Programa Cineuropa 2010

Page 28

LA MITAD DE ÓSCAR [

Rodrigo Sáenz de Heredia (Óscar), Verónica Echegui (María), Antonio de la Torre (Taxista)

FICHA TÉCNICA Dirección Manuel Martín Cuenca Guión Alejandro Hernández e Manuel Martín Cuenca Produción Manuel Martín Cuenca, Joan Borrell Mayeur e Camilo Vives Fotografía Rafael de la Uz Montaxe Ángel Hernández Zoido DATOS TÉCNICOS País España Duración 85 min Ano 2010 Xénero Drama - Misterio

SINOPSE Óscar é garda de seguridade nunha salina. Ten 30 anos e vive só. A súa vida consiste en ir cada día ao traballo, poñer o uniforme, colgar a pistola e sentar a mirar montes e montes de sal. Ao mediodía adoita recibir a visita de Miguel, un antigo garda xubilado. Miguel chega desde Almería en bicicleta e sempre trae comida para xantar con Óscar. Cada día, cando remata a quenda, Óscar cambia a roupa, toma o autobús e volve para a casa. Alí o primeiro que fai é mirar o correo, pero nunca hai cartas… ou, polo menos, a carta que el espera. Pero un día rompe a rutina. Óscar chega á residencia de anciáns onde está o seu único familiar, o avó, que ten Alzheimer; enfermou e levárono para o hospital. A directora cóntalle que xa avisaron a súa irmá… Óscar queda de pedra; hai dous anos que non sabe nada dela e nin sequera ten o teléfono. A chegada de María a Almería vai abrir a caixa de Pandora. Óscar, con todo, está disposto a chegar ata o final, aínda que o prezo que teña que pagar sexa moi alto.

THEREMIN AZULEXO [ FICHA TÉCNICA Dirección, guión, fotografía e montaxe David

Castro Sopeña DATOS TÉCNICOS Ano de produción 2010 Duración 12 min

28

SINOPSE Casas de azulexo confrontadas co son electrónico do Theremin. Exploración dunha sensación de inquedanza a partir do encontro entre materiais protésicos, o damero de azulexo como sucedáneo da protección, o theremin como sucedáneo da voz humana.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.