Guía da producción audiovisual (galego)

Page 40

3. SANTIAGO E O AUDIOVISUAL

15/10/06

12:40

Página 39

3.- Santiago e o audiovisual 3.1.- A industria audiovisual en España e en Galicia A industria audiovisual é, para a sociedade actual, a principal fonte de información, ocio e cultura. No sector, a cinematografía xoga un papel transcendental ao dotar de imaxes a cultura dun pobo e transmitir ao mesmo tempo valores e tradicións. O cine é, sen ningunha dúbida, a canle que usa o director para expresar un sentimento, unha idea, ou tratar de influír no espectador; e é por iso que, observando a evolución do cine, non veremos máis ca un reflexo da evolución da sociedade en cada momento e das pegadas que foron deixaron os acontecementos no director. O progreso audiovisual constitúe un dos trazos definitorios da modernidade en toda Europa. Todos os elementos que conforman o sector, ademais de xerar un grande volume de negocio e de emprego directo e indirecto, contribúen á creación dunha identidade cultural propia e ao desenvolvemento das distintas comunidades. Ao longo dos seus máis de cen anos de historia, o cinema en España experimentou unha notable transformación progresiva. De ser unha industria case insignificante, hoxe é o cuarto país europeo no “ranking” de produción cinematográfica, despois de Francia, Italia e o Reino Unido. As longametraxes españolas alcanzaron unhas porcentaxes moi superiores ás feitas nos decenios dos oitenta e noventa, en canto a cota de pantalla, recadación e entradas vendidas. A pesar de que as cifras aínda non chegan ao nivel doutros países europeos como Francia, pódese afirmar que hoxe en día o cinema español é unha industria consolidada, cun amplo abano de temas, xéneros e estilos. Por outra parte, o cinema español mantén vínculos moi estreitos coas industrias cinematográficas europeas e latinoamericanas, tal como demostra o alto índice de coproducións anuais con estes e outros países. Galicia ten moito que dicir na historia do cine español, non só pola achega de profesionais que se inscriben en todos os campos da industria, senón tamén por ser un decorado amplamente utilizado nos máis diversos títulos nacionais. Como é natural, para poder dar una visión do cine en Galicia, convén ter ben presente a evolución do cine español, dado que os aspectos socio-económicos, políticos e xeográficos estatais supuxeron en todo momento unha condición determinante para o desenvolvemento dunha cinematografía galega. Durante os anos oitenta e principios dos noventa, Galicia estivo por debaixo doutras comunidades históricas en canto ao número de películas realizadas. Para o conxunto da industria, Galicia era un escenario moi apetecible, pero as produtoras que xurdiron naqueles momentos eran de tipo modesto e incluso familiar, é dicir, empresas de capital escaso, con pouca ou nula capacidade para acceder aos mercados interiores ou exteriores, e a maior parte delas dependentes de recursos alleos. Fronte a estes obstáculos, a cinematografía galega experimenta a partir dos anos noventa un continuo crecemento, que a converteu nun exemplo de profesionalismo, innovación tecnolóxica e madurez, ate tal punto que máis do 30% das produtoras galegas son posteriores a 1995. Así mesmo, os produtos realizados nos últimos quince anos mostran unha enriquecedora heteroxeneidade e un avance importante no dominio da linguaxe do medio. O bosque animado, da produtora Dygra, por poñer un exemplo, foi a primeira película europea de animación dixital.

39

3. Santiago e o audiovisual


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.