folla informativa da documentación e requisitos para solicitar axudas para libros

Page 1

Rúa da Costa, s/n 32130 Cea - San Cristovo de Cea (Ourense) Tfno.: 988 28 21 69 fax: 988 28 24 00 cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta CPI Virxe da Saleta

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE BOLSAS DE AXUDA DE ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAIS CURRICULARES E MATERIAL DIDÁCTICO COMPLEMENTARIO AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E DE E.S.O. CURSO 2012/2013. (Diario Oficial de Galicia, Nº 104, do venres 1 de xuño de 2012). 1- REQUISITOS : -

A axuda sera solicitada polos pais, nais ou titores do alumnado. Estar matriculado en Educación Primaria ou en Educación Secundaria Obrigatoria e non repetir nese curso. Ter unha renda per cápita familiar do IRPF de 2010 (se sumarán os recadros 455 e 465 da declaración), dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. (pais non separados legalmente ou titores, fillos menores de idade non emancipados, fillos maiores de idade con algunha discapacidade, fillos menores de vinte e cinco anos que convivan no domicilio familiar, cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase a constituída polo pai, nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior, nos casos de separación tera consideración de membro computable o novo cónxuxe ou parella (computan por unha persoa cada membro da unidade familiar) e os membros da unidade familiar en primeiro grao do alumno solicitante, incluído o propio alumno e os seus pais e irmáns, cunha discapacidade igual ou superior o 33% (computan por dous membros), a efectos do cálculo da renda per cápita) igual o inferior a 9000 €.

2- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : -

PRESENTARASE UNHA SOLICITUDE POR CADA ALUMNO/A. As solicitudes (Anexo I) poderán obterse no centro, nos departamentos territoriais da Consellería de Educación, e no portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria.

-

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DUN MES, desde 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012 ambos inclusive para o alumnado de educación primaria. Para o alumnado de secundaria que formalice a matrícula en plazo ordinario do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012 ambos inclusive e para o alumnado de secundaria que formalice a matrícula en plazo extraordinario do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012 ambos inclusive. As novas incorporacións terán como data límite para solicitar a axuda o día 31 de marzo de 2013.

-

POSTERIORMENTE, O CENTRO INTRODUCIRÁ OS DATOS NO SISTEMA, QUE LLE PERMITIRÁ XERAR UN VALE POR ALUMNO/A (ANEXO II) QUE SERÁ ENTREGADO Á PERSOA SOLICITANTE PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO.

3- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR : -

Solicitude debidamente cuberta en todos os seus apartados, e asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado, agás nos supostos de separación ou divorcio nos que poderá ser asinado só polo proxenitor que teña a custodia. DEBERÁN ASINAR OS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR QUE OBTEÑAN INGRESOS para a verificación dos datos tributarios declarados na solicitude.

-

Fotocopia do Libro de Familia, no que figuren os membros da unidade familiar, no caso de non ter libro de familia ou a situación familiar, non coincida coa reflexada no libro, terán que presentarse o/os documento/s acreditativos da situación familiar: • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante. • Certificado ou volante de convivencia (Certificado de empadroamento ou Certificado de residencia). • Informe de servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar. • Certificado de defunción no caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivisen co causante.

-

No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez ( igual ou superior ao 33% ).

-

No caso de violencia de xénero no entorno familiar a documentación acreditativa.

4­ CONTÍA DAS BOLSAS DE AXUDA: FAMILIAS MONOPARENTAIS (CONVIVEN UN SÓ PROXENITOR OU TITOR CO ALUMNO/A ): ­ Ingresos ata 6000 euros per cápita: 170 euros en Educación Primaria e 180 euros en ESO por alumno/a.

- Ingresos entre 6000,01 ata 9000 euros per cápita: 90 euros en Educación Primaria e 104 euros en ESO por alumno/a. RESTO DAS FAMILIAS : ­ Ingresos ata 5400 euros per cápita: 170 euros en Educación Primaria e 180 euros en ESO por alumno/a. -

Ingresos entre 5400,01 ata 9000 euros per cápita: 90 euros en Educación Primaria e 104 euros en ESO por alumno/a.

En San Cristovo de Cea, a 5 de xuño de 2012.

O director: Valentín Tomás Castellano Méndez.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.