Bases Concurso Logo Biblioteca

Page 1

CONCURSO Deseña un logotipo para a biblioteca do CPI Virxe Da Saleta BASES 1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA Creación dun logotipo que identifique ao noso Centro. Pode ir acompañado tamén dun lema que de animación á lectura. 2. PARTICIPANTES Todo o alumnado matriculado no centro durante o presente curso escolar 2012-2013 3. CATEGORÍAS: A) Infantil B) Primaria B) ESO 4. CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS - Deberán ser orixinais (non copias ou imitacións doutros) - Faranse en folio tamaño din A4, ou en formato dixital, cun tamaño non superior aos 1028x720 pixels. - Os materiais empregados serán variados, de libre elección do autor. - Cada traballo irá identificado por detrás co nome e curso do autor. 5. ENTREGA E PRAZOS A entrega dos traballos realizarase ao titor ou, si é en formato dixital, no enderezo ticscea@gmail.com O prazo comeza o día 5 de Novembro e remata o 30 de Novembro 6. XURADO O xurado estará composto por 5 persoas: unha mestra de Infantil, un mestre de Primaria, un profesor de Secundaria, un membro do equipo directivo e o coordinador da Biblioteca. Os membros do xurado valorarán os seguintes criterios: A) Calidade e orixinalidade da obra. B) Grao de representación do noso centro. A decisión do xurado é inapelable. O xurado pode declarar deserto o premio. 7.- PREMIOS Concederanse un primeiro premio, así como segundo premio por cada categoría. Se o xurado acorda que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán ficar desertos. 8. INFORMACIÓN ADICIONAL Os traballos inscritos exhibiranse nunha exposición durante o terceiro trimestre. Posteriormente serán devoltos os orixinais aos seus autores. O traballo gañador será empregado na documentación oficial da biblioteca: carnets, marcapáxinas, carteis, selos, etc. O logo gañador, así como todos os participantes contarán coa protección dunha licenza copyleft que garanta a súa autoría e evite o seu uso comercial.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.