Guía gastronómica de Santiago de Compostela

Page 53

Ourense é a gran provincia vinícola de Galiza. Ademais dunha parte da Ribeira Sacra, acolle as denominacións de orixe Monterrei, Ribeiro e Valdeorras. Só Rías Baixas (integramente en Pontevedra) é allea por completo a esta provincia. Monterrei é a menos coñecida das denominacións de orixe galegas e tamén a máis pequena. Pero produce algúns dos mellores brancos de Galiza e uns tintos destacadísimos dentro do panorama vinícola da comunidade autónoma. Situada no leste da provincia, o seu clima é máis continental que oceánico, o que inflúe de forma positiva no cultivo da vide e na maduración das uvas, dando lugar a caldos singulares: son os únicos viños galegos nos que a acidez non destaca. Valdeorras é o berce da variedade godello, felizmente recuperada nos últimos tempos e que está a dar algúns dos mellores brancos actuais de Galiza, o que se traduce en primeiros premios nas últimas edicións das Catas dos Viños de Galiza, organizadas pola Xunta de Galicia, así como importantes galardóns no resto de España e en concursos internacionais. Tamén esta denominación de orixe produce tintos, fundamentalmente coa variedade mencía. Finalmente Ourense conta coa denominación de orixe Ribeiro, a segunda entre as españolas polo grado de coñecemento dos consumidores. Como no resto de Galiza, Ribeiro produce espléndidos brancos (a variedade treixadura é a principal) pero tamén grandes tintos, que nos últimos tempos están en franca melloría e progresando no mercado.

O Ribeiro é tamén berce do único viño doce natural de Galiza: o Tostado, elaborado con uvas pasificadas de maneira natural. Ata hai poucos anos o tostado era case unha lembranza do pasado, con pequenísimas producións domésticas para consumo propio, pero algunhas adegas amosaron o seu interese neste viño e está de novo no mercado, inda que polo momento con producións reducidas e prezos altos. Aparte das cinco denominacións de orixe citadas, Galiza conta tamén cos “Viños da Terra” de Barbanza e Iria (aprobados a comezos de 2007) e os viños da terra de Betanzos, tradicionais nesta zona coruñesa. Auga e cervexa Galiza, como país termal que é, ofrece unha ampla variedade de augas minerais que se poden atopar na mesa de calquera restaurante como un perfecto complemento dunha boa mesa. Cabe salientar que na provincia de Ourense se embotella unha das poucas augas minerais con gas existentes no mundo que se consumen co mesmo gas co que brotan da terra, xa que a meirande parte das augas con gas que se comercializan pasan previamente por un proceso no que se lles engade o gas carbónico. A auga mineral con gas natural galega presenta unha burbulla moi fina e unhas características que a fan comparable ás mellores do seu segmento.

041 043 045 047 049 051 053 055 057 059 063 065 067 069 071 073 075 077 079 081 083 085 087 089 091 093 095 097 099 101 103 105 107 109 111 113 115 117 119 121 123 125 127 129 131 133 135 137 139 141


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.