O COTO 2010-2011

Page 1


ÍNDICE Alicía no pais da marabillas O período de adaptación de 3 anos Investigando os pinguíns Na aula de 5 anos O cabazo Novembro O festival de Nadal Aitor Poncete Alumn@s de 2º E.P. O entroido Aprendendo xuntos Somos blogueros Día da Paz Proxecto Abalar e Filosofía Ubuntu Día do Libro In English Actividades Complementarias Sempre vos recordaremos Para pasar o tempo Sorrisos a tropezón O COTO ANPA


ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS


O PERÍODO DE ADAPTACIÓN NA AULA DE 3 ANOS Preguntarédevos que é o período de adaptación? E por qué os nenos e nenas de tres anos temos que facelo? Pois é moi sinxelo, este período de adaptación é un periodo de tempo (determinado pola Consellería de Educación), normalmente 3 semanas, na que os nenos e nenas de 3 anos imos entrando á escola pouco a pouco, e dicir, os primeiros días estamos dúas ou tres horas e despois máis tempo, ata ter un horario como todos os demais nenos e nenas do colexio.

Desta maneira, podemos coñecer mellor as

nosas mestras e mestres e aos nosos compañeiros e compañeiras, así non nos asustamos tanto e non temos tanto medo ao quedar sós, sen os nosos pais e nais. Aínda que as veces hai nenos/as que este tempo non lles chega, e tardan un pouquiño máis en acostumarse a ter que vir ao colexio todos os días e por iso que choran un pouquiño á hora de entrar na escola. Neste curso 2010-2011 os nenos e nenas de tres anos fixemos 3 grupos de cinco nenos/as para entrar no cole e así, ir coñecendo todos os seus espazos, materiais e mestres/as. Nese tempo ademais de xogar nos recunchos, como o da perruquería:


tamén xogamos no patio:

E comezamos a aprender a facer moitas cousas máis, que antes non facíamos, como por exemplo: Poñer o mandilón:

Pasar lista:

Aprender cancións, colgar os nosos mandilóns, facer puzzles, e moitísimas cousas máis, como podedes observar.


NESTE CURSO, NA AULA DE TRES ANOS, CONVERTÍMONOS EN PEQUENOS INVESTIGADORES E DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE UNS ANIMAIS MOI SIMPÁTICOS, OS PINGÜÍNS. SABEDES QUE LLES ENCANTA COMER MARISCO E QUE O PAI E O QUE COIDA DO OVO ATA QUE NACE O FILLIÑO? AQUÍ TENDES UNS DEBUXOS DESTES ANIMAIS TAN BONITIÑOS.




O CABAZO Durante o primeiro trimestre os nenos e nenas de catro anos fixemos un proxecto sobre un Producto típico da nosa zona: o cabazo.

Coa axuda dalgúns membros da asociación cultural “O Coto” descubrimos que tiñan distintas formas, tamaños e cores.Tamén descubrimos que tiñan no seu interior,os cuidados da planta do cabazo e o tempo de sembra e de recolleita.

E por suposto disfrutamos deste gran manxar cunha estupenda merendola. Moitas grazas a Mercedes, Elvira ,Mª Carmen e José Manuel da Asociación “O Coto”




O día 22 de decembro, como todos os anos, celebramos na escola o Festival de Nadal, no que participaron todos os nenos e nenas do colexio, e no que se fixeron diferentes actuacións. Pero antes das actuacións, os nenos e nenas disfrutaron da proxección dunha película, así en Infantil, proxectáronse diferentes cortos de disney como por ejemplo: “Cuento de Navidad”sobre o Nadal e en Primaria a película elexida foi “Toy Story 3”. Despois da película, fomos as aulas, para merendar todos xuntos produtos típicos do nadal, e así coller forzas para logo actuar diante dos compañeiros e compañeiras e dos pais e nais.


Despois de repor forzas coa merenda, fomos para o ximnasio, ao chegar ao ximnasio comprobamos que as súas paredes estaban todas decoradas coas estrelas que fixeramos coas familias e con outros adornos feitos nas aulas.

As actuacións foron moi divertidas e entretidas, a primeira de todas foi a interpretación con instrumentos musicais da panxoliña “Adeste Fideles”, logo actuaron cada un dos cursos comezando polos máis pequenos, os nenos e nenas de tres anos fixeron de campás bailando ao ritmo dos Lunnis, despois os de catro anos que viñan vestidos de reis e papa nóel, cantáronnos un canción, os de cinco anos cantaron unha panxoliña titulada “que chega o nadal”. Os nenos e nenas de Primaria, tamén fixeron diferentes actuacións, así os de Primeiro fixéronnos bailar cunha canción dos Jackson Five, os de segundo cantaron unha canción de Miliki “Llega la Navidad” e os de terceiro representaron unha obra de teatro titulada “Ao xulgado polo Nadal”. Os nenos e nenas de cuarto amenizáronnos cun baile da película “Mary Poppins” e por último os de terceiro ciclo bailaron o musical de Mecano “Un año más”. Para rematar o festival, os nenos e nenas que van a clase baile moderno fixéronnos dous bailes.








31 de xaneiro

DÍA DA

CEIP Carballal – Cabral  CEIP Candeán  CEIP Paraixal

Carmen ( 4º Ed. Primaria)


E NON VIOLENCIA












ACTIVIDADE DA ASOCIACIÓN CULTURAL “O COTO” ANO 2010 Música clásica

O IV Coto Clásico foi a nosa primeira actividade do 2010. Trátase dun concerto de música clásica na Igrexa de Cabral. Este ano foi o 9 de xaneiro ás oito da tarde e nel participou o trío “Tempo Primo”. Esta actividade ten moitos seguidores e a igrexa estaba chea.

Teatro :

O grupo Lareira Teatro puso en escea a obra: Infinitas Posibilidades. Foi no salón de actos do Colexio o 24 de xaneiro.

Festas Populares e folclóricas:

Celebramos o IX Serán o 29 de maio no Colexio con grande éxito de público e de participantes; vintetres grupos foron os que subiron o escenario. O serán era o modo de diversión e pasatempo dos nosos antepasados que ó son das pandeiretas, gaitas, pandeiros, cunchas e demais improvisados instrumentos; os vecinos facían as súas festas, poñendo letra e melodías populares e bailando ata non poder máis. A XXII Xuntanza Folclórica foi o 25 de setembro. Este ano participaron os grupos “S. Cristovao de Nogueira” de Cinfães (Portugal), o grupo “Andarela” de Vigo e os grupos folclórico e de pandereteiras da nosa Asociación.

Festa do Cabazo:

Festa gastronómica que celebramos dende o ano 1984. É sempre o terceiro domingo de novembro, polo que este ano foi o día 21. É a actividade estrela de O Coto, a máis coñecida , a de máis asistencia e como non á que temos que dedicar máis esforzos e máis recursos.

Presentación do Coro Polifónico “O Coto”:

O CORO POLIFÓNICO O COTO nace coa intención de cultivar a música polifónica, especialmente a de autoría e temática Galega. O noso director é Javier Alonso Pérez. Fixemos unha “Presentación entre amigos” o 3 de xullo no salón de actos do Colexio. A Presentación Oficial do Coro fíxose o 30 de outubro no auditorio da Fundación Mayeusis. Neste acto actuaron como “padriños”: O Orfeón Condado Paradanta e o Coro Polifónico de Entenza.

Cine:

Coa actividade “Sábados de cine e libros” no 2010, proxectamos 6 películas de xaneiro a xuño no salón de actos do colexio: “14 km”, “La suerte de Emma”, “Cometas en el cielo”, “Vete y vive”, “Fire” e “Fargo”. Cada película remataba cun café-coloquio ós que asistiron diversos invitados especialistas no tema de cada película.

Sendeirismo:

Celebramos a VI Marcha popular polos montes en man común de Cabral e Candeán o 27 de xuño á que asistiron máis de 200 persoas. Durante todo o ano o noso grupo de sendeirismo Andaina organizou 19 rutas, 10 peque-rutas (para nenos) e unha peque-ruta nocturna. Esta actividade ten numerosos seguidores.


Estimados pais, nais, alumn@s e mestr@s: Estamos a piques de rematar o curso e queremos desexarvos unhas boas vacacions a tod@s. Queremos dar as grazas @s socios da ANPA,@s profesores,@s alumnos, asi como as entidades que colaboran con nos, para que poidamos facer toda-las actividades, nas que colaboramos co colexio. Asi mesmo queremos destacar o bo funcionamento que ten o comedor e o servicio madruga,e animarvos a que fagades uso de eles, xa que canto mais o usedes mais posibilidades temos de mellorar o servicio. Recordar aos que ainda non sodes socios ,que xa ides quedando poucos, que a ANPA reinvirte cada centimo das vosas cotas en actividades e colaboracions co colexio para beneficio dos vosos fill@s. Non queremos rematar sen antes agradecer de forma moi especial, a labor, o traballo, a profesionalidade , !! a paciencia!!,( con alguns de nos), e sobre todo o tempo e o CARIテ前 que durante moitos anos dedicou a moitas xeracions de rapaces, unha profesora que se xubila este ano. MERCEDES, grazas por todo,non te esquezas de nos, e como decia a cancion:!!! Que te vaya bonito!!! Sen mais poテアernos a vosa disposiciテウn para o que estimedes oportuno.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.