Guía da producción audiovisual (galego)

Page 8

1. INDICE + SAUDAS

15/10/06

12:36

Página 7

1.- Saúdos Xosé A. Sánchez Bugallo. Alcalde de Santiago de Compostela

SANTIAGO DE COMPOSTELA, UNHA CIDADE DE CINE Dende os albores do cinematógrafo tanto profesionais como afeccionados do medio fixaron as súas olladas en Compostela. As razóns son obvias; a nosa cidade ten infinidade de espazos que permiten aos directores artísticos e decoradores atopar os escenarios naturais que as súas historias precisan. Compostela ofrécese ao cineasta como unha cidade viva na que resulta doado recrear tempos pasados ou brindar imaxes modernas. A diversidade de estilos arquitectónicos, a maxia dos nosos recantos, as posibilidades prácticas dos nosos monumentos, as rúas, prazas, xardíns e encrucilladas evocadoras ou capaces de definir situacións... son unha permanente chamada para a creación ou recreación de secuencias para o celuloide. Filmar en Compostela é unha garantía de bo resultado plástico de ambientación. Aos composteláns gústanos que isto sexa así. Estamos orgullosos e satisfeitos de que a nosa cidade, do mesmo xeito que no campo das letras, dende a súa fundación, sexa na actualidade un grande espazo para as historias en soporte audiovisual. Do poema, do romance, da novela, da pintura e do gravado, Compostela pasou nunha continuidade natural á ficción cinematográfica e ao documental co que isto implica de pertencer á modernidade, de contribuía á arte e á comunicación do noso tempo. Por estas e outras razóns esforzámonos por facilitar o traballo a todos os que chegan a Compostela. Esforzámonos por convocalos e facémonos partícipes das súas empresas coa nosa comprensión e entusiasmo. Co noso apoio institucional, técnico e humano, para que continúe sendo unha cidade de cinema.

Xosé A. Sánchez Bugallo Alcalde de Santiago de Compostela

7

1. Saludas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.