Organizan Coordinadora de ENL Leixaprén SonCine. IES de Porto do Son
ENCONTRO AUDIOVISUAL ESCOLAR GALEGO
XII Premio Leixaprén
Venres, 27 de maio de 2011 Casa da Cultura de Porto do Son + IES de Porto do Son
27.05.2011 XII Premio Leixaprén Manuel González Álvarez + Encontro Audiovisual Escolar Galego
deseño: Rebeca Ces + desescribir
Venres, 27 de maio de 2011
XII Premio Leixaprén + Encontro Audiovisual Escolar Galego Casa da Cultura de Porto do Son IES de Porto do Son Organizan: Coordinadora de ENL Leixaprén IES Porto do Son: · SonCine · EDLG · Equipo da Biblioteca · Dpto. de Lingua Galega · Dpto. de Educación Plástica e Visual Colaboran: Concello de Porto do Son Concellaría de Cultura de Porto do Son
Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística
Encontro Audiovisual Escolar Galego
Manuel González Álvarez
Alumnos/as e docentes, coa colaboración de profesionais do cine, xuntámonos o día 27 de maio no IES de Porto do Son para celebrar un encontro do audiovisual escolar galego.
Quizais todo comece na cabina de proxección dun cine. Nun neno que mira como o seu pai coloca as bobinas no proxector, apaga as luces da sala e abre as portas á luz dos soños. O cine. Se cadra todo consista na fidelidade entusiasta a esa experiencia: a necesidade de saber, de compartir, de producir a posibilidade dunha expresión soberana, de dar lugar a que suceda a creatividade. Manolo sempre construíu canles: de produción, de difusión, canles de creatividade. Dalgunha maneira nunca deixou esa cabina de proxección no cine da súa infancia. E iso é o que queremos agradecerlle.
Os obxectivos son: compartir os nosos proxectos, aprender e organizar dende a base esta enorme e feliz enerxía creativa que xurde nos centros escolares de Galicia.
XII Premio Leixaprén A Coordinadora Leixaprén, constituída por centros de ensino secundario dos concellos de Outes, Muros, Noia, Rianxo, Lousame, Dodro, Rois e Porto do Son, concede dende o curso 1999-2000 un premio que ten como finalidade recoñecer o labor que realizan persoas, colectivos, empresas ou institucións na promoción e defensa da lingua galega. Dende que na súa primeira edición fora concedido ao poeta Manuel María, diferentes personalidades e colectivos do mundo da cultura, as artes plásticas, a comunicación, o ensino ou a administración como Xosé Agrelo Hermo, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fabeiro Gómez, Xurxo Souto, Mar de Lira, a Escola Infantil Raiola, a editorial Toxosoutos, Vieiros, a Sala Nasa, a revista Irimia ou a Asociación de Funcionarios en Lingua Galega, foron galardoados polo seu compromiso co idioma e a cultura galegas. O IES de Porto do Son asume a edición do ano 2011 coa vontade de converter esta cita nun espazo de encontro e formación dos centros escolares de secundaria que desenvolven proxectos audiovisuais, nun eido no que, a diferenza do audiovisual industrial, se aposta maioritamente polo idioma galego. Neste contexto, o premio concédese a Manuel González Álvarez en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual galego e da lingua galega no audiovisual, mais tamén para simbolizar o traballo colectivo de todas aquelas persoas que introduciron e dinamizaron o audiovisual nos ámbitos afeccionado e escolar.
Este é o seu currículo na páxina da Axencia Galega do Audiovisual que el dirixiu: · Licenciado en Psicoloxía (Universidade Complutense, Madrid 1977). Director do I.F.P. Allariz (1979-82), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola en Galicia. · En 1984 foi responsable da Área de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura, organizando as primeiras axudas publicas ao cinema e video galegos, coordinou o programa “A imaxe na escola” (curso 1984-85) e foi responsable da Videoteca de Galicia (1984-85), xérmolo do que será posteriormente o CGAI. · Publicou numerosos artigos e impartiu charlas e cursos sobre vídeo e imaxe na escola e o audiovisual no ensino. Foi organizador da sección de vídeo e as actividades paralelas de XOCIVIGA (1984-1989). Con X. L. Cabo catalogou e fotografiou o patrimonio cinematográfico galego, materializándose este traballo na exposición itinerante “Cinematógrafos galegos” (1986-1987). · En 1988 entra a traballar na productora Vídeovoz TV, desenvolvendo funcións de arquivo, produción, guión e realización en diversos programas e series para TVG como “Encontros”, “Galicia no cine”, “A mellor TV do mundo” ou “Extramuros”, entre outros. · Participou na investigación e catalogación da memoria audiovisual da emigración galega. A súa tese de doutoramento en historia versa sobre “A emigración no cinema español” . Entre outros, publicou o libro Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990) e
Programa participou en varios libros colectivos (Historia do cine en Galicia, Diccionario do cine en Galicia, etc.) e numerosos folletos e artigos sobre audiovisual galego, patrimonio e formación audiovisual. · Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Profesor no Master de produción e xestión audiovisual da Universidade de Coruña (1998-2009) e profesor asociado na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo (2004-2007). Nos anos 2004 e 2005 foi o director de desenvolvemento da produtora Dygra Filmes. · Participou en numerosos eventos, festivais e mostras audiovisuais, así como en charlas e coloquios en foros nacionais e internacionais. · Foi Premio de honra Fernando Rey en 1999, pola súa “contribución ao desenvolvemento da industria audiovisual galega”, e Premio AISGE no 2006 “pola súa traxectoria”. · Dende o ano 2006 ao 2009 desenvolveu labores de dirección da Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, coordenando as convocatorias de axudas á produción, o deseño e contidos da web da Axencia Audiovisual Galega (Premio á mellor páxina institucional en galego no ano 2008) e impulsando novos proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009) ou Memoria do século XX.
Mañá Casa da Cultura de Porto do Son 09.45 Recepción e presentación 10:00 Proxeccións das producións dos centros 12:00 Descanso 12:15 Proxeccións das producións dos centros 13:15 Entrega do Premio Leixaprén Tarde IES de Porto do Son 14:00 O xantar 16:00 Aulas de cine 17:00 Descanso 17:20 Aulas de cine 18:20 Descanso. A merenda 18:40 Aulas de cine 19:40 - 20:00 Clausura
Centros participantes IES de Porto do Son IES de Cacheiras CIFP A Farixa - Ourense IES Eduardo Pondal - Compostela CPI Os Dices - Rois CPI DR. López Suárez - Escairón IES As Barxas - Moaña IES Pintor Colmeiro - Silleda IES A Guía - Vigo IES García Barros - Estrada IES Taboada Chivite - Verín IES Aquis Celenis - Caldas IES Félix Muriel - Rianxo IES Audiovisual - Vigo IES Salvaterra de Miño CPI Eusebio L. Baleirón - Dodro IES Leliadoura - Ribeira IES de Allariz
Profesionais convidados Daniel Domiguez - Guión Luis Avilés - Dirección Mara González - Produción Fran Piñeiro - Fotografía e cámara Rebeca Ces e desescribir - Deseño gráfico María Yáñez - Difusión web Fernando de Castro - Taller de rodaxe
Máis información: www.soncine.blogspot.com