2015_Follas Novas

Page 1

XUテ前2015

FOLLAS REVOLTAS


OS NOSOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PLAN PROXECTA

Un ano máis estivemos inscritos no

Plan Proxecta da Consellería de Educación. O

obxectivo deste programa de innovación é o de conseguir un mellor coñecemento da paisaxe na que nos movemos, entendendo por paisaxe non só a natureza, senón o seu desenvolvemento económico e social. Como é habitual, sempre utilizamos un tema de estudo que sexa plurianual, pois nunca se ten suficientemente coñecida a realidade que nos arrodea. Nesta ocasión, estamos iniciando a elaboración da nosa Guía Multisensorial de Becerreá, que recollerá todo o emocionalmente significativo do noso contorno. Foi moi importante a colaboración das familias, que achegaron imaxes, información e vídeos dos paseos que deron para satisfacer as necesidades xurdidas desta liña de traballo. Mil grazas para todos. Toda a información obtida está recollida no noso Blogue en: -

O Mapa dos nosos lugares preferidos. A liña do tempo das nosas celebracións.

do Plan Proxecta, e consiste, principalmente


PROGRAMA EDUCACIÓN RESPONSABLE

Durante este curso a Consellería de Educación propúxonos como un dos 9 centros piloto que desenvolverían este programa en toda Galicia.

Trátase dun traballo en Educación Emocional que inclúe a formación do profesorado para este labor. Ao longo do ano, diferentes profesores foron os encargados de traballar nos seguintes campos, cos grupos de alumnos ao seu cargo:

Banco de Ferramentas: alumnado de educación infantil (6ºEI) e de primaria (1º e 6º de EP) O Coro das Emocións: alumnado de educación infantil (6º EI) e de primaria (todos os niveis) ReflejArte: alumnado de 5º e 6º de primaria, coa colaboración de todo o resto dos alumnos e coa participación das familias. Literatura e Lee: alumnado de educación infantil (5ºEI) e de primaria (2º) O compromiso con este programa é de tres cursos.

Toda a información sobre o noso traballo nesta liña está recollida no Blogue.

PROXECTO ETWINNING

O alumnado asistente á Aula de Pedagoxía Terapéutica desenvolveu un proxecto europeo co centro portugués EBI, 1,2,3, Francisco Ornêlas de Câmara, nas Azores, para aprender a describir, narrar, organizar, descubrir… Para ser máis competentes en teconoloxías da información e comunicación e para relacionarnos en rede con outras persoas: Luz Dixital. Neste vídeo podes ver o resumo do proxecto.


Moitos foron os diferentes traballos que se levaron a cabo: o estudo dos menús escolares, as normas, o traballo con planos, a gravación de vídeos e retoque de imaxes, o emprego de documentos colaborativos, a experimentación coa luz…

Incluíu tamén unha vídeoconferencia para a celebración do Día de Europa e o Décimo Aniversario de eTwinning. No seu desenvolvemento participou o Equipo de Normalización Lingüística do centro.

ENTRE LETRAS

Unhas das innovacións deste curso foi a posta en marcha da liña de traballo EntreLetras que, ao longo do ano permitiu o achegamento a diferentes temas desde as vertentes literaria, artística, musical e gastronómica. En todos os EntreLetras puxemos en práctica o traballo por competencias clave e procuramos a participación de toda a comunidade educativa, en especial das familias. Actividades de descubrimento, de creación literaria ou artística, actuacións, visitas de expertos... todo para un achegamento multidisciplinario ao estudo de temas significativos. Houbo EntreLetras desde o outono, e trataron temas como: o medo (Samaín), o desexo (Nadal), a multiculturalidade (Soños árabes), o amor (Love is in the air), as emocións (Unha de indios) e o disfrute (mmm que rico!). Todos eles están publicados no noso blogue.


PLAMBE

O Programa de Mellora de Bibliotecas Escolares foi o causante do xiro que a nosa deu. Por primeira vez o noso colexio forma parte dos centros elixidos para a optimización dos recursos e funcionamento da Biblioteca Escolar, coa dotación de económica para tal efecto. Por iso, a nosa biblioteca converteuse en BiblioLío, o centro neurálxico dos programas educativos do centro. Un espazo para o descubrimento e a aprendizaxe.

Ao longo deste curso, aparte das modificacións físicas, houbo un cambio na organización e aproveitamento do Plan de Lectura que se saldou non só co préstamos aos alumnos e profesores, senón coa apertura da sala ao alumnado e ás visitas de expertos ao centro, que sempre partiron e finalizaron na biblioteca. Moitas foron as innovacións producidas e todas elas son só o inicio das vindeiras, nas que, esperamos, as familias teñan protagonismo.

Non esquezades seguir o que facemos no blogue BiblioLío. PROXECTO DE FORMACIÓN EN CENTROS

Para a asunción destas liñas de traballo, é precisa unha actualización na formación dos docentes. Por iso, aparte da participación individual dos profesores en actividades de formación específicas, o noso colexio organiza, cada ano, un programa de formación (PFPP) que desenvolve a nosa competencia docente, con relatores e horas de formación en grupo. Durante os pasados dous cursos esta formación foi na liña da implementación das Competencias Clave e a redacción dos documentos do centro en relación á nova normativa vixente.



As clases de 1ยบ e 2ยบ de primaria fixemos unha excursiรณn ben divertida.Visitamos o Castelo de Doiras e as pallozas de Cervantes. Pasรกmolo xenial !



Ao longo deste curso estivemos participando no Programa Educaci贸n Responsable, onde traballamos a educaci贸n emocional. Podes ver o noso traballo aqu铆: http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/2014/12/decembro-educacion-responsablee-1-ep.html

http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/2015/03/marzo-er-banco-de-ferramentasep1.html












A CLASE DE TERCEIRO




ALGÚN POEMA NOSO








Viiaxe ccultu ural p pola cconto orna No curso de cuaarto de prim maria fixemoos unha viaxxe polos Anccares, declarrados Reserrva da Biosfera, para coñ ñecer a paisa axe e algunhhas das pegad das dos noso os antepasaddos. A primeira parada foi nas Po ontes de Gattín, alí demo os un paseo pola ponte(ssobre o río N Navia) famo osa pola lend da sobre a sú úa orixe. Ditta lenda con nta que esa p ponte foi feiita polo dem mo. Alí taméén observamos o río Canccelada que ddesemboca n no Navia.

Despois viaxamoss seguindo o o val do río CCancelada atta chegar a D Doiras, aldeaa onde se attopa o coñeccido Castelo o de Doiras. A súa consttrución data do século XV X e pertencceu ao señorío de Cervaantes e desp pois a os con ndes de O Grraxal. Ademais foi declarado Ben dee Interese Cu ultural no 19994 e tamén Patrimoniio Histórico Artístico. Na actualidad de está moi abandonad do. Alí recorrdamos a len nda da “mulller cerva” e imaxinámon nos como o sseñor do casstelo, montado no seu cabalo, perco orría aquela ffermosa paissaxe na buscca da súa filla a Aldara.


Posteeriormente d da visita ao castelo dirixxímonos a Sa an Román de Cervantess, abandonam mos o val de Canceladaa e no pobo o de Vilanovva collemos por San Ped dro. Nesta eestrada puid demos obserrvar unha paaisaxe especttacular, lade iras, vales, e etc. Unhaa vez en San n Román, capital do mu nicipio de Cervantes, C visitamos o m museo etnoggráfico situad do nunha reeconstrución n das tradicioonais pallozas acompañadas dun hóórreo. As pa allozas foron n as vivendas dos nossos antepasaados. Por dentro d vimo os como erran as diferrentes dependencias, ass habitaciónss de matrimoonio, a lareira, os cortello os para os annimais e tam mén os os de traballo o. Tamén esstivemos no hórreo que conta coa pparte inferior para difereentes apeiro gardaar diferente apeiros, a leña, etc. A parte superiior atópase dividida en varios corre edores onde se gardaban n os cereais, queixos, a c arne da mattanza, etc.


Despois desta visita, na que e fomos perrfectamente atendidos, continuamoos coa nosa viaxe chegaando ao Casttro de Santa a María, ao qque baixamos andando dende o poboo de Sabadellle.

Este aasentamento o castrexo fo oi descubertoo cando se ffacían unhas obras de meellora nos acccesos á igreexa de Santta María. O castro está datado enttre o ano 50 a.c. e o sséculo II d.c.. Nas consttrución do in nterior había lareiras e al gúns fornos.. Non existían espazos ppara as actividades gandeeiras, o que nos indica que a súa acttividade era mineira. A partir do sécuulo XIV o terrritorio castreexo usouse como unha necrópole cristiá asociada á pequena igrexa pparroquial veciña. Relaccionado coa gran riquezza mineira ddo concello,, os romano os iniciaron a construció ón no século XIX a.c. du unha rede via aria que perccorre o noro oeste peninsu ular que reciibe o nome d de Vía Romaana XIX e quee unía as 3 cidades romaanas máis importantes.

Xantaamos no casttro e puidem mos observarr de onde saccaban o mineral os romaanos. Pasamo os por alí un n par de horras aprenden ndo e taménn realizando xogos diverssos. Finalmeente retornam mos ó pobo o de Sabadellle para collerr o bus de voolta ao colexio.









ACTIVIDADES NA AULA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA Este curso foi moi especial porque tivemos ocasión de participar en moitas, moitas actividades diferentes. Contámosvos algunha delas:

PROXECTO EUROPEO

Como anos anteriores, desenvolvimos un proxecto eTwinning con compañeiros portugueses, das Islas Azores. Nesta ocasión, o proxecto tivo que ver co colexio e, especialmente, co noso comedor escolar.

Por iso estudamos sobre os costumes, os pratos e a organización do comedor e, tamén, fixemos un cartaz coas Normas do Comedor. Este cartaz foi feito en tamaño grande e será colgado na parede para que todos podan recordar como debemos comportarnos.


Foi moi divertido porque fixemos xogos e videos e tamén unha videoconferencia na aula TIC para celebrar o Día de Europa. Utilizamos un programa que se chama Skype. E puidemos vernos e falar un pouco, tamén escoitamos a canción O sol brilla alto, que preparamos en Becerreá e en Azores, e cantamos en galego, castelán e portugués.

Tamén fixemos moitos experimentos coa luz para aprender deles as características que ten. Os experimentos fixémolos os galegos e os nenos portugueses tamén.

Podedes ver todo o que fixemos visitando o noso blog. Alí están todas as actividades e un montón de vídeos que serán moi divertidos para vós.

Algunhas veces pedimos axuda a outros nenos do cole. Por iso, os nenos de 6º, na clase de cidadanía, tamén participaron connosco. Houbo dous colexios (de Lugo e de Sobrado dos Monxes) que tamén colaboraron connosco na enquisa do Entroido.


EDUCACIÓN RESPONSABLE Os alumnos de 6º da aula PT coa axuda dos outros nenos de 6º participamos no Banco de Ferramentas de Educación Responsable.

Foi divertido porque podíamos ver vídeos e falar sobre eles. Despois, aprendimos a utilizar moitos programas de Internet como o Padlet e o Powtoon. Sempre falamos sobre as emocións: amistade, empatía, medo...

Para celebrar o Día das Emocións, estivemos facendo un traballo por Internet cos nenos dun colexio de Arteixo que se chama CRA Ponte de Pedra. Podedes ver aquí o noso Padlet.

A PROFE MARTA Este ano estivo con nós Marta Castro, facendo as súas prácticas universitarias. Foi moi divertido ter dúas profes na clase e Marta sempre nos axudou moito coas tarefas e os deberes. Explicounos moitas cousas e preparou traballos para nós. Ao final do curso, os nenos de 2º, 3º e 4º da aula de PT axudaron a Marta no seu traballo de fin de carreira, que era sobre outras formas de multiplicación. Gracias Marta!



















Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.