Palabra de arbore

Page 1


O 21 de marzo celébranse en todo o mundo, o Día da Poesía e o Día da Árbore. Este ano démoslle a benvida á primavera recitando e creando poemas sobre os nosos bosques e as nosas árbores . Das árbores obtemos moitos beneficios:  Producen osíxeno, imprescindible para a vida no planeta.  Purifican o aire.  Protexen o chan da erosión.  Axudan a aforrar enerxía.  Proporciónannos leña para quentarnos no inverno.  Proporcionan sombra e bonitos paisaxes.  Reducen o ruído.  Protexen aos animais que habitan ou dependen delas

Para concluir : as árbores, fan a nosa vida máis agradable.


O Carballo

Frías as noites, as noites de abril treme o carballo, non pode durmir! As súas folliñas, verdes e douradas, mécense co vento mécense caladas. Os paxaros cazan para os seus poliños ¡non hai quen os cale a todos no niño

No inverno nevado cáenlle as follas

Tardes enteiras

e treme co frío

do solo recollo

Pobriño,¡ está espido!

folliñas secas

Cando bota landras os porquiños apurados van correndo coma tolos porque están esfameados. No outono, esgotado,

que caen a modo. Remato aquí o poema dedicado ao meu carballo que siga medrando bonito que siga medrando san.

ao meu carballo cáenlle as follas e dáme traballo.

Águeda González - 6ºEP


O

carballo

americano

Carballo querido do meu corazón, o cuco séntase nas túas polas e ti poste contento coa súa canción.

Alí no pobo, cómodo e sen ruído Nas túas polas, aos paxaros, Gústalles facer o seu niño.

Alejandro Estévez – 6º EP


Os Carballos

Eu

teño moitos carballos

Que me regalan agasallos, Como son as follas e o amor Que eles transmiten co seu cálido verdor. Tamén nos dan a súa leña Para quentarnos e cociñar, Ademais do lapis e o papel Que serve para debuxar Brayan Calviño – 5º EP


A nogueira

Cando viñen a Moreiras Na finca vivía unha nogueira. Cando a encontrei era pequerrecha A súa altura era ata a miña cabeza. Agora é moi grande E xa plantei outra Medra cunha amiga Comparten a súa sombra. A elas encántalle verme disfrutar, que xogue con elas e por elas trepar.

David Martínez – 6º EP


A ÁRBORE DE SAN XOÁN

A miña árbore é especial, É un centenario pradairo frondoso e moi fermoso, que medra na capela de San Xoán. A miña árbore ten unha lenda que me contou meu avó unha historia que é vella e por iso non quero que se perda. A miña árbore ten un burato aberto no seu tronco, no que habita un trasgo onde agocha os seus tesouros. A miña árbore está encantada e por iso, nas noites de lúa, acolle no seu tronco a esta escura criatura. Estela Araújo – 6º EP


A Magnolia durme tranquila na praza nin os fríos ventos conseguen espertala. Agardo con ela O duro inverno Mimándoa, coidándoa Ata que pase febreiro. Despois de febreiro A primavera xa chega E o canto dos paxaros A magnolia espertan. Fermín Cruz – 5º EP


a laranxeira

Miña árbore, é moi apreciada, por darme sombra, e máis laranxas. As árbores para min, son unhas heroes, reducen a contaminación, dannos flores e alegres cores. Cos incendios vemos, que acabamos coa natureza, poucas quedan sen queimar, iso é unha gran tristeza! Lucía Pérez – 6º EP


A figueira

De pé, no medio da horta, tras o seu sono, esperta a solitaria figueira

Énchese o aire de calor e a figueira recupera a súa cor, ao seu redor todo é sombra ao seu redor todo é frescor.

ao chegar a primavera. A dozura dos seus froitos Os xílgaros e os merlos agardan impacientes, pousados nas súas polas a que medren as súas follas.

de cor rosa e marfil dun sabor moi delicado, son un manxar para min! María Álvarez Castro – 6º EP


A abeleira

Na miña horta plantada eu teño unha abeleira. Póusanse os paxaros nela dende a noite a madrugada.

Cando estou triste ou deprimida déitome baixo a súa sombra e recupero a alegría.

Lendo un bo libro Sentada ao teu carón paso moito tempo, é unha boa diversión. María Domínguez-6ºEP


A sobreira

Miña sobreira frondosa dásme vida e dásme sombra, es cariñosa e falangueira entre as árbores, a primeira. Se a nós non nos gusta que ensucien o noso fogar, a ti tampouco che agrada que o teu o queiran queimar Vou coidarte cada día e con cariño me recibes. Prometemos coidar o medio ambiente, o lugar onde ti vives. Miña compañeira, miña sobreira miña árbore falangueira miña sombra, miña vida, miña árbore querida. María Rodríguez – 6º EP


A oliveira emigrante

ch

egou de Lleida

a miña oliveira. Falaba catalán pero agora xa é galega.

Ilumina o xardín con cores brillantes, co seu traxe prateado sempre vai elegante.

No seu recuncho atópase moi feliz. Nós coidámola moito, e ela adorna o noso xardín.

Rodrigo Rivera – 5EP


O castiñeiro

A árbore

centenaria

que teño ao meu carón, é un fermoso castiñeiro que adorna o meu pobo, de xaneiro a decembro. Ao chegar o outono, recollo o seu foito, unhas deliciosas castañas, que me gustan moito! Yago González – 5º EP


A cerdeira

Eu teño unha cerdeira; que é unha árbore froiteira. Da moi ricas e coloradas ameixas, coñecidas como cereixas.

A miña árbore que ten un gran corazón: acolle aos paxariños con moita ilusión, dialoga coas demais árbores e axuda nas discusións.

Cando sae o sol ela abre as súas pólas e mantense firme en calquera situación, pois, é a máis sabia de todas, tomando unha decisión.

Entre todas as cerdeiras; ela é a máis bonita, a máis guapa, é tan fermosa, que parece unha rosa.

Yesica Ribeiro – 5º EP


O piñeiro

No tronco do meu piñeiro Fixo un buraco redondo O paxaro carpinteiro.

Usaráo como niño Durante todo o inverno E alí terá acubillo.

O piñeiro é unha árbore Que non perde as súas follas. É o fogar de moitas aves E danos madeira e sombra.

Os piñóns, que son tan ricos, Alimentan aos esquíos E a nosa mascota, Efrén, Fai festas cos seus amigos.


Os chopos

As follas dos chopos Cantan cancións Cando as move o vento, O vento xoguetón.

Cando chega o outono Póñense amarelas E van caendo ao chan. Que gusto da pisar nelas!

¡Como me gusta sentarme Xunto ao seu tronco amigo Oíndo cantar os paxaros Mentres lemos un bo libro!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.