Programa Cineuropa 2012

Page 4

Benvidos/as Canto tempo hai que non vai vostede ao cinema? Esa pregunta, que hai quince anos sería de plena normalidade, antóllase hoxe case incómoda, case peor que se inquirísemos a alguén sobre os seus hábitos ou frecuencias sexuais. Vale, este mes máis de dous millóns de persoas en España molláronse no tsunami de J. Bayona. E? A dura realidade é que, en cidades como Compostela, xa case ninguén vai ao cinema. E non faltan razóns para entendelo. As películas que apetecen, as que te tratan como un ser maduro (ou como un inmaturo pero, iso si, con sentido do humor) non se estrean. E o cinema, chamémoslle “comercial”, chega sempre en

versión dobrada, cando cada vez son máis os espectadores que se afixeron a identificar unha película coas súas voces xenuínas, a súa música, a súa harmonía interna e sonora. Imos, que queren escoitar o auténtico osiño Ted. Cineuropa ten, pois, unha primordial función ben definida: conseguir que en tres semanas o afeccionado poida sentir que, do cinema producido en todo o 2012, pode estar ao tanto á vez que un cidadán de París, por falar da cidade da “excepcionalidade cultural”. E tamén lograr que este mesmo afeccionado acepte que ese cinema exhibido nesas conxuras chamadas Cannes, Venecia, Toronto ou Berlín, do que tantos falan pero

ninguén puido ver, non son en realidade títulos virtuais. Nesta dobre tarefa creo poder dicir que, aos poucos, habemos ir dando pasos. Pero iso xa se nos supón. Que perigo. Vostedes xa teñen descontado, e fan moi ben, que nestas tres semanas o cidadán de Compostela recibe na casa o palmarés enteiro de Cannes ou Berlín, o que máis interesou en Venecia, Locarno, Róterdam, Bos Aires, San Sebastián..., e até Sitges. Que perigo. E agora, que? Como seguir motivándoos? Este ano consultámolo co osiño Ted, que, iso si, fálanos en inglés. E como xa saben que o amigo ten o sentido por compoñer, esixiunos que pola alfombra vermella do


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.