INCINERACION E SAUDE

Page 1

INCINERACIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E SAÚDE XOSÉ DOBARRO CASADO. Médico de UAP Beariz. Máster en Epidemioloxía polo Instituto de Medicina Tropical. Habana (Cuba). Máster en Saúde Pública pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Bioestadística pola Universidade Autónoma de Barcelona. JOSÉ ANTONIO CALVO JORGE. Médico Estomatólogo polas facultades de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da plataforma INCINERADORA NO IRIXO NON _________________________________________________________________________________

1.- Introdución O proxecto de construción dunha incineradora de lixo no concello do Irixo para xestionar máis de catrocentas mil toneladas por ano de Residuos Sólidos Urbanos, está a espertar un progresivo rexeite na poboación das comarcas do Carballiño, Ribeiro e do Deza, as máis afectadas polas emisións da futura macroplanta. A argumentación principal, dos que nos opoñemos a construción desta incineradora, son os graves problemas de Saúde Pública que producen nas poboacións e no medio ambiente das súas contornas. As traballadoras e traballadores da Sanidade Pública, especialmente aquelas e aqueles que traballamos e vivimos nestas comarcas, non somos alleos a un Problema de Saúde Pública que nos afecta dobremente, como veciños e como traballadores da saúde. Dende a Declaración de Alma Ata en 1978, recollida e desenvolvida polo Estado Español, dunha maneira exemplar no mundo en relación co aspecto moderno de Saúde, levou a creación do Sistema Nacional de Saúde, onde a Prevención e Promoción son aspectos fundamentais na prestación de Servizos de Atención á Saúde. O Persoal Sanitario da Sanidade Pública, as Sociedades Científicas, os Colexios Profesionais, as Autoridades Sanitarias, debemos intervir, cando nas Comunidades nas que vivimos e/ou traballamos, grupos económicos e/ou políticos, dispostos a acadar os seus fins, poñan en dúbida verdades científicas que non admiten discusión. Políticos locais, con gran divulgación na prensa, radio e televisión, declararon que polas chemineas da incineradora do Irixo vai saír unicamente vapor de auga. Sen unha resposta pública do mundo da ciencia, a poboación non ten criterios para rexeitar, ou non, unha Incineradora de lixo ás portas da súa casa, cando o que ten que saber esta é que só, o 20% dos produtos tóxicos que se emiten a atmosfera na incineración son coñecidos. A formación do Persoal da Saúde (PS) nos problemas da INCINERACIÓN DE RSU, debe ser unha prioridade de Formación Continuada, especialmente nas contornas de incineradoras coma no caso da Incineradora do Irixo, as comarcas do Deza, Ribeiro e Orcellón. Non serán patoloxías raras, de moi baixa prevaleza e incidencia. Son tóxicos que afectan a poboación exposta de moi variadas formas e maneiras de manifestarse como enfermidades no tempo.

2.- Obxectivo Os Obxectivos do presente documento son: - FOMENTAR O INTERESE DO PERSOAL SANITARIO no coñecemento dos problemas para a saúde pola INCINERACIÓN MASIVA DE RSU. 1


- DIVULGAR INFORMACIÓN contrastada a poboación sobor dos problemas para a saúde pola INCINERACIÓN MASIVA DE RSU. 3.- O debate da incineración. Experiencias 3.1- Participación do persoal sanitario e sociedades científicas contra proxectos concretos de incineración de RSU 3.2.- Incineradora de Txingudi (País Vasco)1,2,3,4,5,6 Son moitos os proxectos de Incineradoras que non chegaron a executarse ou se se executaron non chegaron a Incinerar, nos que o PS tivo unha influencia fundamental en moitos lugares do planeta, destes un dos casos, próximo e exemprarizante, aconteceu en Txingudi, no Pais Vasco, onde 500 médicos e persoal de enfermaría, desenvolveron a máis completa oposición científica coñecida2 á Instalación dunha INCINERADORA de RSU. Como Sesión Clínica, Cursos, Proxectos de Formación Continuada do PS en INCINERACIÓN E SAUDE, temos Información Científica abundante co exemplo de Txingudi. No Colexio de Médicos de Guipúscoa, en Novembro de 2004, celebrouse o “1º Simposium Nacional sobre Incineración y Salud “. Buscas bibliográficas de todo o coñecido, vídeos científicos e de divulgación na comunidade, participación de Sociedades Científicas. Foi o caso de Txingudi, unha Intervención na Comunidade e na política en defensa DA SAÚDE DA POBOACIÓN, impoñendo a Evidencia Científica, diante doutro tipo de intereses. Despois de sete anos, a situación en relación coa Incineración masiva de RSU, é máis coñecida. A UE non diferenza os distintos métodos (gasificación, pirólise ou plasma), TODO É INCINERACIÓN. Os avances dos que falan os interesados na mesma, non son máis que descoñecemento e ocultacións de datos para que a poboación siga aceptando as incineradoras como un mal menor, escondendo un verdadeiro atentado á Saúde Pública e ao medio ambiente. Os niveis permitidos de emisión de tóxicos coñecidos, foron cambiando en pouco tempo, de acordo cos coñecementos de niveis de contaminación do entorno e as patoloxías producidas nas poboacións de risco. Así, por exemplo, co mercurio en 1970 o limiar de seguridade estaba en 10 mcg por quilo e día, en 1980 baixouse a 1, no 2000 o máximo estableceuse en 0,05. No 2002, xa non existía un limiar de seguridade para o mercurio. De xeito similar sucedeu coas dioxinas: A OMC en 1992 sitúa o límite en 10 pcg/g/ día, en 1998 sitúou entre un 4, no 2002 limítase a 1. No 2003 aparecen os estudos que determinan que non hai doses mínima senón susceptibilidade individual a calquera cantidade. 3.3.- Documento asinado por 30.000 médicos europeos As Asociacións Profesionais correspondentes a máis de 30.000 médicos europeos, asinan no 2008 un documento, apelando ao Parlamento Europeo para que non reclasifique as incineradoras de residuos como plantas de valorización enerxética, o có título í: “Apelación dende a saúde e do sector do coidado da

saúde contra a reclasificación da incineración na DMR 11 de xuño de 2008”. Empeza relatando o documento: Na vista da próxima votación sobre a Directiva Marco de Residuos (DMR) nós, os médicos e Asociacións asinantes, queremos solicitar ao plenario do Parlamento Europeo que teña en conta criterios de saúde cando vote a DMR e por isto opoñéndose a reclasificación da ? 2


incineración eficiente? como un método de recuperación7…”. Na valorización enerxética, é precisamente onde está o gran negocio das incineradoras. Queimar, canto máis material con alto poder calorífico, máis quilovatios producidos. 3.4.- Intervención das autoridades de saúde pública no debate da incineración A Dirección de Saúde do Goberno Vasco8, entra en escena para contrarrestar a acción do Persoal de Saúde e sociedades científicas, no caso da Incineradora de Txingudi. Elabora unha publicación ”INCINERACIÓN DE RESIDUOS URBANOS Y SALUD PÚBLICA”, que sen negar a evidencia científica dos prexuízos para a saúde da incineración, trata de minimizar os seus efectos e xustificar as incineradoras. As poboacións do entorno quedan limitadas a condición de cobaias, bótalles encima a carga da proba e vulnera o PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN9 Esta publicación é de prezado interese pola recompilación científica de Bibliografía, sobre os efectos nocivos da incineración para a saúde, e tamén, polo insólito da intervención política que fai a Dirección de Saúde Pública. Só as Autoridades Políticas, asinaron este documento. 3.5.- Informe Incineración e Saúde Humana. Universidade de Exeter. Reino Unido Podemos consideralo como o informe científico máis global, na posta o día. Titulase, na súa tradución ao castelán: “Estado del Conocimiento de los Impactos de los Incineradores de Residuos en la Salud Humana10”. A busca na UE, nos últimos tempos, de solucións rápidas aos grandes problemas, fai que cando en Filipinas se prohibíu a incineración en 1999, na UE se está incrementando. O obxectivo deste informe da U. Exeter, é analizar os estudios científicos que se levaron a cabo, para identificar a posíbel relación entre as emisións procedentes da incineración e o impacto na saúde. O feito de vivir preto das incineradoras, así como de traballar nelas, asóciase a un amplo rango de efectos na saúde, entre os que se inclúen: moi diversos tipos de Cancro (en adultos e nenos), impactos adversos no sistema respiratorio, enfermidades do corazón, efectos no sistema inmunolóxico, incremento das alerxias e malformacións conxénitas. As novas plantas de incineración postas en marcha nos últimos anos, xa están asociadas a efectos nocivos para a saúde das persoas, polo que neste informe non lle dan ningunha transcendencia, as melloras nas emisións dos tóxicos medibles, baixan nas emisións e aumentan nas cinzas (dioxinas). As patoloxías constatadas nos máis diversos estudios están asociadas á presenza da incineradora máis que a tóxicos concretos emitidos. Este informe demostra que existe unha necesidade urxente de eliminar progresivamente a incineración, e de poñer en vigor unha nova política de tratamento de residuos baseada na prevención, a reutilización e a reciclaxe. 3.6.- Convenio de Estocolmo sobre contaminantes orgánicos persistentes (COPs) O Convenio de Estocolmo11,12,13, é un tratado internacional que ten como finalidade protexer a saúde humana e o medio ambiente fronte aos Contaminantes Orgánicos Persistentes, fixando medidas que permitan eliminar, e cando isto non sexa posíbel, reducir as emisións de COPs. Ratificaron este convenio 172 países. Auspiciado polo 3


Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), foi o resultado de longos anos de negociación para obter compromisos legais dos países que obrigue de maneira urxente a eliminación de tódolos COPs. O Convenio de Estocolmo, que entrou en vigor no 2004, é un dos máis ambiciosos proxectos internacionais para frear o avance dos contaminantes orgánicos persistentes (COPs), entre os que se inclúen as dioxinas, os furanos14, e os PCBs. Trátase de sustancias altamente tóxicas persistentes no medio ambiente que se disolven mellor nas graxas que na auga, acumulándose nos organismos vivos dende o medio ao longo da cadea trófica. O Regulamento 850/2004/CE, de 29 de abril de 200415, sobre contaminantes orgánicos persistentes e polo se modifica a Directiva 79/117/CE, elaborouse con vistas a eliminar a emisión das sustancias suxeitas ao Convenio de Estocolmo, cando sexa viábel o antes posible, e para establecer disposicións relativas aos residuos consistentes en calquera destas sustancias ou que as conteñen ou estean contaminados por elas. A principal fonte de emisión atmosférica de dioxinas son os incineradores de residuos perigosos, domésticos, hospitalarios, e o uso de residuos perigosos como combustíbel alternativo nos fornos de cemento. Isto debese á presenza de cloro en residuos, tales como PVC, ou pirorretardantes clorados que se usan nos plásticos, praguicidas ou disolventes clorados. 3.7.- Incineración como valorización enerxética En xuño de 2007, o Consello Europeo decidiu apoiar a proposta da Comisión Europea de reclasificar as incineradoras de residuos con recuperación de enerxía de forma eficiente13 como plantas de recuperación. Esta decisión ameaza a concepción tradicional de que a INCINERACIÓN DE RESIDUOS, É ELIMINACIÓN. Non habendo medios claros para potenciar a prevención de residuos, a reutilización de materiais e verdadeiro reciclaxe, é probable que a reclasificación das incineradoras como plantas de VALORIZACIÓN ENERXÉTICA dean como resultado a eliminación mediante incineración, substituíndo á reciclaxe como camiño polo que a sociedade xestiona os seus residuos. Supoñendo que unha incineradora queimara papel ou plásticos, é posíbel que sexa enerxéticamente eficiente para considerala planta de recuperación de enerxía pero, converte iso a incineración nun bo modo de tratar o papel ou o plástico?. En relación a unha planta de reciclaxe de papel a incineradora podería ser incribelmente ineficiente16. 3.8.- Incineración de residuos. Unha tecnoloxía moribunda A entidade, Alianza Global para Alternativas á Incineración (GAIA)18, titula así o seu informe de 113 páxinas, sobre a situación da incineración e alternativas en todo o mundo. A lectura deste informe entretennos con experiencias locais moi imaxinativas e eficientes, distintas da incineración. Así, por exemplo, sabemos que 40.000 autónomos, áreas servidas polos ZABBALEEN no Cairo, separan para reciclaxe o 85% dos RSU. O vaticinio sobre a morte da incineración faino en base ao cumprimento do convenio de Estocolmo por parte dos Estados asinantes que teñen que establecer PLANS DE EMISIÓNS CERO con relación aos COPS, polo que terán que pechar incineradoras. 4.- Conclusións Dos informes, artigos e experiencias revisados, podemos concluír que é unha 4


evidencia científica que a INCINERACIÓN DE RESIDUOS masiva, está producindo un PROBLEMA SANITARIO GLOBAL, tal que na actualidade, 172 países no mundo, asinaron “O CONVENIO DE ESTOCOLMO ”, para eliminar as emisións a atmosfera dos temíbeis COP (contaminantes orgánicos persistentes), bioacumulábeis, que se magnifican na cadea trófica, que ameazan á saúde, ao desenvolvemento dos seres humanos, e á vida silvestre no planeta. O Convenio establece un forte réxime internacional para promover a acción global a respecto dos COPs, polo que dispón dunha serie de medidas de control sobre produción, importación, disposición, uso e eliminación. Analizados os textos, dos informes que levan o Convenio de Estocolmo, poderían cualificarse como alarmistas, si non fose que quen está facendo un chamamento á desesperada son as Axencias das Nacións Unidas (PNUMA, FAO, OMS), para eliminar os COPs, Tratándose dun problema Global, Qué pasa a nivel local no entorno das incineradoras? A asociación con múltiples patoloxías e enfermidades da poboación no entorno das incineradoras é unha verdade contrastada por multitude de estudios científicos, que ao longo de moitos anos e na actualidade veñen demostrando a toxicidade das incineradoras nas poboacións do entorno. A incorporación ao medio interno das persoas de COPs, especialmente pola alimentación (90%), pel e respiración (10%), das determinacións feitas en adultos, nenos, animais e alimentos producidos no entorno das incineradoras de CPOs e metais pesados, son significativamente máis altos que nas poboacións que viven lonxe delas. Son precisamente os estudios efectuados no entorno local das poboacións expostas os COPS, o que levou as Axencias da ONU, a comprometer os países do mundo á eliminación canto antes. O químico norteamericano Paul Connet19,, comprometido co movemento global antiincineración de residuos nunha Conferencia en Montcada i Reixac, en apoio a grupos antiincineración dicía: ““Non deixe que os expertos lle quiten sentido común, se o combustíbel que se usa para xerar enerxía é perigoso, o que saia da súa combustión, aínda o será máis”. A presentación20, XESTIÓN DE RESIDUOS E SOSTENIBILIDADE, é unha interesante posta o día. 5.-Bibliografía 1.

http://ecologistes.cat/documents/julia.pdf

MÉDICOS Y PERSONAL SANITARIO DE GUIPÚZCOA CONTRA LA INCINERADORA DE TXINGUD 2. http://www.youtube.com/watch?v=B4E9G5khk5c Videos: Incineración de basuras y salud. Cap. 1 a 6 3. http://noalcrematorio.com/app/download/5777038585/simposium.pdf . Colegio de Médicos de Guipuzcoa, en Novembro de 2004. 1º Simposium Nacional sobre Incineración y Salud. 4. http://www.airenet.es/contingut/documents/opinio/LA%20INCINERADORA%20MAS%20MODERNA.pdf Visita de Formación a unha incineradora moderna. 5. http://noincineraciontenerife.com/noticias/711.htm Incineradora y Salud. Artículo de Jose Cruz Ruiz Villandiego. Médico.Miembro del Grupo de Estudios Incineración y Salud. 6. http://www.bvsde.paho.org/bvsacd/cd51/efectos-salud.pdf Efectos de la Incineración en la Salud. Por Dr. José María Tallón Avilés. 7. http://www.bierzoairelimpio.org/imagenes/descargas/33000medicos.pdf Médicos europeos contra a Incineración de Residuos. Vínculo a Fonte secundaria. Pendente de localizar documento orixinal. 8. http://www.osakidetza.euskadi.net/r85-cksalu10/es/contenidos/informacion/sanidad_ambiental/es_1249/adjuntos/ incineracion/incineracion.pdf INCINERACIÓN DE RESIDUOS URBANOS Y SALUD PÚBLICA. Publicación do Governo Vasco.

5


9 . http://noalaincineracion.org/wp-content/uploads/ElPrincipioPrecautorio.pdf . Principio Precautorio. Declaración de Río 1992. Conferencia das Nacións Unidas sobre Medioambiente e Desenvolvemento 10. http://www.ambiente-ecologico.com/ediciones/informesEspeciales/InformeSobreIncineracionySaludHumana.pdf Estado del Conocimiento de los Impactos de los Incineradores de Residuos en la Salud Humana Por Michelle Allsopp, Pat Costner y Paul Johnston. Laboratorios de Investigación de Greenpeace. Universidad de Exeter, Reino Unido. 11. http://www.cnrcop.es/gc/informate/convenio-de-estocolmo/ . Convenio de Estocolmo. 12. http://www.pops.int/documents/convtext/convtext_sp.pdf . CONVENIO DE ESTOCOLMO SOBRE CONTAMINANTES ORGÁNICOS PERSISTENTES. A Partes no Convenio. 13. http://chm.pops.int/sc10/cd-content/files/c/ridding_the_world_of_pops_s.pdf ELIMINANDO LOS COP DEL MUNDO: GUÍA DEL CONVENIO DE ESTOCOLMO SOBRE CONTAMINANTES ORGÁNICOS PERSISTENTES 14. http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs225/es/index.html . OMS.Las dioxinas y sus efectos en la salud humana. Nota descriptiva N°225. Mayo de 2010. 15. http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=CONSLEG:2004R0850:20100826:ES:PDF . REGLAMENTO (CE) N o 850/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO. 16. http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2008:312:0003:0030:ES:PDF DIRECTIVA 2008/98/CE DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO de 19 de noviembre de 2008 sobre los residuos. Diario Oficial de la Unión Europea. 17. http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf_salud_incineracion_nanoparticulas.pdf UN FOLLETO DE SALUD SIN DAÑO EUROPA. 18. http://www.bvsde.paho.org/bvsacd/cd37/increstm.pdf Incineración de residuos: una tecnología muriendo. Alianza Global para Alternativas a la Incineración(GAIA). 19. http://www.airelimpio.org/archives/150 . Paul Connett . Catedrático Emérito en Química por la Universidad de Saint Lawrence (Nueva York). 20. http://www.upc.edu/sostenible2015/menu-5/seminaris/Seminari_incineracio/docs/paul_connett.pdf Gestión de Residuos y Sostenibilidad. Paul Connett, PhD Director Ejecutivo American Environmental HealthStudies Project (AEHSP)Barcelona, enero , 2010

Para recibir este documento en formato dixital con vínculos as fontes de datos, remitir un e-mail, a: sanitariosantiincine​racion@gmail.com

6


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.