Plan anual de lectura 15 16

Page 1

PLAN ANUAL DE

LECTURA

CURSO 2015-16

CEIP MALLÓN


ÍNDICE: 1.

OBXECTIVOS……………………………………3

2. ORGANIZACIÓN……………………………..3 3. LIÑAS PRIORITARIAS…………………..5 4. SECCIÓNS………………………………………….8 5. RUTINAS DE LECTURA……………………9 6. RECURSOS HUMANOS……………………10 7. ACTIVIDADES…………………………………..11 8. LER EN FAMILIA………………………………15 9. AVALIACIÓN…………………………………….16

2


1.

OBXECTIVOS.

- Levar a cabo actividades que permitan desenvolver a competencia lectora dos alumn@s. - Programar actividades que contribúan ao fomento da lectura. - Propoñer iniciativas que formen ao alumnado cara unha visión crítica da sociedade. - Poñer en marcha actividades coas que se traballen as diferentes competencias básicas. - Contribuír a espertar no alumnado o pracer pola lectura. - Facer que a biblioteca teña un papel fundamental á hora de dinamizar a vida do centro.

2.

ORGANIZACIÓN

Con respecto á organización, referida ás actividades de lectura, podemos diferenciar: - ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS: Os espazos a empregar para a lectura serán variados dependendo da actividade que se realice en cada momento. Tendo isto en conta, podemos dicir que os lugares máis relevantes para este fin serán:

3


A biblioteca: Neste espazo realízanse lecturas na hora semanal

de

biblioteca,

tanto

individuais

como

compartidas. Tamén se traballa cos cartafoles de formación de usuarios e educación documental. Ademais, na hora semanal de biblioteca que ten asignada cada curso, traballarase nun Proxecto (Ciencia, inventos e inventores), na que as actividades a realizar serán: busca de información en soporte dixital e impreso, actividades de tratamento da información recollida, posta en común en pequeño e gran grupo, elaboración de materiais coa información obtida, etc. As aulas: Ademais das actividades propias dunha aula que implican lectura, hai que destacar tamén que se levará a cabo (de xeito innegociable) o tempo diario de lectura na aula. Este tipo de lecturas realizarase co mestre que corresponda en cada momento, todos os días durante os 30 minutos anteriores ao recreo. No recuncho para as familias: Neste espazo terán lugar lecturas voluntarias nos tempos de espera (entrada e saída), xa sexa por parte das familias ou dos alumn@s. Noutros

lugares:

Coa

celebración

de

diferentes

conmemoracións como: Nadal, Día do Libro, Letras Galegas, etc., as actividades de lectura pódense levar a

4


cabo en espazos como: salón de usos múltiples, recibidor, patio de recreo, ximnasio, etc. - ORGANIZACIÓN DE TEMPOS: Agás a media hora diaria de lectura, o resto de tempos dedicados á lectura serán flexibles e variarán dependendo da actividade que se teña que realizar en cada momento.

3. LIÑAS PRIORITARIAS As liñas prioritarias de actuación que nos propuxemos dende o Equipo de biblioteca para este curso son as seguintes: 3.1. En relación coa organización e xestión. As accións que se van desenvolver en relación a este punto no vindeiro curso 2015-16 xirarán arredor de: catalogar os novos fondos que se vaian adquirindo, realizar expurgos, facer os carnés dos nov@s lectores e dos novos membros da Brigada de biblioteca, elaborar listados de libros e material audiovisual de interese para a biblioteca, elaborar listados de libros para o recuncho de pais/nais, e outras que poidan xurdir ao longo do curso. 3.2. En

relación

recursos

da

coa

dinamización

biblioteca,

a

e

súa

promoción

dos

integración

no

tratamento do currículo e a súa contribución ao

5


desenvolvemento

das

competencias

básicas

do

alumnado. O vindeiro curso continuaremos a: organizar e colaborar nas diferentes actividades de tipo cultural que se leven a cabo no colexio, traballar un proxecto a nivel de centro, elaborar diferentes materiais para as diferentes conmemoracións ao longo do ano, elaborar materiais relacionados co tema do proxecto, levar a cabo actividades de animación á lectura (contacontos, teatro, títeres, etc), continuar coa actualización do blogue da biblioteca, seguir a ofrecerlles ás familias que participen nas actividades da biblioteca, incorporar novos fondos ao recuncho das familias. 3.3. En relación coa formación de usuarios e a adquisición da competencia informacional (competencia para o tratamento da información e competencia dixital). As actividades encamiñadas a conseguir este fin irán na liña deste último curso, polo tanto pasamos a detallar algunhas das accións máis significativas para cada caso: - Formación de usuarios: Neste sentido continuaremos a traballar cos nen@s cos cartafoles para a formación de usuarios que temos elaborados no centro.

6


A Brigada de apoio á biblioteca seguirá a funcionar nos recreos cos alumn@s de 5º e 6º. Tamén se realizarán ao longo do curso diferentes actividades; tanto de investigación como de produción de materiais para a revista escolar. Faranse visitas á biblioteca con cada grupo ao inicio de curso para lembrarlles as normas da biblioteca. - Adquisición da competencia informacional: As actividades relativas a este punto serán as mesmas que ata o momento: pequenos

traballos

de

investigación

na

rede,

busca

de

información para elaborar temas da clase e tamén en relación co proxecto que levaremos a cabo (temática aínda por decidir), elaboración de presentacións Power Point sobre o Proxecto (2º e 3º ciclo de Primaria) e de murais sobre diferentes temáticas (Infantil e 1º ciclo). 3.4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto lector de centro. Para este fin empregaremos recursos como: continuar co servizo de empréstito de libros tanto en Infantil e Primaria, obradoiros de lectura e estimulación da linguaxe coa mestra de AL (en Infantil e 1º de Primaria), contacontos, Hora de ler, preparación de contos, poemas ou pequenas pezas teatrais, 7


lecturas

compartidas,

visitas

de

familiares

á

biblioteca,

obradoiros con escritores, ilustradores, etc. Como novidade para o curso 2015-16, pretendemos participar con algún conto en stop motion no concurso Nós tamén creamos. 3.5. Outras actuacións. Ademais das actuacións anteriormente mencionadas, tamén participaremos en actividades puntuais que xurdan ao longo do curso e que valoremos de interese para a biblioteca, como por exemplo: exposicións, concursos, visitas de artistas locais, actividades propostas polo Concello en relación á lectura, etc.

4. SECCIÓNS Con respecto a este punto cabe destacar que os fondos existentes no colexio están centralizados na biblioteca, onde se rexistran todos e realízase o empréstito aos diferentes alumn@s, aulas e departamentos. No caso das aulas de Infantil e Primaria, hai que dicir que dende hai dous cursos están a funcionar as bibliotecas de aula. Os titores levan emprestados diferentes lotes de libros para as aulas durante todo o curso e deixan rexistro por escrito nunha folla de empréstito na biblioteca. No caso dalgúns departamentos como o de Inglés ou Relixión, os fondos existentes están nas respectivas aulas e rexistrados no programa MEIGA.

8


Por último, tamén hai un usuario en MEIGA no que figuran os fondos existentes no recuncho para as familias.

5. RUTINAS DE LECTURA No tocante ás rutinas de lectura hai que destacar dous tipos principais: - Hora de Ler: Na media hora diaria de lectura que se realiza nas aulas teñen cabida diferentes maneiras de proceder, quedando a elección dos titores ou mestres que estean nese momento con cada grupo de alumn@s. Así pois, dentro desta rutina danse diferentes modalidades de lectura, dependendo do curso e do momento: lectura individual, por parellas, en gran grupo, en voz alta, etc. Tamén convén destacar que ao inicio do 2º trimestre o alumnado le na clase os libros asignados no itinerario lector, para despois realizar actividades relacionadas coa lectura de cada libro. - Lectura na hora semanal de biblioteca: Aínda que, como é obvio, a meirande parte das actividades que se realizan na biblioteca durante o ano levan implícitas a lectura, a modo de:

busca

de

información,

revisión

dos

materiais

producidos, preparación de contacontos e dramatización de historias, etc., tamén teñen cabida momentos para a lectura libre, sexa individual ou en grupo e libre ou asignada polo mestre.

9


6. RECURSOS HUMANOS No que respecta ás persoas que interveñen nas actividades para o fomento da lectura podemos destacar tres grupos fundamentais: - O Equipo de Biblioteca: A labor do Equipo de Biblioteca é fundamental á hora de fomentar os hábitos lectores no alumnado. Así pois, as diferentes iniciativas que se deciden levar a cabo dende este equipo teñen esta labor como premisa. Realmente todo o que se fai dende a biblioteca persigue, entre outras cousas, o fin de espertar o pracer pola lectura nos cativ@s. As actividades deseñadas para esta finalidade recóllense detalladamente no punto 8 deste Plan Anual de Lectura. - Os titores e mestres: Os titores e mestres tamén teñen un papel

primordial

neste

sentido.

Dende

a

biblioteca

soamente se solicita que se respecte a media hora diaria de lectura

e

son

eles

os

que

teñen

a

liberdade

e

responsabilidade de levar a cabo as accións que vexan adecuadas para cada grupo de alumnos ao longo do curso. Aínda así, cabe destacar tamén que dende o Equipo de Biblioteca se lle proporcionará

asesoramento de ser

necesario. - As familias: Independentemente das características de cada fogar e da relevancia que se lle dá á lectura en cada un deles, hai que destacar que nos dous últimos cursos dende o Equipo de biblioteca estase a traballar para involucralos na tarefa de conseguir fomentar a lectura entre os seus fill@s. 10


Entre as accións que se levan a cabo dende a biblioteca no presente curso serán: “As familias tamén contan”: Onde lle daremos a opción, aos familiares que o desexen, de visitar ao grupo dos seus fillos na hora semanal de biblioteca para levar a cabo diferentes actividades como: contar un conto ou historia, facer algún obradoiro, etc. O recuncho para as familias: No que este ano, ademais de contar con fondos para traballar cos seus fillos (modais, autoestima, valores, …), tamén terán a súa disposición libros sobre o proxecto que traballaremos este ano. Este ano

tamén convocaremos un concurso

de

maquetas para que participen nel as familias cos seus fillos. Este concurso tratara sobre o Proxecto “Ciencia, inventos e inventores” e as familias poderán achegar ao colexio maquetas de grandes inventos da humanidade, acompañados dunha pequena biografía do inventor correspondente, ademais dun pequeño texto no que se explique o invento e a importancia que tivo para sociedade.

7. ACTIVIDADES Na seguinte táboa detállanse as actividades temporalizadas que se levarán a cabo neste curso: 1º TRIMESTRE - Elaboración do Plan Anual de Lectura. - Elaboración dos carnés dos novos usuarios. - Realización de visitas á biblioteca cos 11


SETEMBRO

diferentes cursos. - Organización da Brigada de biblioteca (5º e 6º) - Organización e planificación do proxecto: Ciencia, inventos e inventores. - Posta en funcionamento do Correo de

Tentalibrín.

-

OUTUBRO

NOVEMBRO

Comezo do préstamo. Apertura da biblioteca nos recreos. Apertura da biblioteca polas tardes. Posta en marcha do Recuncho para as

familias.

- Sesións de formación para os axudantes da biblioteca. - Fase de presentación do PDI deste ano aos diferentes cursos. - Elaboración de materiais para o Samaín e o Magosto. - Organización e preparación de actividades para o festival de Samaín. - Busca de información sobre o PDI. - Organización e xestión das visitas dos familiares á biblioteca. - Confección de carteis cos diferentes cursos sobre inventos e inventores. - Realización dunha liña do tempo a gran escala sobre grandes inventos da humanidade. - Comezo da formación do alumnado, dende 2º en diante, para realizar o autoempréstito. - Confección de carteis cos diferentes cursos sobre inventos e inventores. - Realización dunha liña do tempo a gran 12


DECEMBRO

escala coa información dos carteis elaborados. - Organización e preparación de actividades e materiais para o Nadal. - Organización dun concurso de maquetas de inventos. - Reunión de seguimento do equipo.

XANEIRO

-

FEBREIRO

-

MARZO

-

-

2º TRIMESTRE Realización dunha exposición coas maquetas aportadas polas familias. Entrega de premios do concurso de maquetas. Elaboración de presentacións en PowerPoint sobre o PDI con 5º e 6º. Elaboración de materiais diversos sobre o proxecto. Preparación de diferentes experimentos cos diferentes cursos. Elaboración de paneis informativos sobre os experimentos a realizar. Sesións de formación para os axudantes da biblioteca. Organización e planificación das actividades a realizar na semana do Día do Libro. Presentación e posta en común dos experimentos preparados con cada curso. Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro. Reunión de seguimento do equipo. 3º TRIMESTRE Sesións de formación para os axudantes da biblioteca. 13


ABRIL

MAIO

XUÑO

-

- Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro. - Organización das actividades do Día do Libro. - Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día das Letras Galegas.

- Celebración do festival do Día das Letras Galegas. - Elaboración das enquisas para as familias, alumnado e profesorado. - Elaboración da Memoria do PLAMBE. - Reunión de seguimento do equipo.

- Confección de gráficas estatísticas cos datos obtidos nas enquisas. - Elaboración da Memoria do PLAMBE. - Envío da Memoria do PLAMBE. - Colaboración co EDL na confección da revista escolar.

*As seguintes actividades lévanse a cabo ao longo de todo o curso. Realización de novas fichas para os cartafoles de Formación de Usuarios. Empréstito na hora semanal de bilioteca e nos recreos. Apertura da biblioteca nos recreos. Elaboración de materiais para a Revista escolar. Actualización periódica do blogue da biblioteca. Catalogación de novos fondos adquiridos. Funcionamento do recuncho para as familias. 14


- Visitas dos familiares á biblioteca.

As actividades a realizar poderán modificarse ao longo do curso e nalgúns casos suprimilas ou cambialas por outras que nos parezan máis apropiadas atendendo ao transcorrer do curso.

8. LER EN FAMILIA Con respecto ás actividades deseñadas polo Equipo de Biblioteca para a implicación das familias podemos destacar dúas iniciativas fundamentais: - As familias tamén contan: Dende a biblioteca brindamos a oportunidade ás familias de que veñan visitarnos na hora semanal de biblioteca. Os familiares que deciden vir de xeito voluntario preparan diferentes sesións para o alumnado, como poden ser: contacontos, falar dunha profesión, diferentes obradoiros, etc. - O recuncho para as familias: Dende o curso pasado está a funcionar no colexio este recuncho, no que os familiares poden levar emprestados os libros que nel se atopan. Neste recuncho hai fondos para traballar diferentes aspectos cos cativos, por exemplo: modais, educación emocional, potenciar a creatividade, etc. Como novidade, este curso introducimos unha selección de libros relacionados co proxecto que imos a traballar, para

15


que as familias podan reforzar e ampliar cos seus fillos as aprendizaxes que se realizan na escola. Ademais destas iniciativas, ao longo deste curso tamén se buscará a implicación das familias mediante a convocatoria dun concurso de maquetas de inventos, no que as familias deberán aportar as maquetas acompañadas dunha folla na que expliquen en que consiste o invento e a importancia que tivo para a sociedade. Tamén deberán incluír unha breve biografía da persoa que fixo o invento.

9. AVALIACIÓN Para a avaliación da consecución dos obxectivos propostos no Plan Anual de Lectura e do Proxecto Lector de Centro, empregaremos as seguintes ferramentas: - Enquisas de avaliación: - O Equipo de Biblioteca elaborará enquisas para as familias, os mestres e o alumnado, na que se recollerán diferentes aspectos que nos sexan útiles para a nosa práctica diaria, como por exemplo: aceptación por parte da comunidade educativa das actividades que parten da biblioteca, hábitos lectores, preferencias dos alumnos, etc. - Reunións trimestrais de seguimento: O Equipo de biblioteca, ademais das reunións semanais, reunirase unha vez por trimestre para ver o resultado das

16


actividades levadas a cabo durante ese trimestre e facer as modificacións oportunas de ser o caso. - Datos do programa MEIGA: Tamén se recollerán datos estatísticos en MEIGA como: libros

máis

emprestados,

preferencias

dos

lectores,

movementos de fondos nas bibliotecas de aula, etc. - A propia experiencia do día a día: Esta é, sen dubida, a ferramenta que máis información nos permite recoller. Xa que na maioría das veces, o que se planifica sobre o papel, non funciona na práctica ou, simplemente, non encaixa nos tempos que se previran. Así pois, a observación, as experiencias e as sensacións obtidas de cada iniciativa ou actividade nos permitirán facer os cambios oportunos para intentar sacarlle o maior proveito á nosa actividade diaria na biblioteca.

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.