Programa Cineuropa 2012

Page 63

21 FICHA TÉCNICA Director: Paco Abelleira

ESCUROS, RONCOS E COMPASADOS

a

a

CORASONS

15 DATOS TÉCNICOS Ano: 2012 País: Galicia / España Duración: 90 min. Xénero: documental / musical

FICHA TÉCNICA Dirección e montaxe: Luis E. Froiz e Carlos Pensado Fotografía: Luis E. Froiz Idea: Carlos Pensado Son: Luis E. Froiz

SINOPSE: Como unha afección persoal pode rematar nun grande intercambio cultural entre dous países? Por que dun día para outro a xente se pon a facer fotos que lle lembran corazóns? Todo comezou nunha páxina de internet chamada “Quem ve coraçoes”, na que Isabel Leal foi publicando unha serie de textos e fotografías co leitmotiv dos “corazóns casuais”, figuras de corazóns atopadas na natureza e dispersas polo mundo adiante. A Casa das Crechas foi o sitio idóneo para que un pequeno grupo de persoas se xuntaran coa escusa de dar un concerto para inaugurar a exposición das fotos de Isabel. Acababan de nacer os CoraSons. Na semana santa de 2012 xa eran máis de 40 artistas os que se xuntaron na Illa de Arousa para dar un concerto único. Este documental musical pretende deixar constancia desta historia. Unha historia diferente. Unha historia única. Unha historia de amizade.

FICHA ARTÍSTICA Marcos Pazo, “Frisko” Asorey, “Keko” Rial, David Tomé, Fran Pérez, Óscar Insua “Jumpin”, Jose Barros, Luis Martínez, Sebas Martínez, Dani Fernández, J. A. Novoa Franco, “Mingos” Pérez, Bernardo Estévez, Carlos Carballo, Jorge Fernández, Moncho López, Darío Mesías, “Falke”, Javier Abreu Axudante de dirección e produción: Paulo Fernández Música: Absorbed, Unnatural, Dismal, Deface, S.O.K., Wisdom, Sepulcro, Osmosis, Suffer Age País: Galicia-España

SINOPSE: Absorbed, Unnatural, Dismal, Deface, S.O.K., Wisdom, Detestor... Nomes asociados a un movemento moi concreto como é o Death Metal e a un tempo e lugar como é a Galicia dos anos 90. Neste documental, por medio de entrevistas a diversos membros da escena, dende os propios integrantes de grupos ata produtores ou redactores de fanzines, téntase render homenaxe a un movemento de corte puramente underground como é o Death Metal galego ao longo dos anos 90, profundizando na súa historia e nas súas historias. 63


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.