Guía gastronómica de Santiago de Compostela

Page 58

semana santa: ‘sabores de paixón’ Á tradicional celebración da Semana Santa, con procesións, actos relixiosos e concertos nas igrexas monumentais, Turismo de Santiago engade unha proposta gastronómica chamada ‘Sabores de Paixón’. Numerosos restaurantes, cafetarías, pastelarías e panaderías ofrecen cartas especiais con recetas da gastronomía galega de temporada: orixinais menús de coresma, tapas de vixilia, rutas ‘capuccinas’ e copas de xeado, tartas, ‘doces paixóns’ e pans elaborados con motivos desta época do ano. Máis información: www.forumsantiago.com

mercado de abastos O Mercado de Abastos é un lugar para mercar e para admirar, pero tamén permite degustar in situ os produtos alí adquiridos. Ademais de percorrer os postos de moluscos, peixes, carnes, queixos e verduras acabados de saír do mar e da horta, o visitante pode achegarse ao bar Churro María Punto Kente’ e solicitar que, por un módico prezo, lle cociñen os produtos alí comprados, para saborear toda a súa frescura ao momento. Rúa das Ameas, s/n. Aberto de luns a sábados, de 7 a 15 h. A hora de máis actividade é entre as 11 e as 12 h., e os mellores días os xoves e sábados.

tour gastronómico Esta visita guiada a pé discorre por tendas de alimentación tradicionais -Rúa do Vilar, Casa dos Queixos, rúas Orfas e Caldeirería, praza de Cervantes e da Acibechería- e polo moi auténtico e popular Mercado de Abastos. Grazas ás explicacións do guía, os participantes coñecerán a fondo as claves da cultura gastronómica galega e da dieta

atlántica, os segredos dos alimentos e os métodos de cociñado máis típicos. A visita remata cunha degustación de produtos 100% galegos. Información e reservas: Compostur - Tourperador Oficial de Santiago de Compostela Tel: 902 190 160. www.forumsantiago.com info@santiagoreservas.com

excursión gastronómica Desde Santiago de Compostela pódense descubrir con toda comodidade algúns dos sabores e lugares máis auténticos de Galiza, en excursións en vehículos de gran confort acompañadas dun guía profesional. A excursión dun día polas Rías Baixas inclúe visitas a cultivos acuícolas tradicionais e adegas, catas e menú ‘gourmet’ (opcional). Mínimo 4 persoas. Información e reservas: Compostur - Tourperador Oficial de Santiago de Compostela. Tel: 902 190 160. www.forumsantiago.com info@santiagoreservas.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.