GAÑAMOS O PREMIO POLO TRABALLO NA A21EG

Page 1

GAÑAMOS UN PREMIO DE 1.200 EUROS POLA NOSA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DA A21EG CUN PROXECTO TITULADO “VIVE AS TÚAS EMOCIÓNS”


Entre as cousas que fixemos están estas que seguen:

-Construímos un mapa emocional cos nen@s de 6º de Ed. Primaria. -Participamos

na

actividade

“o

alumnado é o protagonista” -Algúns mestr@s presentamos unha comunicación

relacionada

coa

elaboración do mapa emocional nas Xornadas

de

Formación

do

profesorado, a cal se vai publicar nun libro. -Fixemos xabón a partir de aceite usado.


E estas son algunhas das imaxes que representan as cousas que fixemos:


Este 茅 o noso p贸ster nas Xornadas:


Esta é a comunicación que se publicará proximamente:

“Emocionámonos no entorno: O noso mapa emocional” Silvia Folgueira Puente Mª Elena Peteiro Cancelo Vicente Vázquez Arias C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA “Aprender a coñecer e a saber pero tamén a ser eles mesm@s e a convivir c@s demais” é o obxectivo fundamental da nosa escola, por iso deseñamos e desenvolvemos actividades que contribúan á formación de nen@s que se coñezan e respecten a sí mesm@s e @s demais, e que coñezan e respecten o medio no que viven. Unha escola que educa para a sostibilidade ten vontade de ser transformadora, e aposta por cambiar estilos de SENTIR, de PENSAR e de ACTUAR. Implica prantexar no alumnado a EMOCIÓN de facer preguntas ao mundo e atopar respostas para o mundo. Darlle FERRAMENTAS que lle permitan cambiar a súa forma de PENSAR o mundo para cambiar a súa forma de ACTUAR no mundo. O mapa emocional ben a ser o resultado das diferentes formas de sentir e actuar nos diferentes espazos naturais que analizamos.

INTRODUCIÓN:

Por que facer un mapa emocional na escola? Con que finalidade? Para poder dar resposta ao obxectivo fundamental da nosa escola tal e como citábamos ao principio, como fin último na realización das aprendizaxes emocionais e perfectamente interrelacionadas coas aprendizaxes ambientais. Dende o primeiro momento en que na escola pensamos formar parte do proxecto da Axenda 21 Escolar Galega fixémolo coa idea de que este proxecto tiña que ser un proxecto de centro que permitise establecer unha interrelación cos outros programas en que estamos a traballar e todo elo para dar resposta ao principio básico da A21EG. Tratamos de pór en relación o traballo da Intelixencia Emocional que estabamos a desenvolver nas sesións de titoría co traballo da sostibilidade e do desenvolvemento sostible na escola e no medio que nos rodea.


Pero ademais pensábamos que o traballo na escola debe empezar a basearse nun traballo multidisciplinar baseado na metodoloxía por proxectos e onde o alumnado é o protagonista da propia aprendizaxe pero sempre sen deixar de lado a importante contribución que calquera aprendizaxe ten que ter na consecución ou logro das competencias básicas propias da etapa e ciclo no que o alumnado se encontra escolarizado. Dende esta perspectiva a elaboración do mapa emocional constitúe un traballo multidisciplinar que estivo presente nos traballos realizados nas áreas de Coñecemento do medio, o que nos permitiu reflexionar sobre lugares relevantes dende o punto de vista natural e cultural así como nun maior coñecemento da nosa localidade polo que de novedoso nos aportou esta nova visión, tamén dende a área de Educación Artística, onde traballamos na decisión de cómo podíamos representar plasticamente as emocións así como atopar o mellor xeito en que podíamos representar da maneira mais clara os diferentes lugares que visitamos para a experimentación das emocións que sentimos e vivimos en cada un deses lugares, tamén compre non esquecer o traballo realizado dende a área de Educación Musical na procura das melodías mais acaidas para as diferentes actividades que realizamos de recoñecemento das emocións. Para rematar, e como xa resulta evidente, compre tamén salientar o traballo desenvolto na área de Lingua, especialmente no que atinxe á Expresión Escrita e Oral para asi podermos facer mais doada a explicación das emocións percibidas. Con esta perspectiva interdisciplinar entendemos que a elaboración do mapa emocional contribúe de forma clara á adquisición das competencias básicas que se relacionan na descritiva desta experiencia pero que serían fundamentalmente: Comunicación lingüística, Coñecemento e Interacción co mundo físico, Social e cidadá e Autonomía e iniciativa persoal. Dende este punto de vista o mapa emocional plasma as diferentes emocións que vivimos e que determinan a relación que cadaquén establece co medio que o rodea, e as súas reflexións posteriores. Pretende facer visible aquilo que resulta invisible, incluso para nós mesmos en ocasións, como son as emocións que vivimos e experimentamos ao longo dun paseo polo medio natural. Supón tamén o descubrimento e a aceptación das diferenzas que poden xurdir entre nós a partir distintas emocións vividas por cadaquén nun mesmo lugar.


DESENVOLVEMENTO DA EXPERIENCIA:

Esta experiencia comeza a desenvolverse no curso escolar 2008-2009 cando empezamos a traballar a identificación de emocións e sentimentos nas sesións de titoría, mediante as actividades enmarcadas no Plan de Acción Titorial. Para poder recoñecer as emocións que estamos a vivir nun determinado medio natural é preciso en primeiro lugar a identificación das emocións básicas para posteriormente recoñecelas en calquera situación nas que experimentemos algunha delas. Para explicar como se levou a cabo o proceso de realización do mapa emocional establecemos en primeiro lugar unha serie de obxectivos que se desenvolverán a continuación, sendo o fin último destes como centro, que “@s nen@s aprendan a ser eles mesm@s, e a convivir cos demais, pero tamén a saber e a coñecer”. En segundo lugar describiremos paso a paso como se levou a cabo o proceso de realización das actividades previas e de elaboración propiamente dita do mapa emocional.

Obxectivos: ☺ Participativo: - Fomentar a participación activa d@s nen@s, convertendose el@s nos protagonistas das actividades levadas a cabo en diferentes situacións de aprendizaxe que permitirán a elaboración do mapa emocional. - Coñecer e sentir o seu entorno próximo e trasladar estas experiencias a unha representación gráfica desa realidade. ☺ Organizativo: Enfocar o mapa emocional como resultado do traballo realizado nos ámbitos da intelixencia emocional e da educación ambiental incluídos nas diferentes programacións do centro. ☺ Curricular: Integrar nesta actividade nos diferentes proxectos de centro (P.A.T, TICs e Programacións de Aula) ☺ Contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas de Comunicación lingüística, Coñecemento e interacción co mundo físico, Social e cidadá e Autonomía e iniciativa persoal:  Organizar e autorregular o pensamento, as emocións e a conduta (Competencia en comunicación lingüística)


 Interiorizar os elementos clave da calidade de vida das persoas (Competencia en coñecemento e interacción do mundo físico)  Ser capaz de poñerse no lugar d@ outr@ e comprender o seu punto de vista aínda que sexa diferente ao propio (Competencia Social e Cidadá)  Desenvolver valores e actitudes persoais relacionadas co coñecemento de sí mesm@, autocrítica e autoestima, responsabilidade, actitude positiva diante dos cambios… (Competencia en Autonomía e Iniciativa persoal).

DESCRICIÓN DA EXPERIENCIA:

Para describir paso a paso como se foi desenvolvendo o proceso que nos levou ao resultado que agora presentamos, realizamos actividades de varios tipos que imos dividir en tres apartados fundamentais: 1. Actividades previas de traballo de aula 2. Actividades dirixidas á recopilación de datos para o mapa emocional 3. Actividades para o procesamento da información e representación plástica de todo o recollido no que chamamos o MAPA EMOCIONAL.

A continuación explicaremos polo miudo todas e cada unha das actividades realizadas en cada un dos grupos anteriores:

1. Actividades previas de traballo de aula: Estas actividades de traballos previos da aula realízanse nas sesións semanais de titoria que cada titor/a ten na súa aula, e que forman parte das actividades deseñadas polo Departamento de Orientación do centro dentro do Plan de Acción Titorial, onde traballamos de forma exhaustiva a identificación de emocións e sentimentos nun primeiro momento despois dun traballo anterior onde buscábamos a valoración axeitada dun mesm@. As actividades de identificación de emocións seguiron o seguinte proceso: primeiro fomos plantexando cada emoción básica por separado, traballando as seis emocións básicas (tanto positivas como negativas): ledicia, tristura, medo, sorpresa, amor, rabia. Para iso cada emoción se presentou cunha situación en forma de cómic na que era necesario chegar a identificación da emoción que sentían eses personaxes nesa situación, buscamos outras situacións similares nas que se puidese sentir esa mesma


emoción, achegando deste xeito as emocións ás vivencias persoais e cotiás do noso alumnado. Despois deste primeiro proceso con cada unha das seis escollidas, utilizamos fotografías e imaxes que representaban diferentes emocións para a identificación da que podíamos observar en devandita imaxe. Intentamos pór diferente expresión en función da emoción… E así algunhas actividades

máis

que

se

atopan recollidas no Plan de Acción Titorial do C.E.P Pilar Maestú Sierra.

Actividades

para

debuxar emocións e asignar cores coas que poderíamos representar unha determinada emoción. Neste aspecto @s nen@s debuxan as emocións a través de situacións que a provocarían e tamén debuxan a palabra da emoción representándoa do xeito que ao vela xere na persoa que a observa esa emoción

Estes son algúns dos debuxos mais representa-tivos das emocións feitos pol@s nen@s de 2º curso do 3º ciclo do C.E.P. Pilar Maestú Sierra.

Ademais asignamos unha cor a cada unha das emocións básicas. Cada nen@ escolleu unha cor para cada emoción, o que nos servirá para facer a representación plástica das mesmas no propio mapa emocional. Despois disto, e como o que fixemos foi un mapa emocional de toda a clase, recollemos as cores que foron asignando e fixemos un reconto final que quedou como segue:

Emoción

Cor asignada

LEDICIA

Verde

TRISTURA

Violeta


RABIA

Azul

MEDO

Negro

AMOR

Vermello

SORPRESA

Amarelo

Despois disto traballamos tamén na aula cada unha das emocións e cales son os adxectivos que @s nen@s aplicaban a cada unha das emocións que podemos sentir. Cada nen@ na aula sinalaba que adxectivos lle poderían aplicar. Despois disto e insistindo na idea dun traballo en grupo seleccionamos cales foron os adxectivos máis escollidos e que posteriormente servirán para identificar mellor a emoción que vivirán ou sentirán en calquera situación que se lles presente. Ao final quedounos a seguinte relación de emocións cos correspondentes adxectivos e que será a que levará cada un d@s nen@s na visita polos diferentes lugares nos que terá que anotar as emocións vividas en cada un:

LEDICIA:

Entusiasmado, atrevido, fascinado, encantado, divertido, xoguetón

TRISTURA:

So, desagrazado, avergonzado, tímido, culpable, deprimido.

RABIA:

Dañino, furioso, celoso, egoísta, enfadado, irritado

MEDO:

Abandonado, Confuso, desanimado, débil, inseguro, ansioso.

AMOR:

Tenro, intimo, responsable,cariñoso, agradecido, contento

SORPRESA:

Animado, divertido, fascinado, agradecido, contento, valioso

2. Actividades dirixidas á recopilación de datos para o mapa emocional: A última actividade antes de chegar á elaboración propiamente dita do mapa emocional foi a toma de decisións sobre cales ían ser os sitios que íamos visitar para ver que emocións sentiríamos neles. Para iso escollemos lugares que fosen desde o punto de vista d@s nen@s sitios coñecidos que transmitisen emocións positivas e emocións negativas, é dicir lugares que consideraban bonitos e lugares que considerarían desagradables. Esta toma de decisións levounos a visitar seis lugares do Concello da Pobra do Caramiñal, como foron: A escola, dúas fábricas abandonadas a carón do mar en proceso de desmatelamento, o Mirador do Curotiña que é un dos lugares máis fermosos dende onde se pode divisar toda a ría de Arousa,

a

Depuradora, e a Ponte dos patos e o Paseo do Rodel situado ao carón do río Lérez.


Nesta visita que realizamos en varios días as nenas e nenos de 2º curso do 3º ciclo de Educación primaria foron escollendo cales eran as emocións que sentían en cada un deses lugares, primeiro sinalando os adxectivos (porque resultáballes máis sinxelo recoñecer despois a que emoción se refería) e despois sinalando algunha emoción das básicas reflectidas máis arriba e cun máximo de dúas en cada lugar. Unha vez rematadas estas visitas voltamos á clase e nela fixemos un reconto das emocións de cada lugar que nos serviría para despois representar as emocións vividas en cada lugar mediante pirámides de diferentes tamaños que expresaban a cantidade de persoas que sentiran esa emoción. Así fixemos pirámides de tamaño moi grande, grande, mediano e pequeño. Ademais cada un d@s nen@s escribía as razóns polas que escollera dita emoción, isto é cales eran os porqués de sentir dita emoción. Isto tamén o recollemos nun cadro para despois construír o noso mapa emocional da clase.

3. Actividades para o procesamento da información e representación plástica de todo o recollido no que chamamos o MAPA EMOCIONAL.

E este foi o resultado do mapa emocional do alumnado de 2º curso de 3º ciclo de Educación Primaria, despois dun percorrido ambiental no entorno no que viven e se desenvolven de forma cotiá:


Na parte superior representamos nun mapa do concello da Pobra do Caramiñal os diferentes lugares que visitamos e nos que sentimos e vivimos emocións ben diferentes. Na parte de abaixo do mapa construímos unha maqueta que reflectiría os diferentes lugares que visitamos como se fosen vistos dende arriba na súa posición xeográfica. Trátase dun traballo plástico realizado dende a área de Educación artística na que @s nen@s coa axuda do seu mestre fixeron os diferentes elementos que compoñen esta maqueta. Cada unha das pirámides que aparece en cada un dos lugares representa as diferentes emocións sentidas pol@s nen@s en cada un deses sitios. Nunha presentación power-point acompáñase este mapa coa explicación de por qué escolleron cada unha desas emoción neses sitios concretos. Este é o resultado gráfico dun traballo minucioso realizado durante todo o curso pol@s nen@s do noso Centro.


CONCLUSIÓNS. Chegar a definir entre tod@s como íamos darlle forma á construcción dun Mapa Emocional foi unha tarefa dificil e mesmo complicada, pois ainda que tiñamos as ideas de como podería ser, non foi sinxelo chegar a tomar as decisións oportunas para a súa plasmación. Fundamentalmente porque, despois do prantexamente inicial, era necesario que o alumnado, coa nosa axuda nos casos que foi necesario, debatera moito sobre as tarefas que habería que facer como complemento das xa realizadas nas sesións de titoría dende o pasado curso, sobre identificación e representación de emocións. Foi, sen dúbida, un proceso lento pero que resultou moi interesante e motivador. O desenvolvemento da actividade tamén resultou especialmente interesante e co alumnado amosando unha motivación superior á que presentan no traballo regular da escola. E como é obvio, non foron so @s nen@s quen se sentiron así, senón que nos mesm@s, tamén adquirimos unha maior conciencia de algo que acontece de xeito cotián pero que, nas mais das veces, pasa desapercibido. Despois deste traballo somos moito mais conscentes do cambio de emocións sentidas e vividas segundo as circunstancias ou lugares nos que nos atopemos, e de que percibimos estados de ánimo diferentes que poden ir mudando en función do lugar ou dos diferentes espazos dun mesmo lugar. Elaborar un Mapa Emocional de grupo no que se reflicten as respostas emocionais do conxunto de participantes supón que as actividades propias para a súa realización enmárcanse claramente dentro dunha metodoloxía de traballo participativa e cooperativa, onde o obxectivo final é un obxectivo de grupo, e onde o éxito ou non do proceso,

isto é, acadar ou non o obxectivo plantexado vai depender

de xeito

inequívoco das aportacións de todos e cada un dos membros do grupo. O reto que afrontabamos era a elaboración dun Mapa Emocional de grupo como primeiro paso necesario para a consecución a medio prazo da realización dos Mapas Emocionais individuais de todos e cada un dos nenos e nenas de 2º e 3º Ciclos do noso centro. En definitiva, o MAPA EMOCIONAL é o resultado dun traballo desenvolto ao longo de dous cursos académicos, traballando sobre a identificación e representación das emocións e trasladando esas aprendizaxes é educacióm ambiental, tentando descubrir e plasmar graficamente a repercusión que ten o medio natural na vivencia de diferentes emocións. Cadreche, maio 2010


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.