Tópicos sobre a lingua galega

Page 1

Tópicos a u g n i l a sobre

a g e l a G SUSO FERNÁNDEZ ACEVEDO

1


2


Prólogo Antes de máis, facerse entender Sermos capaces de gañar os debates do día a día da xente do común e non só os que se dan no mundo académico. Fornecer argumentos sinxelos e facilmente comprensíbeis, ao tempo que solventes, para as conversas de bar, de mercado, de comida familiar ou de tarde de cañas cos amigos e amigas. Levar a iniciativa en positivo e facer avanzar socialmente as posicións e valores de xustiza, de igualdade, de liberdade, de diversidade... sen agardar a termos que actuar á defensiva en reacción ás estratexias dos nosos inimigos. Velaí a principal necesidade que moitas causas xustas teñen hoxe en día (e a da lingua galega é unha delas). Explicarse ben e convencer desde a xente normal. Resultou evidente, no caso da lingua galega, cando no 2008-09 unha asociación montada ex profeso para atacar os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes conseguiu, cun evidente apoio mediático e político como principal soporte, xerar unha sensación negativa arredor da moi tímida política lingüística que o goberno bipartito quixera poñer en marcha nos anos anteriores, a través de medidas que buscaban amplos consensos para facer avanzar o proceso de normalización do galego. A estratexia e o discurso desa asociación contraria á nosa lingua resultaron, cando menos para min, tremendamente intelixen-

3


tes: vinculáronse, mesmo desde o propio nome, a significados positivos en abstracto (“liberdade”, “respecto”, “bilingüismo”, ...) e atribuíronnos aos colectivos e persoas que queriamos unha igualdade real entre o galego e o español toda unha serie de termos negativos (“imposición”, “obriga”, “persecución”, ...). O mundo ao revés. Mais en boa medida, cómpre recoñecelo, conseguiron o que buscaban, e no campo das e dos que defendemos o dereito a podermos vivir con normalidade en galego no noso propio país custounos ser capaces de armar un discurso intelixente e eficaz en termos sociais, que fose máis alá de responder ás mentiras ignominiosas que nos viñan enriba. Cal foi a resposta desde o noso campo? Uns cantos libros absolutamente ben intencionados, escritos por persoas de ampla traxectoria académica, e que dubido moito que pasasen de ser lidos máis que polas mesmas ducias ou centos de activistas e lectores/as que xa antes da súa publicación estaban convencid@s dos argumentos que neles se poderían atopar. Fóra diso, quen seguía a xerar discurso social eran os outros. Naquel contexto tan negativo dous textos me semellaron especialmente reveladores e útiles, tanto polas chaves que daban para articular novas formas de acción social en prol do galego como pola intencionalidade e eficacia que garantían neste sentido. Un, o Non penses nun elefante do psicolingüísta estadounidense George Lakoff, que naquelas datas saía do prelo e

4


que explicaba a importancia de, nos debates públicos, sermos quen de fixar os marcos, as lindes, para despois poder gañar nos contidos. Había que disputar o sentido das palabras, e non desprezar ou dar en agasallo ao contrincante aqueles significados que socialmente configuraban o campo do desexable, do sentido común positivo. Outro, os Tópicos sobre a lingua galega que o amigo, profesor e blogueiro Suso Fernández Acevedo estaba a publicar aos poucos desde a súa bitácora de internet eltoupoquefuza.blogspot.com Argumentos sólidos e solventes dirixidos non a convencer aos xa convencidos, senón a dar a batalla xustamente nos espazos onde era máis precisa: a barra do bar, o corredor do supermercado, a conversa familiar, o viño coas amizades, o café coas compañeiras de traballo. Daquela a hoxe, estes Tópicos sobre a lingua galega teñen circulado con verdadeiro suceso polas redes sociais, tanto polo que din como pola forma na que o din. Quen coñeza a Suso atopará reflectida neles a súa mesma ironía e intelixencia á hora de presentar cada cuestión, a súa falta de prexuízos e capacidade empática para se situar no lugar do outro e a rigorosidade e o coñecemento acreditado á hora de realizar aseveracións, explicar datos ou normas e tirar conclusións sobre cada asunto. Son textos breves e sinxelos que, porén, resultan dunha tremenda utilidade práctica: textos para levar no peto e dar a ler, como o propio autor diría, cando alguén se pon pesado e comeza a recitar os mesmos prexuízos de sempre contra a nosa lingua. Por

5


iso consideramos necesaria a súa edición. Porque o máis importante é ter bos argumentos e saber empregalos. E aquí hainos. A publicación deste caderno é unha decisión meditada: non é neutral porque non pode selo. Tampouco querería. Sitúase do lado do que é de lei, do que é xusto, do que é preciso. Como administración pública traballamos por unha sociedade mellor, máis xusta, que garanta os dereitos e liberdades en todos os campos e que axude a crear as condicións precisas para que poidan ser vividos polo conxunto da poboación. A edición non sería posíbel sen a amábel disposición do autor, Suso Fernández Acevedo, e o traballo de coordinación da técnica de cultura do noso Concello, Neves Paz. Tampouco sen a colaboración da concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, e o apoio económico da área de Cultura da Deputación de Lugo. Grazas a tod@s e mergulládevos nel. Xavier Campos Concelleiro de Mocidade Concello de Ribadeo

6


Limiar Hai discusións que non deberían durar máis de cinco minutos e duran unha hora. Hai discusións que só deberían darse excepcionalmente, pero repítense día tras día cos mesmos argumentos. Esas conversas acaban aburrindo a quen as sofre porque non se avanza, porque é coma dar unha e outra vez golpes inútiles contra un valado que non cae. A min pásame co tema da lingua galega. Houbo un tempo no que chegou a aburrirme tanto estar sempre oíndo e dicindo o mesmo, que un día puxen por escrito o que xa estaba cansado de repetir de palabra porque tampouco era capaz de calar ante tanta afirmación sen sentido. Fixen unhas cantas fotocopias e empecei a levalas no peto, de xeito que, cando saía a disputa, amañaba o asunto dicindo: -Le isto. E entón xa podía descansar un pouco ou falar doutro tema. Non vaiades pensar que a cousa non funcionou, porque repartín unhas cantas copias. Como tamén é tema de disputa a diario na rede, acabei colgando ese argumentario, que bauticei como Tópicos sobre a lingua galega, no meu blog El toupo que fuza (http://eltoupoquefuza.blogspot.com/), por se me lía alguén a quen lle poidan resultar de utilidade.

7


Deste xeito, os tópicos botaron a andar polo mundo e cónstame que chegaron bastante lonxe. Houbo quen empezou a dicirme que había que publicalos, porque van alá máis de trinta anos de suposto proceso de normalización lingüística e seguimos coas mesmas lerias, coma se empezásemos onte. Eu dixen sempre que os usase quen quixese e para o que quixese. Foi Neves Paz, técnica de Cultura do Concello de Ribadeo, quen me falou de publicalos desde a Concellaría de Mocidade e Sociedade da Información como proposta do seu responsable Xavier Campos. Se valen para sacar da circulación media ducia de conversas improdutivas ou, cando menos, para reducir a súa presenza, xa ten sentido a iniciativa. Agradezo as valoracións e a colaboración de todos os que difundiron, comentaron ou fixeron posible a edición destes escritos que naceron sen pensar que ían merecer nunca tanta atención. Con todo, a súa publicación constitúe un fracaso individual e colectivo: individual porque as escribín precisamente para evitar falar do asunto e moito me temo que a súa edición me leve a ter que tratalo de novo; colectivo, porque o feito de que se considere pertinente e necesario explicar publicamente estas obviedades é proba de que o proceso de normalización lingüística vai á deriva, de que as décadas que pasaron xa desde que se aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística non deron de si o froito que sería desexable para eliminar prexuízos trastempados e lograr que se valore o sinal máis evidente da nosa identidade.

8


1. A cooficialidade e os constitucionalistas “A Constitución di que os dous idiomas son oficiais, así que cada un pode usar o que queira”. Esta afirmación, moi frecuente entre o funcionariado para esquivar o cumprimento do seu deber, obedece unicamente a unha lectura parcial ou interesada da Carta Magna, ou o que é peor, a unha non lectura da mesma. Á Constitución pásalle coma ó Quixote, que todo o mundo o cita, pero case ninguén o leu. Se se analiza con atención o texto constitucional verase que, certamente, no Título Preliminar, artigo 3, establécese a cooficialidade dos dous idiomas, pero iso non quere dicir que se use indistintamente cada un deles en todo momento e lugar. De feito a redacción exacta dese punto di: Artículo 3. 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. 2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

9


10


Antes de continuar, fago un inciso para lembrar tamén que na súa disposición final establécese que “Esta Constitución (...). Se publicará también en las demás lenguas de España”. Non sei se se cumpriu, pasadas máis de tres décadas, este mandato; polo de pronto, a tradución do artigo 3, que acabo de citar, é miña. Volvo ó rego. A maioría da xente parece que coñece moi ben o punto 1, pero parece que ignora os puntos 2 e 3, que tamén forman parte da Constitución, e non din pouco. O punto 2 dálle poder ós Estatutos de cada comunidade para regulamentar esa cooficialidade e o punto 3 di que a pluralidade lingüística de España é un patrimonio cultural e deberá ser obxecto de especial respecto e protección. Polo tanto haberá que ver como se desenvolve no Estatuto de Autonomía de Galicia este apartado, ou sexa, como se regula a cooficialidade e tamén de que xeito se lle presta especial respecto e protección á diversidade lingüística. A Constitución non traza máis que as liñas xerais e vaise concretando en normas inferiores. Haberá que ver, polo tanto, que di non só o Estatuto, senón tamén a Lei de Normalización Lingüística e os Decretos posteriores que, pouco a pouco, van concretando o papel de cada un dos idiomas na nosa sociedade, ou sexa, a cooficialidade. Non os citamos aquí textualmente porque o faremos noutro apartado.

11


Ningunha destas disposicións legais é anticonstitucional. Se o fose xa tería sido modificada porque a historia demostra que non hai precisamente permisividade a favor do galego. De feito, cando se estableceu a primeira redacción da Lei de Normalización Lingüística, houbo que revisala porque atentaba contra a Carta Magna, como veremos noutro capítulo. Antes de deixar a un lado a Constitución, queremos lembrarlle ós que tanto gustan de citala a outra idea á que nos referiamos máis arriba: a obriga de respectar e protexer a diversidade lingüística. Supoñemos que non será necesario recordar aquí o significado dos termos diversidade, respecto e protección. E se alguén ten dúbidas respecto a cales dos dous idiomas cooficiais en Galicia está máis necesitado de protección, recomendamos a consulta de informes de institucións tan pouco sospeitosas de parcialidade como son a UNESCO, o Consello da Cultura Galega ou o Consello de Europa.

12


2. As imposicións e os impoñedores “Agora impónsenos o galego á forza a todos. Eu o que non acepto é que mo impoñan” Os “impoñedores” ―ou debería chamarlles “impostores”― fanme moita graza. E como me caen simpáticos, voulles propoñer un exercicio moi sinxeliño. Trátase de poñer SI ou NON en cada un dos espazos da seguinte táboa. OFICIAL

PROPIA

DEBER DE COÑECELO

DEREITO A USALO

GALEGO CASTELÁN

Para que lles resulte máis doado, voulles dicir onde están as respostas, resaltando as palabras clave: • Constitución Española (1978) 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. 2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

13


14


3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección. • Estatuto de Autonomía de Galicia (1980) 1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso nor¬mal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do gale¬go en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. • Lei de Normalización Lingüística (1983) Redacción actual. Art. 1º. - O galego é a lingua propia de Galicia. - Tódolos galegos teñen o dereito de usalo. Se o exercicio se fixo ben, e supoño que si, observarase que só o galego é a lingua propia de Galicia e que o castelán, a pesar de

15


non ser propio, tamén é oficial. Non pasa nada; tamén as patacas viñeron de fóra e ben que nos gustan. Volvendo ó rego: temos dereito a usar o galego ou o castelán indistintamente. Perfecto. Ah!, pero só temos o deber de coñecer o castelán; o galego, non, porque así se establece na Constitución. O cadro quedará así: OFICIAL

PROPIA

DEBER DE COÑECELO

DEREITO A USALO

GALEGO

SI

SI

NON

SI

CASTELÁN

SI

NON

SI

SI

Esa tolerancia lingüística da que tanto se fala non aparece desta vez. Cando na primeira redacción da Lei de Normalización Lingüística (1983) se lles deu por establecer que os galegos tiñan o deber de coñecer o seu idioma, este apartado declarouse inconstitucional e houbo que suprimilo. A redacción inicial dicía así: • Lei de Normalización Lingüística (1983) Art. 1º. - O galego é a lingua propia de Galicia. - Tódolos galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo. Pero houbo que modificala e deixala como a citamos máis arriba. Ou sexa, a única lingua propia de Galicia é o galego e, se que16


remos, podemos usalo. Pero obrigados, o que se di obrigados, só estamos a saber castelán. Imposición do galego? Está ben que haxa patacas, pero non que teñamos que comelas á forza! O único idioma que a todos se nos impón é o castelán, porque así está establecido na Constitución. Os impoñedores xa saben contra quen teñen que escornarse.

3. A opcionalidade e os liberalistas “Eu úsoo se quero, e se non, non, porque ninguén está obrigado a sabelo”. O capítulo anterior lévanos directamente a este, que se basea nunha confusión fácil de esclarecer. Consiste en confundir os nosos dereitos e deberes como cidadáns cos que nos poidan corresponder como consecuencia do papel que desempeñamos na sociedade. Creo que se pode entender ben se botamos man dunha comparación: Ningún cidadán, como tal, está obrigado a saber galego, igual que ningún cidadán, como tal, está obrigado a saber conducir nin a vestir dunha determinada maneira. Pero se ese cidadán é taxista terá que ter carnet de conducir; se é futbolista, durante 17


os partidos, terá que vestir igual cós seus compañeiros de equipo, igual que terá que levar casco mentres estea na obra se é un obreiro da construción. Todos estes personaxes seguen sendo cidadáns, pero nuns determinados momentos exercen de taxistas, de futbolistas ou de albaneis, e iso tamén implica unhas obrigas. Cada posto de traballo ten un perfil, require unha serie de coñecementos por parte da persoa que o ocupa e que, non o esquezamos, cobra por desempeñalo. Cada un deses coñecementos ten unha motivación: se un taxista non sabe conducir, a viaxe pode ser emocionante de máis; se cada futbolista viste como queira, compadézome do árbitro que teña que distinguilos, e así con todo. O motivo que provoca que para exercer determinados postos de traballo haxa que saber os dous idiomas oficiais -non esquezamos que tamén hai que saber castelán, pero iso ninguén o cuestiona- é que os cidadáns teñen dereito a seren atendidos en calquera deles. A Administración ten que garantir ese dereito, segundo establece a lei, e por iso se lle esixe ó funcionariado o coñecemento dos dous idiomas: do castelán, como establece a Constitución, e tamén do galego, como establecen outras disposicións legais derivadas desta: Estatuto de Autonomía, etc. Quizá se esqueza con demasiada frecuencia que os funcionarios están ó servizo da cidadanía, que é quen lles paga o seu sa18


lario, e non ó revés. Ninguén está obrigado a ser funcionario en Galicia; se unha persoa non quere saber galego, pode dedicarse a moitas outras actividades dignas de toda consideración para as cales non cómpre sabelo. Pode montar unha mercería, por poñer un exemplo. Pretender ocupar un posto de traballo sen reunir os requisitos que se piden para o mesmo, invocando para iso dereitos individuais, non é máis que unha falacia.

4. Os repartidores de dereitos. “Quen teñen dereitos son as persoas, non as linguas nin os territorios” Depende. Os dereitos en democracia tenos quen se decida que os teña: as persoas, as linguas ou as miñocas. Na India seica teñen moitos dereitos as vacas -non sei se tamén é un tópico-, aquí antes tíñanos os toxos molares do Cabo Touriñán e a punto estiveron de ter máis os rodaballos de Pescanova. Os dereitos poden cambiar de dono. Falando de linguas, na maior parte dos Estados europeos os dereitos artéllanse en torno a dous criterios: personalidade e territorialidade. 19


20


Cada Estado decide democraticamente o modelo que quere seguir e tan lícito é un coma o outro. Incluso é lícito que se combinen arteiramente os dous para que saia gañando quen conveña que gañe, como se fai aquí, pero diso xa falaremos algo máis adiante. a. Personalidade: tómase como punto de referencia a xente, ou sexa, se nun territorio hai falantes de máis dun idioma, tense en conta isto á hora de escoller cales deben ser oficiais. b. Territorialidade: tómase como referencia o territorio na cal habitan as persoas, ou sexa, a zona e non as persoas en si. Deste xeito, escollerase como oficial a lingua propia desa zona, independentemente de que haxa falantes doutros idiomas. Aínda que non hai políticas absolutamente paralelas e en cada país danse unha serie de particularidades, dun xeito xeral en Europa occidental podemos distinguir os seguintes modelos: 1. Estados oficialmente plurilingües. Baséanse no criterio de personalidade. Seguen este modelo Luxemburgo, Irlanda e Finlandia. Nestes tres países hai máis dun idioma oficial en todo o seu territorio. En Irlanda, por exemplo, a pesar de que saben que a inmensa maioría da poboación que fala irlandés se concentra en tres 21


zonas (Donegal, Connemara e Kerry), declararon o irlandés oficial en todo o Estado porque en todo o territorio hai algunhas persoas que o falan e non importa que sexan moitas ou poucas, guapas ou feas, nin que sexan do lugar ou vidas de fóra. 2. Federalismo lingüístico. Baséanse no criterio de territorialidade. O Estado divídese en zonas e dentro de cada unha é oficial unicamente un idioma. Seguen este modelo Bélxica, coa excepción da área de Bruxelas, e Suíza. A xente non importa. Se un habitante dunha zona se traslada a outra, sabe que o idioma oficial vai ser distinto e amóldase. En contra do que se poida pensar, a consecuencia deste modelo é que os habitantes de todo o Estado soen acabar tendo un dominio suficiente das linguas do seu país e a mobilidade non é ningún inconveniente. As tensións, que se dan principalmente en Bélxica, teñen moitas máis motivacións económicas ca lingüísticas. 3. Autonomismo lingüístico. É un sistema híbrido no que se combinan territorialidade e personalidade. Na práctica, escóllese en cada zona o criterio que máis beneficia o idioma A, que goza deste xeito de certos privilexios legais sobre os outros. En parte do territorio é oficial só un idioma e noutras partes hai cooficialidade do idioma propio 22


co idioma estatal. Este modelo está presente en España, Italia e Portugal. No caso de España, para Galicia e para as outras comunidades con lingua propia que decidiron oficializala, escolleuse o criterio de personalidade porque así ten entrada oficial o castelán: en Galicia son oficiais o galego e o castelán porque hai falantes dun e outro idioma. Para o resto do territorio escolleuse o criterio de territorialidade porque así non teñen cabida oficial os idiomas alleos a ese lugar. Seguramente cando se aprobou a Constitución e o Estatuto de Autonomía non se puido facer outra cousa e ímonos amañando, pero tamén é certo que noutros países aplícanse modelos de política lingüística diferentes ó noso, con resultados bastante mellores tanto para a convivencia coma para o dominio de idiomas. 4. Estados oficialmente monolingües. Só se recoñece a oficialidade dun idioma aínda que se admita a existencia doutros, que incluso poden gozar de certa protección. Organízanse con este modelo Francia, Alemaña, Reino Unido, Holanda e Grecia. Pero volvamos ó comezo e poñamos por caso que é certo o tópico, que quen teñen dereitos son as persoas e non as linguas nin os territorios. Se hai que xogar, xogamos: 23


Cóntanse por milleiros os galegos que residen noutras comunidades. Acaso non temos o país cheo de Casas de Galicia, Centros Galegos e Lares galegos? Serán os lugareños os que os crean por exotismo ou admiración ó noso ou será que os galegos andamos espallados por todo o territorio? Abonda con pisar calquera deses centros galegos un sábado pola noite para decatarse de que a maioría desa xente fala galego, polo menos na intimidade. Ese é o idioma que usan entre tallada e tallada de polbo, entre tute e tute, entre cunca e cunca de viño. E por que non defendemos o dereito deses galegos a poderen usar o seu idioma de xeito oficial alí onde estean? E por que non reclamamos para eles o dereito fundamental a educaren os seus fillos na súa lingua? A resposta é sempre a mesma: porque non están en Galicia. Pero non diciamos que son as persoas as que teñen dereitos e non as linguas nin os territorios? E logo un galego en Madrid xa non é persoa? Respectemos as leis que democraticamente se adopten, pero non sexamos cínicos á hora de interpretalas, porque son as que son pero poderían ser outras. Co modelo finés, irlandés ou luxemburgués o galego tamén sería oficial no resto do Estado; co modelo belga ou suízo, o castelán non sería oficial en Galicia.

24


5. As normas e os normativizadores. “... e que están sempre cambiando a normativa!” Éche unha escusa coma outra calquera. Seguimos cos tópicos e en relación con este hai tan pouco que dicir que axiña acabo: 1982: Publícanse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, elaboradas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Trátase da primeira normativa oficial para o noso idioma. Antes non ten sentido, polo tanto, falar de cambios na norma. 1995: Introdúcense unhas mínimas modificacións: algunha terminación, non acentuación das interrogativas indirectas, e pouco máis. Cabe todo en menos de medio folio ou, se a letra é miúda, nun palillo. 2003: Para tratar de acabar coa loita oficialismo / reintegracionismo lévase a cabo unha modificación na que hai máis ruído ca noces. Máis ca cambios propiamente ditos (antes A, agora B) o que se fai na maior parte dos casos é aumentar a opcionalidade (antes A, agora A e B). Foron tan poucas as mudanzas que circu-

25


laron por aí na cara dun folio, incluíndo nunha columna o que era antes e noutra o que é agora. Ou sexa, unha columna de novidades. Total: un folio escaso en 25 anos. É iso tanto cambio? Outra cousa é que non se acatasen e que iso causase confusión. Vale, pero iso xa é decisión individual, extraoficial. Sempre hai quen acata as normas e quen prefire ir por libre. Por certo, o castelán introduciu recentemente modificacións na súa normativa non menos substanciais cás que se produciron no galego, aprobounas a Real Academia Española o 13 de outubro do 2004 e publicáronse no Diccionario Panhispánico de Dudas. Causou isto moito problema? Cantos coñecen estes cambios? Cantos os acatan? A cantos lles supuxo algún tipo de atranco? Eu non lle oín a ninguén queixarse. Para o castelán vale todo.

26


6. As fronteiras: os integristas fronteirizos. “No occidente de Asturias non se fala galego, que iso non é Galicia”. No Rousillón fálase catalán e é Francia. En Olivenza fálase portugués e é Badaxoz. En Miranda do Douro fálase mirandés, que non é nin máis nin menos ca unha variante do astur-leonés, e é Portugal. No Val d’Arán fálase aranés, que é unha variante do occitano, e é Cataluña. En Alsacia fálase alemán e é Francia. En El Carxe fálase catalán e é o norte de Murcia. No Val de Aosta fálase francés e é de Italia... Podería seguir ata encher páxinas e páxinas con casos similares, pero creo que abonda. Se superpoñemos un mapa político e un mapa lingüístico veremos que o máis frecuente é que os lindes non coincidan. Identificar fronteira administrativa con fronteira cultural é un erro importante, por moi frecuente que sexa. Os trazos culturais, sen seren enteiramente alleos ás marcas fronteirizas, obedecen a criterios bastante máis lóxicos, asen-

27


28


tados en séculos de historia común. E o máis evidente destes trazos culturais, moitas veces, é a lingua. As fronteiras administrativas non son máis ca raias cargadas de arbitrariedade ou casualidade, e non poden tomarse dun xeito ríxido nin deben ser un atranco para salvagardar a cultura e os dereitos das persoas. Estamos nun tempo no que se fala unha e outra vez de eliminar ou atenuar o papel das fronteiras administrativas, pero para cuestións lingüísticas bótase man delas coa máxima rixidez. Dese xeito, un neno galegofalante residente en Porto (Ribadeo) ten minimamente garantidos os seus dereitos, mentres que un galegofalante da Veiga, a tan só uns metros do anterior, está desposuído deles. Cun pouco se sensatez e de diálogo entre os responsables das distintas administracións, este problema debería ter doada solución.

29


7. As subvencións e os aforradores. “O galego é un idioma subvencionado” Pois si. Por unha vez é certo un tópico. O galego é un idioma subvencionado como o é o castelán, no que se invisten moitos cartos cada ano a través do Instituto Cervantes -que, desde hai algún tempo, tamén se preocupa algo do galego; xusto é recoñecelo-, da Real Academia de la Lengua Española, da prensa escrita en castelán, das emisoras de radio e TV que emiten en castelán, etc., etc. Todos reciben axudas, dun xeito ou doutro. O galego é un idioma subvencionado como o é froitería Maripili, calzados Chiruca, fontanería Pepe, bar París, os fabricantes de coches, os comerciantes de medicamentos unidose, os clubs de fútbol e canto colectivo vivo hai en todo o Estado. O galego é un idioma subvencionado como o é a banca grande e pequena, en quen levamos gastado todos cantidades inimaxinables para que non se vaian ó garete e poidan pagar os sacos de cemento que mercaron ou axudaron a mercar. Coma as fundacións, que proliferan coma as silvas e que en moitos casos son menos útiles cás propias silvas. 30


O galego é un idioma subvencionado como o é a Igrexa católica, onde todos investimos cada ano non sei cantos millóns de euros de xeito directo ou indirecto, para salvar as nosas almas, aínda que non as teñamos. Coma os partidos políticos, que reciben axudas millonarias con cartos que son de todos aínda que algúns defendan só a uns poucos. Coma as asociacións de empresarios e as asociacións de asociacións de empresarios. O galego é un idioma subvencionado como o é o castelán, as patacas, os zapatos, as tubaxes, os cafés, os airbags, os xaropes e os balóns. O galego é un idioma subvencionado como o é o capital, os sacos de cemento, as hostias coas que comungamos ou non e os mitins que oímos ou non. Todos acaban tendo axudas económicas en forma de subvencións que todos poñemos ou de beneficios fiscais que deixamos de percibir para que poidan existir, resistir ou subsistir mellor, dependendo dos casos. Pois si. O galego é un idioma subvencionado, pero xa menos, porque xa non se subvenciona Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Xornal,… empresas medianas ou pequenas que tamén pagaban impostos, creaban emprego e contribuían a manter aceso o lume deste País no que nos tocou hibernar. Pois si. O galego é un idioma subvencionado. E quen non?

31


32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.