Programa Cineuropa 2012

Page 40

FICHA TÉCNICA Dirección e guión: Abel Ferrara Produción: Brahim Chioua, Peter Danner, Juan de Dios Larraín, Pablo Larraín, Vincent Maraval Fotografia: Ken Kelsch Montaxe: Anthony Redman Música: Francis Kuipers

DATOS TÉCNICOS Título orixinal: 4:44 Last day on earth Ano: 2011 País: Estados Unidos Duración: 85 min. Xénero: Drama / Ciencia ficción

17 19 20

BEASTS OF THE SOUTHERN WILD (BESTAS DO SUR SALVAXE)

FICHA ARTÍSTICA Quvenzhané Wallis Dwight Henry Levy Easterly Lowell Landes

FICHA TÉCNICA Director: Benh Zeitlin Guión: Lucy Alibar, Benh Zeitlin Produtor: Michael Gottwald, Dan Janvey, Josh Penn Música: Dan Romer, Benh Zeitlin Fotografía: Ben Richardson Montaxe: Crockett Doob, Affonso Gonçalves

DATOS TÉCNICOS Título orixinal: Beasts of the southern wild Ano: 2012 País: USA Duración: 92 min. Xénero: Drama

PREMIOS: Gran premio do Xurado e Premio á mellor fotografía no Festival de Sundance Cámara de Ouro e Premio da Crítica no Festival de Cannes

SINOPSE: Abel Ferrara achega o seu grao de area á temática post-apocalíptica cun filme intimista, centrado nunha parella neoiorquina -pintora ela, actor el- que pasan xuntos as últimas horas antes de que ás catro e corenta e catro minutos da tarde a Terra deixe de existir. Que facer co tempo que queda? Despedirse dos seres queridos, discutir, amar... Ferrara asina con 4:44 Last Day on Earth unha fermosa peza de cámara que afonda nun dos seus temas preferidos, as crises espirituais e acaba erixíndose tamén nunha sentida homenaxe á cidade de Nova York cando se cumpren dez anos dos atentados do 11-S. 4:44: LAST DAY ON EARTH: Chega a visión da fin do mundo segundo Abel Ferrara. Estreada en Venecia, inédita en España, vexan como Ferrara non precisa de tsunamis estrondosos nin truculencia ningunha para mostrarnos como unha parella, Willem Dafoe, vello cómplice do director, e Shanyn Leigh, compañeira de Ferrara na vida real, afronta no seu apartamento as últimas horas antes de que a vida no planeta desapareza. Piden unha pizza, fan o amor, beben, xestionan os seus ataques de pánico. Unha soberbia obra de cámara, rodada apenas sen orzamento, pero á altura creativa doutras visións da apocalipse como The Turin Horse ou Melancholia. Un Ferrara maiúsculo. 40

SINOPSE: Nunha esquecida e orgullosa comunidade instalada nun bayou (zona pantanosa formada polos meandros do Misisipi) apartado do mundo por un inmenso dique, a pequena Hushpuppy, de seis anos, está a piques de quedar orfa. Hai tempo que a súa nai se foi, e o seu adorado e aloucado pai sempre está de esmorga. Hushpuppy debe arranxarse como poida no medio da nada, rodeada de animais semisalvaxes. Percibe a natureza como unha fráxil rede poboada de cousas que viven, respiran e expelen auga e que o universo depende de que todo encaixe á perfección. Pero cando unha tormenta de cen anos eleva as augas ao redor da súa vila, o seu pai enferma de súpeto e unhas feroces criaturas prehistóricas se desconxelan e espertan decididas a lanzarse á carga, Hushpuppy descobre que a orde natural que tanto ama está a punto de se derrubar. Nun intento desesperado por reparar a estrutura do mundo e así salvar o seu pai e o seu fogar, esta diminuta heroína deberá aprender a sobrevivir a unha catástrofe imparable de proporcións épicas. BEAST OF THE SOUTHERN WILD: Queren saber por que Beast. of the Southern Wild arrasou por onde pasou (Gran Premio do Xurado en Sundance, Cámara de Ouro e Premio da Crítica en Cannes), do mesmo xeito que as augas asolagan as zonas pantanosas onde habita a pequena Hushpuppy? Tomen alento e viaxen con esta heroína solitaria a un Delta do Mississipi onde a terra treme, os cabeiros do inferno parecen tronar e a Apocalipse ameaza xa non con cabalos, senón con xurásicas criaturas. Si, as bestas do Sur Salvaxe, que non faltan á cita con Hushpuppy nunha das películas da tempada.

PANORAMA INTERNACIONAL

FICHA ARTÍSTICA Willem Dafoe Shanyn Leigh Paz de la Huerta Natasha Lyonne

a

4:44 LAST DAY ON EARTH (4:44 ÚLTIMO DÍA NA TERRA)

a

27 28 29 30


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.