O ENVASE CHURRUSQUEIRO

Page 1

O envase churrusqueiro

impreso en papel reciclado

De 5 a 8 anos

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Conto educativo para colorear


O envase churrusqueiro

Dep贸sito Legal: CO-1236/2003 Autor: Francisco J. Valverde Debuxos: Fernando Garc铆a Herrera Imprime: Argos Impresores O envase churrusqueiro v.1.2

Edita: Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L. Av. De la Torrecilla 39 14005 C贸rdoba T: 957 760053 | F:957 434266 Www.cicloverde.com | cicloverde@cicloverde.com


Ola, amigas e amigos! Vouvos contar algo moi importante, así que abride ben as orellas súper, superliiiiiimpas e relucentes… Xa están ben abertas? Pois escoitade moi atentas e atentos!


Ah, xa se me esquecía… hai algunhas palabras e frases bastante rariñas, a esas ímoslles poñer debaixo unha raíña porque quizais non saibamos ben o que queren dicir.

Cunha pouquiña de axuda dos máis vellos e co noso propio traballo imos pescudar o seu significado.


Ben… xa estades listaaaaaas e listoooooos? Pois cóntovos:

No noso planeta, como ben sabedes, hai moitas cousas: árbores e ríos, persoas, testos, elefantes, nubes, pedras, gorrións, calcetíns e están, tamén, os envases. Adiviña que son eu?.


Quizais un elefante? Tal vez unha nube? Ou… credes que son un testo?

Mirádeme ben… son un envase! Un envase, ademais, moi bonito e elegante!


Hai moitísimos, millóns e millóns de envases con formas diferentes… Algunhos moi raros: somos rectangulares, circulares, co bico curto ou longo, altos, gordos… fracos…

E as cores... as cores si que son divertidas: amarelas, verdes, vermellas, azuis, brancas… empregamos todas as cores do arco da vella. Viches algunha vez o arco da vella?


Todos os envases somos bastante guapiños aínda que na realidade … Oi! Oi!... case ningún tan guapo coma min… Ai! Paréceme que son un pouquiño vaidoso.


LEITE

Tamén temos no peito e no lombo palabras escritas dicindo como nos chamamos e o que levamos dentro da nosa barriga: zume, auga, xabón, colonia, leite… e moitas cousas máis.


Ah! Xa me esquecía: os que levamos dentro alimento temos escritas con letras pequeniñas unha cousa importante que debemos ler sempre, sempre e non esquecer xamais, a DATA DE CADUCIDADE! tamén debemos ter moito coidado cos que teñen o SÍMBOLO DE PERIGO!


Pero, ai! amigas e amigos, temos un problema que hai que solucionar.

Cando se acaba o que gardamos dentro da barriga, zas! tĂ­rannos ao lixo e mestĂşrannos con restos de comida, con botellas de vidro, con papeis sucios... debedes saber que cada un vai a un contedor diferente!


Pero agora centrémonos nos envases. Nós non queremos ser lixo, nós queremos, queremos… a ver se me sae… sen me enganar: queremos ser reciclados e… así poderemos servir de novo.


Escoitastes algunha vez a palabra reciclar? Explícovola un pouquiño? Pois alá vou… Esta palabra ten algo máxica. Reciclar é volver a empregar unha cousa que cremos que xa non serve para nada e tiramos ao lixo.


V贸uvolo contar moi a modi帽o! Escoitade con moita atenci贸n! Nas nosas r煤as hai uns contedores de cor amarela que son para botar envases.


Logo tírannos nese contedor especial, un camión lévanos a unha fábrica e con todos nós fan cousas novas, bonitas e elegantes…

así deixaremos de ser lixo e poderemos ser usados de novo, e… ao ser reciclados podemos converternos nun balón, nuns zapatos ou nun escorregadoiro ben grandote e divertido.


Pero temos un problema. Sabedes cal? Que … nós soíños non podemos chegar ata o contedor.


Teñen que ser as nenas e os nenos, as avoas e os avós, as mamás e os papás, as mestras e os mestres, as fontaneiras e os fontaneiros, as ministras e os ministros..

…todas, todas as persoas teñen que botarnos nunha bolsa só para envases e levarnos ao noso contedor especial da tapa amarela onde nos xuntaremos con todos os nosos amiguiños.


Algunhas persoas non saben isto de RECICLAR e mestúrannos con outras cousas. Nós protestamos, pero como a nosa voz non é coma a dos humanos non nos escoitan.

Hai envases de plástico con cara de pau que, cando os queren mesturar co lixo, anóxanse tanto que intentan con todas as súas forzas arrear couces nas canelas.


Os máis pequenos intentan escapar para poñerse na súa bolsa, agáchanse debaixo do lavabo, detrás da bombona de gas butano… e os máis pequeniños de todo, no vertedoiro, debaixo dos pratos.


Así que, sen couces e sen berros, pedímosvos que cando nos vexades na cociña, na neveira ou en calquera outro sitio lembredes sempre que, se nos reciclades, podemos servir de novo.


Así axudamos ao noso planeta Terra para que estea máis forte e máis san… sen lixo e sendo o máis fermoso de universo universal, e todo grazas a esta cousa máxica que aprendemos: RECICLAR.


Que é o noso amiguiño o envase churrusqueiro? Úneo cunha frecha.

Testo Nube

Elefante

Lata


Colorea, segundo os números, o noso caldeiro reciclón e cunha frecha leva cada cousa ao seu sitio correspondente. 1= AMARELO 3 = GRIS

2 = VERDE

Mazá

1 3

Brick Raspa

Lata

2

2


Rodea e colorea todas as cousas que deban estar dentro do contedor de TAPA AMARELA.


Busca os nomes dos nosos amigui帽os nesta sopa de letras .. Xab贸n

Lata

Envases

OP L ENVASES GAMEGEUEGE P BGB I RGB Z R A A Z Z A T AQUO L A T ANS E LMV TFRES I TFEA U T E V X A BON P V U B A I U R A AW ASVS TOASRS

Zume

LEITE

Leite

Auga


O envase churrusqueiro

impreso en papel reciclado

De 5 a 8 anos

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Conto educativo para colorear


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.