Viaxe a Sicilia 2019

Page 1

Viaxe a Sicilia 4-11 de abril de 2019

IES DE MELIDE Departamentos de latĂ­n e grego

Nome:



IES de Melide. Departamentos de Clásicas

ÍNDICE ITINERARIO DETALLADO ...........................................................................2 PARTICIPANTES..............................................................................................4 HISTORIA DE SICILIA....................................................................................6 O SICILIANO .................................................................................................. 10 CATANIA .........................................................................................................10 MONTE ETNA ................................................................................................ 16 TAORMINA .....................................................................................................18 SIRACUSA ........................................................................................................20 Parco Archeologico della Neapolis ........................................................20 Ortigia .........................................................................................................24 PIAZZA ARMERINA .................................................................................... 27 VILLA DEL CASALE ......................................................................................28 GIRGENTI-AGRIGENTO ....................................................................32 VALLE DEI TEMPLI .......................................................................................34 MURRIALE-MONREALE

...................................................................39

PALERMU-PALERMO ...................................................................................40 CIFALÙ-CEFALÙ.............................................................................................44 GASTRONOMÍA..............................................................................................47 ACTIVIDADES..................................................................................................50 BIBLIOGRAFÍA.................................................................................................80 1


Viaxe a Sicilia 2019

ITINERARIO DETALLADO Xoves 4 de abril: Melide-Vigo-Barcelona- Catania Saída ás 5.30 h. do IES de Melide rumbo ao aeroporto de Vigo. Embarque en Vigo para coller un voo con destino a Barcelona con saída ás 9.45. Chegada ao aeroporto de El Prat ás 11.30 e novo embarque ás 12.30 con destino a Catania. Chegada a Catania ás 14.35, traslado ao hotel e acomodación. Paseo pola cidade, con posible visita á Catedral, Fontana dell’ Elefante, Castello Ursino, Via Crocifere.... Cea.

Venres 5 de abril:Catania- Parque volcánico do Etna- Taormina. 7.00 h. almorzo no hotel e saída ás 7.45 cara o parque volcánico do Etna, volcán activo de máis de 3000 m. de altura. Subiremos en bus ata o Rifugio Sapienza, e dende alí tomaremos un funicular que nos levará a unha cota de 2500 m dende a que poderemos observar a estrutura da montaña. Descenso da montaña e continuación da viaxe ata Taormina, onde visitaremos o seu fermoso Teatro Antico grecorromano con impresionantes vistas ao mar e ao Etna. Almorzo, paseo por Taormina, visitando a Piazza del Duomo, Palazzo Corvaja, Palazzo dei Duchi di Santo Stefano... Regreso a Catania. Cea e aloxamento no hotel.

Sábado 6 de abril: Catania Siracusa

7.00 h. almorzo no hotel e saída ás 7.45 cara Siracusa, importante centro cultural da Antiga Grecia. Visitaremos o Templo de Apolo, convertido en igrexa bizantina, a fonte de Aretusa, catedral… e o Parque Arqueolóxico de Neapolis co seu teatro grego, as latomías, canteiras usada como prisión no mundo grego, Museo Archeologico Regionale, Ortigia... Almorzo e regreso a Catania. Paseo pola cidade e cea.

Domingo 7 de abril: Catania-Villa del Casale-PiazzaArmerinaAgrigento 7.30 almorzo no hotel, recollida da equipaxe e saída cara Piazza Armerina ás 8.30 para visitar a Villa del Casale, vila tardo-romana famosa polos seus mosaicos, patrimonio da humanidade. Almorzo en Pizza Armerina e visita da vila. Continuaremos ruta cara Agrigento, traslado ao hotel e acomodación. Paseo pola cidade e cea.

2


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Luns 8 de abril: Agrigento- Valle dei Tempi. Agrigento 7.30 h. almorzo no hotel e saída ás 7.45 cara ao Valle dei Tempi, no que poderemos visitar, entre outros, o templo da Concordia, un dos mellor conservados do mundo grego. Xantar. Traslado á localidade de Porto Empedocle onde nos achegaremos a la Scale dei Turchi, espectacular parede rochosa a beira do mar, para ver o solpor e posible baño. Regreso a Agrigento.

Martes 9 de abril: Agrigento-Palermo 7.00 h. Almorzo no hotel. Recollida da equipaxe e saída cara Palermo ás 7.30. Parada arredor das 9.30 Monreale para visitar a Catedral. Continuación da viaxe a Palermo e acomodación no hotel, se é posible. Sobre as 13.00 h. visita á cidade na que deixaron a súa pegada os distintos pobos que a conquistaron: cartaxineses, romanos, árabes, bizantinos, normandos… Visitaremos Palazzo dei Normanni coa Cappella Palatina, San Giovanni degli Eremiti, a Catedral, o mercado da Vucceria, Palazzo Albatelis, San Cataldo...

Mércores 10 de abril: Palermo- Cefalú- Palermo

7.30 h Almorzo no hotel, saída ás 8.30 cara Cefalú, pintoresca cidade portuaria. Visita catedral, paseo polo Corso Ruggero, onde poderemos contemplar o Palazzo Osterio Magno, pola Via Vittorio Emanuele co seu Lavatoio medievale Il Fiume, a Porta Marina, subida ata o Tempio de Diana para contemplar unha magnífica vista da cidade. Se o tempo o permite, xantaremos nalgunha das súas praias. A media tarde regreso a Palermo. Cea e pequeno paseo pola cidade.

Xoves 11 de abril: Palermo- Madrid- Santiago de Compostela

8.30 h. Almorzo no hotel, recollida da equipaxe e breve tempo para últimos paseos e compras. Saída ás 11.00 h. cara o aeroporto de Palermo, no que tomaremos un voo ás 13.35 con destino Madrid. Chegada ao aeroporto de Barajas ás 16. 20 para coller un voo ás 20.35 con destino a Santiago de Compostela. Chegada ao aeroporto de Lavacolla ás 21.55. Bus a Melide e fin da viaxe.

HOTEIS

Catania – Hotel Santuzza 3*** Porto Empedocle – Hotel Dei Pini 3 *** Palermo – Hotel Mediterraneo 3***

3


Viaxe a Sicilia 2019

PARTICIPANTES

4


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

PARTICIPANTES

Fernando López Martínez

Susana Losada Soto

Eva Vilariño Mato

5


Viaxe a Sicilia 2019

HISTORIA DE SICILIA A situación privilexiada de Sicilia, ponte entre África e Europa, fixo que fose ocupada por multitude de pobos dende a prehistoria: élimos, sicanos, sículos fenicios, gregos, cartaxineses, romanos, xermanos (vándalos, hérulos e ostrogodos), bizantinos, árabes, normandos, xibelinos (Dinastía xermana de Hohehstaufen), anxevinos (Dinastía de Anjou Francia e Inglaterra), aragoneses, españois, piamonteses, austríacos… Temos evidencias de asentamentos prehistóricos e consérvanse pinturas rupestres do 8000 a. C. Os fenicios colonizan Sicilia no s. IX a. C., fundando a cidade de Palermo e outras colonias nas que establecen centros comerciais. Os gregos comezaron a colonizar a illa a partir do s. VIII a. C. Chamábana Trinacria, do grego Τριν-ακρία, polos seu tres cabos. Ás veces este nome confúndese do de Trinacia (Θρινακίη), a illa de Helios, que menciona Homero na Odisea, na que se custodiaba o rabaño sagrado do deus Sol. A colonia máis importante foi Siracusa, fundada polos corintios no 733 a. C.. Outras colonias fundadas no s. VII a. C.,

foron Akragas, Gela, Himera, Selinunte, Zancle e Catania, ao tempo que helenizaron outras colonias existentes. Xunto co sur de Italia, Sicilia formaba parte da Magna Grecia. A introdución da vide e oliveiras, que floreceron nesta terra tan fértil, creou un comercio intenso coas polis gregas. A relixión grega estendeuse pola illa, dando lugar á construción de numerosos templos como os do Valle dei Tempi, en Agrigento. Durante a Guerra do Peloponeso, que enfrontou a Esparta e Atenas na segunda metade do S V. a.C., os atenienses realizaron unha expedición a Sicilia que supuxo un total fracaso. A frota ateniense foi destruída e precipitouse a derrota de Atenas ante Esparta. No período grego o máximo esplendor alcanzouse durante as Tiranías de Siracusa, nos séculos V a III a. C. Siracusa foi visitada polo filósofo Platón, invitado por Dión de Siracusa para que intentase formar ao tirano Dioniso II e facer del un bo gobernante. A partir do S V a C. comezou a penetración cartaxinesa na illa. Durante a Primeira Guerra Púnica (264-241 a. C.) os romanos conquistaron toda a illa excepto Siracusa, que conseguiu manterse independente. Na Segunda Guerra Púnica (218-201 a. C.) Siracusa aliouse con Cartago e foi derrotada polos romanos en 212 a.

6


IES de Melide. Departamentos de Clásicas C. a pesares dos inventos de Arquímedes, que morreu durante a ocupación romana. Con esta conquista Sicilia queda convertida en provincia romana. Sicilia, gran produtora de cereal, convértese no celeiro de Europa durante a dominación romana. En Sicilia desempeñou Cicerón o cargo de cuestor, primeiro paso da súa carreira política ou cursus honorum. Cicerón (s. I a. c.), orador, filósofo e político romano, representou aos sicilianos contra a xestión de Verres, gobernador acusado de corrupción e tiranía. Os seus discursos foron tan contundentes que xa no primeiro discurso Verres se exiliou voluntariamente a Massilia (Marsella). Culturalmente, Sicilia tardou en romanizarse, pois permitíuselle que seguise sendo grega. Coa caída do Imperio Romano de occidente (476 d. C.) Sicilia é conquistada por ostrogodos e vándalos. Arredor do ano 535 Sicilia é incorporada por Belisario, xeneral do emperador Xustiniano I, ao Imperio Bizantino ou Imperio Romano de Oriente. Baixo o xugo bizantino Sicilia pasou por un período de decadencia. Entre 827 e 902 Sicilia foi conquistada polos musulmáns e experimentou un período de rexurdimento,

creándose o Emirato de Sicilia. Co comezo das Cruzadas Cristiáns, prodúcese a conquista de Sicilia polos normandos a fins do s. XI. Os normandos eran pobos de orixe escandinava (viquingos) que ocuparon o noroeste de Francia, o que se coñece como Normandía, a finais do s. IX. En 1130 establécese o reino de Sicilia, que, ademais da illa de Sicilia, abarcaba o sur da península italiana e máis adiante sería chamado “Reino das Dúas Sicilias”. A dinastía normanda será sucedida pola que dinastía xermánica Hohenstaufen, tamén chamados xibelinos, e acadará o seu esplendor con Federico II, emperador do Sacro Imperio xermánico, que foi coroado en 1212. Os conflitos dos xibelinos co Papado, que entre os s. VIII e XIX tivo un gran poder e control sobre os territorios italianos, fan que o papa nomee ao príncipe francés Carlos de Anjou (dinastía anxevina) rei de Sicilia en 1266. Carlos de Anjou derrotou e masacrou aos posibles herdeiros da dinastía Hohenstaufen, xibelinos, polo que o poder francés non foi ben recibido polos sicilianos. En 1282, durante a insurrección coñecida como Vésperas Sicilianas, os palermita-

7


Viaxe a Sicilia 2019

Segundo a tradición o ataque dos franceses a unha muller palermitana provocou as Vésperas Sicilianas

nos asasinaron á guarnición francesa, e a revolta contra o poder francés expandiuse rapidamente por toda a illa.

Pedro III de Aragón, que estaba emparentado coa dinastía dos Hohenstaufen, socorreu á poboación de Sicilia contra os franceses. Pedro venceu aos anxevinos, polo que a Sicilia insular quedou baixo o dominio aragonés en 1282. A Sicilia Peninsular, con capital en Nápoles, seguiu baixo dominio anxevino. Durante o dominio aragonés Sicilia non correu mellor sorte, estaba en mans de vicerreis que non mantiñan moito contacto co reino de Aragón e a illa quedou marxinada tanto a nivel económico como cultural, aumentando a pobreza e a ignorancia. En 1504 Fernando II de Aragón consegue anexionar ao sei reino de Sicilia o reino de Nápoles, a Sicilia continental. En 1542 e 1693 a illa sufriu grandes te-

rremotos provocados polas erupcións do Etna. No de 1693 calcúlase que morreron arredor de 60.000 persoas e 45 localidades quedaron destruídas ou danadas. A contrapartida desta traxedia foi que a reconstrución supuxo unha oportunidade para os grandes arquitectos da época, como Rosario Gagliardi ou Francesco Gagliari, que construíron novas marabillas arquitectónicas no característico barroco siciliano. Houbo lugares, como o centro de Siracusa, que se reconstruíron seguindo o plano existente, outros, como Catania, nos que a reconstrución baseouse nun novo plan ou outros, como Noto, que se refundaron nun novo lugar. Durante a Guerra Sucesión española os Borbóns fixéronse co trono español, desaparecendo a coroa de Aragón. Mediante o tratado de Utrech en 1713 Sicilia foi entregada polo novo Borbón español Felipe V ao duque de Saboia Víctor Amadeo II, que preferiu cambiala pola illa de Sardeña, polo que Sicilia pasou a mans austríacas co emperador Carlos VI. En 1738 polo tratado de Viena os reinos de Sicilia e Nápoles pasan ao fillo menor de Felipe V de España, Carlos, Duque de Parma, a cambio deste ducado de Parma e de renunciar ao trono de Toscana. Cando Carlos asume o trono español como Carlos III deixa os reinos de Sicilia e Nápoles ao seu fillo Fernando, que se coroa rei en 1759 como Fernando I, comezando o reinado dos Borbóns en Sicilia e establecendo a capital en Nápoles. Napoleón I intenta establecer no trono de Nápoles a seu irmán José Bonaparte. Fernando I foxe a Palermo, pero é reposto no trono en 1815, despois das Guerras Napoleónicas. En 1816 unifícanse os rei-

8


IES de Melide. Departamentos de Clásicas nos de Nápoles e Sicilia como Reino das Dúas Sicilias. En 1820 e 1848 producíronse movementos revolucionarios contra os Borbóns. En 1848 a revolución triunfou abríndose un breve período de independencia para Sicilia, co seu propio goberno e parlamento. En 1860, dentro do Risorgimento, proceso de unificación italiano, a Expedición dos Garibaldi en Palermo Mil, liderada por Garibaldi, desembarcou en Marsala. Sicilia adhírese ao novo reino Italiano unificado por Vittorio Emmanuelle II, rei da Casa de Saboia. Con esta imposición da monarquía piamontesa, os Sicilianos non obtiveron a república nin a igualdade que agardaban, posto que as grandes decisións políticas, tanto executivas, lexislativas e xudiciais, tomábanse no norte. No 1886 houbo unha revolta anti-saboiana en Palermo buscando a independencia, que foi brutalmente esmagada polos italianos. Nos anos da unificación italiana xurdiu a Mafia, unha sociedade secreta de crime organizado, propiciada pola debilidade dos gobernos locais e a situación de marxinación que vivía Sicilia. A ela recorreron os terratenentes para defender as súas propiedades dos bandidos. En 1908 prodúcese un terremoto que

destruíu Messina e provocou 100.000 vítimas. A chegada do fascismo nos anos 20 de s. XX combateu con relativo éxito as mafias. Pero no 1943 os aliados volven Ingleses en Sicilia en 1943 recorrer a elas para facer posible o Desembarco dos aliados en Sicilia en 1943. Ao final da II Guerra Mundial Sicilia forma parte da recén proclamada República Italiana. A mafia expandiuse na segunda metade do s. XX, incluído a persoas de todos os ámbitos sociais. A Democracia Cristina, un partido de centro dereita afín a Igrexa aliouse coa mafia para obter resultados. As mafias controlaban as subvencións que recibía Sicilia para o seu desenvolvemento. A loita contra a mafia avanza nos anos 80 e 90 do s. XX, coa celebración de grandes xuízos contra mafiosos e a detención de capos famosos como Totò Rinna e Bernardo Provenzano. No ano 1992 o xuíz Giovanni Falcone e despois o seu axudante Paolo Borselino son asasinados pola mafia.

Homenaxe a Falcone e Borselino

9


Viaxe a Sicilia 2019

O SICILIANO O sicilianu é unha lingua romance propia da illa de Sicilia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na península itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabriano) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania. Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, provenzal, catalán e do español. O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións

oficiais e na forma escrita. Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Cartel da bonoloto en siciliano Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.

CATANIA No sueste da illa, nas abas do Etna, sitúase Catania, a segunda cidade de Sicilia. Segundo o historiador Tucídides, a cidade foi fundada no 729 por gregos de Calcis, co nome de Katane. Entre os s. V e IV Catania sufriu varios intentos de ocupación por parte de Siracusa Catania foi conquistada en 263 polos romanos durante a I guerra Púnica e declarada colonia romana. en época da guerra civil entre César e Pompeio, foi saqueada por este último. Deste período son algúns dos seus mellores monumentos, como o anfiteatro (aínda que a súa orixe pode ser grega), o teatro, o foro, catro termas e o odeón. En 534 Belisario recupera Catania tras as invasións bárbaras. Seguindo a sorte do resto da illa, Catania foi ocupada polos

10


IES de Melide. Departamentos de Clásicas árabes e polos normandos e 1071.

Fontana dell’ Elefante

Entre os s. XI e XII constrúese o Duomo, a catedral de Catania. Na época de Federico II a cidade foi un punto estratéxico importante e este rei mando construír o castelo Ursino entre os s. XII e XIII.

É unha fonte monumental realizada entre 1735 e 1737 polo arquitecto Giovanni Battista Vaccarini. Está no centro da Piazza del Duomo de Catania e o seu elemento principal é unha estatua de basalto negra que representa un elefante chamado comunmente U Liotru, considerado emblema desta cidade. O seu nome sería a deformación de Eliodoro, un nobre catanés ao que se lle atribúe a autoría da escultura. O baseamento está formado por un pedestal de mármore branca situado sobre o estanque, tamén de mármore. Dúas escultura reproducen os ríos de Catania, o Simeto e o Amenano.

Durante o reinado de Aragón, en 1434, fúndase en Catania a primeira Universidade de Estudos de Sicilia. No ano 1693 a cidade foi destruída por un terremoto intenso. A cidade foi redeseñada e reconstruída en estilo barroco por grandes arquitectos como Giovanni Vaccarini ou Stefano Ittar. Durante o século XIX houbo un avance no desenvolvemento cultural de Catania, literario, musical e teatral. Destaca a obra do seu fillo favorito, Vincenzo Bellini (1801-1834). Foi autor, entre outras, da ópera Norma e un dos compositores máis admirados de Italia.

Piazza del Duomo É a praza máis importante de Catania. Nela conflúen a Via Etnea, o eixo histórico máis importante da cidade, a Via Garibaldi e a Via Vittorio Emanuele II, que a atravesa de este a oeste.

Enriba atópase o elefante coa trompa dirixida á Catedral de Catania. Esta estatua de época incerta foi tallada orixinalmente a partir de un único bloque de pedra volcánica, pero tras o terremoto de 1693 romperon as patas posteriores, restauradas polo propio Vaccarini con miras a súa colocación na praza. Durante a restauración, o arquitecto engadiu os ollos brancos e os cairos de pedra calcaria. A ambos lados do elefante cae un pano

11


Viaxe a Sicilia 2019 de mármore sobre o que están tallados os escudos de santa Águeda, patroa de Catania. Sobre o lombo do animal atópase un obelisco exipcio de 3,66 metros de altura, de granito e supostamente de Asuán; decorado con figuras. De cronoloxía incerta, quizá era unha das dúas metas do antigo circo romano de Catania. A outra meta, máis fragmentada, atópase no patio do Castello Ursino. Na parte superior do obelisco colocouse un globo terráqueo, rodeado por unha coroa de follas de palma (que representa o martirio) e un ramo de lirios (que representa a pureza), máis arriba una táboa metálica coa inscrición dedicada a santa Águeda co acrónimo MSSHDPL («Mente sa e sincera, polo honor de Deus e pola liberación da súa patria»), e finalmente unha cruz.

12

Duomo de Santa Águeda Orixinalmente fora construída no s. XI baixo o reinado normando de Roger I sobre as ruínas das termas romanas de Achillane. Foi destruída e reconstruída varias veces debido a terremotos e erupcións do Etna. A destrución máis catastrófica foi a do ano 1693, sendo reconstruída en estilo barroco. Na reconstrución empregáronse tamén materiais procedentes doutros edificios, como as columnas romanas da fachada. Hoxe en día os restos do edificio normando pódense apreciar en parte do cruceiro e as tres ábsidas semicirculares compostos por grandes pedras de lava. Unha cúpula construída en 1802 coroa a construción. A balaustrada de mármore é do s. XIX e nela altérnanse vasos e estatuas de santos. No interior atópanse as tumbas de Vincenzo Bellini e os reis aragoneses Federico II e Constancia de Aragón, esposa de Federico III. Na parede dereita consérvanse as reliquias e o tesouro de Santa Águeda. Santa Águeda, virxe e mártir do s. III d. C., da que se celebra a súa festividade o 5 de febreiro.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Castello Ursino

lebre. O edificio alberga na actualidade o museo municipal de Catania, así como una galería de arte.

Teatro romano

O Castello Ursino (en italiano, literalmente Castelo do Oso) foi construído arredor do año 1239 por orde de Federico II. Antigamente considerábase inexpugnable e foi coñecido principalmente polo papel que tivo durante as Vésperas sicilianas, cando se converteu na sede do Parlamento siciliano, e logo na residencia dos reis aragoneses. Na época na que foi construído, estaba situado nun cantil sobre o mar. Debido as sucesivas erupcións volcánicas e terremotos, hoxe en día o castelo atópase a un quilómetro terra a dentro e os seus fosos reenchidos de lava. Foi un de los escasos edificios de Catania que resistiu ao terremoto de 1693. O castelo está organizado segundo un plano rectangular, cun patio descuberto central e amplas torres circulares en cada esquina. Sobre o arco oxival da entrada represéntase nun tabernáculo a aguia imperial suabia agarrando unha

Data do S. II d. C. e está construído sobre unha lomba sobre na que se atopaba a acrópole grega. Utilizouse rocha de lava do Etna, decorouse con mármore e estatuas que desapareceron no s. XI durante a construción da catedral. Ten un diámetro de case 87 metros e podía dar cabida a uns 6000 espectadores. A orquestra, de 29 m. de diámetro, conserva o pavimento de mármore e é inundada con frecuencia polo río Amenano. Cerca do teatro atópanse os restos do odeón, tamén de época romana, no que se facían concursos de música e retórica e ensaiaban os coros, cunha capacidade para 1300 persoas.

Anfiteatro romano Atópase ao lado da Piazza Stesicoro, que debe o seu nome ao poeta lírico grego do s. VII-VI a. C., nado en Catania. Só é visible un dos semicírculos do anfiteatro. O edificio tiña capacidade para uns 16.000

13


Viaxe a Sicilia 2019 espectadores e remóntase ao s. II d. C. Consérvase ben o corredor inferior e a area, só inferior ao do Coliseo de Roma, cun diámetro de 71 m. Empregáronse distintos materiais na súa construción como basalto, pedra calcaria e ladrillos vermellos que daban policromía ao edificio. Tras as invasións dos vándalos e o saqueo da cidade, o anfiteatro foi abandonado e usado como canteira durante a época normanda.

Mercato della Peschería Atópase ao comezo de Via Garibaldi. No seu interior está a Fontana dell’ Amenano, esculpida en 1867. O mercado esténdese polas rúas veciñas. Ao final de Via Garibaldi a tópase a monumental Porta Garibaldi, edificada en pedra calcaria e lava en 1768.

Via Crociferi

Debe o seu nome a unha orde relixiosa que se ocupaba de curar enfermos. A maior parte dos edificios de Via Crocifere realizouse baixo o proxecto de Vaccarino e os seus máis íntimos colaboradores, como G. Palazzotto. A vía parte da Piazza de San Francesco, onde

14

se atopa a igrexa barroca de San Francesco d’ Assisi. No seu interior atópanse os candelori ou cerei, construcións talladas en madeira que representan os distintos gremios artesanais da cidade. En febreiro, na festa de Santa Águeda, sácanse en procesión pola cidade. Ao lado da igrexa de San Francesco atópase o Colexio dos Xesuítas. O Arco de San Benedetto, construído Candelori de Sant’Agueda polos beneditinos en 1704, comunica a Badia Grande coa Badia Piccola, atribuída a G. Vaccarini. A igrexa de San Benedetto conta cun portal de madeira no que se representan escenas da vida de San Bieito e San Francisco Borgia.

Vía Etnea É a rúa principal de Catania, comunica as partes máis importantes da cidade e dende ela divísase o Etna. É peonil e está chea de cafés e tendas elegantes. Nela atópanse a Piazza Stesicoro, coas ruínas do anfiteatro romano, a Collegiata, unha capela de principios dos s. XVIII. Ao final da rúa atópase Villa Bellini, un xardín con plantas subtropicais e con bustos de sicilianos famosos. No extremo sur está a Piazza dell’ Università, co seu palazzo.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Monastero dei Benedittini de S. Nicola l’Arena.

É o segundo maior convento de Europa no que se estableceron os Beneditinos no s. XVI, despois de deixar o convento de San Leo, nas lombas do Etna, debido as erupcións e terremotos constantes.

Despois do terremoto de 1693 foi reconstruído por Vaccarini e os seu colaboradores. Accedese por un portal barroco e patio e consta de dous grandes claustros. Na ala oeste do mosteiro están as bibliotecas Cívica e Recúpero, que reúnen os 50.000 volumes orixinais dos Padres Beneditinos aos que se sumaron os de outras ordes relixiosas. Hoxe en día a Facultade de Filosofía e Letras ten aquí a súa sede.

15


Viaxe a Sicilia 2019

O MONTE ETNA O monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten arredor de 3340 m de altura. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ao sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km². A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico. Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Hefesto ou Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos ciclopes e os xigantes. A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700 000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara ao interior. O Etna é o que se de-

16

nomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas. Na actualidade segue en actividade e ten varios cráteres arredor dos 3000 m con fumarolas permanentes. Entre xullo e agosto de 2001 unha erupción arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán. Tamén estivo activo en novembro de 2002, e en xaneiro de 2005 a lava non chegou ás zonas habitadas, aínda que as emisións puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterais situadas a 2620 e 2400 metros. Volveu ter actividade en maio de 2011, marzo de 2012, febreiro de 2013, xaneiro de 2014, decembro de 2015, maio de 2016 e marzo de 2017. En decembro de 2018 unha erupción obrigou a desviar o tráfico aéreo, causando máis de 150 terremotos.


IES de Melide. Departamentos de Clรกsicas

17


Viaxe a Sicilia 2019

TAORMINA A cidade foi fundada polos gregos no 736 a. C., co nome de Naxos. Dionisio I de Siracusa destruíuna no 403 a. C., e os habitantes refuxiáronse en Tauromenion, un pequeno centro urbano sobre o monte Tauro. A súa historia é a mesma que o resto de Sicilia. Tivo un pequeno rexurdir cos Bizantinos, sendo capital da Sicilia bizantina por un breve período de tempo. Quedou destruída coa ocupación árabe e foi tomada polos normandos e reconstruída no s. XI. A súa importancia débese a que tras a visita de Goethe, que cantou as súas belezas por toda Europa, converteuse nunha parada obrigatoria do Grand Tour, unha viaxe que realizaban os mozos aristócratas europeos a Italia e ás veces a Grecia como parte da súa formación. Esta viaxe podía durar varios meses e o seu obxectivo era a busca de arte, cultura e das raíces da civilización occidental.

Palazzo Corvaja Construído no s. XV sobre unha estrutura anterior, sede do primeiro parlamento de Sicilia en 1410, combina unha torre árabe do s. X, construída con pedra lávica e pedra pómez branca, con toques de gótico catalán. A escalinata do patio está decorada con escenas da creación, o nacemento de Eva e o pecado orixinal. Actualmente é a sede da Oficina de Turismo de Taormina e do Museo Siciliano d’Arte e Tradizioni Popolari, con

18

pupis, marionetas sicilianas, vestidos típicos, carrettos e gran variedade de pezas, entre elas exvotos, ofrendas rústicas de pinturas en agradecemento á intervención divina en salvacións milagrosas en multitude de sucesos.

Catedral di San Nicola Foi edificada no s. XIII na Piazza del Duomo. Foi retocada nos s. XV, XVI, XVIII. A fachada, rematada por ameas, ten un aspecto severo e cadrado que recorda as catedrais normandas. A porta principal é renacentista, conta c un rosetón e ventás oxivais aos lados. No seu interior alberga obras de pintura interesantes como A visitación de Antonio Guiffrè (s. XV) un políptico de Antonello Saiba coa Virxe María e o Neno e unha estatua da Virxe da escola de Gagini.

Palazzo dei Duchi di Santo Stefano Edificio do s. XII, obra mestra da arquitectura gótica siciliana con influencias árabes, que se perciben no friso construído con pezas de lava negra e incrustacións de pedra branca. Destacan tamén os arcos trilobulados das ventás de dobre oxiva da fachada. Foi a residencia dos Spuches, duques españois de Santo Stefano di Brifa.

Villa Comunale

Son uns xardíns doados pola aristócrata Florence Trevelyan. Cunha vexetación exuberante tropical e mediterránea, érguense no alto dun cantil con vistas ao


IES de Melide. Departamentos de Clásicas Etna. Neles atópase unha torre semellante a un pagode chinés na que a antiga propietaria observaba aves.

Naumachia Trátase dunha xigantesca muralla de ladrillo do período imperial romano con 18 nichos arqueados, que noutros tempos soportou unha enorme cisterna, que puido ser empregada para simular batallas navais ou naumaquias.

Teatro grecorromano É o segundo en dimensións de Sicilia, despois do teatro de Siracusa. Foi construído no período helenístico polos gregos no s. II a. C. cunha situación espectacular, sobre o mar e con vistas ao Etna. Foi case totalmente reconstruído polos romanos. A cavea ou bancadas do teatro de Taormina teñen un diámetro de 109 m. construídas en ladrillo, están divididas en 9 cunei (cuñas), igual que

o teatro grego de Siracusa. O teatro tiña capacidade para uns 5000 espectadores. A orquestra semicircular está lixeiramente máis baixa que o escenario con dúas saídas laterais para o coro, os párodoi, sobre as que se ergue o escenario con dous pisos, con tres saídas para actores no primeiro e decorados con columnatas e un pórtico superior. As paredes do fondo conservan nichos decorados con esculturas e columnas de mármore. Detrás da escena preséntense os bastidores desde onde os actores accedían á escena. Sábese que en transformacións posteriores de época romana foi reconvertido en anfiteatro, área para a organización de espectáculos de gladiadores pois se atopan aínda as estruturas do muro de protección das bancadas para a seguridade dos asistentes, así como a eliminación do desnivel entre a orquestra e o escenario. Durante a década dos 90 o teatro foi restaurado e na actualidade ofrécense concertos estivais de música clásica, festivais e representacións teatrais clásicas que demostran a espectacular acústica.

19


Viaxe a Sicilia 2019

SIRACUSA Siracusa (Συρακοῦσαι) destaca pola súa rica cultura grega, a arquitectura e como lugar de nacemento e morte do preeminente matemático, físico e enxeñeiro Arquímedes. Esta cidade de 2.700 anos de antigüidade desempeñou un papel fundamental nos tempos antigos, cando foi unha das grandes potencias do mundo Mediterráneo. Descrita por Cicerón como “a maior cidade grega e a máis fermosa de todas”, igualou a Atenas en tamaño durante o século V a. C. O seu momento de apoxeo foi no tempos das tiranías, nos s, V e IV a. C. Siracusa foi visitada polo filósofo Platón, invitado por Dión de Siracusa para que intentase formar ao tirano Dioniso II e facer del un bo gobernante. A cidade foi fundada por gregos de Corinto e converteuse nunha cidade estado moi poderosa, que derrotou a cartaxineses, etruscos e atenienses na famosa expedición a Sicilia no 413 a. C., que provocou que se reiniciase a guerra do Peloponeso, entre Esparta e Atenas. Esta derrota dos atenienses en Sicilia, anticipou a derrota final ante Esparta, e supuxo o fin da hexemonía ateniense. Siracusa aliouse con Esparta e Corinto e exerceu influencia sobre a totalidade de Magna Grecia, da que foi a cidade máis importante. Na Segunda Guerra Púnica (218-201 a. C.) Siracusa aliouse con Cartago e foi derrotada polos romanos en 212 a. C. a pesares dos

20

inventos de Arquímedes, que morreu durante a ocupación romana. Máis tarde converteuse en capital do Impe- Manus ferrea, invento de Arquímedes rio Bizantino. para levantar e volcar os barcos inimigos Co emperador Constante II foi a capital do Imperio Romano (663-669). Logo Palermo a superou en importancia, como capital do Reino de Sicilia.

PARCO ARCHEOLOGICO DELLA NEAPOLIS Neapolis foi un dos cinco distritos da cidade grega de Siracusa, xunto con Ortigia, Acradina, Epipoli e Tiche, por isto a cidade recibía o sobrenome de Pentapolis (Πεντάπολις). Neápolis (Νεάπολις), que significaba “cidade nova”desenvolveuse a partir do s. II a. C. nunha zona que antes fora ocupada por necrópoles e canteiras. O tirano Hierón II fixo construír un complexo monumental cun gran teatro para reafirmar o seu poder persoal despois da primeira guerra púnica (264-241 a. C.) Á entrada do Parque arqueolóxico atópase a igrexa de San Nicolò ai Cordari, construída no período normando, s. XI, sobre a chamada piscina romana, unha cisterna cun teito abovedado apoiado sobre 14 piares, que podería terse usado para celebrar naumaquias.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Latomías As latomías son canteiras de rochas calcarias das que se sacaron materiais para a ampliación urbanística de Siracusa. A maior é a Latomía do Paraíso, mergullada nun frondoso xardín. Nela atópanse a Grotta dei Cordari, na que traballaban os cordeeiros, a Grotta del Salnitro e a famosa Orella de Dioniso, chamada así porque nela prodúcese un efecto amplificación de son. Outras latomías máis pequenas son a Latomia dell’Intagliatella y la de Santa Venera, onde destaca o enorme Ficus delle Pagode, un exemplar centenario de ficus macrophylla. Nas latomías foron botados os 7000 superviventes do exército ateniense derrotado polo siracusano no 413, onde a maioría morreron de penurias.

21


Viaxe a Sicilia 2019

Teatro grego

Abaixo está a orquestra semicircular, sobre a que se alzaba a escena, da que só quedan os vestixios. Dous grandes piares flanqueaban o escenario. Na parte superior das gradas hai unha gran terraza tallada na rocha na que se poden ver os cimentos de pórticos que darían acubillo aos espectadores das inclemencias do tempo. No s. XVI o emperador Carlos V utilizou moitas pedras do teatro para construír as murallas de Ortigia.

Altar de Hierón II Con 138,60 m é un dos teatros gregos máis grandes do mundo, con capacidade para unhas 16.000 persoas. A súa construción comezou a fins do s. V a. C., cando Siracusa xa era considerada un dos focos culturais do Mediterráneo, pero o seu estado actual é froito das modificacións do s. II a. C. O teatro foi deseñado polo arquitecto grego Damacopos e nos séculos posteriores foi ampliado por Hierón II (s. III a. C.). A partir do S. V a. C. aquí estrearon as súas traxedias grandes clásicos como Esquilo, que morreu en Gela. A cávea está escavada na rocha do outeiro Temenite. A media altura a había un corredor ou diazoma que a dividía en dous sectores. Nun parapeto están gravados nomes das divindades (Zeus Olímpico, Heracles) e da familia real (Hierón II, a súa esposa Filístide e a súa nora Nereida), que axudan á datación do monumento no s. III a. C. A cávea tiña 67 filas de asentos, das que só se conservan 46, divididas en 9 seccións ou cunei con 8 corredores. Debaixo da cávea hai unha series de galerías escavadas durante o período romano, para substituír aos antigos pasadizos.

22

Era unha estrutura xigantesca en pedra construída por Hierón II entre 241 e 215 a. C. na que se celebraban os sacrificios públicos da cidade. Crese que estaba dedicado a Zeus Eleutherios (Ζεύς Ἐλευθέριος “Zeus liberador”). Tiña 198 m de logo por 22,8 e ancho e considerábase o maior altar da antigüidade, nel podían sacrificarse ata 200 touros dunha vez. Consérvase só o baseamento, xa que o resto foi desmontado no s. XVI, baixo o dominio de Carlos V, e aproveitado como material de construción das fortificacións españolas.

Anfiteatro romano No xardín de entrada ao anfiteatro atópanse sarcófagos provenientes da necrópole de Siracusa e de Megara Hyblaea. O anfiteatro é do s. III ou IV d. C. Os diámetros da elíptica son 140 e 119 m, só é superado polo Coliseo romano e a Arena de Verona. Tiña unha capacidade para 20.000 persoas. Aquí realizábanse espectáculos de gladiadores e gladiadores con bestas. As naumaquias ou batallas navais celebrábanse cerca, na chamada piscina


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

romana. Consérvanse as arcadas norte e sur que daban paso aos gladiadores e as feras. A cávea estaba dividida nos tres sectores tradicionais ima, media e summa. A case totalidade da cávea está escavada sobre rocha, só as gradas superiores se asentaban sobre pedra engadida, sobre elas alzábase un pórtico con columnas. Na cavea ima figuran sobre mármore inscricións dos seus ocupantes, que pertencían á nobreza siracusana e a personaxes relevantes da Roma imperial tardía. Na area pódese contemplar aínda o foso de 15,50 x 8,70 m. cunha profundidade de 2,50 m. Na antigüidade estaban cubertos por unha tarima de madeira e servían para gardar as ferramentas e útiles para que os escravos mantivesen limpa a area. Ao igual que os outros monumentos desta zona, no s. XVI sufriu o espolio dos españois, que causaron un enorme dano ás estruturas que ata entón estaban ben conservadas.

Grotta del Ninfeo A gruta do Ninfeo é unha cova artificial situada na cima do outeiro Temenite, por riba do teatro grego e ábrese no centro dunha parede rochosa. Ten un teito abovedado e no seu interior recóllese auga

procedente dos acuedutos Galermi e Ninfeo que cae en fervenza de dende unha cavidade do fondo. A fonte estaba dedicada ás ninfas e puido acoller un santuario ás musas, un Museion, onde os actores se reunían antes de actuar no teatro. esta teoría apóiase no achado de inscricións honorarias en tres estatuas de mármore femininas identificadas como musas. Na parede da entrada hai pequenos templos a modo de nichos (naiskos) que se empregaban para o culto aos heroes.

Via dei Sepolcri Ao oeste da Gruta del Ninfeo arranca a vía dos Sepulcros entre paredes rochosas, onde se atopan pequenos nichos utilizados para la colocación de placas votivas y una serie de hipoxeos (sotos) de la época bizantina. O camiño, de 150 metros de lonxitude, conduce a la cima do outeiro Temenite, onde se atoparon restos arqueolóxicos do Santuario de Apolo Temenite.

Necrópole Groticelli e tumba de Arquímedes Máis alá da latomía de Santa Venera, no extremo nordeste del parque, atópase a necrópole Grotticelli. Entre sepulcros gregos, romanos e bizantinos escavados na rocha destaca especialmente un columbario, decorado con columnas dóricas coroadas por un frontón con tímpano, esculpidos en la roca. Tradicionalmente este sepulcro, que en realidade é unha tumba romana, foi identificado, erroneamente, como a tumba de Arquímedes

23


Viaxe a Sicilia 2019

ORTIGIA Artemision Atópase baixo a sede do concello, no que se cre que era a parte máis antiga da cidade. Estaba dedicado a Artemisa ou Diana, deusa moi importante na cidade de Siracusa. Data do s. VI a. C. e era un templo xónico de grandes dimensións. Ortigia, fundada por gregos no s. VIII a. C. foi unha illa, sede orixinal de Siracusa e fortaleza ata finais do s. XIX. Únese á cidade polas pontes de Umbertino e Santa Lucía.

Duomo

Templo de Apolo

Remóntase a finais do s. VII a. C. sendo un dos templos dóricos perípteros máis antigos de Europa Occidental. O culto do templo foi identificado por unha inscrición no último chanzo da base, no que ademais figuraba o nome do arquitecto, Cleomenes, fillo de Cnidieidas. Cicerón mencionaba que o templo estaba dedicado a Artemisa ou a ambos irmáns. Ao longo do tempo o templo foi convertido en igrexa bizantina, mesquita, e basílica cristiá baixo a dominación normanda.

24

A catedral de Siracusa construíuse sobre un templo grego do s. V a. C. dedicado á deusa Atenea. Tratábase dun templo dórico períptero. A súa magnificencia foi descrita por Cicerón, as portas do templo eran de ouro e marfil e na cima brillaba o escudo de ouro de Atenea, que servía de guía aos mariñeiros. Foi convertido en templo cristián no s. VII, cerrando os espazos entre as columnas dóricas do naos, que aínda son visibles nun lateral exterior do templo. No interior da cella creáronse arcos e a entrada cambiouse ao lado contrario. Durante a dominación musulmá foi convertida en mesquita e pos-


IES de Melide. Departamentos de Clásicas teriormente os normandos volveron a convertela en igrexa cristiá. O edificio actual é barroco tardío ou rococó do s. XVIII, obra de Andrea Palma tras a reconstrución do terremoto de 1693. A fachada, construída con mármore e granito, ten forma convexa e componse dun xogo de entrantes e saíntes que dan sensación de ondulación, profundidade e movemento. Consta dunha maxestosa escalinata, como moitos templos do barroco, e está decorada con columnas de capiteis compostos (corintio e xónico) e coa estatua de Virxe María embarazada do neno no centro, o papa Clemente XIII e Santa Lucía, patroa de Siracusa, portando a palma símbolo do martirio. As volutas curvilíneas dos lados unen a parte superior do conxunto e dan proporcionalidade e equilibro, ao tempo que insisten na idea de movemento. Enriba das volutas sitúanse unha especie de plumas que simbolizan a presenza relixiosa na arte barroca, xa que serve para propagar o espírito da contrarreforma.

O interior ten tres naves, a central ocupa o naos do antigo templo de Atenea, coas súas columnas visibles na paredes. Alberga varias obras de arte: un coro do s. XV, unha táboa con fondo de ouro de San Cosimo, atribuída a Antonello de Mesina, a estatua da Virxe das Neves de Gagini no altar da ábsida esquerda, o altar maior barroco cunha mesa formada pola arquitrabe do antigo templo de Atenea, unha imaxe de Santa Lucía de prata, de 1200 kg, e unha pía bautismal do s. XIII e mosaicos normandos.

Piazza del Duomo É a praza central de Siracusa. É rectangular e está situaba sobre a antiga acrópole. Ademais da catedral, está rodeada por suntuosos palazzi. Ao norte está o Palazzo Municipale, sede do concello, chamado tamén Palazzo Vermexio, polo do arquitecto que o construíu no s, XVII. Este palacio alcúmase Il Lucertolone, polo pequeno lagarto que o arquitecto deixou tallado, a modo de rúbrica, na esquina esquerda da cornixa. Nesta praza están tamén o Palazzo Achivescovile (palacio arcebispal) do s. XVIII, que alberga a Biblioteca Alagoniana, con manuscritos do s. XIII, e o Palazzo Beneventano del Bosco, cunha fermosa fachada do s. XVIII. Ao sur atópase a Chiesa di Santa Lucia na que se atopa ao obra mestra de Caravaggio O enterramento de Santa Lucía, pintado en Siracusa entre 1608 e 1609.

25


Viaxe a Sicilia 2019

Fonte de Aretusa

Atópase nunha praza que dá ao mar e está abastecida por un manancial de auga doce que nace baixo o mar. A fonte está rodeada de papiros. Segundo a tradición mitolóxica, Aretusa era unha ninfa de Artemisa da que se namorou Alfeo, fillo de Océano. Para librarse do acoso de Alfeo, Artemisa converteuna en fonte e a súas augas brotaron en Ortigia. Zeus, conmovido pola dor de Alfeo, transformouno en río para que dende o Peloponeso puidese xuntar as súa augas coas dela.

Castello Maniace

Ocupa a parte sur de Ortigia onde estiveron situados o templo de Hera e a vila do gobernador Romano. Foi edificado por

26

Federico II no s. XIII e serviu de residencia real, de fortaleza e almacén. O seu nome débese ao xeneral bizantino Maniakes que arrebatou a cidade aos árabes. Ten planta cadrada con torres robustas nas esquinas. A entrada é un magnífico portal de mármore gótico. No seu interior alberga obxectos arqueolóxicos atopados no lugar, como cerámica normanda, e unha exposición sobre a evolución da fortaleza a través dos séculos.

Giudecca Son unha serie de calellas moi pintorescas entre a Via Maestranza, corazón do antigo barrio dos gremios, e a Via de la Giudecca, onde se atopaba a xudaría. Os xudeus foron expulsados de Sicilia, baixo a coroa de Aragón, en 1493, un ano máis tarde que na península ibérica. Atopáronse resto dunha sinagoga no interior da igrexa de S. Filippo Apostolo alla Giudecca, onde tamén se puido identificar unha mikve, baño ritual xudeu para a purificación. Atopáronse varias mikves máis, que foron usadas como cisternas despois da expulsión xudía.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

PIAZZA ARMERINA m. de alto do s. XV e unha cúpula de 66 m. No interior destaca un coro do s. XVII e unha copia dunha pintura bizantina da Madonna delle Vittorie. Fronte á catedral hai unha vista magnífica, un belvedere, da vila. No centro da vila está o Castello Aragonese, construído a finais do s. XIV. A Chiesa del Priorato di Sant’ Andrea é un magnífico edificio románico do s. XI que ofrece unha excelente vista do val.

Habitada dende a prehistoria e con gran importancia en época romana, esta vila foi construída na idade media sobre o Colle (outeiro) Armerino. O centro histórico é barroco e normando. Pola cantidade e variedade de igrexas que posúe, Piazza Armerina e coñecida como "città delle 100 chiese".

Duomo

Palio dei Normanni

É unha importante festa histórica que se celebra entre o 12 e o 14 de agosto que conmemora a toma da cidade aos musulmáns polo normando Roger I no 1087. Os palios son carreiras hípicas que se celebran en Itlaia ao modo de festas medievais e nas que o gañador recibe un palio, pano relixioso no que cobertor ou como dosel. Piazza Armerina é mundialmente coñecida por posuír o complexo de mosaicos mellor conservado de época romana.

Está dedicado á Maria Santissima Delle Vittorie. Nela se mestura o gótico, manierismo e barroco. Ten un campanario de 40

27


Viaxe a Sicilia 2019

VILLA DEL CASALE

A poucos quilómetros de Piazza Armerina atópase a Villa del Casale. Hai diversas hipóteses sobre o seu propietario, segundo unha teoría sería a luxosa residencia do emperador Maximiano, que gobernou entre o 286 e o 305 d. C., outra hipótese, a máis acreditada, apunta a un gobernador de Sicilia entre os anos 327 e 331 e cónsul romano no 340, Lucio Aradio Valerio Próculo Populonio. A maioría das dependencias da villa contan cun pavimento de mosaicos. Os motivos van desde elementos da vida cotiá a xogos, actividades deportivas, danza, masaxes, xogos de nenos, cortexo, caza e mitoloxía. Desde 1997 forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco.

28

Probablemente os artistas que realizaron os mosaicos foron dous africanos. A explicación do sorprendente estado de conservación parece deberse ao coidado dos donos e a un corremento de terra no século XII que protexeu a villa dos ele-


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

mentos naturais. Ata o 1761 o lugar foi descoñecido e a finais do século XIX iniciáronse as primeiras escavacións. Pero non sería ata 1950 cando un arqueólogo italiano, Vinicio Gentili, retomou as escavacións, seguindo as indicacións dos habitantes do lugar, e logrou o descubrimento efectivo da villa cos seus mosaicos. Entre os restos da villa diferéncianse catro núcleos, con decoracións diversas pero conectadas entre si: - entrada monumental ou atrio - corpo central da villa, organizado ao redor dun perístilo cuadrangular, con xardín e estanque no centro - triclinium, precedido dun peristilo ovoide, as salas onde se celebraban os banquetes. - complexo termal Un dos maiores mosaicos é o da Escena de caza, que se atopa nun corredor de 65 metros de lonxitude e 5 de ancho que remata en dúas ábsidas e separa a zona

privada da pública, ao lado do perístilo. Representa a captura de animais salvaxes para levar ao anfiteatro para os xogos, os cazadores só fan uso das armas para defenderse, captúranos e logo embárcanos para levalos ao seu destino. Quizais un dos que máis impacta sexa o coñecido popularmente como “ mozas en bikini” aínda que a súa denominación sexa Sala delle dieci ragazze, representa a 9 mulleres -unha danada- realizando actividades deportivas ataviadas con roupas que nos transportan aos bikinis actuais: o subligar ou subligaculum (especie de bragas) e a fascia pectoralis (especie e sostén). Outros, coñecidos como scena erotica, mostran escenas amorosas.

29


Viaxe a Sicilia 2019

1. Portal con tres arcos de entrada 2. Atrio, patio porticado, con impluvium 3. Vestíbulo 4. Lararium para os deuses domésticos (Manes, Penates) 5. Entrada dos servos ao complexo termal (templete de Venus) 6. Latrina en exedra (porticada) 7. Vestíbulo das termas. 8. Gran ximnasio das termas (salón do circo) 9. Frigidarium con escenas mariñas e nichos (apodyterium ou vestiario) 10. Sala para os ungüentos e masaxes 11. Tepidarium 12. Caldarium con varios ambientes: con central a sauna (laconium) 12A. Praefurnia: tres fornos que quentaban a auga. 13. Entrada privada ás termas 14. Latrina privada 15. Perístilo 16. Sala con forno de época árabe 17. Sala interior para persoal doméstico. 17A. Cociña con restos de conduto de chumbo para desaugues. 18 e 19 cubicula de servizo do dominus. 20. Sala de hóspedes (Rapto das Sabinas) 21. Vestíbulo de hóspedes ou Sala das catros estacións 22. Triclinium para hóspedes con Cupidos pescadores 23. Sala de estar para hóspedes con escenas de caza menor 24. Sala dos mosaicos de octógonos 25. Sala do mosaico axadrezado

30

12A


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

26. Corredor coa escena de caza maior. 27. Vestíbulo de Ulises e Polifemo. 28. Cubiculum da escena erótica 29. Cubiculum da froita. 30. Basílica para a administración de xustiza 31. Atrio semicircular con impluvium para separar as habitacións dos fillos do dominus 32. Pavillón de Arión para audicións da domina, con escenas de Océano. 33. Vestíbulo do pequeño circo. 34. Cubiculum da filla do dominus con mosaicos de músicos, actores e escena do culto a Flora. 35. Vestíbulo de Eros e Pan 36. Cubiculum do fillo do dominus cons escenas de recollida de flores e caza. 37. Sala do mosaico de recadros 38. Sala das mozas mozas en bikinis. 39. Pavillón de Orfeo para audicións musicais. 41. Perístilo ovoide con mosaicos de bustos de animais 42-43. Sala dos cupidos vendimando. 44-45. Sala dos cupidos pescadores (mosaicos perdidos) 46. Triclinio triabsidado, con representacións dos traballos de Heracles, Dafne, xigantomaquia… 46A. Fontes do perístilo ovoide. 47. Latrina octogonal.

31


Viaxe a Sicilia 2019

GIRGENTI- AGRIGENTO Cattedrale de San Gerlando

Girgenti (Agrigento en Italiano) é o lugar onde se asentou a antiga Akragas (Ἀκράγας), colonia grega fundada polos habitantes de Gela. Tivo un período de esplendor no s. V a.C, sendo unha das cidades máis destacadas da Magna Grecia. A cidade foi ocupada e destruída polos cartaxineses no 405 a. C. No ano 210 a.C., tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do imperio romano co nome de Agrigentum. Durante as invasións bárbaras, a cidade trasladouse do val ao outeiro, onde foi gobernada por bizantinos, árabes e normandos que acabaron co dominio musulmán en 1087. En 1860 os habitantes de Agrigento apoiaron con entusiasmo a Expedición dos Mil dirixida por Garibaldi. A cidade sufriu importantes bombardeos aliados durante a II Guerra Mundial. A forma en lingua siciliana Girgenti foi o nome oficial da cidade ata 1927, cando Benito Mussolini impuxo a versión latinizada Agrigento.

Monastero di Santo Espirito 32

Construíuse no s. XI baixo a dominación normanda e sufriu moitos cambios ao longo do tempo. Conta cun magnífico teito artesoado de madeira na nave central. Conserva ventás de época normanda e tamén oxivais propias do gótico catalán. No seu interior prodúcese un fenómeno acústico chamado portavoce: debaixo da ábsida escóitase calquera murmurio que se produza na igrexa. É unha abadía do s. XIII. Aínda que sufriu transformacións ao longo do tempo, na fachada da igrexa consérvanse o pórtico e rosetón góticos. Cabe destacar o seu claustro e sala capitular con arcos góticos.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Porto Empedocle Recibiu este nome polo filósofo do s. V a. C. Empédocles, que viviu na antiga Akragas. As súas principais actividades económicas son a agricultura, pesca e o seu porto dá saída a produción mineira. No porto vello álzase a impoñente muralla e torre que o emperador Carlos V mandou construír para protexer á cidade no s. XV. A torre foi logo convertida en prisión e actualmente é un centro cultural.

pequenos conos volcánicos, os Vulcanetti di Macalube, despiden burbullas de gas metano e barro acuoso e salobre nunha paisaxe lunar estéril. Porto Empedocle é tamén a cidade natal de Luigi Pirandello, o gran dramaturgo do s. XX, premio Nobel. Pódese visitar a súa casa natal convertida en museo. En 2003, a cidade cambiou o seu nome oficial a Porto Empedocle Vigata, engadindo ao nome da cidade o inventado por Andrea Camilleri, famoso escritor italiano e nativo de Porto Empedocle, para as aventuras do comisario Salvo Montalbano.

Ao norte da cidade atópase a Reserva Naturale Integrale de Macalube de Aragona, onde se pode observar un curioso fenómeno xeolóxico: uns

Scala dei Turchi É unha parede de pedra branca calcaria que se ergue a pico na costa sur entre a poboacións de Realmonte e Porto Empedocle. O seu nome fai referencia a semellanza cunha escaleira e a que esa parte da costa era refuxio de pirata turcos e árabes cando facía mal tempo.

33


Viaxe a Sicilia 2019

VALLE DEI TEMPLI Máis que un val, trátase dunha ampla zona arqueolóxica situada ao sur da antiga cidade de Akragas, fundada no 580 a. C. Entre os s. VI e V a. C. construíronse sete templos gregos monumentais, dóricos hexástilos, ou sexa, con pórticos de seis columnas, e perípteros, rodeados de columnas. Foron escavados e en parte restaurados. Os templos de Hera e o da Concordia están entre os templos mellor conservados do mundo grego. Como todos os templos dóricos, están

Planta de templo dórico

construídos cunha serie de proporcións harmónicas: - O diámetro da columna na base (módulo) coincide coa distancia entre as columnas da fronte do templo. - A altura da columna é 4 ou 5 veces o módulo e 3 veces a altura do entaboamento. - O entaboamento e o frontón teñen a mesma altura. - A base do templo coas gradas é a metade do entaboamento. - A relación entre a lonxitude e a anchura é de 9:4, é dicir o largo é algo máis do dobre do ancho. Isto sería a proporción áurea ou número φ.

34

Para atopar unha harmonía aínda máis perfecta os templos contan cunha serie de refinamentos: - As columnas son lixeiramente cónicas, máis anchas na base que no alto. - No fuste hai acanaladuras, como se fosen os pregues dun peplo, con arestas agudas que crean un xogo de luces e sombras e poden ter maior ou menor anchura. - As columnas teñen un lixeiro abombamento ou éntase a un 1/3 da súa altura para resaltar a súa función estrutural, como se se deformase baixo o peso. - Deformacións arquitectónicas para facer correccións ópticas: - O espazo entre as columnas é maior entre as de entrada á cella e menor nas laterais - O entabaomento e o estilobato están lixeiramente abombados para evitar a deformación ou vencemento no centro. - As columnas están lixeiramente inclinadas cara dentro para impedir a sensación de caída. - As columnas dos extremos teñen unha maior anchura para compensar o efecto de estreitamento que provocaría a maior luz.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

m. Conserva gran parte das columnas orixinais. Foi construído entre os anos 460-450 sobre un baseamento ou crepidoma de catro chanzos para compensar as desigualdades do terreo. O templo foi incendiado no 406 a. C. polos cartaxineses e reparado polos romanos nos s. I a. C., que substituíron as tellas de mármore polas de terracota.

Templo de Hera (Templo D) Tamén coñecido como Templo de Xuno Lacinia, aínda que a atribución a esta deusa pode ser dubidosa. Nestes templos celebrábanse vodas, por ser Hera ou Xuno a deusa dos matrimonios. É un templo dórico períptero de 6 x13 columnas, cunha planta de 16,90 × 38,15

35


Viaxe a Sicilia 2019 Na actualidade 25 das 34 columnas do perístilo foron reconstruídas no s. XVIII. A columnata setentrional conserva os capiteis e arquitrabe. A cela redúcese ao baseamento e basas de columnas. A un lado atópase o altar de 29,3 m. x 10 m, case tan amplo como a cela. Detrás do templo, no lado oeste atopouse unha cisterna.

Templo da Concordia (Templo F) É un dos mellor conservados da antigüidade grega xunto o Hefesteion ou Teseion de Atenas. É períptero con 6 × 13 columnas e mide 16,92 × 39,44 m. Recibe o seu nome por unha inscrición latina atopada cerca do templo onde aparecía a palabra “concordia”. Crese que puido estar consagrado aos Dioscuros (Διόσκουροι, “Fillos de Zeus”, Cástor e Pólux). Construíuse nos anos 440-430 a. C. sobre un terreo desigual, que se superou mediante un baseamento ou crepidoma importante. Consta das seguintes partes:

36

pronaos, naos, opistódomo e perístilo. É unha das obras máis perfectas da arquitectura dórica, construído con gran precisión. O problema dos extremos solucionouse estreitando o espazo entre as últimas dúas columnas e prolongando a última métopa para mellor efecto visual. Segundo as investigacións, o templo estaba policromado: as partes interiores con estuco branco, mentres que os frisos, métopas e partes altas estaban pintadas con cores vivas. O teito estaba cuberto con tellas de mármore. No ano 597 foi transformado en igrexa cristiá, o que de algún xeito preservouno. As paredes da cela perforáronse con doce arquerías e o espazo entre as columnas cerrouse, como na catedral de Siracusa. Coa entrada polo lado occidental suprimiuse a división entre o naos e opistódomo, e a sancristía ocupou o pronaos. A igrexa usouse ate 1748, data na que se restaurou o templo ao seu estado inicial. O resto dos templos están nun estado de conservación moito peor por sufrir terremotos e ser usados como canteira para outras edificacións.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Templo de Zeus Olímpico (Templo B)

Maqueta do templo de Zeus Museo arqueolóxico de Agrigento

Está inmediatamente despois da entrada ao parque. Era un templo dórico pseudoperíptero (as columnas estaban acaroadas á cela) de gran tamaño con medidas de 56,30 × 112,60 m. Crese que é o templo dórico máis grande nunca construído.

Comezouse a construír no 480 a. C. polo tirano Terón para celebrar a súa vitoria sobre os cartaxineses. A súa identificación como templo de Zeus baséase nunha testemuña de Diodoro Sículo (s. I a. C.), ademais de deducirse polo seu excepcional tamaño. Ao lado do templo aínda se atopa o altar para as hecatombes. O máis característico deste templo é a presenza de telamóns ou estatuas colosais de aspecto humano. Tiñan arredor de 8 m de alto e atopábanse situadas na parte alta entre as columnas exteriores e soportaban o peso da cuberta, a modo de atlantes (columnas con forma masculina). Tiñan trazos cartaxineses e simbolizaban aos bárbaros vencidos polos gregos. No frontón do templo representábase unha xigantomaquia. En 1825 reconstruíuse no chan un deses xigantes a partir de pezas dispersas. O xigante actual é unha copia do orixinal que está no Museo Arqueolóxico de Agrigento. Aínda que aparentemente o templo usouse, parece ser que a súa construción quedou inconclusa e abandonouse despois da invasión cartaxinesa do ano 406 a. C. As súas pedras usáronse para construcións posteriores como os embarcadoiros de Porto Empledocle.

37


Viaxe a Sicilia 2019

Templo de Heracles (Templo A)

Templo de Hefesto (Templo G)

Estaba dedicado a Heracles ou Hércules, un dos heroes máis venerados polos habitantes da antiga Akragas. Está identificado por Cicerón, que o menciona nos seus discursos contra Verres, acusando a este de tentar apoderarse da gran estatua de bronce de Heracles que había no templo. Detalla este autor que os labios e a barba estaban desgastados a forza de ser tocados polos peregrinos. Foi construído arredor do 500 a. C. en estilo dórico períptero, cunhas dimensións de 25,34 x 67 m. Era un pouco máis longo que o normal, xa que o seu perístilo era de 6 x 15 columnas, en lugar das 13 habituais. Foi destruído por un terremoto e hoxe só quedan ergueitas 8 columnas na parte meridional, que se reconstruíron en 1924.

O templo de Hefesto ou Vulcano foi construído cara o 430 a. C. Aínda que foi unha das construcións máis impoñentes, hoxe é un dos máis afectados polo paso do tempo e os fenómenos naturais. É de estilo dórico períptero de 6 x 13 columnas, cunhas dimensións de 17,06 × 35,19 m. Estaba precedido dun antigo sacellum ou templo diminuto.

Templo de Asclepio (Templo H) O templo de Asclepio ou Esculapio, semideus da medicina, foi construído a finais do s. V a. C. Era un lugar de peregrinación onde acudían os enfermos para curarse. Era un templo de pequenas dimensións, 10,70 × 21,70 m. Como particularidade este centro tiña un falso opistódomo con dúas semi-columnas na parte de atrás da cela. O entaboamento estaba decorado con grandes cabezas de león. Cicerón menciona nas súas Verrinas, que o seu acusado Verres roubara unha estatua de bronce de Apolo, obra de Mirón, que fora doada por Escipión á cidade e se atopaba neste templo.

38

Templo dos Dioscuros (Templo I) Segundo as fontes antigas este templo atribuíase a Cástor e Pólux, os Dioscuros, pero segundo as investigacións actuais téndese a situar o culto destes xemelgos no Templo da Concordia. É de mediados do s. V, dórico períptero e mide 13,86 × 31,70 m., sendo un dos máis pequenos do Valle dei Templi. Ten unha planta similar ao Templo da Concordia. A esquina sueste reconstruíuse no s. XIX, sendo moi cuestionada esta reconstrución polos profesionais da historia da arte, por mesturar elementos de distintas épocas e estilos.

Tumba de Terón A chamada tumba de Terón é un monumento de rocha volcánica de grandes dimensións en forma de pirámide. Seguramente foi levantada polos romanos en memoria dos caídos na segunda guerra púnica no s. II a. C.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

MURRIALE - MONREALE Preto de Palermo, capital de Sicilia, atópase Monreale, famoso pola súa catedral , obra mestra da arquitectura de estilo árabe-normando do século XII, erixida no ano 1174 por vontade do rei normando Guillerme II. É o edificio normando máis importante de Europa. A porta desta catedral realizada en bronce por Bonanno de Pisa retrata en 46 paneis escenas bíblicas. Impresionantes mosaicos dourados, para os que se empregaron 2.200 kg de ouro, cobren o seu interior, recrean escenas do Antigo e Novo Testamento. Se se len estas escenas no sentido das agullas do reloxo comezando desde a ábsida, verase que están ordenadas cronoloxicamente segundo aparecen na Biblia: en primeiro lugar o xénese, a creación do mundo e do home. Na banda inferior, comezando pola parede norte relátasenos o diluvio Universal, Abraham, Isaac e o seu casamento con Rebeca, a rivalidade entre Esaú e Xacobe e o sono deste último. Baixo os arcos vense escenas do Novo Testamento con escenas da predicación de Xesús.

A ábsida está presidida por un espectacular Pantocrátor, imaxe do Salvador sentado no trono bendicindo. Ao carón da catedral construíuse un mosteiro beneditino. É visita obrigada o seu claustro, que se apoia en 228 columnas profusamente decoradas. Nas figuras esculpidas nos seus capiteis atópanse mostras de iconografía cristiá, pero tamén elementos pagáns e mitolóxicos. Desde a súa torre pódese gozar dunha vista espectacular da Conca d’Oro.

39


Viaxe a Sicilia 2019

PALERMU- PALERMO Palermo foi fundada cara o século VIII a. C. polos fenicios nun porto natural e máis tarde pasa a ser ocupada por cartaxineses. Entre os séculos VIII e VI a. C. foi colonizada Sicilia polos gregos e déronlle o nome de Panormo (Παν-όρμος, “todo porto”, “cómoda para ancorar”). No 254 a. C. foi conquistada polos romanos e o seu nome latino era Panormus. Máis tarde sería invadida Sicilia polos vándalos e acaban anexionando Palermo e despois recuperada polos bizantinos. En 1071, despois de varios ataques, os normandos iniciaron un asedio da cidade e un ano despois conseguen a súa rendición. En 1282 rebeláronse contra os franceses e comezará a influencia aragonesa sobre a illa.

No interior do Palazzo está a Capela palatina, considerada o mellor exemplo do estilo árabe-normando-bizantino predominante na Sicilia do século XII. É a capela real dos reis normandos situada no centro da planta baixa do palacio. O santuario, dedicado a San Pedro ten unha cúpula de basílica, tres ábsidas, usual na arquitectura bizantina e seis arcos oxivais. Está revestida de xigantescos mosaicos de fondo de ouro con imaxes relixiosas mesturadas con elementos naturalistas. Asombra a luminosidade da capela sen entradas de luz.

Palazzo dei Normanni Cerca da catedral atópase o Palazzo dei Normanni, que foi sede dos reis de Sicilia e do Parlamento siciliano. O edificio de estrutura irregular e modificado ao longo dos séculos foi levantado polos árabes sobre ruínas púnico-romanas. A súa construción iniciouse no século IX e foi ampliado no XII por Roger II (ou Ruggeru) e outros reis normandos. Desde 1947 é a sede da Asemblea Rexional Siciliana.

40

Podemos observar os seguintes elementos: - Os mosaicos árabes sobre fondo branco na zona da pía da auga bendita. - As muqarnas ou mocárabes que decoran o teito da nave central, exemplo de arte is-


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

lámico do s. XII, nas que se relatan escenas da vida de corte e do paraíso do Corán - Os mosaicos bizantinos das paredes altas que representan escenas do antigo e Novo Testamento, semellantes ás da Catedral de Monreale. - A ábsida central co Pantocrátor, no que se pode ler en latín e grego o versículo de San Xoán: “Eu son a luz do mundo, o que me segue non andará nas tebras…” - A cúpula central do transepto co Pantocrátor e catro anxos e dous arcanxos que sosteñen o mundo. - As naves laterais que mostran escenas da vida de San Paulo e San Pedro - O coro de madeira de nogueira que está nas ás do transepto.

No exterior hai un pequeno claustro do século XIII que contén no seu interior un xardín con laranxeiras, limoeiros, palmeiras e xasmíns. Destaca polas pequenas columnas dobres con capiteis decorados con motivos vexetais que soportan arcos oxivais.

Igrexa de San Giovanni degli Eremiti A súa orixe remonta ao século VI, Máis tarde foi convertida en mesquita e coa chegada dos normandos foi devolta aos católicos. De entre os seus elementos arquitectónicos destacan as súas cúpulas vermellas de clara influencia árabe, mentres o seu campanario presenta características góticas.

41


Viaxe a Sicilia 2019

Catedral

A influencia deste pasado multiétnico é visible na súa catedral, maxestoso edificio iniciado no século XII e remodelado en varias ocasións, ten unha cúpula do XVIII e un campanario medieval. Foi basílica paleocristiá, mesquita árabe e templo cristián para os normandos. Está unida por dous arcos á torre do campanario. Custodia as reliquias de santa Rosalía, patroa da cidade.

Santa Maria dell´ Ammiraglio ou Martorana

Palazzo Abatellis Este edificio do século XV é un magnífico exemplo do estilo gótico catalán, sede da Galería Rexional de Sicilia, acolle obras de arte e pinturas da época medieval ata o século XVIII.

Piazza Bellini É un dos lugares con máis encanto da cidade. Nela atópanse as tres igrexas que se presentan a continuación.

42

Santa Maria dell´Ammiraglio foi adicada á Virxe polo almirante (ammiraglio en italiano) Giorgio d´Antiochia como mostra de agradecemento pola protección prestada ao longo da súa vida. No 1436 é cedida á orde das monxas beneditinas fundada por Eloísa Martorana, de aí tamén a denominación de Martorana. A forma orixinal normanda data do 1143, pero sufriu diversas modificacións, nos séculos XVI - XVII, engádese a fachada barroca. Accédese ao interior a través do campana-


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Igrexa de San Cataldo

rio-pórtico de catro alturas con ventás xeminadas e delicadas columnas ornamentadas. A primeira e segunda altura son do s. XII e a terceira e cuarta do s. XIV. Ten planta de cruz grega. O interior está claramente dividido en dúas partes, unha primixenia cos teitos decorados con mosaicos bizantinos e outra con dúas naves engadidas no século XVII con frescos de Borremans. Os mosaicos son obra dun grupo de importantes artistas traídos desde Constantinopla. Entre os máis destacados están o de Giorgio d´Antiochia aos pés da Virxe e o de Roger II simbolicamente coroado por Cristo. Actualmente utilízase como centro de culto do rito ortodoxo grego.

Igrexa de Santa Caterina

Ao carón da Martorana atópase esta igrexa árabe-normanda fundada arredor da metade do século XII, consagrada a San Cataldo, monxe de orixe irlandesa. As súas tres cúpulas vermellas convertéronse no símbolo da cidade. O seu exterior está caracterizado por estas tres cúpulas sobre a nave central e as celosías das ventás. Na porta principal resaltan dúas Cruces de Xerusalén, en cor vermella, que son o emblema da Orde do Santo Sepulcro de Xerusalén, á que no ano 1937 foi encomendada a igrexa. Nese mesmo ano a Orde restaurou o edificio para o culto. Tamén se colocou outra Cruz na celosía da ventá da ábsida. O seu interior é moi sinxelo. As paredes, os arcos, as bóvedas e as cúpulas amosan a pedra cuberta por unha capa de cal moi desgastada que se aplicou nun recente pasado. O seu único ornamento son 12 columnas. O pavimento é o orixinal e presenta un mosaico creado sobre un fondo de mármore branco con teselas de mármore de cor e pedras duras.

Erixida a finais do século XVI, ten un interior do século XVIII ricamente ornamentado con estucos e mármores veteados. Destaca o curioso relevo marmóreo do lado dereito co Naufraxio de Xonás.

A Vucciria É o mercado máis famoso da cidade. O seu nome deriva do termo francés boucherie, que significa carnicería. Medrou a partir dos séculos X-XII ao redor da Piazza Caracciolo e a Via Argenteria. É espectacular cando ao anoitecer os seus postos acenden os seus enormes focos.

43


Viaxe a Sicilia 2019

CIFALÙ- CEFALÙ

Cefalù é un dos lugares máis visitados de Sicilia. Esta pequena cidade é coñecida pola súa catedral e a súa praia e ademais ten un pintoresco porto. Posiblemente o seu nome proveña do grego Κεφαλοίδιον, que signifca “con forma de cabeciña”, pola forma do promontorio que ocupa. Foi latinizado como Kephaloedium.

Catedral É un dos monumentos normandos máis importantes de Sicilia. Segundo conta a tradición foi mandada construír por Roger II despois de desembarcar milagrosamente na súa costa ao salvarse dunha tempestade. O inicio da súa construción remóntase ao século XII. A fachada caracterízase polas dúas torres campanario, sobre elas engadíronse dúas torres máis pequenas cunha cuberta en forma de pirámide. Se se observan con atención, pódense apreciar algunhas diferenzas nas ventás, nas ameas e no perfil das pirámides. A torre norte ( a

44

da esquerda do pórtico) simboliza o poder da monarquía e a torre sur o da igrexa. Entre as dúas torres engadiuse no ano 1484 un pórtico de tres arcos. Fronte á fachada hai un patio exterior chamado sagrato (área consagrada na fronte da igrexa onde se enterraban os mortos). Neste espazo creouse un cemiterio en uso ata o século XVI. Posteriormente foi recuberto cando se construíron o patio exterior e a escaleira piramidal. Á primeira vista o seu interior, coa excepción da área do presbiterio-ábsida e da capela do Santísimo Sacramento, ofrece un aspecto bastante sobrio. A cuberta da nave central é de madeira e data do século XII. As naves laterais non teñen capelas, na nave esquerda atópase unha estatua da Virxe co Neno do escultor renacentista Antonello Gagini.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Claustro da catedral Foi parcialmente restaurado e aberto ao público en 2003. O máis destacado deste conxunto son os relevos dos 30 capiteis. Os temas representados están relacionados cos xardíns descritos no Vello e Novo Testamento: o da Xénese, o de Cantar dos Cantares, o dos Evanxeos e o da Apocalipse. Está dividido en 4 partes e cada sector está asociado a unha planta determinada, que representa a cada un dos xardíns. A entrada a este claustro está na Via Mandralisca. Nesta mesma vía atópase o único museo de Cefalú.

O conxunto do presbiterio e a ábsida constitúe a área de maior interese da catedral. Detrás do altar está unha cruz de madeira (1468), a tamaño natural, pintada polos dous lados, nun amosa a Cristo na cruz e polo outro a Resurrección. Sobre a cruz están os mosaicos máis antigos da catedral. Flanqueando a ventá están os doce apóstolos cos seus nomes en grego, sobre a ventá a Virxe con catro arcanxos. Na media cúpula da ábsida atópase o Pantocrátor característico da arte bizantina. A capela do Santísimo Sacramento ten un altar de prata creado en Palermo no século XVIII, cando a arte dos ourives da capital siciliana chegou ao seu apoxeo.

Museo Mandralisca As súas coleccións, que abranguen varias disciplinas, son un legado do mecenas Enrico Piraino, barón de Mandralisca. A sección máis importante é a pinacoteca. A obra máis valiosa do museo é un cuadro titulado Ritratto d’uomo de Antonello da Messina (s. XV). O enigmático sorriso deste home inspirou unha obra literaria, Il sorriso dell’ ignoto marinaio (1976), de Vincenzo Consolo, cuxo protagonista é o propio

45


Viaxe a Sicilia 2019 Enrico Piraino, e contribuiu á fama do museo. Ao seu carón exponse o San Xoán Bautista de Giovanni Antonio Sogliani. A segunda sección en importancia é a de arqueoloxía, onde se conservan cráteras de cerámica siciliana do século V a. C. en perfecto estado. Unha das máis famosas é a do Vendedor de atún.

Lavadoiro medieval “Fiume Cefalino” Pola Via Vittorio Emanuele accédese ao Lavadoiro medieval , estrutura creada para aproveitar as augas do río subterráneo que abastecía a cidade, o Cefalino, antes de que desembocara no mar. A súa estrutura orixinal xa non se conserva desde o século XVI. Foi cambiado de lugar, situándoo debaixo da muralla exterior, onde se atopa actualmente. No 1890 foi acometida a última reforma que deixa o lavadoiro tal e como se pode ver na actualidade.

Osterio Magno Osterio significa palacio fortificado. Segundo a tradición foi o palacio do rei Roger II en Cefalú. A fachada que dá ao corso Ruggero presenta ventás de tres parteluces que datan do século XII. Actualmente é a sede da oficina de turismo.

A Rocca e o templo de Diana A Rocca, rocha colosal con forma de cabeza, cephaloedium, dá nome á cidade e sobre ela érguese o templo de Diana, construción megalítica que data do século IX a. C. Segundo un mito grego, o pastor siciliano Dafnis foi cegado por unha náiade, á que que lle infiel, e transformouse na pena que domina Cefalú. Aos antigos habitantes gregos figurábaselles unha cabeza.

Circuito árabe-normando É un conxunto de monumentos que se remontan ao século XII, que se reparten entre Palermo, Monreale, antiga residencia dos reis normandos, e Cefalú. A maioría están en Palermo. Todos eles foron recoñecidos pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Visitaremos os seguintes: Palazzo dei Normanni coa súa Capela Palatina, San Giovanni degli Eremiti, catedral de Palermo, igrexa de San Cataldo, Santa Maria dell’ Ammiraglio, catedral de Monreale e o seu Claustro e a catedral de Cefalú co seu Claustro.

46


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

GASTRONOMÍA SICILIANA Ademais da súa rica historia, a súa arte, as súas paisaxes… a gastronomía é un motivo máis para visitar Sicilia.

Cibo di strada ou comida de rúa Os postos de rúa ofrecen unha gran variade de produtos:

A súa cociña é o resultado da mestura de culturas que se deron cita na illa cunha sólida base mediterránea. Ademais da pasta, pizza, xeados… que caracterizan a cociña italiana, en Sicilia podemos atopar unha grade variedade de pratos tanto doces como salgados.

Panelli e cazzili: frituras de garavanzo, aperitivo de orixe árabe

Pani câ meusa (en italiano Panino di Milza): pan tenro cuberto con sésamo con anacos de bazo e pulmón de tenreira salteados con manteiga de porco e ricotta (requeixo)

cucuzza: cabaciña frita

Cicireddu: peixiños fritos

Arancinu (Arancine en italiano): bolas de arroz recheas de carne ou queixo empanada e fritas.

Stigghiola: tripas sazonadas á prancha ou grella

Babbaluci: caracois

Quarumi (Caldume en italiano): tripas condimentadas

zuzzu: xelatina feita con restos de carne de porco

Pullanca: mazaroca de millo

47


Viaxe a Sicilia 2019

Pratos salgados

Sfincione: pizza siciliana con base máis grosa con tomate e queixo pecorino e anchoas

Pasta chî sardi (Pasta con la sarde en italiano): parta con sardiñas, prato típico de Palermo

Spaghetti ai ricci: pasta con prebe cor laranxa, feita con ourizos de mar

Queixos En canto a queixos, Sicilia ofrece unha grande variedade como a Tuma Persa, o Caciocavallo fresco, o Canestrato, o Primo sale, a Ricotta infornata, a Vastedda del Belice…

48

Capunata (Caponata en italiano): guiso clásico da cociña siciliana con berenxenas, apio, tomate, tomates, olivas… cociñados con aceite de oliva e acompañados de alcaparras.

Pasta alla Norma: macarróns con berenxena, tomates, alfábega, ricotta salata relada (requeixo de ovella típico de Sicilia). O seu nome é unha posible homenaxe á ópera Norma de Bellini.

Viños A variedade de viños é moi grande ao igual que a súa calidade, Marsala, Nero d’Avola, o Frappato, o Grillo, o Nerello Mascalese, o Inzolia ou o Grecanico.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Pratos doces

Cannoli: semellantes ás nosas canas, pero recheos de ricotta.

Mpanatigghi: bicoitos recheos de chocolate, améndoa, noz, cravo e carne picada

Frutta Martorana: doces parecidos ao mazapán con formas de froitas, típicos do Día de Defuntos.

Cuddureddi: pasteis recheos de mel con requeixo

Casatta: torta tradicional feita con ricotta, azucre, biscoito, froita confeitada e azucre glas Pignulata (Pignolata en italiano): doce típico de Entroido feito con base de mel, que soe ir glaseado en dúas cores: escuro, con chocolate, e claro, con limón.

Granita: sorbete máis fino que a granizada española, con sabores tradicionais a limón, mandarina,xasmín, café, améndoa, chocolate… Típica sobre todo en Catania

Buccellati: pasteis de marmelada de figos.

Reginelle: galletas cubertas de sésamo.

49


Viaxe a Sicilia 2019

ACTIVIDADES 1. Coloca nos cadros deste eixo cronolóxico a chegada dos seguintes pobos ou dinastías a Sicilia: árabes, normandos,romanos, cartaxineses, gregos, fenicios, anxevinos, dinastía Hohenstaufen-xibelinos, aragoneses, Borbóns, piamonteses, bizantinos, austríacos e aliados da II Guerra Mundial. Sinala tamén súa orixe xeográfica (País e zona, se é pertinente) S. IX a. C.

900 a.C 800

S. V a. C.

700

600

500 400 300 200 100 0 100 200 300 400 500 600 700 800

S. VIII a. C.

S. III a. C.

S. XI

1200

1.122

1860

50

1.713

1300 1400

1.282

1943

1900

2000

900

s. IX d. C.

1.266

1.100

1850

S. VI d. C.

1500

1600

1700

1759

1800

1000


IES de Melide. Departamentos de Clásicas 2. Sinala o noso itinerario no seguinte mapa de Sicilia, indicando con liña con frecha o sentido do percorrido.

3. Escribe algunha palabra que vises ou aprendeses en siciliano, coa súa correspondencia en italiano. Pode ser un topónimo, o nome dun establecemento, dunha comida... Podes preguntarlle a unha siciliana ou siciliano como se di algo.

Xoves 4 de abril. Catania 4. Por que tivo que ser redeseñada a cidade en 1693, que estilo escolleron os arquitectos?

51


Viaxe a Sicilia 2019 5. Este é un dos símbolos da cidade de Catania. Como se chama? Cal é a posible procedencia do obelisco?

6. No Duomo está a tumba dun gran músico catanés, compositor de óperas. Como se chama este músico? Busca en google a famosa aria Casta Diva da ópera Norma, a poder ser na versión de Maria Callas.

7. Onde se construíu orixinariamente o Castello Ursino no s. XIII e onde está agora? A que se debe este cambio de situación?

8. Os restos do anfiteatro están situados ao lado dunha praza dedicada a un poeta lírico grego do s. VII-VI. Cal era o seu nome?

52


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

53


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

54


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Venres 5 de abril

Monte Etna 9. Que altura ten o Etna? 10. O Etna é un estratovolcán. Que significa isto?

11. Cando foi a última erupción do Etna?

Taormina 12. Cal era o nome da colonia fundada neste lugar polos gregos? Coñeces algún lugar que tamén se denomine así?

13. Que gran poeta romántico visitou Taormina no s. XIX e lle deu sona? A partir desta ilustre visita, a cidade quedou incluída no Grand Tour. Que era isto?

55


Viaxe a Sicilia 2019

14. Cal é a capacidade do teatro grecorromano?

15. Que outro uso tivo este teatro en época romana? Ten uso actualmente?

Impresións do día

56


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

57


Viaxe a Sicilia 2019

Sábado 6 de abril. Siracusa 17. Que famoso filósofo grego visitou esta cidade e con que obxectivo? Conseguiuno?

18. Di o nome de dous famosos tiranos de Siracusa.

19. Que era a Neápole? que significaba esta palabra en grego?

20. Que é unha latomía? Di o nome da máis famosa e explícao.

21. Cal era a función do teatro grego? Que capacidade tiña?

58


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

22. Cal era a función do anfiteatro? Que capacidade tiña?

23. Que era a cavea? en que sectores se subdividía? que significan estes nomes latinos?

24. Que lles pasou as pedras do teatro e anfiteatro no s. XVI?

25. Sobre que edificio está construído o Duomo? Hai algún vestixio deste antigo edificio?

59


Viaxe a Sicilia 2019 26. De que estilo é a fachada do Duomo de Siracusa?

27. Resume a explicación mitolóxica da Fonte de Aretusa, axudándote deste mapa.

28. Cando foron expulsados os xudeus de Sicilia, por que nesta data e baixo que mandato?

60


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

61


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

62


IES de Melide. Departamentos de ClĂĄsicas

Domingo 7 de abril: Villa del Casale 29. Que era unha vila romana?

30. Que era un impluvium?

31. Como se chama esta parte das vilas e domus romanas? Cal era a sĂşa funciĂłn?

63


Viaxe a Sicilia 2019 32. Que era un triclinium? Explica o seu nome?

33. Di que escenas representan estes mosaicos?

64


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

65


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

66


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Luns 8 de abril: Valle dei Templi 34. Como se chamaba a colonia grega que se fundou no lugar onde hoxe está Girgenti (Agrigento)?

35. A quen debe o seu nome Porto Empedocle? En que época viviu e a que se dedicaba?

36. De que estilo son os templos do Valle dei Templi? 37. Debuxa un capitel dórico.

38. Que significa que os templos sexan hexástilos e perípteros?

39. Cicerón describe a estatua de bronce do Templo de Héracles. Quen era Cicerón? Que facía en Sicilia?

40. Quen era Verres? de que o acusaban os sicilianos, representados por Cicerón?

67


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

68


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

69


Viaxe a Sicilia 2019

Martes 9 de abril Monreale 41. De que época e que estilo é a catedral?

42. Con que palabra grega se denomina esta imaxe que representa ao Todopoderoso? 43. Es capaz de ler o que pon a ambos lados da imaxe? Se sabes grego escribe o que pon separándoo correctamente (se non sabes grego, podes pedir axuda)

70


IES de Melide. Departamentos de Clásicas 44. Que relatan estes magníficos mosaicos da parede sur da nave central?

Palermu/ Palermo

45. Por quen foi fundada a cidade de Palermo e en que século?

46. Que significa o nome grego Πανόρμος (Panormos)?

47. En que época se construíu o Palazzo dei Normani? De que estilo é?

48. Que uso actual ten este edificio?

71


Viaxe a Sicilia 2019 49. Que estilos están presentes na Capella Palatina?

50. Como se chama este tipo de cuberta do teito?

51. Que significan as siglas IC XC, que están a ambos lados do Pantocrátor e que xa viches en Monreale?

52. Es capaz de identificar os personaxes que están debaixo do Pantocrátor e escribir os seus nomes en alfabeto latino? (Podes pedir axuda a alguén que saiba grego)

72


IES de Melide. Departamentos de Clásicas 53. En que época se construíu a igrexa de Santa Maria dell´ Ammiraglio ou Martorana? Que elemento hai na fachada desa época?

54. Que se representa nestas dúas imaxes relativas á vida da Virxe María. Se es quen, axúdate do texto grego.

73


Viaxe a Sicilia 2019 55. Saberías escribir en alfabeto latino o nome destes apóstolos?

56. Que igrexas palermitanas conservan cúpulas vermellas, testemuñas da presenza árabe? Pon debaixo de cada unha delas o seu nome.

74


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Impresións do día

75


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

76


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Mércores 10 de abril: Cifalù/ Cefalù 57. De onde provén o nome de Cefalù? que significaba en grego?

58. Fíxate nas torres da catedral de Cefalù. Sinala na imaxe as súas diferenzas.

59. Que función tiña o sagrato, a parte exterior que está diante da fachada da catedral?

60. Que utilidade tiña esta construción? de que época é? de que auga se abastecía?

77


Viaxe a Sicilia 2019

Impresións do día

78


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Xoves 11 de abril: Volvemos á casiña. Resume que cousas che gustaron máis da viaxe e cales menos. Que cousas cambiarías se tiveses que volver facer a viaxe?

79


Viaxe a Sicilia 2019

BIBLIOGRAFÍA E IMAXES ENIT. Agenzia Nacionale del Turismo: http://www.enit.it/it/sediestere/europa/madrid/brochure-madrid/category/49-folletosmadrid-sicilia.html Sicilia, Clark, Gregor & Bonetto, Cristian, ed. Lonely Planet, 5ª ed. 2017 Sicilia. Guías Visuales, VVAA, ed. DK, Penguin Random House, 10ª ed. 2018 Los mosaicos de la Villa Romana del Casale, Iacono, Giuseppe & Lupo, Luca, Edizioni Siciliamo, 2017. http://panormus.es/ https://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Sicilia https://gl.wikipedia.org/wiki/Normandos https://es.wikipedia.org/wiki/Ortigia https://it.wikipedia.org/wiki/Palazzo_del_Vermexio https://es.wikipedia.org/wiki/Cicerón https://www.lasicilia.es https://gl.wikipedia.org/wiki/Siracusa https://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Etna https://es.wikipedia.org/wiki/Catania https://it.wikipedia.org/wiki/Chiesa_di_Santa_Lucia_alla_Badia https://it.wikipedia.org/wiki/Castello_Maniace https://esefarad.com/?p=12689 (Los judíos en Sicilia) https://es.wikipedia.org/wiki/Villa_romana_del_Casale https://it.wikipedia.org/wiki/Piazza_Armerina https://it.wikipedia.org/wiki/Palio_dei_Normanni https://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_siciliana https://es.wikipedia.org/wiki/Agrigento https://it.wikipedia.org/wiki/Cattedrale_di_San_Gerlando https://es.wikipedia.org/wiki/Valle_de_los_Templos https://es.wikipedia.org/wiki/Templo_griego https://es.wikipedia.org/wiki/Villa_romana_del_Casale https://omviajesyrelatos.com/subida-al-volcan-etna-sicilia-italia/ Fotografías de Giovanni Dall Orto: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:1925_-_ Taormina_-_Cortile_di_Palazzo_Corvaja_-_Foto_Giovanni_Dall’27Orto,_20-May-2008. jpg Fotografías de Andrea Jakomin: http://www.blogtaormina.it/2014/12/10/taorminapalazzo-duchi-di-s-stefano-e-fondazione-mazzullo/194167/ Fotografías de Felipe Barata Moreno: https://www.facebook.com/felipe.baratamoreno/ photos Galería fotográfica da UNESCO: http://whc.unesco.org/en/list/0832/gallery/ Textos: Eva Vilariño Mato e Susana Losada Soto Maquetación: Susana Losada Soto

80


Opera dei Pupi ou teatro de marionetas tradicional de Sicilia. Representan temas do ciclo carolinxio, protagonizados por Carlomagno e os seus paladĂ­ns.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.