A NOSA REVISTA 2015

Page 1

XUテ前

2015


Aproveitando que dende a biblioteca se fixo un proxecto sobre contos populares moi interesante e moi motivador para os nenos e nenas do colexio, a maioría das nosas celebracións xiraron o redor deste tema: o Nadal, o Entroido...... Fixemos moitas actividades e ainda que éi difícil dar conta de todas elas, o intentaremos con algunhas fotografías.

a colleita

Os de Manchester


AS

NOSAS

FESTAS

Tivemos tamén postres decorados para a ocasión dos que se ocuparon os alumnos e familias de 5º e 6º,exposición de cabazas,….



Fixemos un Belén baseado nos “CONTOS POPULARES”.Decoramos a árbore con eses motivos e como todos os anos fixemos galletas para tomar co chocolate e un GRAN FESTIVAL.


No mes de febreiro chegou moito e nos disfrazamos de CONTOS POPULARES.

.Trouleamos


Festexamos no colexio o “DÍA DAS LETRAS GALEGAS”.Os alumn@s de 6º deleitáronnos cunha presentación sobre “Filgueira Valverde”,o persoeiro homenaxeado neste “Día das Letras Galegas 2015”

Os alumn@s de Infantil interpretaron a canción “O galo canta e a galiña chora”,con moito entusiasmo .E os nen@s de 5 anos, recitaron estupendamente o poema de Rosalía Castro:”Adios ríos,Adios fontes”


Os de 5º interpretaron con moito xeito a canción do “PIRIMPIMPÍN” de Malvela.Os alumn@s de 1º ciclo presentaron os caligramas que fixeron na biblioteca. Os do 2º ciclo,os libros de versos encadeados que tamén elaboraron na biblioteca inspirándose no texto”A tendeira” de Filgueira Valverde..

Os nen@s de 3ºciclo presentaron os acrósticos que elaboraron sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano. Para rematar houbo unha entrega de premios para os alumn@s que participaron voluntariamente no concurso "Nós lemos e ti?" que organizou o Equipo de Dinamización Lingüística: os nen@s fixeron fotos co seu libro favorito en galego, explicando porque lles gustou ese libro a cada un deles. Ao final cantamos todos xuntos o Himno Galego, que aprenderon durante estas últimas semanas.

O día do libro


O mércores comezamos presentando os diferentes materiais que elaboraron na biblioteca os alumn@s dos diferentes cursos. Ademais, este ano coincidiu esta celebración coa presenza no centro dos alumn@s ingleses de intercambio do colexio St Catherine's de Didsbury, en Manchester .

Os cativ@s de Infantil interpretaron a canción "O reino do revés" de Rosa León. Os do 1º ciclo de Primaria, o libro de adiviñas que fixeron na biblioteca. Leron as adiviñas e pasámolo moi ben; incluso os alumn@s ingleses animáronse a participar. Os nen@s de 3º, nos agasallaron co conto "A partes iguais". Os alumn@s de 4º de Primaria prepararon outro conto, "O soño do galo" e o representaron axudados por monicreques.


Os alumn@s de 5º prepararon uns lemas relacionados coa lectura, que escribiron e pintaron.E, os nen@s de 6º, explicáronnos diferentes curiosidades sobre a celebración do Día do Libro e amosáronnos os carteis que fixeron.

O venres, tivemos a visita do ilustrador Abraham Carreiro, co que aprendimos a crear personaxes.















Este ano dende a

biblioteca partiron unha chea de actividades relacionadas coas diferentes

conmemoracións e celebracións que celebramos no colexio.

Neste espazo tamén teñen cabida infinidade de actividades relacionadas coa dinamización

lectora e co

fomento da lectura, así pois, durante o terceiro trimestre recibimos a

diferentes familiares que nos agasallaron cos seus contos, xogos e actividades. Tamén tivemos a visita do ilustrador Abraham Carreiro, que nos amosou algúns trucos relacionados coa creación de personaxes debuxados.


Tamén traballamos nun

Proxecto Documental sobre os contos clásicos, realizando

murais, buscando información nos libros e na rede, etc. O Entroido tamén estivo relacionado co proxecto e ademais, como prato forte preparamos vídeo-contos inspirados nos contos clásicos.

Como novidade na biblioteca, este ano puxemos en funcionamento o recuncho para as familias, no que os familiares que así o desexen poden levar libros emprestados.

Xa vedes que na biblioteca facemos moitas actividades ademais de disfrutar da lectura, se queredes ver todo o que acontece en torno a ela podedes visitarnos no enderezo bibliodemallon.blogspot.com , no noso blogue da biblioteca.



MEMORIAS DUN NENO LABREGO

A VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


SEGURIDADE VIAL

AS OLIMPIADAS


CEIP MALLÓN 2014-2015 R/ Manuel Lemos,81;CP 36379 A RAMALLOSA-NIGRÁN


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.