaria. Origami, unha técnica milenaria. O recanto das ciencias: Galiciencia, 2011.

38 e 39 40

BANDA DESEÑADA: Blanca no reino pantasmo. 5º Primaria. Algas e fungos. 5º Primaria. O ANIVERSARIO.

41 42 e 43 44 45

Por David González Gómez. A ÁRBORE DA GUERRA Coplas dos maios. 4º Primaria. Unha fin de semana cos amigos. 6º primaria. Historia de lobos.

46 e 47 48 49 50 a 52 52 53 54 55 56

por Mª José Aranguren e Celia Rita Otero (4º Primaria). (Historia gañadora do concurso de contos de medo do Samaín 2010). O CLUB DE LECTURA. Entrevista a David Jolivet. O noso paso polo CPI VIRXE DA SALETA. E para este verán... Pipo o Paxariño. 1º de Primaria. O xardín. Alicia Nogueira Blanco, 2º Primaria. Alumnos que se van... E outros que veñen. 2º Primaria. QUE BONITA É A LÚA DE CEA!! Contraportada.

2


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

EDITORIAL O curso 2010-2011 para os alumnos de 4º da E.S.O., foi un ano cheo de emocións e sentimentos, porque sendo este o seu último ano no centro, tiveron que comezalo cunha mala noticia para eles; e para todos, claro está. O C.P.I Virxe da Saleta, sufrira un gran incendio... Un golpe duro, e que ninguén se esperaba. Polo demais non foi unha etapa difícil. Como en todos os cursos, a algúns faríaselle máis costa arriba, pois ano tras ano avanzamos, e polo tanto, aumentan as dificultades; pero con esforzo e traballo diario, sácase sen o máis mínimo problema. Este ano tivemos moitas xornadas de aprendizaxe. De sexualidade; sobre o perxudiciais que son as drogas e o alcohol; internet e redes sociais; charlas de Interculturalidade...e por suposto non podemos esquecernos das Xornadas de Formación Profesional, nas que contamos coa presenza de persoas que adicaron a súa vida a aquelo que lles gustaba, ou que, polo menos, intentaron día a día mellorar a súa situación. Outra das actividades interesantes nas que participou o C.P.I Virxe da Saleta, foi na Galiciencia, na que moitos alumnos da Secundaria colaboraron, levando a cabo un custoso e laborioso traballo e esforzo, pero que, sen dubida algunha, mereceu a pena. 3

O curso de 4º, traballou moito tamén na materia de Lingua Castelá. Coa axuda do profesor, organizaron un Simposio de Xoves e Medios de Comunicación, investigando e invitando a expertos neste tema. O C.P.I Virxe da Saleta, este ano, a pesar dos graves problemas que sufriu a principios de curso, soubo saír adiante, e non deixou e ningún momento de festexar datas importantes cos seus alumnos. Claros exemplos son o día do Entroido 2011: O entroido dos Pobos de Cea; o Día da Árbore; o Correlingua; o Día Das Letras Galegas; o Día da Paz... momentos nos que tanto alumnos como mestres, gozamos xuntos. Despois de máis de 10 anos, aos alumnos de 4º da E.S.O tócalles deixar este centro e comezar unha nova etapa das súas vidas noutro lugar diferente. Mellor ou peor, quen sabe, pero algo está claro: é que en ningún lugar deixarán tantos recordos coma no C.P.I Virxe da Saleta. Por todo isto e moito máis, fixemos como noutros anos atrás a Revista "O Picurí", onde quedarán todos os recordos de tantos e tantos alumnos e alumnas que pasaron por este centro, para que por moitos anos que transcorran, todos estes recordos non saian da nosa memoria, e podamos lembrar con ledicia todos os marabillosos momentos que pasamos no C.P.I Virxe da Saleta.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

UNHA MULLER, UN VOTO. Este ano, con motivo da celebración do día da muller trabaladora, os alumnos de 4º de ESO viron a película “Clara Campoamor, la mujer olvidada”. Estes son algúns dos artigos que publicaron na web do colexio, coas súas reflexións. Seguro que vos parecen moi interesantes, e vos animan a coñecer a historia desta muller excepcional.

CPI VIRXE DA SALETA

Eu penso que non, por iso esta muller foi unha grande heroína para todas elas e para todas as institucións femininas. ¿Por que unha muller non vai poder votar? ¿Por que non vai decir o que pensa? Neste tema houbo unha gran evolución, pero aínda quedan algúns matices nesta sociedade tan evolucionada que debemos de eliminar. As mulleres son coma os homes, por iso teñen que gozar dos mesmos dereitos, e son libres de pensar o que queiran, coma nós.

LA MUJER OLVIDADA Lucía González 4º ESO

AS MULLERES NO MUNDO LABORAL Eduardo Fdez. Díaz 4º E.S.O Hoxe en día no n é dificil atopar unha muller traballando de médico, de oficinista, de mestra, nalgún taller mecánico etc. O que hoxe non nos parece raro, senón todo o contrario, é o máis normal do mundo, aínda non hai 50 anos era case un delito. A muller só servía para casarse,ter fillos e levar o nome de Sra. de... Pois para que este gran cambio se producise, fixo falta moito tempo, moita loita e mulleres con principios e ideais que loitasen polo que creían como Clara Campoamor. Esta muller é un gran exemplo de sacrificio, de traballo, de loita... entre outras admiracións. Tivo que enfrentarse a moitos homes só para conseguir o voto da muller, e mesmo á súa familia, porque pensaban que debía casarse e deixar de ser deputada. Pero... se esta muller lle fixese caso á súa nai, ¿seríamos iguais hoxe en día homes e mulleres? ¿Conseguirían as mulleres afastarse da gran represión na que vivían?

En esta película se pueden apreciar muchos detalles de la sociedad de aquella época, de la mentalidad, de como trataban a las mujeres. Algo interesante es el personaje del periodista. Este tiene un cambio de ideas medida que transcurre la película. Al principio podemos decir que era “machista”, no le daba importancia al voto de la mujer. Es más, jugaba con todas ellas, no quería nada serio y estaba siempre dándole largas a mujeres bonitas. Hasta se enfada al saber que va a tener que encargarse de escribir sobre lo que estaba pasando en política con la mujer. Pero conoce a Clara, ella no era el prototipo de mujer joven y bonita ni mucho menos, pero era inteligente, una mujer con ideales, era diferente. Y creo que Clara Campoamor hizo cambiar la mentalidad del periodista. Clara y el amor que acabó surgiendo entre los dos. Todas estas cualidades de ella acabaron enamorando al periodista sin darse cuenta. Y se dio cuenta de que el voto a la mujer era lo mejor. Al final no le gustó la idea de que lo fuesen a trasladar, que era lo que quería antes, pero era antes de sentir lo que sentía por Clara. Aquello era Amor. Todo lo contrario era lo que sentían los demás diputados. Muchos de ellos a pesar de estar casados trataban a sus mujeres como si fuesen trapos. 4


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

No querían la igualdad, no querían derechos para ellas. Les decían que ellas solo eran sentimientos, no eran sensatez. Para ellos eran histéricas que producirían una crisis cada mes. Si estos hombres tenían una mujer como esposa o como pareja, ¿les querían?. Porque atentando de esa forma contra las mujeres, creo que en su corazón no hay sitio para la palabra “Amor”.

EL AJUAR DE LA NOVIA Daniel Dacoba 4º ESO Encajes, puntillas, toallas, sábanas, colchas....Muchas noches en vela cosiendo y bordando...Clara Campoamor no se quiso casar y todo el ajuar que tantas horas había tardado su madre en confeccionar quedará inutilizado. La madre aprovecha ésto para hacer c h a n t a j e emocional a Clara, le dice que es una pena que nadie use todo eso y que se acabará estropeando. Después delante de ella le ofrece (casi sin pedir demasiada opinión a Clara) a su nuera todo el ajuar, ya que es la que se casará pronto. Con este simple detalle entendemos aun más la educación que se le daba a las mujeres hace no demasiados años. Se las educaba para que se casasen, desde pequeñas ya veían a su madre bordando para su futuro matrimonio. Hoy en día eso parece impensable, ¿cómo vamos a estar confiados totalmente en que una niña se va a casar? La mujer de hoy ya no tiene la necesidad de casarse, puede vivir soltera toda la vida y no será mal vista, aunque por parte de algunas personas encontramos cierta insistencia en que se casen. Parece mentira que alguien pudiese jugar un poco con los sentimientos, y más cuando es de madre a hija, diciéndole con cierta ironía si hay boda a la vista. A pesar de todo lo que logra y consigue Clara, se valoraba más que se casase y se dedicase a lo que por aquel momento eran “cosas de 5

CPI VIRXE DA SALETA

mujeres” antes de que luchase por sus derechos y por los de todas las mujeres. Clara fue totalmente adelantada a su tiempo, no le importó estar soltera, no vestirse como el resto de las mujeres ni dedicarse a algo más que a su hogar.

CLARA CAMPOAMOR Jose Manuel Freijedo 4º ESO Para conmemorar o día da muller traballadora vimos na clase de informática unha película protagonizada por Clara Campoamor. Nesta película refléxase perfectamente o traballo e o esforzo dunha muller que loitou polos seus dereitos, e en especial polo sufraxio universal. Clara representa o esforzo e a loita, aínda que non o tivo fácil ante as continuas acometidas dos seus rivais e dos compoñentes do seu propio partido. Pensaban que a muller só tiña sentimentos e polo tanto non beneficiaría a República. Os republicanos crían que as mulleres estaban influenciadas pola igrexa e como esta era de dereitas poderían prexudicalos. Na miña opinión os republicanos deberían ter en conta as opinións das mulleres para acadar unha sociedade estable na que non houbera desigualdades. A miña última conclusión e máis salientable é que Clara antepuxo os seus principios á súa propia familia e seguridade, xa que cando remataron as votacións e estallou a Guerra Civil foron perseguidos todos os republicanos e isto obrigouna a exiliarse. Non se preocupou por ela mesma senón por todas as mulleres.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

O MONSTRO DE GÈVAUDAN ESCRITO POR: ADRIÁN SOUTULLO MATO 4º de ESO.

(OBRA GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATOS DE MEDO, SAMAÍN 2010)

1ª Parte Comeza o inferno

O terror existe dende tempos inmemoriais, dende que o home é home. O terror evoluciona. Terror a un depredador, ao sobrenatural, á morte. O terror, foi o que se desatou nun pobo do sur francés. O pobo chamábase Chateau-le -horreur. O nome caíalle que nin pintado. Todo comezou nese pobo que actualmente -no ano de 1766- non existe practicamente, só unhas ruínas. O estado do pobo en 1764, cando todo comezou era parecido. Comecemos coa historia. Corre o 29 de xuño de 1764, e unha rapaza chamada Jeanne Boulet, de catorce anos, viña de buscar pan ao pobo veciño de Hubacs, e de regreso ao seu pobo, Gèvaudan, comezou a chover e a tronar. Como Jeanne era moi propensa a coller catarros, e cando os collía, dificilmente os apeaba, decidiu utilizar un atallo. O atallo non era outro que o camiño que conducía ata Chateau-le-horreur, e que despois seguía ata Gèvaudan. O camiño estaba practicamente invadido pola maleza. Correndo, correndo, Jeanne chegou a Chateau-le-horreur. Todo era moi tétrico. O pobo abríase en dous para que o visitante pasase pola rúa principal ata chegar todo recto á igrexa. Pola dereita e pola esquerda, había casas derruídas, comidas literalmente polas hedras e silvas, e os tellados só se adiviñaban por algún rastro de vigas de piñeiro que dentro de pouco, podrecerían sen remedio. Nunha desas casas, a primeira pola dereita, había un cartel que poñía: Chateau-le-horreur. Jeanne andou e andou ata toparse coa igrexa. A igrexa era medianeira, con contrafortes e un arco na fachada. Había dous chanzos

CPI VIRXE DA SALETA

para acceder a unha porta de madeira con bordes de ferro e con cravos negros. O arco da igrexa contiña gárgolas e caveiras, digamos que non era unha igrexa moi acolledora. No medio da fachada había unha pequena abertura onde se adiviñaba unha figura de san Bartolomeu, co demo debaixo dos seus pés. A imaxe cuberta de musgo na súa metade era moi fantasmagórica. A igrexa remataba en triángulo dividido na súa parte baixa en dous arcos por unha columna. No arco da dereita colgaba unha pequena campá sostida aínda por un eixe de ferro, pero a campá do arco da dereita, non estaba colgada, o xugo podrecera e a campá estaba agora na base do arco. Por detrás do campanario había un balcón, polo cal debería acceder a xente para repicar as campás nos días de festa. O triángulo do campanario remataba nunha enferruxada cruz . A sorte sorriulle a Jeanne cando descubriu que unha das fortes follas da porta estaba media derrubada. Jeanne entrou no templo e a súa sorte quedou sentenciada. O que viu na igrexa, sentenciouna... a morte. Do teito da lóbrega igrexa, había pendurada unha corda, e no extremo da corda estaba pendurado un home, un aforcado, un cura. O cura de Chateau-le-horreur. O sacerdote estaba en avanzado estado de descomposición, e os fluídos do corpo formaran un charco aos pés do cadáver que agora xa callara formando unha masa pestilente e de cor verdoso salpicado de líquidos negros e vermellos. O cadáver conservábase tan “ben” polas correntes de aire da igrexa que, se non, só habería unha corda e un montón de ósos. debaixo do corpo unha caixa de latón. Jeanne abriu a caixa e viu o seu contido: unha mata de pelo e un caderniño. A mata de pelo parecía de animal, era negra e moi dura. O caderniño era un pequeno diario, que comezaba así: DIARIO DE PETRE CHANÇON, PÁRROCO DE CHÂTEAU-LE-HORREUR. 13 de setembro de 1763- Debido aos estraños sucesos acaecidos neste humilde pobo, vinme na obriga de comezar un diario no cal expoña o que pasa todos os días neste pequeno lugar.

6


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Todo comezou fai unha semana. Unha casa da nosa tranquila aldea foi adquirida por un señor moi maior que desexaba retirarse da vida apresurada e vir pasar aquí, a Château-lehorreu, os días que lle queden de vida. Adquiriu unha das casas máis grandes do pobo. A casa que comprou era en realidade un pequeno casarío-pazo do cal deriva o nome do noso pobo. Resulta que nese pazo se aparecían pantasmas, as cales acabaran coa vida dos anteriores propietarios. O caso era que este ancián, sabendo ou non ao que se enfrontaba, comprou a casa, e canda ese ancián veu o terror, o medo e a morte. No pobo rumoréase que este ancián trouxo consigo un can moi grande, quizá un mastín, pero de momento, ningún veciño viu o can. Como dicía, todo comezou coa chegada deste personaxe. Onte deuse a primeira desaparición, a do panadeiro. Fora por leña ao monte, e non regresara, hoxe topárono no medio do monte, esnaquizado non por coitelos, senón por dentes, dentes de animal. Dáme a sensación de que esta non será a primeira nin a última vítima.

CPI VIRXE DA SALETA

30 de setembro de 1763- O monstro é cada vez máis sanguento, os homes da escolta morreron, no pobo só quedamos mulleres, nenos e anciáns. Non temos quen nos protexa. Que Deus nos asista. 2 de outubro de 1763- Onte, o monstro deu outro dos seus sanguentos golpes. Todos estaban nas súas casas, menos unhas cantas vellas, nenos e mais eu que estabamos na misa, cando o monstro entrou ao pobo. Non o puidemos ver, pero entrou a todas as casas, e matou a quen nelas estaba, só sobrevivimos aqueles que estábamos na igrexa. É como se non puidese entrar ao edificio sacro. Por certo, non temos noticias do vello do pazo. 8 de outubro de 1763- Estou só. Todos morreron menos eu. O monstro entrou ás súas casas e matounos, as casa están cheas de sangue, é horrible. Collín uns cantos víveres, e atrincheireime na igrexa. 9 de outubro de 1763, noite- Continúo na igrexa, o monstro está arrabuñando e golpeando con moita forza a porta do templo. Penso resistir, non me vou dar por vencido, pero na miña cabeza ronda unha pregunta: Ata cando poderei aguantar?

15 de setembro de 1763Entre onte e hoxe sucedéronse dúas desaparicións máis, unha por día. Cando toparon os corpos e os compararon co do panadeiro, sorpresa, o mesmo asasino, os mesmos dentes, o mesmo animal...

10 de outubro de 1763O monstro continúa a golpear a porta da igrexa, e eu continúo nela. Os víveres escasean. Outra pregunta sumouse á que tiña antes na cabeza: Que sería do vello do pazo?

22 de setembro de 1763- Nestes días non puiden escribir neste diario xa que estiveron organizando batidas para dar co animal, seica un lobo... De momento, o único que topamos foron lobos, pero os dentes non coincidían cos dos corpos. Está claro que sexa o que sexa, non é un lobo...

12 de outubro de 1763- Alá foron todos os meus víveres, non sei ata cando poderei resistir. O monstro aínda segue a espreitar. Continúa petando na porta, vou volverme tolo!

26 de setembro de 1763- Isto é de tolos. De 100 veciños que eramos, só quedamos 75. O monstro segou 25 vidas en apenas quince días. A situación é desesperada, xa ninguén se atreve a ir só fóra do pobo. Cada vez que hai que ir por pan a Hubacs, fórmase unha patrulla de quince homes armados con coitelos de caza e arcabuces, serven de escolta. Non sei como acabará todo isto. Unha pequena observación: o velliño que comprou o pazo non saíu en todo este tempo da súa casa, non hai luces, é como se a casa continuase sen dono.

7

13 de outubro de 1763- Téñoo todo previsto, voume matar. Vou acabar con isto. Espero que Deus mo perdoe e me acolla no seu seo. Entón acábase o diario. A fin do cura quedaba á vista... Daquela, Jeanne, decatouse de que parara de chover, e decidiu ir ao pazo do misterioso vello. Todo estaba cheo de po, e os escasos mobles cubertos con sabas cheas de mofo. As paredes do salón, estaban “pintadas” con mans de sangue, como se alguén untase as mans nunha gran ferida e pasara as mans por todas as paredes. Foi entón cando por unha das tres ventás do salón entrou o monstro e...


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

2ª parte Revelación mortal DIARIO DE FRANÇOIS FOCH: 29 de xuño de 1764- Chámome François Foch, son o xendarme de Gèvaudan. Onte tiven un soño moi raro, mellor dito un pesadelo moi raro, ou era unha visión? Onte á noite, cerca das doce da noite, aparecéuseme no meu cuarto. Era unha rapaza de máis ou menos catorce anos. Todo o seu corpo estaba enchoupado de sangue, e había partes da súa cara que parecía como se llas arrancaran. Acercóuseme, e dixo: -Ven a Château-le-horreur, ao pazo maldito... se non vés, matareite. Inmediatamente de se ir a visión, collín a guerreira, as botas e o cabalo e puxen rumbo a Château-le-horreur. Cando cheguei ao pazo do pobo fantasma, e cando cheguei ao salón, vin o corpo feble dunha rapaza, da rapaza que se me aparecera uns minutos antes na miña habitación, era Jeanne Boulet. Miña avoa tiña falado del, do monstro. Tan pronto vin o escenario co cadáver descarnado de Jeanne, comprendino. Tratábase do monstro de Gèvaudan. Miña avoa xa me dixera que tarde ou cedo volvería, volvería para matar e sementar medo, terror e morte. Teño que me poñer en contacto co rei, só el e os seus dragóns poden facer algo, e aínda así dubido que ese monstro poida morrer…

3ª parte Monstruoso final Xa é de noite. Fóra chove, chove moito, chove demasiado. Cada pouco tempo, os cristais da igrexa parece que se van romper en cachiños cada vez que un raio cruza o ceo. Ademais, os tronos entran polos cristais e proxéctanse nas paredes frías e pétreas da igrexa, o noso cuartel. Fóra, a noite. A noite escura. A noite sen estrelas e cunha gran e impoñente e á vez misteriosa lúa chea. A noite imponse cun silencio sepulcral. Nin un mínimo ruído. Só as gotas caendo contra o cristal. Un compás que non coincide cos nosos corazóns que bombean o noso líquido vital e tan prezado a unha velocidade vertixinosa.

CPI VIRXE DA SALETA

É incrible que nun pobo como Gèvaudan, ninguén estea fóra nestes momentos, nin tampouco haxa ruído, nin luces nas casas. Todos os habitantes de Gèvaudan, están ó lado do lume nas súas cociñas. Cean co crepitar das chamas. Cean ás escuras. Cean con medo. Cean con terror. Levan ceando con terror durante tres duros e longos anos. Hai algo moi raro no ambiente. En todo o pobo flota un olor moi raro no ambiente. No pobo flota o olor do medo, o olor do terror. Os ollos son o espello da alma. Calquera que mire aos ollos a calquera habitante de Gèvaudan, pode detectar o medo, o terror. Nós non somos a excepción. Teño medo. Temos medo. Temos moito medo. Todos sabemos que vamos a unha morte segura. Se nos enfrontamos a el, morreremos todos, e se non nos enfrontamos a el, terémonos que enfrontar a un consello de guerra co que acabaríamos fusilados no paredón. Non sei se é mellor morrer fusilado ou morrer a mans dese monstro. Pero non nos vaiamos polas ramas, empecemos a historia dende o principio. Todo comezou en Gèvaudan, na parte centro-meridional de Francia. Dende 1764 ata o tempo que nos ocupa, véñense dando unha serie de casos a mar de estraños. Os casos compóñense de asasinatos de persoas, en especial mulleres e nenas, as cales aparecían decapitadas. Antes de continuar con esta terrorífica historia, presentareime. Chámome Monsieur de Hamel, son sarxento dunha tropa de Dragóns as forzas de choque reais- do exército da súa maxestade Luís XV. Eu e as catro compañías de cabalería que comando fomos destacados na poboación de Gèvaudan polo propio Luís XV a consecuencia dos misteriosos e arrepiantes crimes acaecidos nesta rexión. Así pois, establecemos o noso cuartel xeral na igrexa de Gèvaudan. A primeira vítima oficial foi unha nena de catorce anos chamada Jeanne Boulet o 30 de xuño de 1764 nas proximidades do pobo de Hubacs. As cifras oficiais que barallamos dende entón ascenden a 116 mortos, pero isto só son as cifras “oficiais”. O corpo da rapaza apareceu sen cabeza. Era algo sumamente estraño. A cabeza fora arrancada de raíz, dunha soa mordida. O modus operandi do asasinato do monstro é o seguinte: primeiro arráncalles a cabeza dunha mordida -o cal nos fai pensar que o tamaño da súa mandíbula non é precisamente pequeno-, despois, coas súas afiadas garras extráelles o fígado e outras vísceras.

8


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Nese mesmo verán o monstro acabou coa vida doutras dúas nenas, dous nenos e unha muller de 32 anos. Pouco a pouco os crimes fóronse incrementando ata alcanzar a cifra de dúas vítimas por semana. Antes de que pasase un ano dende a primeira desafortunada vítima, o monstro de Gèvaudan tiña segado a vida de 54 persoas, 40 delas pertencentes a nenas e xoves. Ao cumprirse un ano, a Coroa interveu mandándonos aquí. Ante os escasos éxitos dos nosos intentos de dar caza ao monstro, a súa Maxestade destinou a esta misión ó arcabuceiro maior, Antoine de Beauternes. Pouco a pouco, a búsqueda comezou a coller tintes irracionais e de desesperación. O sacerdote de Gèvaudan empezou a dicir dende o púlpito da igrexa do pobo que Deus estaba permitindo ao demo cobrarse as vítimas das mulleres máis lascivas, pero iso non tiña sentido. Non só había mulleres entre as vítimas, se non que tamén nenos e nenas. Esa idea era inconcibible. Despois, os nobres acusaron aos cíngaros itinerantes. Dicían que as bestas dos seus circos escaparan. Máis tarde a culpa recaeu sobre un rapaz chamado Antoine Chastel, que despois de viaxar por África, trouxera a Francia tigres, e demais felinos para amestrar. Presuntamente Chastel tería cruzado algún tipo de felino, e lle tería posto unha coiraza. Esta hipótese nunca puido demostrarse. Todas estas son as teorías que demostra o desesperados que están os habitantes de Gèvaudan. O froito desta desesperación reinante, é o último plan para capturar ao monstro. Só nos queda unha única saída para acabar con esta situación, un cebo. O tempo estase consumando, dentro de dez minutos sairemos do noso refuxio, á noite, á escura e chuviosa noite. A tormenta non cesa, continúa descargando a súa ira e a súa furia sobre nós. Vamos a unha morte segura, pero que podemos facer? Se non facemos nada, o monstro seguirá matando a persoas inocentes. O tempo xa se consumou, vamos alá. Abrín a porta, primeiro saíron os nosos homes e despois os cabalos. Os animais, tan pronto cruzaron o limiar do templo, volvéronse tolos, estaban raros. Percibían algo, algo raro. Percibían o cheiro do medo, e o olor do terror, o fedor da morte. Montamos nos cabalos, e o cebo tamén nos acompañou. Collemos as rendas molladas e escorregadizas dos nosos cabalos e puxemos rumbo ao monte. O monte estaba cheo de barro. A escuridade. A escuridade tamén reinaba no monte.

9

CPI VIRXE DA SALETA

Lúgubre, si, esa era a palabra. As árbores do monte provocaban mil e unha sombras. Mil e unha sombras que facían dese lugar un escenario tétrico e lúgubre. Cando chegaron a un claro, puxeron no medio de dito claro o cebo. O “cebo”, era a filla do panadeiro, Ninette Lombard. De complexión pequena, Ninette Lombard tiña dezaseis anos. Cabelos morenos, pel pálida e ollos verdes, dábanlle a Ninette un aspecto de princesa. Descabalgamos e puxémonos a espreitar. Durante unha hora, pero despois, algo pasou. Unha respiración ronca e axitada oíase por todos lados, como se foran mil monstros en vez dun. Pouco despois unha néboa espesa e branca que nos impedía vernos os pés, foise concentrando cara o interior do claro e cinxíndose en torno a Ninette Lombard. Un berro da rapaza rompeu o silencio sepulcral da noite. Cando a néboa se evaporou, algo grande, algo moi grande revolvíase no centro do claro. Era o monstro de Gèvaudan. O monstro estáballe arrancando a cabeza de raíz a Ninette, e tíñalle metida a cabeza nun burato da barriga da pobre rapaza, coméndolle as vísceras. -Fogo!! Todos dispararon contra a criatura, pero as balas escorregaban sobre a súa pel. Entón, o monstro xirouse e puidémolo ver. Ante todo, era moi diferente a calquera lobo. Tiña o lombo raiado, cunha longa liña negra que ía do pescozo ata a cola. A cor do seu corpo era avermellada. Xuraría que tiña o morro afiado, unha cola moi longa e forte, extraordinariamente móbil e as súas fauces eran desmesuradas. O monstro correu cara nós e... en fin, creo que é obvio como acabaron os soldados e os cabalos, ninguén sobreviviu. Pasaron os anos, e só en 1767 o monstro deixou de matar. Así pois, o lector preguntarase quen está escribindo esta historia. Eu son, como ben dixen no seu momento, Monsieur de Hamel. Non, non me equivoco, todos morreron, pero Monsieur de Hamel non. Tal vez non morrín porque non son humano. Conto esta historia para que quede constancia de como empezou todo. A morte desatouse outra vez. O terror, a morte. Iso que tanto me gusta, volveu. A morte. A morte volveu. Eu volvín. Volvín para cazar… FIN


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

10


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

11

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

12


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

13

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

14


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Os nenos de Educación Infantil fan durante a semana diferentes actividades para conmemorar o DIA DO LIBRO. Unha das actividades foi facer cada un, un pequeno conto empregando diferentes técnicas plásticas que logo levarían para a súa casa.

15


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Asi quedou o conto ….

Os nenos estaban moi contentos de como lles quedou o libro despois de tanto traballo . Unha letra,unha palabra, unha frase, unha historia, un conto...todo é perfecto para transmitir ilusión pola lectura. ¡ FELIZ DIA DO LIBRO! 16


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

17

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

18


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

19

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

20


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

21

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. A súa familia era orixinaria das terras do Incio e alí pasaban os veráns Lois e mais os seus irmáns en contacto coa natureza Con dezasete anos xa era un rapaz moi culto: bo lector, amante da poesía (recitaba aos simbolistas franceses), do cine e da música (Velvet, Bowie ). No ano 1975 marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia. Nesta publicación apareceron poemas seus que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia. En Madrid comeza a carreira de Socioloxía e estuda idiomas. Tamén vai ser en Madrid onde se ve afectado pola intoxicación do aceite de colza que matou a catrocentas persoas e deixou enfermas a unhas dezasete mil. Esta enfermidade déixao moi debilitado e avellentado prematuramente. De volta en Galicia, Pereiro instálase na Coruña, dedícase á tradución e compón poesía. Figura nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), recompilacións de poesía en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que compartían inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca a edición da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. En 1982 gaña o premio de poesía O Facho. En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas e as referencias á literatura centroeuropea. Os temas do amor, a morte, a vida e a enfermidade están presentes en toda a súa obra pero tinxidos de vangarda e modernidade. A morte chegoulle na cidade da Coruña en 1996 cando só tiña 38 anos. OBRAS: Poesía: Poemas 1981-1991 (1992) Poesía última de amor e enfermidade (1995) Poemas para unha loia (1997) Narrativa: Náufragos do paradiso (novela) Ensaio: Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia

22


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Mala sorte E por primeira vez desde que souben que aínda respiraba e seguía vivo sei o que é sentir medo a non estalo Interrompido na mellor escea cando estaba soñando un soño dérmico a serea distancia literaria e sabia Só ela podía ser tan inoportuna groseira inculta e pouco delicada chamándome despois de ter sobrevivido á confortable atracción do fracaso e saber dunha vez o que era a vida amar e ser amado. setembro, 95 Ve cal ndo no visión eses do seu d pei unha us ol lo to e i n p maxe s late fas e rfe ent xant c cta res des ina e sim oña s c e un no xarí d e i t nte ría a pro seu c a ent rn o r o t a t re rn coa exid rpo mo súa o da secr ela e rq e r ue m e t v ida orte o pa fux me fén i a r d a r sem me e b eme p re nun ícam o co vér e as rpo u tigo vér n de tebr húmi dor as c do e d o n a rre e t e f u ri p í o n ru a ra .

EPITAFIO DE LOIS PEREIRO Cuspídeme enriba cando pasedes diante do lugar onde repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

23


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

No cincuenta aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Na adaptación teatral da obra de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, que nestes meses percorre Galicia, Cándido Pazó comeza o seu monólogo dicindo que todos somos fillos, netos ou bisnetos de Balbino. E non lle falta razón: a maioría dos galegos vimos sendo descendentes dalgún Balbino, “un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén”. Moitos contamos entre os nosos devanceiros cun neno de aldea que comía broa, falaba galego, erguíase cedo “ para ir restrebar ou xuntar mollos”e andaba ao rebusco. Ese avó Balbino xogaba co can, tiña un amigo ao que ensinaba a cavilar, namorábase, e aprendía ás veces a forza de losqueadas e esquivando as cambadelas da vida. O noso avó Balbino tamén soñaba con aprender máis, ser grande e ver mundo; e sobre todo que Manolito o deixase en paz. Un neno, Balbino, que un día se arrepuxo e, en vinganza polas aldraxes e humillacións recibidas, guindoulle un cantazo a Manolito, “o fillo do amo, que come pantrigo, bebe café con leite e non se ten que erguer cedo”. Todos os Balbinos que foron e son loitaron para cambiar o seu sino de nenos labregos, aldeáns e pobres. A eles debémoslles o que hoxe somos . Se vivimos con máis dignidade e coidamos ser un chisco máis libres, é grazas á afouteza dos moitos Balbinos que nos precederon.

CPI VIRXE DA SALETA

Porén algúns hai que son fillos de Manolito, “o neno do señor”. “Un rapaz moi limpiño, que fala castelán e non hai quen lle tusa”. “Que non ten dereito a darme cos seus zapatiños novos nas canelas, nin cuspirme nin decir que se eles queren, teremos que deixar a casa e as leiras”. Os Manolitos de hoxe non son moi diferentes ao que coñecía Balbino. Mais os tempos mudaron e hoxe os fillos de Balbino e de Manolito compartimos aulas, traballos, ideoloxías e ata semella que hai moitos Balbinos trocados en Manolitos ou que todos os Manolitos se volveron humildes Balbinos. Vivimos mesturados, nunha aparente harmonía. E ata podemos pensar que os anceios de liberdade dun neno labrego se cumpriron nos seus descendentes; pero iso non é máis ca un espellismo: os Manolitos existen e están agochados nas múltiples carautas dun mundo que segue gobernado polas mesmas inexorábeis leis que rexían cando Neira Vilas escribiu o seu libro. Unha sociedade que finxe agasallarnos con oportunidades para todos pero que, sutilmente e sen decatármonos, apreixa os nosos pescozos con fermosos colares que deveñen argolas. Quen serán os Balbinos que arrebolarán os cantazos para crebar as argolas?

O noso recoñecemento a Neira Vilas por ter escrito un libro tan auténtico e aos nosos avós, verdadeiros protagonistas da novela.

24


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

QUEREMOS ESTUDAR EN PAZ Perante a situación de permanente acoso e agresión que está a sofrer o CPI “Virxe da Saleta”, vítima de reiterados ataques e graves actos de vandalismo, o último deles acontecido o 12 de xaneiro, coa intrusión violenta no seu recinto e destrozos varios nas instalacións e material, os e as abaixo asinantes, membros da comunidade e do contorno educativo do centro expresamos:

namento, que aínda hoxe seguen sen estar completamente subsanados.

• A nosa máis enérxica condena a este novo atentado contra toda a comunidade educativa.

• Demandamos que, dunha vez por todas, se preste atención ás permanentes denuncias do noso centro e, tal e como o claustro e o consello escolar teñen reclamado, se tomen de inmediato todas as medidas necesarias para impedir a continuidade das agresións e restaurar o funcionamento normal do centro en plenas condicións de normalidade, seguridade e tranquilidade.

• Facemos pública a nosa total solidariedade co CPI “Virxe da Saleta” e lembramos que este é o último dunha serie de graves ataques que se veñen repetindo impunemente durante varios cursos contra o noso centro de ensino. No inicio do presente ano escolar, sen ir máis lonxe, o CPI sofreu un roubo de material informático e un incendio premeditado que ocasionou importantes danos nas instalacións e no material e provocou graves trastornos no funcio-

• Esiximos unha maior implicación das autoridades competentes, xa que a día de hoxe, o centro se atopa nunha situación de inseguridade, impotencia e abandono que dificulta grandemente o normal desenvolvemento das actividades lectivas.

San Cristovo de Cea 15 de xaneiro de 2011

É ASUNTO DE TODOS

O presente curso comezou cunha triste noticia para a nosa comunidade educativa. Unha compañeira faleceu en accidente de tráfico xusto ao carón do centro. Foi unha morte máis que se cobra a tráxica combinación de alcol e condución. A nosa compañeira Elena Sotelo ía ser profe de inglés no CPI Virxe da Saleta e ademais era nai de dúas nenas. E todo isto rematou cando un condutor irresponsable a levou por diante. Todo o claustro e demais comunidade educativa solidarizámonos coa súa familia e condenamos con firmeza este feito. A súa morte e moitas outras son evitables. Esta loita é asunto de todos. Dos condutores, os primeiros, que deben ser responsables e conscientes. Das súas familias que os acompañan 25

no coche ou poden evitar que suban a el. Dos hostaleiros que moitas veces coñecen ao condutor ao que serven alcol e saben que vai coller o coche despois. E por suposto, dos centros educativos. E con ese motivo escribimos hoxe este texto na nosa revista. Porque o noso traballo de educación está nas aulas, pero tamén de portas cara fora é o noso deber axudar a que toda a comunidade educativa tome consciencia desta situación. Para loitar contra a rutina, a desidia e sobre todo totalmente en contra da combinación alcol e volante. Nin unha morte máis. Martiño Ramos Soto


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Seguramente moitas persoas che preguntaron que che gustaría facer no futuro. No colexio de Cea celebráronse recentemente as Segundas Xornadas de Orientación Laboral para os alumnos de segundo, terceiro, e cuarto de ESO do centro, organizadas polo Departamento de Orientación en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor. As xornadas foron divididas en dous días.

CPI VIRXE DA SALETA

Esta primeira sesión iniciouse coa intervención de Javier Blanco Janeiro, xefe da empresa de ataúdes Janeiro. Explicounos como funcionaba a fábrica, as máquinas que había que controlar e como se facían os ataúdes por pezas. Para finalizar que se a algún lle gustaba o traballo de vernizador que aprendese máis sobre el, pois hai poucos que o saiban facer ben.

Delmiro Rozas, técnico de electromecánica, explicounos que o seu traballo é similar ao do xefe de taller, pero con mais electrónica e máis tecnoloxía. Dixo que do seu traballo dependía a seguridade e a vida de moitas persoas. Aconsellounos que nunca estivésemos nese traballo sen vocación posto que se non, sería moi desagradable, e que antes de facer mal unha cousa que non saibas facer é mellor mandar ao cliente a outro taller. Ana Beatriz Doval Estévez, que é garda civil en Cea, comentounos como tiñamos que facer para acceder ao posto que ela desempeña. Díxonos que se podía facer por oposición. Neste traballo cantos máis estudos teñas, máis ascenderás, desde o cargo máis pequeño ao máis grande. Aínda que tamén nos comentou que ninguén estaba por riba de ninguén, xa que o seu xefe máis alto é o ministro, e este está por debaixo de todos os cidadáns.

Sonia Moral Álvarez, que estudou perruquería e estética e é terapeuta natural, dixo que como todo estudo é difícil porque, entre outras cousas, tes que aprender moitas partes da pel e de todo o corpo. Tamén realizou estudos de fisioterapia. Actualmente traballa en Cotelas como xefa da Perruquería Moral.

Para rematar o primeiro día, interviu Modesto Ramos Fernández, que é técnico de mantemento de calor e frío. Fixo un ciclo de Fontanería e Mantemento de Instalacións Térmicas onde tiñan clases prácticas nas que examinaban algúns electrodomésticos e o seu fucionamento.

Ao primeiro día asistiron aquelas persoas que realizaran ciclos formativos e que na actualidade están traballando.

O terceiro ponente foi José Manuel Otero, xefe de taller. Adícase fundamentalmente a arranxar a chapa e a pintura de vehículos, e ademais ten un servizo de guindastres. Fixo un ciclo pero dixo que en calquer traballo, e en especial no seu, hai que estar aprendendo todos os días cousas novas porque grazas á tecnoloxía hai moitas cousas que cambian. Cando ten que acudir a un accidente debe saber poñerse no lugar do accidentado para poder entendelo e facerlle máis livián o que lle ocurra.

Na segunda sesión das xornadas asistiron invitados que realizaron o bacharelato e algunha carreira universitaria. Algúns xa estaban traballando e outros aínda se atopaban no medio dos seus estudos. A sesión comezou coa intervención de Luís Alfonso Vázquez Fernández, médico do Concello de Cea. Comentounos que Medicina é unha carreira difícil, pero, como con outra calquera, con esforzo sácase perfectamente. 26


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Dixo que na súa profesión é necesario saber poñerse no lugar do paciente, posto que, se acoden a ti é para que os axudes. Tamén nos ofreceu a observación de que se queremos ser ricos temos que ser banqueiros ou políticos, pero que se queremos ser medianamente felices temos que facer algo que nos guste. Isabel López Vázquez, outras das ponentes, contounos a historia de como chegou a ser enfermeira. Dixo que tivo malos momentos, sobre todo cando era principiante, pois sentíase un pouco perdida e a veces tiña que tratar con enfermos terminais. Ela cre que se debía a falta de costume, pois agora responde perfectamente a esas duras situacións. Manuel Jesús Pérez Rodríguez, que é aparellador e técnico superior en prevención de riscos laborais, explicounos a súa carreira académica. Díxonos que antes de nada debe gustarche o debuxo, particularmente o debuxo técnico, e todo o relacionado coa construción. Tamén nos dixo que a día de hoxe no seu traballo hai bastantes saídas. Noemí González Camba estudou Dereito e está preparando unhas oposicións para xuíza. Gañou varios premios polo seus expedientes académicos, Matrícula de Honra no Bacharelato, Premio pola Universidade de Vigo e pola Xunta de Galicia pola sua traxectoria universitaria. Contounos que a súa é unha carreira bastante dura, pero que con esforzo e moita dedicación poderiamos conseguir obtela. Sempre que nos guste, porque se non, chegariamos cun estado de ánimo pésimo. Ela entrou nesa carreira despois de facer o bacharelato e de aprobar a selectividade. Explicounos que as principais saídas laborais para un licenciado en Dereito eran as de avogado, xuíz ou procurador. Carmen Fernández Vázquez, profesora de infantil do noxo colexio, explicounos que fixo un bacharelato e que logo comezou a facer Maxisterio. Cando acabou fixo unhas

27

CPI VIRXE DA SALETA

oposición para poder traballar nun colexio público. Explicou que para esta profesión tes que ter vocación, porque se non, os alumnos acaban odiándote e ti acabarás tamén farta deles. Tamén nos dixo que hai que saber que todo neno é diferente e que hai que saber tratalos. Rosana Bernárdez Peña, que actualmente traballa no concello de Cea, tamén nos contou a súa historia. Dixo que a súa carreira (ela é Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía) como ten pouca demanda, é pouco coñecida. O seu traballo consiste a atender a persoas con necesidades e a xente maior e en organizar actividades culturais e educativas para o concello. O seu traballo é moi activo e emprendedor. Finalmente, Antonio Rodríguez Vázquez, explicounos que está estudando Enxeñería Informática na Universidade de Vigo. Díxonos que os seus estudos requerían moito esforzó e que se nos gustaba que non dubidásemos en collela. Explicounos que non tiña nada que ver co que el facía antes no colexio, posto que eran cousas moi diferentes e moi difíciles. O obxectivo principal das xornadas cumpriuse perfectamente: agora xa sabemos mellor que decisións tomar nos estudos para conseguir o traballo que nos gusta. Ángel Otero Castro. Alumno de 4º da E.S.O.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Fame, pobreza, estancamento económico, represión, xente que tivo que exiliarse, emigrar...

CPI VIRXE DA SALETA

des físicas, é algo totalmente inxusto e necio. As xornadas tiveron lugar no segundo trimestre, ao longo da primeira semana de Febreiro, entre as 15:30 e as 17:30. A estas xornadas asistiron moitos ponentes. O luns 7 de febreiro tivemos a participación dos seguintes relatores: Dª. Montserrat Pérez Viso. Avogada de CITE Galicia de CC.OO.

Estas son algunhas das consecuencias que trouxo a guerra civil. Isto provocou que moita xente da que nós coñecemos, coa que temos relación, incluso coa que compartimos xenes tivese que irse a outro país, en busca de traballo par poder axudar a súa familia. Tiveron que saltar obstáculos tan complicados como: deixar a súa familia, os seus amigos, a súa xente, a súa terra, os seus costumes e algo tan importante e imprescindible como a súa lingua. Pero ademais de deixar atrás todo isto tiveron que adaptarse a algo completamente novo para eles e descoñecido. Se somos capaces de poñernos na pel dos nosos familiares e amigos, por que non somos capaces de poñernos no lugar de tantos inmigrantes que chegan ao noso país todos os meses, en busca de algo mellor?

David Jolivet. Lector do CPI Virxe da Saleta. País de procedencia: EE.UU. Dª Judith Sing. Responsable de Cooperación Internacional. País de procedencia: Nicaragua. O martes 8 de febreiro, celebrouse unha mesa redonda sobre emigrantes (españois no mundo). Tratou sobre cales foron as causas da súa marcha e as dificultades con que se atoparon. Asistiron os seguintes ponentes: D. José Bernardez Rodríguez. País de destino Alemaña. D. José Ramón Bernárdez Fernández. País de destino Alemaña. D. Manuel Rodríguez Rodríguez. País de destino Inglaterra.

Se sabemos o duro que é emigrar, por que moita xente discrimina as persoas de cor? Estas foron, entre outras, algunhas das preguntas que se formulou o orientador do noso centro (José Luis), os titores e o resto de profesores. Con esta actividade intentouse facerlles ver aos alumnos que discriminar alguén polas súas calida-

28


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

O mércores 9 de febreiro, un inmigrante D. Mor Tala Leye e a súa muller, procedentes de Senegal, comentáronnos a súa experiencia de integración en España. O xoves 10 de febreiro celebrouse unha mesa redonda sobre inmigrantes que viven nos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor e trataron cales foron as causas da súa chegada e as dificultade con que se atoparon. Houbo a participación dos seguintes convidados: Dª Sara Abrigo Guamán. Alumna de 4 de ESO. País de procedencia: Ecuador. Dª. Juana del Carmen Arieta. País de procedencia: Colombia. D. Enzo Pirruccio Pizzo. País de procedencia: Italia e Venezuela. Dª Mª Adelaira Fibrao Novoas. País de procedencia: Portugal. Por último, o venres 11 proxectouse unha película chamada ''Cartas de Alou'', na que se narraba a chegada a España dun inmigrante ilegal. Sufría aldraxes por parte dos españois e namórase dunha rapaza á que ve por ultima vez cando o levan preso mentres ela 29

CPI VIRXE DA SALETA

marcha no tren. Logo desta película, que recomendamos que a vexan, estivemos debatendo entre todo o alumnado da ESO e chegamos á conclusión de que o racismo é unha absoluta parvada. Hai persoas boas e malas, altas e baixas, entón é unha gran aberración discriminar por ningunha razón. Entendemos que se discrimine a unha persoa ruín, capaz de facer mal a un colexio, pero a unha persoa tan só por ter pigmentación máis escura, non ten nin pés nin cabeza.

Se algo aprendemos destas xornadas foi que non se debe ser racista, homófobo, etc... Debemos estar abertos a novas culturas e aprender dos demais. Lidia Bernárdez Cadaía e Eduardo Fernández Díaz. 4º E.S.O.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

La experiencia como una emigrante adolescente Una como emigrante se siente al principio desolada, es decir, sola sin nada, solo con aquellas personas que están a tu lado, en mi caso solo mi familia, solo tres personas con las cuales cuento ahora. Al llegar aquí todo es empezar de cero. Y así fue: empecé sin entender casi nada, pero creo que era por el miedo, ahora ya pasado un año y medio, lo veo todo desde otra perspectiva y ya ahora todo es más fácil para mí que al principio. Recientemente en este centro, el CPI Virxe da Saleta, se organizaron unas jornadas de interculturalidad donde tuve la maravillosa ocasión de participar. Para mí fue algo genial, ir conociendo y viendo que hay muchas más personas que han emigrado, y que en algunas ocasiones, no todos tienen la misma suerte que he tenido yo como emigrante, es decir que algunas de las personas invitadas comentaban haberlo pasado fatal. Pero aun así, supieron salir adelante. Sin embargo, yo aquí lo tengo todo: estudio, tengo amigos, compañeros, personas que desde el inicio me supieron ayudar. En estas jornadas de intercultaridad tuve la ocasión de poder dar a conocer unas

pequeñas características de mi país, así como costumbres, tradiciones... Les comenté sobre lo que más extraño y lo que más me hace falta aquí, recordé mi despedida y el sufrimiento que en aquel momento sentí. Fue ahí entonces cuando ya no pude contener mi sentimentalismo hacia aquellos seres queridos y sin soportar más, las lágrimas brotaron. En ese momento volví a tener aquella imagen tan triste de aquellas personas y se me oprimió el corazón, cuando vi que entre el público también caían algunas lágrimas supe que me escuchaban, que sentían lo que yo sentía y que comprendían lo que estaba diciendo. Por lo cual para mi fue fenomenal y muy satisfactorio contar mi experiencias. Por decir puedo concluir que este centro educativo, ha hecho una buena labor convocando estas sesiones en las cuales los adolescentes aprenden, mucho y comprende por lo que uno como emigrante debe pasar, aunque todas las situaciones en todos los casos no son iguales. Algunas son mas más duras que otras, mientras que otras ocasiones como la mía son fenomenales. Sara Abrigo Guamán

CÓMO AFRONTAR NUESTRO FUTURO Con ilusión, humildad, iniciativa, agilidad, aspiración, rendimiento, prevención, igualdad de derechos, formación, continua formación, responsabilidad, esfuerzo, superación, conocimiento, empatía, respeto, sacrificio, trabajo en grupo, disponibilidad, observación, vocación. Para conseguir satisfacción, realización y orgullo por uno mismo y por favorecer a que la vida de los que nos rodean sea más apacible y relajada. En las II Jornadas de Orientación Laboral del pasado mes de Abril se trataron temas de importancia de lo que puede ser nuestro futuro, dependiendo de lo

que nosotros elijamos ser. Para ello los ponentes recalcaron estas cualidades, necesarias para las distintas profesiones de las que se hablaron desde el ingeniero, los empresarios, los técnicos hasta el médico. Todos recalcaron las características que mencioné al principio. Ya sabéis, lo que queráis ser afrontadlo de esta manera, como ellos hablaron. Con esfuerzo se obtienen buenos resultados, acordaros de esto. Ojalá vuestro futuro os depare una gran existencia.

José Luis Otero Rozas. Alumno de 4 de ESO. 30


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Alumnos/as de 3º de Primaria

PABLO OTERO ROZAS: ...Tiña unha bicicleta. Unha noite deiteime pensando na miña bicicleta e cando empecei a durmir aparecéuseme a bicicleta no meu soño. Pero non era unha, senón dúas bicis como a min me gustaban. Nese soño paseino moi divertido.

fada madriña díxome as respostas do exame e aprobeino cun dez. Pero ao final todo foi soño. XOSÉ PÉREZ BLANCO: ...Tiña un xeado de tres metros cun cornete, chocolate, vainilla e nata. Pasaron días. Comino. Estaba saboroso porque tiña labras de chocolate. ALBA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ: ...Montaba nunha xirafa moi, moi grande. A xirafa andaba e andaba e atopámonos cunha abella que picou á xirafa. Eu baixei da xirafa e púxenlle unha tirita para que non lle sangrara. E foise feliz e contenta.

ANDREA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ: ...Estaba na clase e pedín para ir ao baño. Fun e atopei un portal. Entrei e fíxenme pequena como unha formiga. Andei e andei e oía unhas risas...Eran YENNIFER BERNÁRDEZ VÁZQUEZ: fadas! Leváronme para un paraíso de fadas e tras...Estaba con dúas cadeliñas (unha chámase Laica nos. Cando o vin, era precioso pero había unha fae a outra, Laxi) e apareceron moitos, moitos canci- da chorando. Fun onde ela e pregunteille: ...Que ños que estaban mancados e eu curei a todos os che pasa...? Díxome que todos se metían con ela e canciños. eu respondinlle: ...Non lles fagas caso! E fixémonos amigas e nunca máis se meteron con ela. E o conto CARLA CIBEIRA CARIDE: rematou aí porque miña mai me espertou. ...Un día pola noite viñan unhas fadas para que eu pedira dous desexos. Eu pedín que puidera ir ver ALICIA GARCÍA POUSA: unha película ao cine. E o outro foi que fora de via- ...Estaba na clase e de repente fun a un libro de xe ao estranxeiro. As fadas concedéronme os meus contos onde había dragóns e xigantes. Tamén había desexos pero no medio da película espertei. Non un volcán onde vivía o xefe dos dragóns do mundo quedei triste porque era todo un soño. e todos os seres máxicos lle ían levar comida e bebida. Eu fun por un camiño estreito e cando cheguei ALEJANDRO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: ao fondo do camiño, estaban cinco seres máxicos, ...Estaba xogando á oca e, de pronto, abriuse un cada un de cada clase. Cando me viron, acercáportal ao núcleo da Terra. Alí a cada un dábannos ronse a min e un dos dragóns tocoume e volvín por unha armadura de ouro con garras de aceiro inoxi- arte de maxia á clase. dable e eramos invencibles. Un meteorito ía impactar pero co raio láser gañamos. As armaduras estou- VANESA SALGUEIRO VÁZQUEZ: paron, pero tiñan un botón e facíanse outra vez co- ...Era veterinaria e coidaba os animais para que estimo eran antes e así fixémonos invencibles. vesen sans e xogar con eles. Os que máis me gustan son os cans e os gatos; e un pouco os coelliños peRAÚL GALLEGO GONZÁLEZ: quenos. Iso é o que quero ser de maior. ...Estaba na cociña e botábanme á despensa e viaxaba ao pasado. Había nunha cidade tres verdes SANTIAGO QUINTILLÁN HERMIDA: homes que eran malos. Mesmo estaban na miña ...Había comida de todo tipo. Había polo, pan, endespensa. Eran amigos dun coloso, do home do salada, peixe, patacas fritas...Estaba todo riquísimo Señor dos Aneis, dunha bruxa e de dous xigantes. e despois xoguei cos meus compañeiros: Xosé, PaEles estaban nunha cidade, pero Cea é un pobo. O blo, Raúl, Alex, Alba, Alicia, Carla, Yennifer, Laura, colexio estaba ardendo e a miña clase estaba en Vanesa, Andrea e Gisela. E.S.O. Só existía a clase de terceiro. LAURA DE MANUEL GONZÁLEZ: ...Voaba nun avión moi bonito. Chovían caramelos e piruletas. Eu saquei o meu casco para coller caramelos. Collín moitos, pero ao sacar o casco soltei o volante do avión e esnafrouse contra o chan. GISELA PANADEIROS RODRÍGUEZ: ...Estaba na clase facendo un exame de lingua galega. Non me lembraba das respostas. Entón a miña

31


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Hoxe estase a falar moito de Xapón. E esta vez non se fala dos últimos avances en tecnoloxía de comunicación, dos deseños máis innovadores na industria automobilística, nin do último prototipo robótico no que se está traballando. Por desgraza, tampouco se fala da súa cultura milenaria, da súa arte, nin da súa cando menos diferente gastronomía. Por desgraza falamos dunha catástrofe, da CATÁSTROFE. Un país punteiro, tecnoloxicamente evolucionado, un país do primeiro mundo, quedou literalmente varrido en gran parte pola única forza que de cando en vez decide demostrarnos quen manda aquí; a querida e temida forza natural. A Natureza, que vén pornos no sitio, que non distingue de ricos e pobres, e que é capaz de sobrecollernos tanto coa súa beleza, como coa súa fereza. Hoxe queremos estar con Xapón. E queremos proporvos unha bonita actividade, chegada dende a cultura xaponesa, que xa puxeron en práctica os alumnos de 2º de ESO. Practiquemos origami. O origami é unha arte de orixe xaponés, parte integral da súa cultura dende hai máis de mil anos. Consiste no pregado de papel, para obter figuras variadas. Segundo a filosofía oriental, o origami achega calma e paciencia a quen o practica. A orixe da palabra procede dos vocábulos “oru” (pregar) e “kami” (papel). O origami ten unha orixe relixiosa, inicialmente utilizábase para realizar ofrendas en certas celebracións. Posteriormente esta técnica foise popularizando, e transmitindo de xeración en xeración. Aquí chamámoslle papiroflexia. Hoxe en día, está consolidado como pasatempo en todo o mundo, e tamén como recurso pedagóxico, favorecendo a capacidade de concentración, a creatividades e a motricidade fina. É utilizado polos matemáticos na ensinanza de xeometría. Tamén se utiliza en terapias para rehabilitación de lesións cerebrais, para tratar enfermidades relacionadas coa idade, ou simplemente para mellorar a saúde do noso cerebro. Animámosvos a practicar facendo este calendario dodecaédrico. É unha forma de aproximarnos un pouquiño a esta cultura, e pode permitirnos comprender aínda que sexa levemente, a súa natureza pausada e a admirable firmeza que mostran ante os difíciles momentos que lles está tocando pasar, dándonos a todos unha lección de humanidade, serenidade e fortaleza espiritual.

CONSTRUCCIÓN DUN CALENDARIO DODECAÉDRICO. Podedes descargar o modelo na páxina www.toddsplace.ca

32


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Realizamos duas dobreces no centro, só nos extremos.

Dobramos, dende cada canto, ó centro do lado contrario, marcado no paso anterior.

Unha vez feitos os catro cantos, este é o resultado.

Agora marcamos e repasamos as dobreces que vedes na figura. Dobramos as liñas entrecortadas (vermello) cara fóra e as liñas de puntos e raias (verde) cara dentro...... Este é o paso máis difícil!!!

Facemos o mesmo co outro extremo..... este é o resultado. Últimas dobreces para pechar as lapelas.

Dobramos as solapas, e temos un rombo, con solapas en dous extremos, e bolsos nos outros dous.

Agora só queda facer o mesmo cos outros meses... e montar o dodecaedro introducindo as lapelas duns, nos bolsos dos outros.

33


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Despois de meses de intenso traballo de investigación, saíron a luz os nosos proxectos. Este foi o segundo ano no que os nosos alumnos representaron ao colexio na feira científica organizada polo parque tecnolóxico de Galicia (Tecnopole). En Galiciencia, colexios de toda Galicia, Cataluña e Euskadi, defenden os seus proxectos científicos e compiten por un premio que consiste en levar os seus traballos a feira científica de Barcelona (Exporecerca). Nesta edición, foron seleccionados no noso colexio, catro proxectos dos dez enviados. Os proxectos aceptados son: “O pode de convicción das ONG’s” “Como a pragmática evitaría accidentes aéreos” “As caras ocultas da cara” “¿Por que esperar a nacer para escoitar música?” Foron defendidos por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO, con gran entusiasmo e profesionalidade, deixando o pavillón de Cea moi alto. Os titores dos proxectos sentimos realmente moi orgullosos deles, pero tamén daqueles alumnos que traballaron, pero cuxos proxectos non foron seleccionados polos xurados da Galiciencia, e tiveron que quedar fora. Moitas grazas a todos eles, e a seguir intentándoo e traballando en novos proxectos. As experiencias dos alumnos Son alumna de 4º ESO do C.P.I. Virxe da Saleta, este é o segundo ano que participo no concurso de Galiciencia. Decidimos apuntarnos porque as nosas profesoras de bioloxía e tecnoloxía nos animaron a facelo. Era unha nova experiencia e deci-

CPI VIRXE DA SALETA

dimos probar. O primeiro ano os meus compañeiros, Bea e Daniel e máis eu fixemos un proxecto relacionado co mundo dos perfumes, sen embargo este ano xa tiñamos máis experiencia e Daniel e máis eu decidimos investigar algo máis a fondo noutro campo, o da aviación. Estudamos se a pragmática, a maneira en se comunicaren os pilotos na cabina, podería afectar nos accidentes de avións. Traballamos a fondo neste proxecto. Estaba dirixido polo noso profesor de lingua castelá que nos axudou e proporcionounos información. Investigamos unha morea de conversacións entre pilotos rexistradas nas caixas negras, clasificámolas segundo o problema que atopabamos. Tamén contactamos con pilotos para preguntarlle que tipo de comunicación utilizaban. Estivémonos quedando no colexio despois das clases ata tarde para poder rematar este proxecto pero todo isto mereceu a pena. Chegamos a unha conclusión. A comunicación entre os pilotos non sempre era a correcta. Debían comunicarse de maneira formal e eles non sempre a utilizaban. Tamén destacou o principio de cortesía e os rangos entre os ocupantes da cabina. Moitas veces eses pequenos detalles poden acabar coa vida de centos de persoas. Para min estas actividades foron moi importantes, porque aínda que levamos traballo pasamos tres días expoñendo o noso proxecto a centos de persoas. Onde aprendemos a expresarnos e desenvolvernos. Foi marabilloso, por min repetiría as veces que fixesen falta. Aprendemos e á vez pasámolo ben. Lucía González Rodríguez

34


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

A experiencia en Galiciencia este ano foi mellor incluso que a pasada edición. É unha sensación verdadeiramente excepcional cando a xente eloxia o teu traballo e interésase en escoitarte. Tras días de duro traballo, moitas veces contrareloxo, foi moi gratificante que se recoñecese o noso esforzo. Ademais de presentar o noso proxecto tamén tivemos a oportunidade de coñecer rapaces e rapazas simpatiquísimos, e a mestres dos que aprendemos. Outra sensación especial é cando a prensa se achegou ao noso stand, e despois ver artigos en periódicos nos que se falaba do noso proxecto. Tamén aprendemos moitísimas cousas escoitando os proxectos dos demais. É unha das cousas máis interesantes que fixemos na nosa etapa en Cea, e que recordaremos sempre.

CPI VIRXE DA SALETA

Dende o primeiro momento non nos puxemos como meta gañar, senón participar, aprender, disfrutar e compartir todo o que aprendemos con outros rapaces da nosa idade, profesores, universitarios, pais de alumnos... Todos os que participamos estamos moi orgullosos do noso traballo. xa Sentimos gañadores no momento en que aceptaron o noso proxecto. Foi unha grata experiencia, sen dubida, para todos nós. Beatriz Álvarez

Daniel Dacoba

O participar no certame científico Galiciencia foi unha experiencia realmente estupenda. Este xa foi o segundo ano, pero foi sen dubida no que máis disfrutei. Non porque nos tratasen mellor que o ano anterior, non, ambos os dous anos recibimos un excelente trato por parte de todos os colaboradores, pero este ano, por ser o segundo e ter máis experiencia, por saber co que nos iamos atopar, levábamos máis confianza en nos mesmos, e ademais o proxecto, polo menos o meu e o da miña compañeira deste ano, estaba máis traballado, e resultoume máis interesante, aprendín moito con el, e expuxen algo do que me sentía segura.

Foi unha experiencia inigualable, xa que nunca antes expuxera un traballo a persoas tan diferentes. Para min foi como vender un produto, porque realmente cría que o meu traballo era bo e tiña que intentar vendelo da mellor maneira. O que máis me chamou a atención, foron os proxectos tecnolóxicos, pero os nosa investigación foi igualmente laboriosa. Unha das cousas máis bonitas foi explicalo aos máis pequenos, porque tes que saír do guión, cargado de tecnicismos para que te entendan. Dende aquí darlle as grazas a todos aqueles que nos apoiaron: o noso titor do proxecto, José Manuel Dopazo, e as profesores de tecnoloxía e bioloxía Maite López e Conchi Casas, e a todos os alumnos que se interesaron polo noso traballo. José Luís Otero

35


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

36


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

37

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

38


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

39

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

David González Gómez Hum... que poucas gañas de levantarme... pero deben ser máis da unha do mediodía. Que raro que mamá non me obrigase a saír da cama! Estará limpando e pasoulle a hora. Non lle fai gracia ningunha que desaproveite toda a mañá, nin os domingos. Ben, ó mellor esta vez non lle importa. Onte cheguei tan tarde… Vaia! Nin alcanzo o interruptor da luz. Non pasa nada. Fareime o remolón na cama un rato máis. Menudo aniversario! Cumprín os dezaoito, xa son maior de idade! Unha parvada coma outra calquera... aínda que onte paseino incrible. Ata conseguín o móbil dunha rapaza guapísima! Hoxe a chamo. Ou debería agardar ata maña? Pero onde está o interruptor? Que raro! E o meu reloxo? Debo de estar a medio despertar por que non recoñezo a miña habitación. Hai pouca luz. E o meu armario? E os meus pósters? Creo que despertei totalmente. Levántome. Esta non é a miña habitación. Parece un hostal barato ou un sanatorio... e recordo que onte cheguei a miña casa, estou seguro. A esquerda hai unha porta. Está pechada. Vexo outra, que abro. É o cuarto de baño. Síntome tan confundido que nin sequera teño medo. É bastante grande e alongado. Algo parece moverse! Ó fondo hai unha silueta de... unha persoa!

Está mirándome fixamente. Neste momento empezo a sentir terror. Que estaría facendo ese home alí toda a noite? Estaría vixiándome? Estarei secuestrado? Está moi quieto, petrificado, coma mín. Non o vexo moi ben. Vexo borroso, non sei por que. Parece moi vello. Apenas ten pelo e a pel é moi gris. É moi delgado e ten os ollos afundidos, como manchas escuras na súa cara. A súa expresión tamén é de terror. Dou un paso adiante. A figura tamén avanza cara mín. Acercámonos ata case tocarnos... pero non é posible... É un espello! A miña cara! O meu pelo! As miñas mans! Podo ver as miñas mans engurradas e grises, trementes. Xa o entendo! Aínda estou soñando! Agora acordarei... Mamá! Espértame, por favor! Mamá!!!! -Espertou! Axúdame a calmalo. -Está moi nervioso... Chamo un enfermeiro? -Non fai falta. Ten pouca forza... Xa está... dentro dun minuto estará durmindo. -Cal é o seu diagnóstico? -Un raro tipo de amnesia selectiva. Non recorda nada desde o día do seu dezaoito aniversario. Todos os días levántase chamando a súa nai... -Agora xa está tranquilo... -Si, ata que desperte de novo. Pasamos ó noso próximo paciente? Este é un caso moi curioso...

40


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Así como existe unha árbore da Paz, existe tamén unha árbore da guerra. Ben, en realidade non é unha árbore porque non está feita de materia viva, como a dos carballos ou os piñeiros, senón de ferro negro retorcido e enferruxado, inzada de espiñas longas e afiadas, como as que teñen os valados de arame que nos campos de batalla separan as trincheiras dos exércitos inimigos. Esa árbore da guerra ten sementes. As súas sementes están feitas de odio e teñen tamén agudas espiñas para chantarse mellor na carne das persoas e provocarlles unha dor permanente. As sementes da árbore da guerra estenden as súas negras raíces até chegar aos corazóns da xente, que son o lugar que buscan para xerminar e facerse fortes. E o peor de todo é que esas sementes son invisíbeis. As sementes invisíbeis da árbore da guerra flotan no ar ao longo do mundo. Andan na procura dun conflito: unha discusión, unha pelexa, unha inxustiza... Calquera conflito, por pequeniño que sexa lles vale para tentar botar raíces e medrar. A árbore da guerra, cando atopa un conflito, por pequeno que sexa, entra no corazón das persoas violentas e bota raíces e medra, medra e estende as súas negras pólas de ferro espiñento 41

CPI VIRXE DA SALETA

até atrapar totalmente ás persoas que estean perto e aos seus amigos e seres queridos e envelenalos de odio, violencia, egoísmo, avaricia, medo... Por iso, cando dous amigos se enfadan, ou dous compañeiros pelexan, ou se insultan, ou algúns alumnos se portan mal con outros; en todos os lugares onde as persoas se odien ou sexan egoístas, insolidarias, violentas, inxustas...as sementes da árbore da guerra atopan terra fértil para xerminar. Neses lugares, a árbore da guerra reprodúcese rapidamente e medra e pode chegar a formar grandes bosques escuros e terríbeis que se chaman guerras e dar os seus noxentos froitos en forma de bombas que estouran e matan e sementan a morte, a dor, a tristeza e a infelicidade durante moitos, moitos anos. As negras sementes da árbore da guerra andan por aquí perto, a rondarnos, buscando o odio, a envexa, o rancor, a violencia nos nosos corazóns para poder medrar e destruír todo o que amamos. Pero, desde logo, no CPI de CEA non llo vamos poñer fácil. Por iso hoxe, como cada ano, vamos celebrar o día da Paz e vamos plantar no noso centro unha pequena oliveira, para que nos axude a defendernos contra as sementes da guerra.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

4º de primaria Xa chegou o maio ao cole de Cea e trouxo estas coplas pra que a xente as lea.

Pobriño colexio, custou moitos cartos, nós do vandalismo estamos ben fartos.

No noso colexio facemos os maios, danzamos alegres e cancións tocamos.

As xentes de Cea somos moi valentes, se temos problemas apertamos dentes.

Xa chegou o maio! Imos celebrar, pasear no campo, no río pescar.

O noso colexio moi bonito está, olla para el a xente ao pasar.

Xa comeza maio de todas as cores, caraveis e rosas e moitas máis flores.

Os profes de Cea os mellores son, que todos os meses fan unha excursión.

Que maio quentiño! Cantas flores brancas! Que millo valente! Que galiñas pardas!

Na praza da vila fixemos o entroido dos pobos do mundo, armamos estrondo!

Canta nena, canta, na festa dos maios: Na praza de Cea venderás os años.

Grazas condutores do noso transporte, se por vós no fora non había cole.

Xa cantan e rezan os monxes de Oseira para que non chova os días de feira.

Grazas cociñeiros, grazas limpadoras, grazas ao conserxe, que fan moitas horas.

O sol preguiceiro sae polo leste a lúa de noite parece un molete.

Foi o Xacobeo orquestras tocaron e coa Rosana que ben o pasamos!

Queimaron o cole e tamén roubaron, os nenos de Cea moi tristes quedamos.

De moitos lugares veñen peregrinos pra ir a Santiago facer o camiño.

42


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

CPI VIRXE DA SALETA

As festas de Cea sonche moi trouleiras temos tenderetes e pandeireiras.

A xentiña chora moi lonxe da terra que lles dera estar outra vez en Cea.

No medio da praza temos unha torre con catro pilancos onde a auga corre.

Na vila de Cea hai un pan moi rico. Sábeche tan ben que merece un bico.

Na fonte de Cea hai un reloxiño que nos dá a hora e nos dá cariño.

Os panadeiriños desta nosa vila fan o mellor pan coa mellor fariña.

Os vellos de Cea moi cucos che son: miran para as guapas e pras feas non!

Fariña e trigo pra facer o pan, bos panadeiriños e con boa man.

Lixo polas rúas, iso está moi mal! A hixiene de Cea é fundamental.

Padeiras de Cea hai que traballar, non vos ha valer o panadeirar.

Este ano tocan eleccións locais, nelas sempre poden votar pais e nais. Esta crise mala moito tempo dura para cando pase xa haberá outro cura. O cura de Cea énos moi simpático ensínanos moito, corremos no adro. Neste país triste que ten mala sorte traballar máis anos e ter pasaporte.

43

ANO 2011 — Nº 8

O paro infinito choio pequeniño isto non se amaña dentro dun pouquiño.

Nin branco nin negro nin o de centeo non hai mellor pan no planeta enteiro. Tanta fama ten en toda Galicia que veñen probalo con moita ledicia. Imos rematando as coplas dos maios con moita alegría dos nenos de cuarto. Se non vos gustaron botádelle mel con leite e fariña facer un pastel. Xa nos despedimos de hoxe nun ano, que ao cole Cea volverá o maio.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Meus pais saíran de fin de semana, quedei soa na casa. Pórtate ben, non fagas falcatruadas, poden vir os teus amigos sempre que deixen todo recollido….Bah!...Todas esas cousas que din os maiores. Así que me dispuxen a pasar uns días estupendos. Quedei coas miñas amigas, algunhas trouxeron os seus irmáns pequenos, outras os compañeiros de clase. Eramos uns doce ,un arriba, un abaixo. Non sei se dixen que era o mes do Samaín. Novembro. Meigas, trasnos, zombis, lóstregos, noite, lobos, arbores que moven as pólas e xemen axitadas polo vento que en esta época xa e de invernía… Despois de facer a comida na casa (nada de sopas, nin verduras, nin peixe, iso tiñámolo prohibido. Había que aproveitar que quedara soa; así que veña pizzas, veña hamburguesas, veña salchichas...), saímos dar un paseo. E onde acabamos...???? Non vos digo máis, pois si...no cemiterio! Alí sentados nas tumbas puxémonos a falar e a falar. Fíxosenos noite. De súpeto, un murmurio como o pisar das follas secas estremeceunos; un vento xélido cruzounos polas meixelas; un lóstrego atravesou o ceo, un tusir como se non fose deste mundo deixounos paralizados... De repente, unha sombra enorme, grande, escura...estaba preto de nós. Viña acompañada de dúas sombra máis pequenas; unha delas ría e ría (hihihihi); a outra mirábanos cuns ollos grandes como lagoas enmarcados baixo un turbante que apenas deixaba ver nada máis. Achegábanse e nós non podiamos nin movernos, nin respirar sequera.

CPI VIRXE DA SALETA

A medida que se acercaban, máis rían eles e máis medo tiñamos nos. Un paso, outro paso, un máis e xa preto, máis preto... -Pero, que estades facendo aquí? Uf! que alivio. Era Xoán o enterrador! -Nada, nada. Estabamos a falar e fíxosenos de noite. -E de que falabades? -Pois das cabazas que temos que levar ao colexio polo Samaín. -Ah! Ben. Esas cousas están ben. Vouvos presentar os meus amigos: este é Ibrahim, marroquí; e este outro é Pancho, mexicano. Falamos con eles. Pancho contounos que en México celébrase moito o dia de defuntos: vaise aos cemiterios a comer e beber cos mortos e fálase con eles; cóntaselle todo o que pasou no ano. E fan máscaras cas caras dos finados pintadas con cores vermellas, verdes, amarelas, azuis, laranxas…… Ibrahim contounos que no mundo musulmán son moi respectuosos cos mortos . Non teñen un dia especial para eles. Pero ensinounos a facer uns debuxos moi bonitos con xena, unha especie de barro. Así que os dou amigos do enterrador déronnos unhas ideas moi boas para as nosas cabazas: serian de estilo mexicanomarroquí! E mira ti por onde o día do cemiterio pasou de ser un dia de medo a ser un dia no que aprendemos cousas doutras culturas. As misturas son sempre boas. Non teño que dicir que as nosas cabazas foron as mellores de todo o cole! Alumnas e alumnos de 6º curso de Primaria do CPI “Virxe da Saleta” (San Cristovo de Cea).

44


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Hai moito tempo, a xente tiña moito medo porque había moitos lobos. Todas as noites tiñan que facer quendas para vixiar a aldea e para que os lobos non os atacaran. Certo día, un rapaz chamado Miguel decidiu viaxar á cidade en busca da súa noiva Catarina, para pedirlle matrimonio. Miguel tiña que cruzar un bosque escuro, cheo de feras. Os seus veciños dixéronlle que non o cruzara, pero el non fixo caso. Nin sequera quixo levar unha arma. Cando estaba atravesando a floresta, de repente escoitou un ruído. Era como se alguén pisara un guizo seco. Miguel asustouse e e botou a correr; iso empeoraba a cousa. Os lobos deron con el e xa estaban a piques de o devorar. Entón Miguel deuse conta de que tiña un chisqueiro e prendeu lume na herba seca. Os lobos asustáronse e fuxiron. Así, Miguel logrou chegar á cidade e casar con Catarina. E cando tiveron fillos, contoulles a historia para que aprendesen o importante que é ser valente e, sobre todo, intelixente.

por Mª José Aranguren e Celia Rita Otero (4º Primaria). (Historia gañadora do concurso de contos de medo do Samaín 2010).

45


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

No curso 2007-2008 púxose en marcha o club de lectura “ O panadeiro poeta” para alumnos de Secundaria e formaba parte das actividades programadas desde a biblioteca do noso centro. É unha actividade complementaria e totalmente voluntaria para alumnos e profesores. Entre os obxectivos establecidos cando se creou destacamos tres que seguen plenamente vixentes: Formar lectores e lectoras que disfruten coa lectura e a incorporen ao seu tempo de lecer. Contribuír coa proposta de lecturas escollidas a crear unha conciencia crítica e fomentar valores como a igualdade de xénero, o respecto, a tolerancia, a solidariedade e a defensa do medio ambiente. Favorecer a comunicación e a convivencia entre os integrantes do club, dándolles a oportunidade de compartir ideas, emocións, experiencias. É evidente que os dous primeiros conséguense coa lectura das obras escollidas e coas xuntanzas periódicas que temos para comentar as lecturas. O terceiro tamén se ve favorecido coas saídas culturais que realizamos cada trimestre. O Proxecto do club de lectura ten sido presentado desde a súa fundación ás convocatorias anuais de axudas da Consellaría de Educación e ata o de hoxe recibiu unha asignación todos os anos para o seu funcionamento, de xeito que as actividades son totalmente gratuítas para os seus integrantes. Os libros que mercamos para o club pasan a formar parte dos fondos da biblioteca e quedan a disposición de toda a Comunidade Educativa. No transcurso destes anos, e xa van catro, lemos libros moi interesantes e outros non tanto; coñecemos lugares da nosa xeografía onde non tiñamos estado, visitamos museos e monumentos e fixémonos máis amigos. Podemos dicir que viaxamos coa imaxinación no tempo e no espazo a través dos libros e tamén viaxamos realmente polo noso país.

46


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

OS CARTACES

AS VIAXES

Integrantes do 1º ano (2007 -2008)

Na praza da Quintana e no MUPEGA ( 2008- 2009)

Na Fundación Neira Vilas e na Casa-Museo de Rosalía (2008-09)

En Santiago, no Museo do Pobo Galego (2009-10)

47

Allariz, no Museo do Coiro e no Museo do Xoguete (2009-10)

Xacemento “Aquis Querquernis” e beira do encoro das Conchas (2009-2010)


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

David Jolivet foi lector no noso centro durante este curso. O seu traballo era que aprendésemos o máximo inglés posible, e abofé que o conseguiu. David vén de Oregón, no noroeste de Estados Unidos. Como é “costume” nos Estados Unidos, tras facer a súa carreira tomouse un ano sabático, que aproveitou para espallar un pouco máis a súa cultura. Dámoslle as grazas por ensinarnos tanto e por ser algo máis ca un mestre con nós. Good bye forever! -Como tomaches a decisión de traballar como lector? Fun a Granada no 2009 cunha beca Erasmus e comecei a aprender castelán e quixen regresar para aprender máis o idioma e coñecer máis España. O meu profesor de castelán faloume dos auxiliares de conversa e vin unha oportunidade de aprender máis castelán e de transmitir a miña cultura e o meu idioma por aquí. -Por que decidiches vir aquí, a Galicia? Non puiden decidir a que sitio ir, foi todo casualidade, pero estou moi contento aquí. Galicia é moi diferente a Andalucía, e así podo aprender máis aínda. -Que é o que máis che gusta de aquí? Galicia parécese bastante a Oregón e estou moi cómodo. Gústame o orgullo que ten moita xente por ser galegos e a vida aquí é máis tranquila. Ademáis vivir aquí tamén é máis barato e a xente galega é moi amable e agradable. -Que é o que máis botas en falta dos Estados Unidos? Á miña familia e amigos. Ás veces é difícil falar con eles, polas horas diferentes, pero a través de Facebook podo falar con todos e ver o que fan. No Nadal deume tamén pena non estar con eles, pero aproveiteino para facer un tour por Europa. Ás veces vexo en Facebook que os meus amigos están traballando e eu estou viaxando e aprendendo (risas). -Que impresión lechaches ao chegar a Galicia, e a un lugar tan pequeño para vivir? A primeira vez que cheguei a Ourense pensei que era unha cidade moi grande, ao baixarme do tren, pero o certo é que é unha cidade pequena e Cea aínda máis. Pero penso que iso é bó para o colexio. Os alumnos son máis tranqui-

CPI VIRXE DA SALETA

los, os rapaces de cidades grandes son máis complicados. No traxexto Ourense-Cea só me pregunta “A onde imos?” ao ver que iamos cara unha aldea. -Que lle parece Galicia como lugar para vivir? Para vivir espectacular. A choiva e o frío é o peor, pero é un lugar moi familiar e é fácil atoparte a xente coñecida pola rúa. Sair de noite é divertido. O único malo é que Ourense é un lugar complicado para viaxar, xa que teño que ir a Santiago ou a Madrid. -Que lle pareceron os alumnos? Excelentes. Cada alumno é único pero os que queren aprender son perfectos. Estou contento cos alumnos, é a miña primeira vez como lector, pero síntome coma un profesor máis en Secundaria e en Primaria. Estou aprendendo pouco a pouco. Ao principio tiña vergonza na clase e era difícil, pero tamén aprendín a preparar as clases moito. -Que vas facer tras esta experiencia? Este verán vou traballar nunha empresa de cámaras infravermellas no departamento de marketing durante dous meses. Despois irei a Los Ángeles a empezar a miña carreira de Dereito, durante 3 anos na Universidade do Sur de California (USC). Despois quero ser avogado, pero aínda non estou seguro, ten que pasar o tempo. E penso que a miña comprensión do castelán axudarame, xa que en California hai moitos latinos. -Viaxas moito, cal foi o país ou a cidade que máis che gustou en Europa? Praga foi incrible e Budapest tamén, pero penso que a miña favorita foi Estambul. Estiven dous días e non vin case nada, é enorme, pero todo o que puiden ver encantoume. -Repetirías o traballo como lector? Si, se puidese si, pero teño que empezar a miña carreira de Dereito. -Que descubriches en España? Que podo falar castelán e que podo ser profe de inglés ou incluso, de castelán. Tamén descubrín que ser profesor é moi difícil. Estou moi contento aquí a verdade e que encantaríame vivir en Galicia. Estou realmente contento cos alumnos e cos profesores e espero que para o ano que vén teñades outro lector. Grazas por todo.

48


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

Cada día que pasa, a hora de sair da que foi e será sempre a nosa segunda casa achégase, por moi incrible que resulte. Parece que foi onte cando eramos uns cativos e entramos por primeira vez neste colexio, neste fantástico colexio. Ben certo é, que algúns entramos con máis ganas que outros. Uns estabamos tristes por deixar as nosas nais, por entrar nun lugar que era totalmente descoñecido para nós, que pasaría a ser máis tarde, sen sospeitalo nin por un instante, a nosa segunda casa, parte da nosa vida. Outros, polo contrario, estabamos felices, desexosos por atopar amigos, pasalo ben, xogar, compartir as nosas cousas cos demáis. Co paso dos anos fómonos acostumando a todo isto, á rutina, a esta rutina, levantarnos e decir , o mesmo lugar, a mesma xente, e por moito que queiramos facer crer aos demáis e incluso intentar enganarnos a nós mesmos dicindo que non nos gusta, sabemos que é mentira. Claro que non nos gusta estudar, facer as tarefas... pero non podemos negar que nos gusta vir ao colexio e estar coa nosa xente. Aquí temos os nosos compañeiros, mellores amigos, parellas... persoas coas que compartimos momentos, anécdotas... parte da nosa vida. Persoas que permanecerán por sempre nos nosos corazóns, e que nunca serán substituidos por ninguén, por moitas persoas que coñezamos. Todos temos recordos moi bos da nosa infancia, de infantil e dos primeiros anos da primaria. Todos recordamos con gran agarimo as nosas primeiras mestras, que con tanto esforzo conseguiron educarnos, prepararnos para a secundaria, e por suposto para a vida. Mestres que foron como os nosos pais, porque ademais de ensinarnos a ler, escribir, contar... e de coidarnos, que é outro dos moitos labores tan importantes dun mestre, ensináronnos a ser boas persoas, saber compartir cos demais, pedir perdón cando cometemos un erro e axudar aos outros cando o necesitaron. Aínda que moitos deles xa non estén no centro, como a mestra Esperanza, Dona Fina, Dona Elva, a antiga directora Elda, o mestre Fernando, Dona Pili, a nosa primeira mestra durante os dous anos de infantil, a profesora de Inglés Raquel, varios mestres de Educación Física, a orientadora que nos acompañou o pasado curso, e moitos máis mestres que pasaron polo C.P.I Virxe da Saleta.

49

CPI VIRXE DA SALETA

Ademais de novos mestres, este ano contamos coa presenza do lector David Jolivet, un xoven de Oregón, ao que por casualidade, tocoulle viaxar a Galicia, terra coa que quedou encantado. E cos alumnos do C.P.I Virxe da Saleta tamén. “Son uns rapaces moi amables e tranquilos” comentounos na entrevista que lle realizamos previamente á súa partida de volta á súa cidade. Moitas veces pensamos no colexio, e vémolo como unha tortura. Un lugar no que só imos para aprender, traballar, estudar e facer exames... pero é moito máis que todo iso. Nun colexio apréndense valores que moitas veces non están presentes nun fogar. Aprendemos a ser amigos dos que moitos consideran ser os nosos propios inimigos, os profesores. Pois ao fin e ao cabo, a quen lle debemos parte do que somos hoxe? A eles, porque un mestre sempre quere para o seu alumno o mellor. Pero ademais da boa xente do colexio, tamén temos presente todos estas celebracións festexadas no noso centro. Entroidos, magostos, Nadais, Días da árbore, Letras Galegas... momentos nos que convivimos, traballamos e divertímomnos xuntos. Moita xente pensará que só é unha estrutura, algo que non está feito para ser querido ou estrañado... Pero nós temos motivos, moitos motivos para facelo, porque sería como se nos tivésemos que marchar da nosa casa, pois moitos de nós, a maioría, levamos entre 10 e 13 anos aquí. Moitos, moitísimos momentos, e agora só quedan meses, semanas, días... En nada estaremos saíndo de aquí para non voltar máis, ou polo menos, non da forma en que o vimos facendo ata o de agora. Porque todas esas mañáns, eses recreos... non se volverán repetir e nada será igual... Pero o peor de todo isto son os compañeiros: cada un de nos collerá camiños diferentes. Para cada un de nós comezará unha nova etapa da nosa vida. Despois de mirar un pouco atrás e pensar en todo o que levamos vivido aquí, só podemos sorrir, pero pensar en marchar e volver a comezar de novo fai que nos invada a tristeza. Quizais sexa difícil explicar a sensación que temos nestes momentos, non é un sabor amargo, é tristeza pero ao mesmo tempo felicidade. Estamos contentos de poder estudar no C.P.I Virxe da Saleta, e de saír cun bo sabor de boca.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA Nestas vacacións vas ter moito tempo para ti: tempo para xogar e divertirte, para estar cos teus, para facer amigos e amigas, para aprender a vivir, para soñar e voar…

PRIMEIROS LECTORES A galiña Rosalía de Pat Hutchins …saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...“ Negros e brancos de David McKee. Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran negros ou brancos. Amaban a todos os animais, mais eles odiábanse, e cada un mantíñase ao seu lado da selva.

Rato de campo e rato de cidade de Kiko Dasilva. Había unha vez un rato de campo que vivía no tronco dunha árbore. Gustáballe o aire limpo da mañá e o son do vento a bater nas pólas.

O libro da Illa de Cortegada de Amalia Pérez Otero e Michel Casado. A illa de Cortegada agacha un tesouro que o trasno Illote coida desde hai centos de anos. Os nenos e nenas que até alí chegan ten-

DE CINCO A SETE ANOS A memoria das árbores de X. Antonio Neira Cruz e Kiko Dasilva. Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab. “Ha medrar canda ti” dixéronlle, e foi pasando o tempo… (Inclúe CD. Música de Marcial del Adalid).

Este é o medo de Oli e Pepe Carreiro. Dous irmáns, neno e nena, dormen no seu cuarto. É noite pecha... Unha gran cidade, o silencio, a escuridade... iso é o medo. Pero... o medo tamén ten medo, ou non?

E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno. A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.

O león durmiñón de Anxo Fariña. Breogán, Don Quixote e mais Sancho Panza atopan un león que un domador lle leva ao conde Treboliflor. Os leóns son moi feros, mais a este só lle gusta durmir

A PARTIR DE 8 ANOS Os contos tolos da avoa Paulina de Loli Rial e Pepe Carreiro. A avoa senta nun curruncho e fala de cousas incribles. Xunto a ela chegan homes e mulleres, parrulos, vermes e ata pantasmas.

O monstro dos Ancares de Toño Núñez. En plena serra dos Ancares viviu unha vez, hai moitos anos, un temible monstro de sete cabezas que sementaba o medo entre todos os habitantes das montañas. O señor do castelo de Navia de Suarna chegou a perder tres dos seis fillos, mortos polo monstro. De aí que xurase venganza.

50


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

A noite dos animais de A. Fernández Paz. A misteriosa historia de Raquel e o caderno chinés. A noite na que queda soa na casa, Raquel decide estrear o caderno chinés que lle regalou a súa tía.Ela non sabe que ese caderno tan especial ten propiedades máxicas .

A sopeira e o cazo de Michael Ende. Os reis Ruperto e Rufina tiveron unha filla: Comba. Os reis Filiberto e Fidelina, un fillo: Berenguer. Ambas as parellas reais esquecen invitar ao bautizo a fada Petronila Perrenchuda, e esta, para vingarse, failles un agasallo máxico: a uns, unha sopeira sen cazo; a outros, un cazo sen sopeira

Os Megatoxos e Os Templarios da Luz. de Anxo Fariña . Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.

As desgrazas de Sophie de Valérie Dayre. Ás veces, as preguntas máis difíciles de contestar son as que un non espera. Isto ocórrelle a Sophie cando, un día, seu fillo a sorprende cunha pregunta: «Podes contarme algo que te fixese medrar?».

Avenida do parque, 17 de A. Fernández Paz. A vida de Marta experimenta unha súpeta transformación cando seus padres deciden transladarse á cidade e alugan unha vella casa. De feito, ao pouco de mudarse, Marta comeza a oír ruidos extraños no seu cuarto.

51

CPI VIRXE DA SALETA Xela volveuse vampira de Fina Casalderrey. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo Inclúe DVD.

A PARTIR DE 12 ANOS De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino de Pepe Carballude. Divertida novela sobre o Camiño de Santiago. ¿Imaxinades por un intre que a escultura do Mestre Mateo e máis un par de figuras do Pórtico da Gloria cobrasen vida e se pusexen a facer o Camiño de Santiago?.

O meu gato é un poeta , Fran Alonso. É este un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. O libro vai acompañado dun CD con música de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net.

A casa da luz de Xabier P. Docampo. Alicia é unha rapaza moi traste e, ao parecer, cun irrefreábel desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez de Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra.

A retirada de Sir John Moore. Pepe Carreiro. Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón. O argumento do libro xira arredor da peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños cos dous exércitos, o inglés e o francés.


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

DE CATORCE EN DIANTE Exogamia 0.3 de Ramón Caride. O último libro do noso conveciño R. Caride reúne media ducia de relatos suxestivos, que permiten abrir un debate sobre algúns dos temas candentes do noso tempo. Cuestións nas que a ciencia é a é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo

Dragal II. A metamorfose do dragón . Elena Gallego Abad. Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda a noticia da desaparición de Hadrián.

Campos de Cuba (cómic). Fran Jaraba. Tras Cita na Habana, cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece “Campos de Cuba”, álbum onde se narran novos e emocionantes episodios.

Despois da medianoite. Salma. (autora)/ María Reimóndez (Tradutora). No entorno abafante dunha pequena aldea, no lugar pechado das casas e das cociñas, transcorren as vidas de Rabia, Wahida, Rahima, Zohra, Firdaus e o resto das mulleres de Despois da medianoite. As súas arelas, os seus problemas e solucións vannos levando por un camiño de dificultades onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante.

Non hai noite tan longa . Agustín Fernández Paz. Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado

Pipo o Paxariño — 1º de Primaria

52


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

53

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

54


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

55

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA


REVISTA ESCOLAR O PICURÍ

ANO 2011 — Nº 8

CPI VIRXE DA SALETA

Búscanos en Facebook, Twitter e Tuenti Rúa da Costa, s/n 32130 Cea - San Cristovo de Cea (Ourense) Tfno.: 988 28 21 69 Fax: 988 28 24 00 http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta/ - cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es

56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.