Sushi Books 'O sombreiro do mago' (mostra)

Page 1

Tove Jansson

O sombreiro do mago

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m no ☐ atopou

bro



Índice Introdución...................................................... 9 Capítulo i.......................................................... 11 No que Mumintroll, Osmón e Sniff atopan o sombreiro do mago, aparecen cinco nubes e o Hemul inventa outro pasatempo

Capítulo ii......................................................... 27 No que Mumintroll se transforma nun ser horrible e se vinga da formiga-león, e xunto con Osmón leva a cabo unha secreta expedición nocturna

Capítulo iii........................................................ 43 No que Almiscreiro se retira en soidade e vive unha experiencia espantosa; a familia Mumin descobre a Illa dos hatifnatas, onde o Hemul fai unha escapada e todos teñen que resgardarse dunha terrible treboada

Capítulo iv........................................................ 63 No que a señorita Snork perde o pelo por mor dun ataque nocturno dos hatifnatas, e no que ten lugar o máis extraordinario dos descubrimentos na illa solitaria


Capítulo v......................................................... 79 No que se fala do Rubí Rei, do palangre do Snork, da pesca do mameluco e de como a casa dos Mumin se converteu nunha xungla

Capítulo vi........................................................ 101 No que Tofelan e Vifelan entran na historia perseguidos pola Bu e traendo unha misteriosa maleta, e no que Snork é nomeado xuíz

Capítulo vii....................................................... 113 Que é moi longo e describe a partida de Osmón e como se descubriu o misterioso Contido da maleta. Tamén como mamá Mumin encontrou o seu bolso e organizou unha festa para celebralo, e, para terminar, como o mago se presentou en Val Mumin


Introdución

A

quela mañá gris empezou a caer a primeira neve en Val Mumin. Ía caendo en silencio, pero ó cabo de poucas horas todo estaba cuberto dunha espesa capa branca. Mumintroll contemplaba desde o limiar da súa casa como o Val se abrigaba coa branca manta de inverno e pensaba: “Hoxe non teremos máis remedio que deitarnos a durmir o noso longo sono de inverno…” (Todos os mumin hibernan a comezos de novembro. Non é mala idea pasar o inverno na cama se non che gustan o frío nin a escuridade.) Mumintroll meteuse na casa sen facer ruído e cerrou a porta tras de si. Foi en busca da súa nai e díxolle: –Chegou a neve. 9


–Xa o sei –contestoulle mamá Mumin–. Acabo de facer todas as camas coas mantas máis quentiñas. Ti vas durmir na bufarda oeste, con Sniff. –Pero é que Sniff ronca moi forte! –exclamou Mumintroll–. E non sería o mesmo que durmise con Osmón e non con Sniff? –Como queiras –dixo mamá Mumin–. Sniff pode durmir na bufarda leste. Todos, a familia Mumin, os seus amigos e coñecidos, todos se preparaban cerimoniosamente para o longo soño do inverno. Mamá Mumin puxo a mesa para todos na galería, pero para cear non había máis ca follas de abeto. (É importante ter a barriga chea de follas de abeto se o que hai que facer é pasar tres meses durmindo.) Cando acabaron de cear, e é de supor que a cea non lles resultaría demasiado saborosa, déronse as boas noites máis cariñosamente que de costume e mamá Mumin lembroulles que lavasen os dentes antes de meterse na cama. A continuación, papá Mumin fixo a rolda pola casa pechando portas e fiestras. Á lámpada do comedor púxolle unha gasa para que non se enchese de po. Logo cadaquén meteuse na súa cama, aniñouse, tapouse coa manta ata as orellas e dedicouse a pensar en algo agradable. Pero Mumintroll lanzou un pequeno suspiro e dixo: –A min paréceme que o que estamos facendo é perder o tempo. –Non tal –contestoulle Osmón–. Teremos un soño tras outro e cando espertemos xa será primavera. –Si –dixo Mumintroll, que xa esvaraba cara ás afastadas profundidades dos soños. Fóra a neve seguía caendo branca e espesa. Agora xa cubría a beirarrúa e colgaba pesadamente de tellados e balcóns. Faltaba pouco para que a casa dos Mumin se convertese nunha enorme bóla de neve. Os reloxos, un a un, acalaron o seu tictac. O inverno chegara. 10


Capítulo 1 No que Mumintroll, Osmón e Sniff atopan o sombreiro do mago, aparecen cinco nubes e o Hemul inventa outro pasatempo

U

nha madrugada de primavera, exactamente ás catro, chegaba o primeiro cuco a Val Mumin. Pousouse no tellado azul da casa dos Mumin e cantou cucú sete veces, claro que coa voz un pouco rouca porque a primavera acababa de empezar. Logo marchou decontado, voando rumbo ó leste. Mumintroll espertou e permaneceu un longo anaco contemplando o teito antes de comprender de todo onde se atopaba e que pasara. Estivera durmindo cen días coas súas cen noites e aínda tiña a cabeza chea de soños que tiraban del para que volvese durmir. Pero cando se aniñaba tratando de achar unha posición cómoda para seguir durmindo, viu algo que o espertou de golpe: a cama de Osmón estaba baleira! 11


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.