Xolda 2012

Page 1

XOLDA 2012

A REVISTA PLURILINGÜE QUE EDITA O C.P.I. DOS DICES

www.edu.xunta.es/centros/cpidosdices/

C.P.I. DOS DICES


30

proxecto o lobo

PROXECTO LOBO

editorial O curso que agora remata ía ser o dos recortes. O de non facer actividades extraescolares. O de apretar o cinto e renunciar á gran calidade educativa acadada ao longo de anos. Mais no CPPI dos Dices estamos afeitos a poñerlle ao mal tempo boa cara. Se nos quitaron profesorado, demos un paso adiante. Se temos menos recursos, fomos máis imaxinativos. Se noutros lugares deixaron de facer excursións, representacións, festivais, etc. nós reivindicámonos con grandes éxitos: concurso de cabazas no Samaín; festival de Nadal e Entroido; intercambio cun instituto francés; participación no Certame Intercentros de Teatro coa obra Romeo e Xulieta: o musical; participación con varias curtas de animación “Stop-Motion” no concurso “Nós tamén creamos”; excursión a Londres; participación no concurso da NASA e Youtube “SpaceLab”; encontros deportivos co CEIP de Urdilde; Club de Debate; e tantas e tantas outras actividades que sería imposible enumeralas aquí. Ademais, seguimos a ser un centro de referencia na calidade e innovación da educación. Seguimos a ser centro ABALAR, con un portátil por alumno/a; somos centro Plurilingüe; participamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares; temos Club de Lectura; recibimos unha European Study Visit onde vinte profesores/as de toda Europa viñeron ver como funciona o noso centro; estamos irmandados cun instituto de L’isle Jourdain (Francia) e con outro de Washington (EE.UU.), o que nos abre grandes posibilidades para traballar conxuntamente no futuro. Ademáis temos en marcha outro proxecto sobre física cun centro de Polonia.

XOLDA 2012

Un futuro que xa está aquí, no que os nosos alumnos/as teñen que dominar idiomas, equipamentos informáticos, ser cidadáns do mundo e estar preparados/as para competiren ao máis alto nivel laboral e social. Nos momentos duros é cando os mellores sobreviven. E o alumnado que sae do CPPI dos Dices está listo para o que veña. Para iso traballa arreo o equipo de profesorado que teño a inmensa sorte de dirixir. Un profesorado que traballa sen facer ruído, sen facerse notar. Día tras día, superando todas as dificultades cunha dose tan alta de profesionalidade e optimismo que fai que un pequeno centro público do rural galego estea considerado como un centro de altísimo nivel educativo, á altura dos grandes institutos públicos ou privados das capitais. Para min, incluso por encima de moitos deles. Boa mostra da figura do mestre de Rois é Manuel Silva, Don Manolo para varias xeracións de veciños do concello que pasaron polas súas mans. É para min moi difícil falar da súa marcha, pois non só perdemos un profesional excepcional, un mestre agarimoso e firme ao mesmo tempo, unha gran figura no ensino do galego e un compañeiro cooperativo e conciliador; senón que algúns perdemos tamén un exemplo que seguir e un amigo que sempre tivo unha palabra de alento nos momentos máis duros. Mais é xa hora do merecido descanso. Os que quedamos, ademais de botalo de menos, procuraremos non perder ese espírito de traballo, de optimismo e de alegría que deixa tras del e que contribuíu a facer deste centro un gran colexio. O colexio de Rois.

Rodrigo Costoya Santos. Director.

Nesta nova edición do Congreso do CEIDA, o noso colexio, o CPI dos Dices, presentouse cun novo proxecto baseado no estudo do comportamento dos lobos en Galiza e, especialmente, en Rois.

Os obxectivos foron os seguintes: Coñecer as zonas galegas onde podemos atopar maior concentración de lobos. Observar o declive das poboacións debido á sociedade actual e á deterioración do seu hábitat. Pescudar lendas e mitos sobre este animal na nosa localidade e en zonas limítrofes. Investigar sobre a toponimia de Rois relacionada co lobo. Para alcanzar estes obxectivos tivemos que levar a cabo os seguintes pasos: Primeiro elaboramos unha enquisa para as familias do alumnado. Logo, trasladamos os datos obtidos a unha gráfica. Para comprobar se os datos eran certos, fixemos dúas saídas aos montes do Treito e do

Pedregal, onde atopamos excrementos deste animal. Tamén fomos á Costa da Morte. Intentamos ver o lobo con axuda duns prismáticos, pero non tivemos sorte. Unicamente vimos numerosas pegadas e excrementos. Ademais, vimos un foxo, antiga trampa empregada para cazar o lobo e, aproveitando a ocasión, fomos visitar as dunas e un faro. Finalmente, presentaremos o noso proxecto, xunto cun pequeno vídeo, no Congreso anual do CEIDA, que tivo lugar no castelo de Oleiros, na Coruña.

Aroa Otero Miguéns Zeltia Iglesias Rodríguez 3º de ESO A


CONTIDOS Youtube space lab Viaxe a Londres

2-3 4

Celebracións 4-6 Abalar 7 Letras Galegas

8-9

O vento

10-11

Contos e poemas

12-18

A violencia de xénero

19-21

Fotografías grupos

22-29

Proxecto o lobo

30


2

XOLDA 2012

youtube space lab

youtube space lab Todos sabemos que Javier Méndez, é o profesor de tecnoloxía máis dinámico co que nos poderíamos atopar. Sempre anda en busca de novas aventuras, e este ano non ía ser menos.

Alá polo mes de outubro atopouse con que Youtube xunto con Lenovo e diversas axencias espaciais como NASA, ESA ou JAXA, organizaba un concurso no que invitaba a mozos entre 15-18 anos a explicar nun vídeo cunha duración máxima de dous minutos, un experimento científico que se puidese levar a cabo na Estación Espacial Internacional, en ausencia de gravidade. Claro está que Javier viu neste concurso unha oportunidade para espertar nos seus alumnos o interese pola ciencia, e dende

logo se o inglés estaba polo medio, moito mellor. E aí é onde entramos nós. É o noso último ano e queriamos aproveitar este curso ao máximo. E vaia se o fixemos. Parece que foi onte cando comezamos facendo probas e máis probas sen saber o experimento que queriamos desenvolver , ou cando nos decatamos de que o Fairy non so serve para lavar a louza, ou cando pasamos tardes enteiras no colexio diante dunha cámara de video (detrás da cal estaba Javier) repetindo unha e

outra vez frases en inglés.

E claro, chegou un día no que recibimos unha chamada seguida dunha intensa aperta e eramos felices pensando na palabra


youtube space lab

Washington. E esa palabra tornouse realidade e xunto con Javier e Susana comezamos a aventura. E alá chegamos unha noite a Nova York, a un lugar que parecía sacado das películas, Times Square, e alí pasamos a primeira fin de semana. No medio do desfile de San Patricio, e visitando museos como o MoMa ou o Metropolitan, e rañaceos coma o Empire State ou o Rockefeller Centre.

E de Nova York, a Wasnington DC. A coñecer aos participantes, a visitar o Capitolio, a coñecer a xente como o senador Rockefeller

XOLDA 2012

entrega de premios na cal alguén che dicía ‘’ Hi, I’m Sarah from NASA’’ e ti lle contestabas sen dubidar ‘’We are Laura and María, from Rois’’. E esa mesma tarde, a visitar a Casa Blanca e os memorias de Jefferson e de Lincoln. E o último día a visitar a Embaixada Española e a despedirnos xa da

xente que alá coñecemos. E volvemos a Rois, cuns cantos quilos na maleta de recordos, cansanzo, a esperanza de volver a ver algún día a esas persoas que alá coñecemos, a motivación suficiente para mellorar (non soamente o noso Inglés) e en certo modo cambiadas e cunha perspectiva moi diferente de ver as cousas. E logo de dous meses, visitamos

3

tivemos a oportunidade de lle preguntar aos astronautas que alí traballan dúas preguntas relacionadas coa ciencia. E así remata a nosa aventura, logo de estar o curso enteiro adicándolle tempo e tempo, e aprendendo constantemente non soamente termos científicos en inglés ou como expoñer información, senón tamén que algo que parece imposible ao mellor non o é tanto. Quizais o único segredo sexa o traballo duro e o esforzo, sen faltar nunca o estrés e os agobios. Resulta moi difícil resumir en tan só unha, ou duas follas unha experiencia que tivo de duración un curso enteiro. Resulta moi complicado, tamén, expresar tanto, tendo só palabras á tua disposición. Son moitas, demasiadas cousas, moitos sentimentos, moitos pensamentos, moitos momentos, moitas tensións, moito estrés, moitas palabras, moitos enfados, moitas alegrías, moitos moitos. Foi unha experiencia única, das que só se vive unha vez na vida e non sería posible sen o apoio

e a decatarse do frustrante que pode chegar a ser non poder dicir todo o que queres dicir pola falta de dominio no idioma. E ao día seguinte o verdadeiro premio, o voo Gravidade Cero, un avión que realiza un voo parabólico no cal hai un momento no que se consegue a ausencia de gravidade. E logo unha visita privada no Museo do aire e do Espazo e unha cea a carón do transbordador espacial Enterprise acompañadas de científicos e enxeñeiros. E ao día seguinte a ceremonia de

a ESA (Estación Espacial Europea), en Colonia (Alemaña), un premio para todos os equipos finalistas Europeos. Alí, realizouse unha conexión en directo coa estación Espacial Internacional na cal

constante de Javier, grazas ao cal conseguimos vivir un curso escolar que difícilmente esqueceremos. Dificilmente non, nunca. Grazas, Javier.


4

XOLDA 2012

viaxe a londres

Viaxe a londres A mediados de maio, o alumnado de 3º e 4º da ESO fomos de viaxe a Londres. O día 10 partimos dende o aeroporto de Vigo para o de Heathrow. Ao chegar instalámonos no Royal National Hotel, onde deixamos toda a nosa equipaxe. Logo fomos ao supermercado, onde compramos todo o necesario e inmediatamente despois dirixímonos a cear nun italiano. Ao día seguinte fomos a dous museos: o Science Museum (Museo da Ciencia) e o Natural History Museum (Museo da Historia Natural). Despois dun paseo fomos cear ao Hard Rock café, no que ademais había unha tenda de agasallos onde se podía ver unha exposición de instrumentos e roupa de xente famosa. O terceiro día dirixímonos ao Museo de Arte Moderna, o Modern Tate, e a Saint Paul’s Cathedral, na cal a maioría subimos os 528 chanzos das escaleiras ata chegar ao seu campa-

nario. O día seguinte fomos a Camden Town, onde fixemos algunhas compras, e demos un paseo en barco ao longo do río Támesis; finalmente ceamos nun restaurante chinés. O luns fomos visitar a National Gallery e demos un paseo ata o London Eye, desde o que hai unhas vistas impresionantes, ceamos e fomos ver o musical Billy Elliot, un grande espectáculo. Finalmente, o martes pola mañá, desprazámonos ata o British Museum e pola tarde collemos o avión ata Vigo. Este viaxe foi moi divertida e emocionante. Aconsellámosvos que, se tedes a oportunidade de ir non a deixedes pasar, xa que á parte de aprender unha morea de cousas novas, interactúase con outras culturas, como a italiana, a india... Ademais, nesta viaxe pasaron moitas outras cousas, pero esas quedarán en Londres. Eva Somoza Martínez e María Vázquez Castaño.

celebracións

samain A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de novembro terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Os celtas celebraban co Samaín o

paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira , polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a


celebracións

lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar. Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1º de novembro, a

festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase aos castros nin

XOLDA 2012

ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa. Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes. Afírmase que polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda foi exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións. A tradición ten continuidade nas festas de Halloween , do que sería o seu precedente, nunha adaptación do Samaín na cultura estadounidense, semellante a un Entroido , na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse

5

nunha festividade cada vez máis popular. No noso colexio tamén se celebra o Samain. Todos os nenos ou nenas poden levar unha cabaza decorada que se expón no vestíbulo durante 3 días, os profesores elixen as mellores.Os gañadores levaran un agasallo e os que participaron un fermoso diploma. Cada ano hai máis participación e moita creatividade. Os máis pequenos tamén escoitaron historias de medo. Andrea Castaño, Ánxela Gil, María José Baleirón e Araceli Rodríguez

o magosto O Magosto é unha das festas populares máis típicas e tradicionais de Galicia, pero tamén se celebra noutras partes de España. O seu elemento principal é a castaña e o lume. Esta festa celébrase a fins de outubro e principios de novembro. No colexio do C.P. I dos Dices Rois facemos o Magosto desde fai xa tempo. Este ano, por exemplo, o primeiro que fixemos foi asar as castañas, cousa que lle tocou aos profes Citoula e Don Manolo. Despois comémolas. Logo comemos un bolo preñado e chocolate quente. Para rematar, xogamos a distintos xogos, como a chave, os sacos, o pano, as gomas…


6

XOLDA 2012

celebracións

Aquí tedes un refrán: Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, pouca castaña e nabo furado.

Agora aquí tedes un conto: A vella que quería ir ás castañas. Unha vez era unha vella que quería ir ás castañas. Estaba na cama e sentía como bruaba o aire, dicindo, moi leda: -Veña, airiño, veña! E o que non ten que teña. Ao amencer levantouse a miña vella e foi para o souto, e o aire sopraba máis furioso ca antes e a vella dicía: -Nin tanto nin tan pouco, que leva á vella polo souto.

Mirade esta receita Sopa de castañas: Ingredientes: * 1/2 quilo de castañas * 50 gr. de allo porro * 100 gr. de cebola * 1 dente de allo * 1 rama de apio pequena, sen as follas * 100 ml. de nata líquida * 1 litro de caldo de verduras * 1 litro de auga * 1 chisco de cardamomo (opcional; tamén se pode pór comiño, herba doce ou anís estrelado) * 2 culleres de sopa de limoncello ou de licor de herbas * Aceite de oliva * Sal e pementa negra

Preparación Facer un corte cun coitelo de serra ás castañas. Metelas tapadas no microondas por quendas durante 30 segundos a potencia máxima, e pelalas sempre quentes. Se non se ten microondas, levar a cabo o mesmo proceso escaldándoas uns minutos en auga fervendo. Picar o allo porro, a cebola e o culleres de apio. Pelar o allo. Refogar todo coas castañas peladas nunha cazola cun pouco de aceite a lume medio, uns 5 minutos. Mollar co caldo e ca auga e temperalo. Cocer 1/2 hora e triturar. Engadir a nata, e se está moi espeso, un pouco de leite. Pasar polo chinés para que quede máis fina, e condimentar co cardamomo, a pementa e as dúas colleraas de licor de herbas. Rectificar de sal. Pódese servir cunha gornición de cogomelos salteadas con allo e perexil e un gota de aceite de oliva por encima. Como vedes en Rois pasámolo moi ben, aquí tedes uns refráns para que vos animedes e un conto pequerrecho para que vos entreteñades esperamos que vos gustara o noso traballo.


abalar

XOLDA 2012

7

abalar

O proxecto Abalar, da Consellería de Educación, é un proxecto destinado a mellorar a calidade de aprendizaxe e achegarnos o alumnado ás novas tecnoloxías. Agora dispoñemos de portátiles para cada un dos alumnos de 6º e 5º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e os seus profesores , ademais, contamos cun armario para gardar os equipos. Tamén dunha pantalla táctil para cada clase e uns altofalantes novos. Ao instalar as cousas tivemos que cambiar de aula durante algún de tempo. Logo fomos para a clase pero os ordenadores non funcionaban moi ben. Nese curso (2010-2011) non puidemos facer uso dos ordenadores ata o terceiro trimestre, e meirande parte do tempo pasámolo en familiarizarnos co novo sistema operativo e en ver as posibilidades que nos ofrecía esta nova ferramenta de traballo. Agora, neste curso, usámolos moito en tódalas materias, sobre todo para cidadanía, coñecemento, relixión e as áreas de lingua. Cos ordenadores facemos traballos escritos, gráficos, presentacións, consultas na rede, descarga de arquivos para ler ou usar cando os necesitamos, actividades do servidor de contidos adaptadas aos temas que estamos estudando, etc. Cando lemos textos en “pdf” só temos que darlle a volta á pantalla e lémolos tranquilamente. A pantalla táctil é o máis útil; cando necesitamos o significado de algo non temos que ir ata o ordenador do profesor nin coller os nosos, senón que prendemos a pantalla e xa o miramos directamente. Tamén cando queremos facer actividades, como a pantalla é táctil, só temos que prendelas e ir segundo nos mande o profesor. Se as actividades temos que facelas todos por separado, collemos cada un o noso ordenador e facémolas. Os altofalantes son importantes xa que, sen eles, non se escoitarían ben os vídeos do ordenador do profesor. É importante tratalos ben. Cando imos utilizar a pantalla simplemente a prendemos pero para coller os ordenadores imos de un en un, en orde a coller o ordenador que nos corresponde, xa que cada un ten un asignado para el. A pantalla non se debe tocar cos dedos porque se os tocamos deixamos marcas. Só se deben tocar co punteiro que trae incluído. Tampouco se pode virar a pantalla bruscamente por-

que o ordenador podería romper ou simplemente quedar “durmido” ( poñerse en negro ata que se lle volva a dar ao botón de prender). Non se lle poden dar golpes ao armario nin desenchufar os ordenadores ao bruto. De cando en cando o profesor sácalle o po por enrima ao armario e revisamos os cables de carga dos ordenadores. Funcionan co sistema “ubuntu”, que é diferente ao “Windows” porque por moita xente é considerado mellor e máis fiable e os procesadores para facer documentos son Openoffice e tamén contén algún xogo dos que soen vir cos ordenadores normais. Tamén fixemos un correo electrónico aqueles que non o tiñamos porque así podemos colaborar na elaboración do blog da aula, achegando os nosos “post” e tamén acceder aos cursos da aula virtual do colexio. Tamén estamos máis informados sobre os inconvenientes e riscos de internet. No último ano viñeron algunhas persoas a darnos charlas sobre estes temas, para navegar por internet con seguridade e coñecer os riscos dun mal uso e dos perigos que pode ocasionar, principalmente no que respecta ás redes sociais, (facebook, twiter, tuenti, messenger...) como funcionan e como debemos actuar nalgúns casos como por exemplo o ciberacoso. Con respecto ao funcionamento do proxecto Abalar, fixemos unha enquisa na nosa clase e as opinións son, en xeral, positivas. A maioría da xente respondeu que estaba moi ben e axudaba pero que os ordenadores van regular aínda que antes ían peor. Unha pequena parte da clase di que son mellores que antes e outra aínda está indecisa. A maioría pensa que prefire a pantalla táctil aos ordenadores, pero algúns pensan que son mellores os ordenadores que a pantalla táctil grande. E os altofalates dos portátiles fallan algunha vez e hai que reiniciar o ordenador. Por último, queremos dar as grazas á xente que fixo posible todo isto, xa que, en realidade, si que foi un adianto na calidade de educación e mellora para adaptarse ao novo mundo. Tamén pediriamos aos responsables de proxectos coma este que os preparen con máis antelación e así non habería tantos fallos unha vez que xa están en marcha, como sucedeu neste caso. Iria Pérez Varela e Paola Rey (6º)


8

XOLDA 2012

letras galegas

letras galegas Entrevista con Afonso Paz-Andrade Rodríguez

“Meu pai tivo un profundo compromiso con Galicia” Todas as voces que se escoitaron a raíz da elección de Valentín Paz Andrade para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2012 foron para gabar esta escolla e non moitas veces un persoeiro concitou tal unanimidade. Estamos perante un home no que sobresae, antes de nada, o seu carácter polifacético, cun labor destacado en todos os campos aos que lle dedicou atención: economía, xustiza, política, literatura, xornalismo... Para facérmonos unha idea abonda dicir que foi un dos fundadores da multinacional Pescanova ou que representou a Galicia nos acordos políticos durante a transición á democracia, continuación do labor político que xa levara a cabo nos anos 20 e 30 e que conduciron ao Estatuto de 1936. De todas estas facetas tivemos ocasión de falar co seu fillo Afonso, empresario e continuador do labor de seu pai en Pescanova e na publicación Industrias Pesqueras, que amablemente nos atendeu no que fora o prestixioso despacho profesional de seu pai, na rúa Policarpo Sanz de Vigo.

UN HOME PROXECTADO AO EXTERIOR Que sentiu cando soubo que a Real Academia Galega decidira recoñecer a figura de seu pai? Unha grande satisfacción, gratitude e alegría, porque o fai, ademais, unha Real Academia renovada, con xente moito máis dinámica e que ten unha visión distinta á doutras etapas desta institución. Valentín Paz Andrade pasou media vida viaxando e isto notaríase na súa forma de ser. Si, creo que meu pai foi un adiantado ao seu tempo, de profundas crenzas e profundo compromiso coa terra: Galicia foi para el unha devoción que rozaba a obsesión, sempre dende unha actitude moi plural, moi internacional. Decatouse de que, partindo da raíz galega, había que proxectarse ao exterior e había que convivir e competir nese contexto. Iso hoxe

enténdese moi ben, pero alá polos anos 40 ou 50 non era así, porque o réxime político que se padecía ía na dirección contraria, en contra da apertura, da liberdade e do pluralismo. Paz Andrade tamén foi xornalista, xa fose colaborando ou mesmo dirixindo proxectos.

Meu pai cría que había que informar a xente, crear un estado de opinión, formar unha conciencia galeguista e considerar o noso país como ser unitario. Tivo unha grande vocación xornalística e colaborou nun grande número de publicacións, entre as que hai que destacar o xornal vigués Galicia, do que foi director. O Galicia foi un fito na vida xornalística daque-


letras galegas

la época, e que a ditadura de Primo de Rivera acabou penchando. Para meu pai foi unha gran pena que levou consigo toda a vida.

SUPERVIVENTE DA REPRESIÓN A súa actitude comprometida case lle custa a vida en varias ocasións. Si, en plena rúa do Príncipe de Vigo pegáronlle 5 tiros e durante o seu desterro en Verín uns falanxistas empezaron a dispararlle. Felizmente non o feriron, pero

XOLDA 2012

Certamente, meu pai foi un home polifacético que fixo política, literatura, poesía, economía, que se dedicou a actividades empresariais e que exerceu a avogacía -con traballos moi importantes no ámbito da xustiza e cun despacho de avogados moi considerado e de moita sona-. A faceta poética é tamén meritoria. A del é unha poesía moi condensada, moi conceptual. E logo ten unha ampla obra ensaística, cunha prosa moi moi densa, era capaz de dicir moitas cousas en poucas palabras. Non é un autor ao que se poida ler ás présas: fai pensar. El sempre mantivo contacto co exilio.

cando anos despois iamos a Madrid, meu pai paraba a ensinarme os buratos que alí fixeran as balas. Pero ese foi só un dos moitos lugares onde estivo desterrado. De Verín mándano a Requeixo de Queixa, un lugar onde praticamente había neve perpetua. Naquela aldea, onde non había máis ca uns pastores, tivo que se quedar a vivir nunha casoupa onde vivía a xente e as vacas. De cando en vez baixaba ao pazo de San Lourenzo, onde coñeceu á que foi a miña nai. Así que, desa circunstancia dolorosa e punitiva que foi o desterro na serra da Queixa, xurdiu outra distinta e agradable como foi atopar a muller que o ía acompañar o resto da súa vida.

O LABOR LITERARIO

Entre as múltiples actividades ás que se dedicou tamén tivo tempo para a literatura.

Si, xa antes de se constituír Pescanova meu pai empezou a traballar na ONU, para a FAO. Daquela non o deixaban saír porque ao réxime non lle gustaba que meu pai tomase contacto coa galeguidade do exterior e a cousa púxose tan dura que lle retiraron o pasaporte. Entón a ONU deulle un pasaporte internacional, que daquela existía precisamente por motivos políticos, e co que podía entrar e saír de España. Así que estivo sempre en contacto co exterior, porque traballou en Cuba, Colombia, Chile, Bos Aires ou Roma por razóns pesqueiras.

Foi un home de profundo compromiso con Galicia Tivo unha grande vocación xornalística e dirixiu o Galicia É un autor que non se pode ler de présa; fai pensar Sufriu represión e desterro durante a ditadura Representou a Galicia na Transición

9


10

XOLDA 2012

o vento

o vento Os nenos e nenas de 1º de E.P. do C.P.I. dos Dices de Rois, fixemos un proxecto sobre o vento aprendemos que o vento pode ser forte ou feble, a velocidade do vento mídese co anemómetro. A brisa é un vento suave ,en cambio o tornado é un vento forte Tamén vimos vídeos sobre os efectos do vento.

Fixemos unha pequena saída do cole , para ir a ver liques, que son a mestura dunha alga e dun fungo. Os liques crecen cara o Norte.

Fixemos ondas Cunha cunca con auga na que sopramos foron pequenas as ondas, logo co secador a toda potencia, as ondas, foron grandísimas. Así soubemos que o vento é aire en movemento


o vento

XOLDA 2012

O día da saída tamén xogamos co compás que nos marca os puntos cardinais, que son: Norte, Sur, Leste e Oeste. O sol sae polo Este e ponse polo Oeste, ao medio día o Sol está no Sur.

Na porta do armario da nosa aula, temos una rosa dos ventos, marcamos a dirección do vento cada día e anotámola no caderno do día. O aparello que nos indica a dirección do ven to é o viravento

Coa axuda dos nosos pais e nais construímos obxectos relacionados co vento: muíños, eólicos, viraventos, cadro dos ventos… Na escola fixemos dous murais sobre os beneficios e prexuízos do vento Con todo isto montouse unha exposición no distribuidor do edificio de administración.

11


12

XOLDA 2012

contos e poemas

o vampiro querĂ­a comer ĂĄs princesas


contos e poemas

XOLDA 2012

13


14

XOLDA 2012

contos e poemas

Confía nos estraños! Ola! eu chámome Maxime, nacín en Francia e aos 12 anos vin para Galicia, nunha pequena aldea de Rois chamada o Faro. Aos 12 anos miña avoa enfermou de cancro e tivemos que regresar e deixar toda a nosa vida en Francia, os meus amigos, a miña xente, todo, todo pola miña avoa. A miña avoa estaba moi grave e ela o único que quería era volver coa súa familia en Galicia, dicía quería volver ver as súas irmás antes de morrer. Eu non a cría cando dicía que ía morrer porque o dicía como se non tivese importancia. Un día deille importancia porque pasou o que máis temía, a miña avoa, morreu. Nós queriamos volver a Francia despois da súa morte, pero a avoa deixáranos unha carta pedíndonos que quedaramos aquí e que coidaramos da súa casa. Non sabiamos que facer, se quedar en Galicia ou volver para Francia. Meus pais decidiron quedar. Eu, no colexio non facía moi boas migas cos da miña clase, xa que a min parecíanme un pouco parvos. As únicas que me facían caso eran as rapazas, que sempre, sempre estaban detrás miña, sen ningunha razón. Xa estaba farto de Galicia. Alá xa sabía falar o francés moi ben e encantábame Francia. Que podía facer, escapar e volver á miña casa e ao meu colexio, ou quedar aquí todo aburrido e sen amigos? De xeito inmediato, por causa da miña avoa a vida resultábame moi difícil. Deixara fai 4 anos, unha vida moito mellor en Francia. Aos meus amigos, e a rapaza que me gustaba dende que ía en infantil. Aquí a ninguén lle caía ben e non se me daba moi ben o español. A rapaza que me gustaba alá era xenial, tiña o pelo marrón e uns ollos preciosos, chamábase Marine. Era alta e delgada, o seu sorriso era o que máis me gustaba dela. Levaba todos estes anos tratando de convencer aos meus pais para irme de aquí. Que se alá estaba mellor, que se tiña máis amigos... Sempre igual, eles dicían que non, porque sempre ían ca escusa de que encontraran traballo, de que meu irmá estaba ben aquí.... pero no fondo sei que sempre estiveron mellor en Francia e que só quedan


contos e poemas

XOLDA 2012

en España para cumprirlle o desexo a miña avoa. Non entendo porque os meus pais menten. Teño 15 anos e xa non son un neno pequeno, eles pensan que non me dou de conta, pero no fondo si. Meus pais, cando me gustaba Marine sempre me dicían que non tiña idade para mozas. Dende que morreu a avoa todos están moi raros. Non era coma antes, que sempre o pasabamos xenial en familia, vendo o fútbol ou dando un paseo pola cidade, todos cambiaron. Era pola tardiña, que facía un día estupendo para dar unha volta pola carballeira de Sorribas, que estaba preto do río. Coma sempre, dirixíame ao colexio con moita présa, cando enseguida unha muller dunha idade bastante avanzada me colleu polo pescozo e díxome que fose con ela. Eu, como non tiña présa xa que a primeira hora había naturais obedecín e fun tras dela. A muller era moi baixa, soábame moito a súa cara. A señora levoume a unha casa vella e sen orde, díxome que non tivese medo, que seica que era a vella dos desexos e que sabía que quería volver a Francia e que tiña un remedio. Segundo ela podía facer que a miña avoa resucitase e que nós, volvésemos a Francia con tan só tomar unha beberaxe, tamén me dixo que os meus pais non se darían de conta de nada xa que borraríase o recordo das súas memorias. Eu estiven falando un anaco con ela, de porqué sabía que quería volver a Francia...Ela só dicía que fora unha gran amiga da miña avoa e que quería cumprir o gusto de poder volvela a ver viva. Dábame un pouco de medo pero ao final accedín. Alí, coma prometera, bebín unha beberaxe que me dou a señora esa e marchei pitando para a clase. Cando cheguei á casa, estaba miña avoa, facendo o xantar. Ninguén sabía que resucitara, só eu sabía a verdade. Chegaron meus pais e miña avoa citounos na cociña, dixo que podiamos regresar a Francia e que ela quedaba tranquila aquí cos seus irmáns. Meus pais quedaron moi impresionados xa que non lembraban porque dicía iso, non sabían que facer, pero eu insistinlles e ao final conseguino, regresamos a Francia. Aquela tarde marabillosa recordareina para sempre, xa que a viaxe que fixemos para cruzar a fronteira que nos separaba do noso país natal foi inexplicable. O primeiro que fixen despois de instalarme, foi timbrarlle á veciña (Marine) e darlle unha aperta xigantesca. Ela faloume un bo anaco, aínda que non lle entendese moito, xa que levaba o meu francés un pouco oxidado sempre recordarei as súas primeiras palabras que non me dicía dende facía anos. Agora vivo ao seu lado, pero sempre recordarei que a miña avoa estivo morta e que resucitou grazas a unha muller un tanto estraña.

Ánxela Gil e Araceli Rodríguez. 1º ESO

15


16

XOLDA 2012

contos e poemas

O VERDADEIRO AMOR DUNHA NAI! Era un rapaz duns 8 anos que ía ao colexio, e, segundo el, era un rapaz desgraciado, xa que tiña unha nai á que el consideraba un mostruo. Por razóns que o neno descoñecía, a súa nai faltáballe un ollo. O neno, que se chamaba Alexandre, non quería que ela fose ao colexio, xa que dicía que o avergonzaba e que os seus amigos se rían del por ter unha nai así... Durante toda a súa vida, riuse dela, e facíaa sentir mal, pero a nai queríao moito, e perdoábao. Aos 18 anos marchou da casa coa súa moza, casaron e tiveron fillos. Os fillos tiñan agora xa 6 anos, e neses seis anos súa avoa non os vira nunca, xa que Alexandre dicíalle á súa nai que non merecía velos, que ela era un mostruo, que lle fastidiara a vida e que non quería vela... Pero aquel día o timbre soou, e os dous nenos abriron a porta. Resulta que era a avoa; os nenos, ao vela, asustáronse e botáronse a chorar. Chegou Alexandre, e, sen facerlle caso á nai, que non paraba de repertirlle que tiña algo importante que dicirlle, berrou con ela, e botouna da casa, dicíndolle por que fora alí, que ninguén a chamou, que marchara, porque asustaba aos seus fillos... a muller marchou, e o fillo cerroulle a porta dun golpe. Aos poucos días, a nai morreu, e, xunto a ela, atopouse unha carta, ía dirixida ao fillo e poñía: “Fillo, cando ti naciches, os médicos viron que che faltaba algo, faltábache un ollo, xa que o que tiñas non che funcionaba. E eu, desexando con todas as miñas forzas que puideses ver á perfección, doeiche o meu. Nunca quixen que mo agradeceses, por iso nunca cho dixen. Agora, que estou a punto de morrer, quería que o soubeses, xa que, cando intentei dicircho en persoa, na túa casa, non me quixeches atender, pois dígocho agora, si, estou enferma, moi enferma, e os médicos déronme poucos días de vida. Que saibas que o do ollo non tes por que agradecermo, xa que o fixen porque en realidade che quero. Perdón por amolarche a vida, esa nunca foi a miña intención, espero que algún día poidas perdoarme…!”

Sara Iglesias Rodríguez 2º ESO


contos e poemas

XOLDA 2012

Unha árbore especial Neste momento atópome descansando na póla máis alta do carballo que se atopa na vila de Rois, en concreto nunha aldea chamada O Sixto. Esa árbore era na que todos os turistas, que veñen pasar uns días á Casa Rural, que aquí se atopa, páranse a sacar fotos. A verdade nunca o entendín, a xente saca fotos a unha árbore que ten unha póla revirada e nin se para a observar a marabillosa paisaxe. Os esquíos, que de vez en cando, baixan das árbores para coller as piñas, os carballos, as árbores ás que lle comezan a medrar os froitos, o son dos paxaros.... Esa tarde cheguei á casa máis tarde do normal, debido a que me quedei durmida nesa póla. Tan pronto abrín a porta, o que me atopei foi a meu irmán xogando cos coches no corredor, eu intentando non pisar ningún pero aínda así tropecei co seu favorito, caín enriba da man e … aos poucos minutos atopábame na sala de espera do hospital, eu estaba bastante ben, pero o coche do meu irmán non quedou en moi bo estado. Por sorte non rompín nada máis que o radio da man dereita, meu irmán sen sentirse culpable púxose a rir cando me viu saír da consulta coa man escaiolada. Eu enfadada repliqueille: -Serás tonto! Cativo, xa podes correr, porque como Paula me chamo, ti non saes de aquí vivo! -Paula deixa ao teu irmán, el non o fixo adrede e ademais rompícheslle o seu coche favorito! A única que ten culpa do que che pasou es ti, por non mirar por onde vas! - dixo miña nai. Eu, enfadada, saín correndo coa man enxesada do hospital e dirixinme ao coche, miña nai e meu irmán tardaron uns minutos en chegar ao coche pero tan pronto entraron, miña nai arrincou o coche e marchamos. Ao chegar á casa o meu pai xa volvera de traballar, e cando me viu coa man enxesada púxose todo histérico e fíxome todas as preguntas que vos podedes imaxinar. Ao contrario da miña nai o meu pai preocupábase moito por min. Eran as doce e aínda non fora para a cama, xa que hoxe mesmo déronme as vacacións do colexio e mañá non tiña escola. Esa mañá madruguei moito, pero non me importaba porque tiña pensado unha fabulosa idea para facerlle á miña amiga, a árbore. Collín un colchón, unha almofada, unhas cantas táboas de madeira, unha escaleira, o libro que me recomendou o profesor de galego, un cacho de biscoito que fixo miña nai e a mochila cos deberes, púxeno todo na carreta e marchei con ela ata a árbore coa póla rebirada. Puxen a escaleira contra ela e asegureime de que estaba ben suxeita, collín as táboas e funas colocando enriba de dúas pólas que estaban á mesma altura, unha vez ben suxeitas con cravos e cordas, subín o colchón e a almofada, recollín a escaleira e púxenme a observar o bonito amencer. Esa mañá paseina facendo os deberes coa man esquerda, resultábame bastante fácil, porque eu non era destra pero tampouco zurda, era o que se lle chama ambidestra. Á hora de comer volvín á casa, díxenlle a miña nai, se me podía deixar unhas friamei-

17


18

XOLDA 2012

contos e poemas

ras para meter a merenda e a cea, pero ela só me deixou unha para levar a merenda, comín ata fartarme e despois de ver un pouco a televisión co meu irmán Pedro, preparei a mochila e volvín á árbore. Alí rematei de ler o conto que nos mandara o profe, que era un home que levaba moitos anos dando clases no CPI dos Dices. Despois de lelo comín a rica merenda, que me preparara miña nai e quedei mirando o río, as árbores.... Era a hora de volver á casa e dispoñíame a baixar a escaleira, pero decateime de que desaparecera, púxenme a buscala coa vista como unha tola, pero non aparecía. Intentei pedir axuda pero ninguén me escoitou. Pasaron dúas horas... e non tiña ningunha forma de baixar, púxenme a pensar e ocurréuseme algo, pero era algo moi perigoso. Ben, aínda así fíxeno, tirei o colchón ao chan e caeu xusto onde tiña que facelo, logo atei a almofada ao cu, para non esnafrarme e tireime. Non sei moi ben o que pasou pero levanteime no hospital, nunha padiola non moi cómoda e escoitaba a voz dos meus pais. Despois da aventura que que pasei, non tiña ganas ningunhas de volverme subir a unha árbore. Por iso a partir de aquel día tiven máis coidado e intentei non subirme en máis árbores. Andrea Castaño 1º ESO


a violencia de xénero

XOLDA 2012

A VIOLENCIA DE XÉNERO

A VIOLENCIA DE XÉNERO NO DÍA DA PAZ O día 30 de xaneiro conmemorábase o Día Internacional pola Paz e a Non Violencia. Con tal motivo, nos días previos tódolos cursos viñamos facendo algunhas actividades na aula a proposta da comisión organizadora. A celebración tivo o seu remate pola tarde participando todos/as nas actividades organizadas, que incluían lecturas dos maiores aos máis pequenos, lectura de vocabulario relacionado coa violencia nas súas diferentes manifestacións, solta de globos con palabras sobre a paz e a non violencia, lectura de poemas, solta de pombas e interpretación colectiva da canción “Un millón de amigos”. O alumnado do 2º e 3º Ciclos de E. Primaria encargouse de facer unha recopilación de vocabulario relacionado coa violencia centrándose en catro aspectos principais: Medio Ambiente, Guerra, Discriminación e Violencia de Xénero. Resultou sorprendente comprobar que o campo semántico relacionado con este tema é moito máis amplo do que pensabamos porque, aínda que algunhas palabras xa as coñecíamos, atopamos moitas máis que tivemos que buscar no dicionario para definilas e explicalas con exemplos. Todos estivemos de acordo en que está moi ben aprender vocabulario novo porque é enriquecedor pero tamén desexamos que agora que o coñecemos o mellor sería non ter que usalo nunca. No noso caso (6º) tocounos buscar vocabulario relacionado co tema da violencia de xénero, explicar o seu significado e ilustralo con frases ou citas recollidas en internet. Outros grupos, como xa se dixo, trataron a temática da guerra, o medio ambiente ou a discriminación. Todo está recollido no blog adicado ás actividades complementarias do cole: http://porviso.blogaliza.org/ A Violencia De Xénero A violencia é un comportamento deliberado e consciente, que pode provocar danos corporais ou mentais á vítima. O termo provén do latín violentia e está vinculado á acción que se executa con forza ou brusquidade, e que se concreta contra a vontade ou o gusto do próximo. A violencia de xénero é aquela que se exerce dun sexo cara a outro. Polo xeral, o concepto nomea á violencia contra a muller, onde o suxeito pasivo é a persoa do xénero feminino. Neste sentido, tamén se utilizan as nocións de violencia machista, violencia de parella e violencia doméstica. De todos os xeitos, a violencia de xénero incluiría tamén as agresións físicas e psíquicas que unha muller pode exercer sobre un home.

19


20

XOLDA 2012

a violencia de xénero

VOCABULARIO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO POSESIVO-A: Que ten un sentimento de posesión, de propiedade. Ex.: Teño unha nai moi posesiva. SUBMISIÓN: Acción de someter ou someterse. Ex.: Demostraba unha gran submisión ante a súa parella. VULNERABILIDADE: Que é vulnerble, que pode ser ferido-a ou recibir lesións ou danos tanto físicos como morais. Ex.: Unha muller ameazada é moi vulnerable. MISÓXINO: Que odia ou ten aversión ás mulleres. Ex.: Mostraba comportamentos misóxinos. CRIME: Ruptura da lei. Ex.: Un crime pode ser tanto maltratar como roubar. PRIVACIÓN: Feito ou circunstancia de carecer dos elementos esenciais ou básicos para poder vivir dignamente (alimentos, vestido, vivenda, liberdade, etc.). Ex.: Sufriu unha privación de liberdade ante tal acoso. COERCIÓN: Ameaza de utilizar a violencia, non só física senón de calquera tipo co obxetivo de condicionar os seus movementos. Ex.: O maltratador exercía coerción sobre a vítima. INSULTO: Acto ou palabra que ofende gravemente. Ex.: Esa actitude de desprezo é un insulto para min. VÍTIMA: Persoa ou animal que sofre un dano ou resulta prexudicado por alguén ou por algo. Ex.: Ser víctima de calumnias. DISCRIMINACIÓN: Acción de tratar mal a alguén por ser diferente tanto no físico como por razón de sexo ou polas súas crenzas. Ex.: Hai homes que discriminan ás mulleres. FEMINISMO: Conxunto de teorías sociais que poñen ás mulleres por enriba dos homes. Ex.: Os casos de feminismo están contados. ACOSAR: Acción de tratar mal a alguén tanto insultando como agredindo. Ex.: Na violencia de xénero o acoso é moi frecuente. ODIO: Sentimento violento de antipatía cara a algo ou alguén que leva a desexar o seu mal. Ex.: A xente machista sente odio cara as mulleres. SUFRIMENTO: Pasalo mal Ex.: As persoas moitas veces levan consigo moito sufrimento. MEDO: Sentimento de inquedanza que se experimenta ante a presenza real ou imaxinaria dun perigo. Ex.: O gato tenlle medo ó can. ANGUSTIA: Sensación de intranquilidade e sufrimento acompañada de alteración física, producida pola incerteza, a inseguridade, a aprensión, o medo, etc. Ex.: Sentía angustia pola situación que estaba a vivir. DESPREZO:Falta de aprecio, estima ou consideración (para con alguén ou algo). Ex.: Trataba os seus empregados con desprezo. SOIDADE: Circunstancia de estar só.


a violencia de xénero

XOLDA 2012

21

Ex.: Sempre que podo, evito a soidade. MACHISMO: Ideoloxía, comportamento ou actitude de quen defende a supremacía do macho e non acepta a igualdade de dereitos entre o home e a muller. Ex.: En moitos países, o machismo aínda é unha actitude moi frecuente. INDEFENSIÓN: Situación na que se atopa alguén que está sen defensa, desarmado ou desamparado. Ex.: As mulleres maltratadas atópanse, moitas veces, en situación de indefensión. OFENSA: Acción e efecto de ofender e ofenderse. Ex.: A miúdo recurría á ofensa para desprestixiala. MACHISTA: Persoa que desprecia ás mulleres Ex.: Esa actitude é propia dun machista. VIOLENCIA: Acto de pelexarse entre dúas persoas ou máis Ex.: Quixémoslle aforrar a violencia da situación. MALTRATADOR: Persoa que trata mal a unha persoa,animal ou cousa Ex.: Por desgraza, algúns pais maltratan aos fillos. AGREDIR: Cometer unha agresión sobre alguén ou algo. Ex.: O maltratador agrediu á súa vítima. MALLEIRA: Conxunto de golpes fortes dirixidos a unha persoa. Ex.: O pobre rapaz recibiu unha malleira. DELITO: Acción que está castigada pola lei. Ex.: O veciño cometeu un delito HUMILLACIÓN: Acto polo cal unha persoa é avergoñada en público. Ex.: Moita xente no mundo foi humillada algunha vez. REPRESALIA: Dano que se fai por vinganza. Ex.: O denunciado tomou represalias. AMEAZAR: Dar a entender a alguén a intención de facerlle dano. Ex.: O ladrón ameazou ao dono da tenda.

FRASES PARA A REFLEXIÓN

- Non te golpea por ser alta ou baixa, gorda ou fraca, necia ou intelixente, licenciada ou analfabeta... golpéate por ser muller. - A vitoria obtida violentamente equivale a unha derrota. - Perdoo e son libre. - A violencia non é un xogo , non xoguemos con ela. - Está ben dedicar un día internacional contra a violencia machista...O problema é que os outros 364 días do ano parecen estar dedicados a exercela. (6º de Primaria)


22

XOLDA 2012

youtube space lab

5ยบ infantil

4ยบ infantil

educaciรณn primaria


XOLDA 2012

6ยบ infantil

youtube space lab

23


24

XOLDA 2012

youtube space lab

2ยบ educaciรณn primaria

1ยบ educaciรณn primaria

educaciรณn primaria


4潞 educaci贸n primaria

3潞 educaci贸n primaria

youtube space lab XOLDA 2012 25


5潞 educaci贸n primaria

XOLDA 2012

6潞 educaci贸n primaria

26 youtube space lab


youtube space lab

XOLDA 2012

2ยบ eso

1ยบ eso

educaciรณn secundaria

27


youtube space lab

3ยบ eso a

XOLDA 2012

2ยบ eso b

28


XOLDA 2012

4ยบ eso a

youtube space lab

29


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.