Programa Cineuropa 2010

Page 63

O SOL NOS CHAOS [ FICHA TÉCNICA Dirección Marcos Nine Produtor Marco García Quintela Dirección da produción Alicia Veira Produción Sofía Quiroga, Estíbaliz García Guión Marco García Quintela, Marcos Nine Fotografía Darío Fernández, Marcos Nine Son Martiño Vázquez Música Manuel Riveiro Montaxe Darío Fernández, Marcos Nine Cartografía César Parcero Oubiña, Pastor

Fábrega Álvarez DATOS TÉCNICOS Ano de produción 2010 Duración 25 min

SINOPSE En Amoeiro (Ourense), os petróglifos da Ferradura amosan un antigo calendario, inscrito na paisaxe e na tradición. Biofilmografía Marcos Nine (Hannover 1977) é director e guionista afincado na Illa de Arousa. Comeza a súa carreira no audiovisual no ano 2000 como guionista da serie “Mareas Vivas” á que seguirían outras como “Terra de Miranda” e “As leis de Celavella”. Como director comezou a súa carreira no ano 2003 con “Carcamáns”, un documental que relata como se viviu a catástrofe do Prestige na Ría de Arousa. En 2006 realiza “Pensando en Soledad” que lle valeu o Premio ao Mellor director de Documental no Festival Internacional de Cine de Ourense e posteriormente “Historia dunha parroquia” (2007), “O premio da Rubia” (2008), así como as curtametraxes “JEDN” (2006), “Límite 12h.” (2007), “Soidade ^3” (2008), “A Fábrica” (2008), “Aarón” (2009), “O Sol nos Chaos” (2009), “Radiografía dun autor de tebeos” (2009) e “Manuscritos Pompeianos” (2009).

RADIOGRAFÍA DUN AUTOR DE TEBEOS [ FICHA TÉCNICA Guión e dirección Marcos Nine Música Manuel Riveiro Montaxe Fran X. Rodríguez Produción executiva Alicia Veira

SINOPSE David Rubín, autor de BD, plasma nunha historieta como se sente no momento en que a súa vida está a ser gravada para un documental.

DATOS TÉCNICOS Duración 20 min Ano de produción 2010 Xénero Documental 63


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.