Guía gastronómica de Santiago de Compostela

Page 81

compras gourmet O visitante que percorre as rúas do casco histórico atopará nelas infinidade de establecementos de recordos e entre eles os que venden masivamente tartas de Santiago, viños e licores galegos e algúns outros produtos como queixos ou embutidos propios da terra. Sen dúbida este tipo de establecementos soluciona as necesidades dalgúns viaxeiros, pero os máis interesados en entrar a fondo na gastronomía galega dispoñen por toda a cidade doutro tipo de establecementos, máis dirixidos ao público local que ao turista, que seguramente satisfarán a súa curiosidade gastronómica. Pode atopar en Compostela o interesado na gastronomía galega case calquera especialidade da nosa terra. Un punto de referencia fundamental para as súas compras gastronómicas será sempre a Mercado de Abastos da cidade, emprazado no casco vello dende mediados do século XIX. O Mercado de Abastos, monumento artístico, é o segundo edificio máis visitado da cidade, despois da Catedral. O viaxeiro atopará alí os mellores peixes, mariscos e carnes de Galiza, xunto con outras chegadas de afastados lugares. Froitas e verduras cultivadas nas hortas próximas á cidade xunto coas recollidas nos lugares máis exóticos. Queixos, embutidos, pan, viños e licores e calquera cousa de comer que se lle ocorra ao viaxeiro estará, seguro, no Mercado de Abastos. No mercado hai de todo, así que non faltan os postos de venda dalgúns elementos culinarios galegos moi buscados polo público: pratos de madeira para o polbo, cuncas e xerras para o viño, viradeiras de madeira e barro para dar a volta á tortilla...

Por tradición o día grande no mercado compostelá é o xoves, pero tamén resultan moi importantes os mercados dos martes e os sábados. No resto da cidade atopará o viaxeiro tendas tradicionais que se conservan practicamente como na primeira metade do século XX, como poden ser os ultramarinos Carro e Recouso, e modernas tendas de delicatessen. En todas elas atopará produtos de primeira calidade procedentes dos máis diversos lugares de Galiza. Tartas de Santiago, queixos, viños galegos, augardentes brancos e de herbas, licor café e de guindas, chourizos, lacóns... son algúns dos produtos tradicionais da nosa terra que busca o viaxeiro, que en Compostela tamén atopará os seus chocolates tradicionais e outros de máis recente creación, licores galegos pouco coñecidos coma o de coandro ou o de mirabel (pequena ameixa orixinaria da Selva Negra alemá que se cultiva no Rosal), augardente de mirabel, mirabeis en conserva, marrón glaçé fabricado en Ourense con castañas galegas, castañas en xarope, ao natural, en marmelada ou en puré, grelos en conserva ou deshidratados, conservas de peixes e mariscos das nosas rías, algas das costas galegas en lata ou secas... ata ortigas en lata producidas en Galiza atopará o curioso nos andeis das máis selectas tendas de Compostela. Aparte de alimentos e bebidas, o viaxeiro tamén pode adquirir en Compostela algúns elementos como pratos de madeira para o polbo, cunhas e xerras para o viño ou potas para facer a queimada, que atopará nas pequenas tendas do Mercado de Abastos e noutros establecementos da cidade. E libros de cociña galega, española e internacional.

061 063 065 067 069 071 073 075 077 079 085 087 089 091 093 095 097 099 101 103 105 107 109 111 113 115 117 119 121 123 125 127 129 131 133 135 137 139 141


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.