REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Page 1

criaturas decembro 2014 路 #n煤merocero

antagonismosi




criaturas #númerocero

CONTIDOS*

10

70

07 EDITORIAL MONOGRÁFICO 08 ONDE VIVEN OS MONSTROS 16 A XINEA DOS BIOSBARDOS 26 CRIATURAS NO MUNDO 34 ENTREVISTA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO E HELENA PÉREZ 42 CONSTELACIÓNS 52 LER PARA ESCRIBIR

64


CRIATURAS.GAL #númerocero A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores. Coordinación Ledicia Costas · Daniel Landesa

CRÍTICA 60 ÍCARO 62 O RAIO QUE NON CESA 64 OS LIBROS DA MERENDA 66 A VIDA COLGADA OU A AVENTURA ECOLÓXICA 68 O HOMIÑO VESTIDO DE GRIS ONDE VIVEN OS CONTOS 70 LIBRARÍA BAHÍA DE FOZ

Consello Editorial Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Santorum · Miguel Vázquez Freire Portada: Albrecht Dürer: “Flügel einer Blaurake” c.‘1512’ Contacto revistacriaturas@gmail.com Deseño Daniel Landesa (srlandesa@gmail.com) Deseño web Daniel Landesa, María Longa e Diego Oca Tipografías Myriad (Robert Slimbach, Carol Twombly 1992) Caslon (William Caslon 1725 / Carol Twombly 1990). Editada en Vigo por Revista Criaturas

34



Editorial

A

sistimos ao nacemento dunha nova criatura. Hai un ovo azul e grande nun niño que está abeirado nunha póla, entre a follaxe dunha árbore centenaria. De súpeto, a casca do ovo rompe de xeito irregular. Do seu interior agroma unha caloriña intensa que leva meses condensada nese habitáculo. E a vida estoupa nuns ollos que se abren timidamente e pestanexan ao compás dun sopro de brisa. Como sucede sempre que ven ao mundo unha criatura, é fraxil e dependente. Precisa de todo o noso coidado e afecto para axudarlle a emprender o voo. Porque hoxe é un corpo miúdo, mais nace co propósito de ser autónoma. E no futuro estará dotada dunhas fermosas ás de plumas longas e irisadas que lle han permitir sosterse no aire. Mais para iso debe madurecer e ir medrando devagar. As cousas pechadas son inflexíbeis, vanse endurecendo e non logran desenvolverse. Por iso esta criatura nace aberta, coma ese ovo que agora está dividido en dúas partes. O que acaba de nacer do interior do ovo azul é o número cero da revista Criaturas, unha declaración de intencións, pero tamén unha declaración de dúbidas e desexos. Este editorial quere ser unha chamada e expresar asemade a súa actitude de porta franca para todos os que nos queirades acompañar. Cantas máis plumas teña esta criatura, canto máis tupidas as súas extremidades, máis cores a vestirán e máis longo o percorrido que estará preparada para acometer. Queremos que esta criatura inicie un vieiro que terme dos pasos das persoas que a escriben, a ilustran, as que a difunden, as que a estudan e, de xeito especial, as que a len e só esperan atopar en cada páxina unha emoción inesquecíbel. O único contrato pechado é o compromiso coa LIX en xeral e a galega en particular. Detrás de Criaturas estamos persoas de todos os ámbitos da creación e da mediación: escrita, ilustración, deseño, crítica, bibliotecas… e máis queremos que estean. Ademais de crear unha nova plataforma de difusión, análise e estudo da LIX, temos un certo degoxo de renovación, de dar voz a novas xeracións de todos estes eidos e outros que se vaian incorporando. Hai que lle procurar a isto que andamos a debullar no poliedro da lectura e dos libros de LIX, caras novas, ángulos distintos, vértices de confluenza e arestas de encontro. Porque a pesar de que vivamos neste anaco de mundo que corresponde ao punto cardinal exacto onde o vento nunca deixa de soprar, de seguro que aínda quedan cousas por inventar. A criatura xa naceu. Pronto abrirá a súa boca para se alimentar. E entón precisará de todas e todos nós. Contamos co entusiasmo das cousas que empezan e coa ilusión dunha viaxe da que descoñecemos o paradoiro. Pero ningunha aventura de verdade ten os mapas de todos os mundos.


imaxe: Maurice Sendak lendo Onde viven os monstros no Museo Rosenbach en Philadelphia no 1985.


Monográfico

1 ONDE VIVEN OS MONSTROS TEXTO: MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ


ilustración da capa de Onde viven os Monstros, ed. Kalandraka. 2009

Algunhas claves para achegarse ao clásico intemporal de Maurice Sendak Texto: María Jesús Fernández

O

nde viven os monstros (Where the wild things are), o libro paradigma do álbum ilustrado, considerado intemporal e para todos os públicos e que é con toda probabilidade un dos máis queridos e mellor coñecidos da actualidade, foi editado no ano 1963. Era o primeiro álbum ilustrado que lle encargaban ao seu autor, Maurice Sendak (1928-2012), que

entón tiña 35 anos e, aínda que xa levaba un tempo debuxando e escribindo libros para o público infantil, era daquela un perfecto descoñecido. (Neste enlace pódese ler un interesante artigo sobre o autor feito pola revista Imaginaria) A aparición do libro non pasou desapercibida nin deixou ao público indiferente,


moi ao contrario, xa dende o principio foi obxecto de atención e controversia. Xunto a unha excelente acollida por parte dos lectores e da crítica que o fixo merecedor en 1964 da prestixiosa medalla Caldecott, o galardón máis importante que se concede nos EEUU ao álbum ilustrado, e que catapultou ao autor á fama internacional, apareceron de inmediato numerosos detractores que aconsellaban manter o libro fóra do alcance dos nenos e nenas por parecerlles que era unha lectura perniciosa. Mesmo houbo un bibliotecario que dixo: “Este non é un libro que se deba deixar ao alcance de nenos sensibles cando chega a noite”. Imos tentar achegarnos a este libro para ver de descifrar algunhas das claves da súa traxectoria chea, como vemos, de éxitos e de controversia. Unha excelente fonte de datos para afrontar esta tarefa é a entrevista que Bill Moyers realizou no ano 2004 a Maurice Sendak para o programa NOW da PBS (Cadea de televisión pública en EEUU), na que o propio autor revela aspectos de moito interese da súa obra e da súa personalidade.

tivo que recoñecer a súa incapacidade para debuxar cabalos e, a instancias da editora que empezaba a impacientarse, admitiu que o que realmente quería era debuxar “things”, é dicir “Criaturas”, algo suficientemente impreciso e aberto para permitirlle liberdade de creación. Tamén se nos revela na citada entrevista en quen están inspiradas esas “criaturas” que, segundo o autor, teñen orixe na propia infancia e son unha homenaxe tardía aos seus parentes xudeus, tío, tías, curmáns, que chegaban da vella Europa e polos que el, a súa irmá e o seu irmán, fillos de emigrantes polacos establecidos en Brooklyn, sentían unha gran repulsión; odiaban o aspecto descoidado que os parentes ofrecían, os seus dentes horribles, os pelos que lles saían do nariz…, e aborrecían ser bicados e apertados por aqueles descoñecidos que viñan de lonxe, non sabían falar inglés e presentaban tan desagradable aspecto. Recordando como el e os seus irmáns se burlaban daqueles parentes que co tempo chegaron a serlles moi queridos, decidiu, como nunha especie de desagravio, convertelos nas “criaturas salvaxes” (the wild things) da historia.

Así sabemos que M. S. levaba máis de dez anos escribindo e debuxando libros para o público infantil cando coñeceu a quen sería a súa editora, Ursula Nordstrom, a primeira persoa en confiar nas capacidades de Sendak como autor e debuxante, “unha muller apaixonada, capaz de detectar o talento en dez millas á redonda (…) que soubo ver a través do meu ordinario traballo de entón e axudoume a medrar como artista ”, que lle contratou o que sería o seu primeiro álbum ilustrado. Hai unha curiosa anécdota con respecto á xénese do libro: conta Maurice Sendak que o título que lle presentou a Ursula Nordstrom foi Where the wild horses are, pero despois dun tempo de intentos Revista Criaturas

11


Imos facer un breve resumo da historia que se conta no libro: por desafiar a súa nai Max, disfrazado co seu traxe de lobo branco, é enviado á cama sen cear. Pero estrañas cousas suceden no cuarto de Max e o rapaz chega ao lugar onde viven os monstros. Isto non é problema para alguén tan ousado e valente, e cando se enfronta aos monstros, como xa fixera coa súa nai, Max é coroado rei e dirixe aos seus súbditos a unha festa salvaxe que unicamente remata cando el envía aos monstros á cama sen cear. Pero isto non é dabondo para Max que sente morriña da súa casa e navega de volta ao seu propio cuarto onde a cea, aínda quente, está esperando por el. Que pode haber nesta historia que molestara tanto a moitos adultos do momento? O autor opina que, aínda que esa non era a súa intención, Onde viven os monstros é o primeiro libro infantil escrito en norteamérica no que un neno se enfronta a súa nai e a desafía. Algo que as xentes de orde non podían admitir. Como tampouco era admisible que a nai deixara ao neno sen cear. As nais norteamericanas, sempre amorosas e solícitas, non poden facer iso. E, o peor de todo, cando Max regresa non é castigado, a súa falta queda sen sanción, non hai no libro ningunha lección, ningunha aprendizaxe moral que ofrecer ao público lector. Inaudito. Esta imaxe que o libro presenta da conduta infantil e das relacións familiares é algo que certos estamentos da sociedade norteamericana non podían tolerar. Ademais desta interpretación “pouco edificante” que algúns quixeron ver no libro, a historia que Maurice Sendak nos conta, aparentemente tan sinxela, préstase a numerosas lecturas. Unha delas que nos parece moi interesante é a que a relacio-

12 Revista Criaturas

na coa psicoloxía infantil e ve nela unha esclarecedora representación da maneira como os nenos e nenas subliman as súas frustracións. Vexamos: Max desafía a autoridade da súa nai, pero finalmente ela é quen impón o seu poder e ao neno, tremendamente frustrado, non lle queda máis remedio que obedecer e marchar moi de mala gana para o seu cuarto. É esta unha situación de impotencia moi habitual na infancia: nada pode facerse fronte aos todopoderosos adultos. Nada? Quizás non no mundo real, pero si na fantasía. E, quen non ten fantaseado con “castigar” aos pais facéndolles que sintan remorsos por ter sido “inxustos”nos seus castigos? Moi desgustado coa súa nai, non hai máis que verlle a cara, Max decide “castigala”, decide que “sufra”, e para iso afástase da casa e marcha lonxe, a un lugar que ela descoñece e onde el está de marabilla porque alí é o rei despois de impoñer a súa forza de carácter, un lugar no que pode facer impunemente toda clase de faenas. E fainas. Con isto, as ansias de “vinganza” de Max quedan compracidas, xa é hora de regresar “á realidade”. Mais este retorno non se pode facer de calquera maneira. Non, Max non volve porque alguén llo impoña, porque o boten dese lugar onde é tan ben acollido, ao contrario, os monstros, os seus súbditos, tentan por todos os medios


que quede, pero non, non queda porque decide voluntariamente marchar, xa “perdoou” á súa nai e faille o favor de regresar. Fin da historia. Todo isto polo que respecta á parte textual ou lingüística do libro, pero Onde viven os monstros é bastante máis, é un álbum ilustrado, o paradigma do álbum ilustrado como se ten dito. Para concretar as características que definen e singularizan ao álbum ilustrado voume referir a definición da escritora e crítica de literatura infantil Sophia Van der Linden que aparece na súa obra Lire I’Album (2006) e que eu recollo do interesante relatorio presentado por Teresa Durán co título “Aprendiendo de los álbumes”, no 7º Encontro

Nacional de Investigação en Leitura, Literatura Infantil e Ilustração. Universidade do Minho 2008(1): “O álbum sería unha forma de expresión que presenta unha interacción entre textos (que poden estar subxacentes) e imaxes (especialmente preponderantes) no seo dun soporte libro, caracterizado pola libre organización da dobre páxina, a diversidade das súas realizacións materiais e a sucesión fluída e coherente das súas páxinas”. Resumindo, o esencial nun álbum ilustrado é precisamente a súa linguaxe mixta, na que código lingüístico e código visual actúan complementariamente na construción do significado. Nestes álbums texto e imaxes combínanse nun efecto sumativo e maior do que terían cada un deles por separado.

Esta interacción compositiva dáse tamén na interpretación ou recepción: A lectura do álbum ilustrado supón un exercicio de análise e síntese: Valórase o que queren dicir as imaxes de acordo co que expresan as palabras, e complétase ou amplíase o que din as palabras tendo en conta o que expresan as ilustracións. Volvendo ao álbum que comentamos, en Onde viven os monstros dáse a circunstancia de que hai un único autor xa que Maurice Sendak é o responsable tanto do texto como das ilustracións. Isto permitiulle concibilo dende o principio como unha unidade, creando cada unha das páxinas (no álbum ilustrado a unidade de significado é a páxina) e decidindo mesmo a disposición de texto e

fotograma da película baseada no álbum ilustrado de Maurice Sendak, dirixida por Spike Jonze no 2009

Revista Criaturas

13


ilustracións en cada unha delas. Estas ilustracións amplían e complementan o que se di na parte textual. Imos aplicar a análise que propón Cecilia Silva-Díaz, docente e investigadora da LIX, no seu traballo “La función de la imagen en el álbum”, Revista Peonza (2006)(2). Segundo esta investigadora, é a través das imaxes como se crea o mundo de ficción nos álbums ilustrados, (presentación de personaxes e ambientes). As primeiras frases do libro que comentamos dinnos: “A noite que Max vestiu o seu traxe de lobo e empezou a facer trasnadas dunha clase … e doutra, a súa nai chamoulle: —MONSTRO! E Max díxolle: —VOUTE COMER! Así que mandouno para a cama sen cear”. Pero son as ilustracións as que nos permiten saber quen é Max (un rapaciño duns 5/6 anos) e a que se refire o texto cando fala de “trasnadas”. Tamén vemos o lugar onde vive Max e podemos tirar conclusións e facer inferencias sobre detalles que non figuran no texto, como por exemplo a que clase social pertencen Max e a súa familia. As distintas expresións que van aparecendo na cara do rapaz tamén se prestan a facer unha lectura ampliadora: determinación, agresividade, enfado, concentración, gozo… Así mesmo, son as imaxes secuenciadas as que nos achegan información temporal. O paso do tempo vén marcado polas sucesivas imaxes relacionadas entre si que amosan, por exemplo, como vai medrando o bosque… (Tamén a lúa no ceo dános conta do paso do tempo) E así poderiamos seguir co resto do libro: as imaxes presentan aos monstros

14 Revista Criaturas

(vemos que para crealos Sendak mestura características físicas de distintos animais) e mesmo permítennos asistir á gran troula a través dunhas páxinas nas que o autor prescinde absolutamente do apoio textual, (texto subxacente). Pero ademais, as imaxes son as responsables de crear o ritmo narrativo, que neste caso está perfectamente determinado. O relato comeza cun ritmo moi rápido, que se vai ralentizando pouco a pouco ata chegar ao “clímax”, que é a parte central e que require un ritmo máis lento, propicio para unha observación demorada. Pasado este “clímax” o relato volve acelerarse, pouco a pouco e cada vez máis ata a páxina final, na que non hai ilustracións. Para acadar estes cambios de ritmo Maurice Sendak xoga co tamaño da imaxe e coa súa colocación na páxina. Para empezar imprimindo ese ritmo rápido, o autor distribúe o breve texto na páxina da esquerda e a ilustración na da dereita, ademais esta ilustración está perfectamente delimitada no seu marco e ocupa a parte central da páxina.


Ao ir avanzando na lectura, observamos que o tamaño da ilustración vai aumentando, pouco a pouco e sen parar, ata que chega un momento no que ocupa toda a páxina sen deixar marxe. A partir de aí, coincidindo coa secuencia na que Max embarca no seu barquiño, a ilustración segue medrando, avanzando pola páxina esquerda e roubándolle espazo ao texto. E segue medrando… Nun momento dado, cando Max chega ao lugar onde viven os monstros, o texto é desprazado á parte inferior da dobre páxina e as ilustracións van ocupando máis e máis espazo.

Chegamos así ao “clímax”, a parte central constituída por tres dobres páxinas absolutamente cubertas polos debuxos nas que asistimos sen palabras (texto subxacente) a gran festa de Max e os monstros. E, a partir dese momento, o ritmo volve acelerarse e prodúcese o proceso inverso: as ilustracións van minguando, pouco a pou-

co e sen tregua, ata a última páxina na que unicamente figura o texto: “que aínda estaba quente”. Unha historia inmortal concibida por un home que soubo reflectir coma ninguén o mundo interior da infancia e que ten creado un universo máxico polo que levan transitado moitas xeracións de lectoras e lectores de todas as idades dende hai máis de cincuenta anos. Ademais do libro do que se teñen feito numerosas traducións e que continúa sendo un éxito de ventas na actualidade, a historia de Max, o pequeno rebelde, foi convertida en ópera e representada por primeira vez en Bruxelas no ano 1980 cun libreto escrito polo propio Maurice Sendak. E tamén se fixo unha película que foi dirixida no ano 2009 por Spike Jonze.

Notas (1) Durán, Teresa, Aprendiendo de los álbumes. Actas do 7º Encontro Nacional de Investigaçao en Leitura, Literatura Infantil e Ilustraçao. Univesidade do Minho, outubro de 2008. (2) Silva-Díaz, Cecilia, La función de la imagen en el álbum. Revista Peonza, nº 75/76 (2006)

Revista Criaturas

15


imaxe: grafitti “Aerosol del Pez”. Barcelona


Monogrรกfico

2 CRIATURAS GALEGAS TEXTO: MONTSE PENA PRESAS


De Profundis. Miguelanxo Prado.

A xinea dos biosbardos: unha posible criaturización da LIX galega Texto: Montse Pena Presas

Criatura: subs. feminino 1. Cada un dos seres creados por Deus segundo a tradición relixiosa. 2. Neno pequeno.

“Porque tes que saber que os biosbardos non veñen ó reclamo se non é de novo, e que só pasan dúas veces ao ano, que se non fose por iso todos gañariamos duros a mancheas. Pois nin con rede nin con anzó; hai que chamalos polo nome e logo veñen e métense no fardel” Eduardo Blanco Amor. Os biosbardos (1962)

18 Revista Criaturas

S

e procuramos no dicionario da Real Academia Galega a palabra “criatura”, veremos que en realidade, criaturas somos case que todas. Cada quen ao seu xeito, porque deusas e deuses pagáns hai moitos e en formas ben diversas: os que crean, as que ilustran, os que proxectan e, sobre todo, as que imaxinan seres variados e variantes que rompen as


expectativas do que se supón que ten que ser. Modificando o mundo e modificándonos, porque en gran medida somos todo aquilo que soñamos. Porén, se cada un fai o exercicio de visualizar criaturas, comprobará que dentro dese amplo espectro que a propia palabra e a ilustración nos ofrecen, o que polo xeral se nos aparecen son seres que rompen o canon do esperado nunha ou noutra dirección, unha sorte de animais ou persoas diferentes que –en definitiva– rachan os nosos horizontes para amplialos. Por esta razón, para celebrar esta criaturización necesaria e imprescindible dos nosos degoiros literarios, cómpre repasar –a xeito de homenaxe- algunhas das creacións galegas que, precisamente trocar o predicible, acabaron por tornárense imprescindibles no imaxinario que nos é propio1. Na literatura galega, como na grande maioría de literaturas, as primeiras criaturas atopámolas no acervo oral-popular, con biosbardos ou gazafellos (eses que queremos sempre atrapar, mais que nunca o conseguimos, polo seu carácter escorregadizo), tabellos (un deses seres que anda sempre na procura de nenos e nenas que papar), maruxainas (esas sereas –en realidade só hai unha que podería valer por varias- que anda a enganar aos mariñeiros para afastalos da costa) ou mouras gardadoras de tesouros e quen sabe de cantas alfaias máis. O certo é que as criaturas de noso –compartidas con outras culturas achegadas ou propias en exclusiva- son tantas e tan variadas que mesmo se con1 Isto non significa que esta achega tente constituír unha aproximación pormenorizada a todos os libros creados por autoras e autores galegos que conteñan criaturas, senón que pretende realizar un itinerario por certas obras que a autora lle semellan imprescindibles. Especialmente porque, como se tenta explicar no comezo deste artigo, o de criatura é un concepto un tanto amplo e voluble que se adapta aos intereses e ao imaxinario de quen le.

ta cunha obra magna sobre elas, o Diccionario de seres míticos galegos, un texto imprescindible –verdadeira xoia patrimonial- recompilada e recreada por Antonio Reigosa, Xosé Miranda e Xoán R. Cuba, algúns dos autores da LIX actual que máis e mellor se teñen ocupado de traer varios destes seres ao presente literario dándolles reviravoltas para actualizalos, xogar con eles e presentalos ao lectorado en formación. Mais permítanme que, de todos estas nosas criaturas, destaque precisamente á primeira, os biosbardos, por seren esa sorte de paxaros ou homes fermosos que nunca acertamos a capturar, mais sobre todo por nos ofrecer a posibilidade de construír unha expresión, “andar aos biosbardos”, que permite describir con eficacia esa capacidade de estirar o maxín máis e máis. E é ben sabido, que canto máis o alongamos, máis criaturas aparecen, polo que este ser ten unha vertente que o converte a un tempo en criatura como tal e en fornecedora de novas carabuñas para a súa estirpe. Velaí o xenial libro de relatos de Eduardo Blanco Amor, Os biosbardos (1962), en que os nenos protagonistas do primeiro relato andan á súa procura no río Miño, sabendo que só pasan cada seis meses e que son tan difíciles de apañar que se pagan mellor que as lampreas ou as troitas. Partindo sen dúbida de toda esta tradición oral precedente, un dos escritores de noso que quizais con máis forza e primeiramente explorou o mundo criaturil foi Álvaro Cunqueiro, cuxa narrativa foi denominada pola crítica como real-marabillosa, de maneira que os seus personaxes, vivindo nunha aparente normalidade, Revista Criaturas

19


se mesturan con elementos, sucesos (especialmente isto) e/ou seres fantásticos ou prodixiosos. Velaí o gatipedro, esa sorte de animal que unicamente se espanta se botamos sal polo chan,que aparece polas noites para amedrentar aos pícaros e que o mindoniense deu a coñecer na súa imprescindible Escola de menciñeiros (1960). Este ronsel puramente cunqueirián foi recollido por boa parte da primixenia produción de LIX, que claramente bebe desta tradición, como amosa a primeira produción para a infancia de Carlos Casares: A galiña azul (1968) e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1972), que parten da mesma para introducir as doses xustas de crítica social (aquela que o momento permitía). Mais reparen, de poderen falar, non serían esas laranxas -que non son laranxas, nin limóns, senón toromelos das que acaban por saír zapatos, globos e toda clase de alfaias diversas-, algunhas das nosas criaturas da LIX galega primixenias? Unha das nosas primeiras criaturas que ten pasado bastante desapercibida entre nós, mais que cómpre reivindicar é Tálata, a balea-muller (é máis preciso dicir isto que a muller-balea, xa que a súa personificación non é tan nidia como a

reivindicación da súa feminidade achegada á humana) da que namora Pericles, o churreiro, e que Xohana Torres presenta ao lectorado infantil en Pericles e a balea (1983). Tálata, coa súa capacidade para ter voz adquire tamén a súa capacidade para decidir, e neste caso opta por marchar a navegar os sete mares a pesar de que o amor quede en terra. Por ese “eu tamén navegar”, a balea é un precedente claro da Penélope mariñeira que a poesía da autora construíu anos despois (Pena Presas, 2010) e que se converteu en todo un referente para as poetas da chamada Xeración dos 90 e posteriores. Nesta mesma liña do real marabilloso, hai que situar a obra que colocou a literatura infantoxuvenil galega no lugar que lle correspondía no panorama estatal: Das cousas de Ramón Lamote (1985) de Paco Martín, na que Lamote, o profesor de chairego máis famoso de todos os tempos, dá unha conferencia sobre o entomodelfo, un misterioso animal que é un mamífero que non mama, inda que se alimente nos seus primeiros días do leite dunha donicela branca para logo pasar a cociñar gorentosas castañas, que prepara co leite das ovellas que el mesmo moxe. Non é sinxela a realidade de Ramón Lamote, porque sendo sorprendentemente fantástica está construída cos bimbios dunha realidade que se revela como satírica e -ás vecesdorosamente auténtica. Calquera día, entón, cabe predicir que os entomodelfos invadirán os nosos montes. A recuperación, en obras contemporáneas, dos seres míticos galegos, forneceu, como non podía ser doutro xeito, de interesantes e variadísimas revisitacións dos mesmos

20 Revista Criaturas


que permitiron difundir amplamente o catálogo de criaturas, sendo os trasnos algunhas das máis revisitadas. Dende O trasno de Alqueidón (1996) de Marilar Aleixandre, en que o pequeno ser cumpre o seu papel máis clásico, ata o trasno axudante de No corazón do bosque (2001) de Agustín Fernández Paz, en que colaborará coa protagonista na recuperación da fraga, ou de Xela volveuse vampira! (2007) de Fina Casalderrey, en que acompañará a Breixo na descuberta de que a súa mestra sofre violencia de xénero. Outros autores apostan por seres menos coñecidos, como Antonio Reigosa, que na súa calidade de experto na nosa mitoloxía condensa en Resalgario (2000) as aventuras que un dos fillos máis novos do Demo maior vive peregrinando a Santiago disfrazado de humano. Hai outras liñas temáticas en que os seres estraños atopan os seus tobos para habitarnos dende as páxinas que lles dan vida: o medo psicolóxico, coa súa deriva cara ao terror, e as súas

inquedantes e magníficas homenaxes a Edgar Allan Poe e H.P. Lovecraft, ocupa varios dos textos de Agustín Fernández Paz. O escritor vilalbés gusta de crear no seu lectorado unha intriga que pula pola lectura, pola imaxinación e, sobre todo, pola tensión interna, da que remexe no asento. A mesma tensión que sofre Laura Novo, protagonista de Aire negro (2000), cando se sabe axexada por unha presenza escura que é incorpórea, mais que está aí; ou a que vive Xabier Lorenzo cando habita a misteriosa mansión de Cartas de inverno (1995) canda unha estraña e misteriosa forza. Convértese así Fernández Paz, nun dos nosos autores máis criatureiros, porque á parte de escuras sombras, gusta dos fantasmas, inda que a maioría dos recreados por el sexan presenzas que nos acompañan, que nos axudan a traspasar certos ritos con que ás veces nos enfronta a vida: a perda, os cambios, as transformacións que o mudan todo para trocarnos tamén a nós. Velaí os restos do sentimento amoroso na presenza etérea do ser que se foi para sempre n’O único que queda é o amor ou o fantasma “clásico”–só manifestada contra o final en forma de estrela– que acompaña a Marta cando se muda de vila en Malos tempos para os fantasmas (2012). Dentro do abano das narracións que fan nacer o medo, o nome de Xosé Miranda Revista Criaturas

21


ocupa un espazo de seu. Amante do terror que bebe na tradición oral, as súas criaturas non se deixan ver excesivamente nin tampouco están as súas formas totalmente definidas.O autor consegue o máis complexo e terrorífico de todo: que sexa o lectorado quen xogue a compoñer o quebracabezas que a súa imaxinación –guiada polo nó que lle crea na gorxa- lle permita e lle confira diferentes atributos a eses seres cos que abrolla o medo. Tanto a máis que inquedante besta que domina os fíos da acción en Vestio (2008), coma os responsables de que xorda o desacougo n’As mans do medo (2008)2, teñen un parentesco: o lobishome que, acaba –dun ou doutro xeito– por verse referido nesas páxinas, seguindo unha tradición que vai dende o pioneiro Ánxel Fole ata a sempre lúdica Paula Carballeira e o seu O lobishome de Candeán (2009). Mais as criaturas non só atoparon acubillo nestas liñas temáticas, pois como era de esperar o ámbito máis puramente fantástico lles forneceu un hábitat abondo gorentoso. Diso son bo exemplo as series –aínda inacabadas- de Xesús Manuel Marcos (cuxo título global é “O brindo de ouro”, unha sorte de O señor dos aneis en clave galaica), Elena Gallego con “Dragal” (que bebendo da tradición e das historias de substrato máxico en clave Laura Gallego, tenta desvelar qué ocorreu co derradeiro dragón galego) e Sabela González con “As 2 Algúns dos relatos d’As mans do medo e a novela curta Vestio apareceran xa no volume do mesmo autor titulado Triloxía pánica (2000).

22 Revista Criaturas

crónicas de Landereina” (outro mundo fantástico, de reis usurpadores e usurpados, de elfas e de centauros, que bebe claramente da mitoloxía). Todas estas ficcións, que se poderían situar no subxénero da fantasía épica e que terían como precedentes literarios textos como O segredo da pedra figueira (1985) de María Xosé Queizán e Arnoia, Arnoia (1985) de X.L. Méndez Ferrín pola súa componente épica-mítica, actualizan seres da tradición oral-popular nos seus mundos, recreados dentro do ámbito do ficcional verosímil (Albadalejo, 1992). Para entrarmos nestes universos como lectoras, precisamos asumir as regras que lles son propias e que, inda funcionando na lóxica do mundo “real”, presentan elementos distorsionadores, como poden ser as criaturas que nos descobren. Xenial é, neste sentido, toda a xenealoxía feminina que, bebendo de fontes populares, Marcos recrea na segunda entrega da súa triloxía, A táboa da hospitalidade (2010): mulleres xigantes, mulleres-píntega e mulleresdeusas de poderes non terrenais que son tan só un exemplo do fondo imaxinario que sacode toda a súa narrativa. Os ilustradores, especialmente aqueles que tamén se teñen animado a encher as súas páxinas coas súas propias letras, adoitan tamén ser grandes e interesantes pais das criaturas máis diversas, xa que posúen a maxia de darlles vida ao permitirnos velas e xa non tan só imaxinalas. Unha experiencia moi interesante é a que se pode vivir, dende esta perspectiva, coa serie de cómics que Jacobo Fernández Serrano está a tirar protagonizados por Marcopola, a illa remeira. Ambientada –como non podía ser doutro xeito- nun universo puramente fantástico en que


o humor absurdo xoga un importante papel, Marcopola é unha illa vogadora – con montaña no medio incluída- que se despraza ao seu antollo por diferentes mares acompañada de Libro, un peculiar oso. O mundo ideado por Fernández Serrano é un puro agromar criatureiro (como xa amosara en Mil cousas poden pasar, de 2009), un cosmos en que abrollan seres medio-medio (como o almirante Cobreguiña, medio home, medio cobra; ou como Dragoneta, medio demo-medio dragoa) e en que a natureza cobra vida en diferentes formas, sempre para dar vida a máis e máis criaturas –non por acaso, contan cun Doutor Frankenstei de seu, o alquimista Brisgovius. Mais, quen se pode resistir a non ser unha xeradora de criaturas? Porque ata autoras que gustan especialmente da temática realista mesturada coa social, como pode ser An Alfaya, se animaron a ser as demiurgas dunha atmosfera puramente fantástica, como se pode comprobar na sorprendente Os seres con raíces na cara (2007).

A distopía foi tamén un subxénero literario en que as criaturas atoparon un espazo de seu para se desenvolver, especialmente porque en ocasións a sociedade que aparecía como pano de fondo da acción estaba a ser tan alienada, utilizada e maltratada que o propio contexto demandaba esa criaturización colectiva (quen non recorda a manipulación xenética dos fetos como unha das máis impactantes tensións de Un mundo feliz de A. Huxley?). Na interesante Valdamor (2001) de Beatriz García Turnes, así ocorre, dado que os habitantes da chamada Zona A deixan de ser humanos -tal e como entendemos hoxe o conceptopara acadar a inmortalidade (se ben perden a capacidade de reproducirse). Ao contrario, en Recinto gris (2013) de Ledicia Costas, unha distopía reivindicativa precisamente das persoas que son vistas como diferentes, a criaturización aparece como unha vía de denuncia dos poderosos que empregan o totalitarismo para homoxeneizar. Eles, os homes con cabeza de lobo gris e uniforme

A ciencia-ficción, un subxénero non especialmente transitado na LIX galega, foi o espazo en que outro ilustrador, Manel Cráneo, quixo situar o seu “Planeta Mincha”, un lugar en que o científico Pichük terá que enfrontarse a procurar as especies máis singulares deste particular universo (que son case que todas, comezando pola criatura protagonista, de peteiro alongado e cun só e impoñente ollo). Dende a primixenia aventura Diario de Pichük. Quen é Pichük? (2010) ata a última -até o momento- Diario de Pichük. O longo longöbio de Longölia (2014), a serie medra en creatividade e detallismo, o que é de supór que se verá aumentado pola próxima transducción deste universo á animación e á novela gráfica. Revista Criaturas

23


negro, son aquí as criaturas e non Nube –a protagonista– e o seus compañeiros resistentes. Da lectura pódese tirar a conclusión de que é precisamente a capacidade para entender, aceptar e valorar a diferenza, o que humaniza ás persoas. Nunha posición semellante, mais esta vez dende a perspectiva da narración de ronsel histórico, nos sitúa Rinocerontes e quimeras (2007) de Marcos S. Calveiro. A novela comeza introducindo ao lectorando nun vagón de tren abandonado onde seis personxes (Balote, Nenasiameses, a serea das Fixi, Nenapaxaro, Nenolifante, Nenaxirafa e Nenopingüín), “restos” que nin se quera interesan xa nun circo dezanovesco, van debullando as súas vidas marcadas pola soidade, a incomprensión e por un inmenso “D” metafórico que semella vérselles gravado no peito, o “D” da diferenza. A identificación que se produce entre quen le e quen vive no texto chega a ser por momentos especialmente intensa e, de novo, trasládanos a cuestión: quen é máis criaturizable? Quen vive cun “D” visible ou quen o teme tanto que non o acepta? Finalmente, a conclusión á que chegan estas criaturas-monstros é a evidencia de que, para cuestionar a súa marxinalidade e recuperar a autonomía, o único que poden facer é saír dese seu miniespazo claustrofóbico e volver a esa sociedade que outrora os rexeitou, para reivindicárense. Criaturas, como se puido comprobar, non faltan na LIX galega. Porén, como ocorría cos biosbardos, non pican no anzó nin se deixan coller coa rede, cómpre chamalas polos seus nomes, que neste caso son os

24 Revista Criaturas

libros que habitan. Estou certa de que cada unha, cada un dos que me acompañastes lendo esta estirpe de biosbardos, fostes á vez, compartindo, refacendo e ensarillando a un tempo a vosa propia xinea criatureira. Porque se por algo se caracterizan as criaturas é precisamente por iso, pola súa variabilidade, pola súa mutabilidade, polo abstracto dun concepto que a unhas nos suxire A e a outros induce cara a B e que nin tan sequera os diccionarios –igual que ocorre con todas as cousas que realmente pagan a pena– acertan a definir. Eis parte da súa laboura: confundir para xogar, suxerir sen ser, transfigurar para ampliar un imaxinario (o dos seres, en definitiva, que non son de aquí) para mutarnos para sempre. Mais velaí a súa laboura na educación literaria: non só fan estoupar os propios horizontes, senón que marcan a entrada a outros mundos posibles ou, o que é máis importante, fan cuestionar o propio, poñéndoo en solfa, evidenciando os seus límites, facendo pensar. E non é esta, precisamente, a laboura máis senlleira da literatura? Ide por elas, inda que –como lembraba Blanco Amor– só pasen dúas veces ao ano. BIBLIOGRAFÍA • Albadalejo, Tomás (1992). Teoría de los mundos posibles y macroestructura narrativa. Murcia: Universidad de Alicante. • Blanco Amor, Eduardo (1962). Os biosbardos. Vigo: Galaxia. • Pena Presas, Montse (2010). “A muller contra a marea: Xohana Torres pioneira da LIX galega”. Grial 188: 44-51.


ler ĂŠ soĂąar

criaturas


Imaxe: Peonías de Yun Shouping (1633–1690)


Monogrรกfico

3 CRIATURAS NO MUNDO TEXTO: GRACIA SANTORUM


fotograma da película A noiva de Frankenstein dirixida en 1935 por James Whale

Un pequeno bestiario da literatura universal. De Pinocho ao Grúfalo. Texto: Gracia Santorum

A

Literatura infantil e xuvenil vive poboada por miles de criaturas fantásticas. Semella, daquela, que nenos e nenas gozan sentindo algo de medo ou cando menos medíndose con el, de aí que entre as páxinas impresas haxa pantasmas, monstros, vampiros, cocos, lobishomes e unha longa caterva fantástica. Non é que estas criaturas sexan perigosas: en realidade só queren revivir

en canto o libro sexa aberto; este pequeno feito cárgaas de enerxía e volven ter poder. Resulta curioso que o medo ao descoñecido sexa propio de idades temperás e que ese tropel de criaturas vaia diminuíndo a medida que o ser humano medra. O medo é real. Tanto, que moitas veces o feito de coquetear co aterrador convértese en pesadelo. Conxugar daquela o sono re-


sulta case imposible. Por iso, ás veces, cómpre acudir a un libro no que os monstros poboen a noite para transmitir que eles tamén teñen medo e que necesitan mimos e coidados. Eses pesadelos, que viven no armario, poden ser convidados a durmir na cama para que o medo desapareza. Así o propuxo o americano Mercer Mayer no ano 1968 no seu libro Un pesadelo no meu armario: este autor ofrécenos un álbum ilustrado sobre os medos infantís contundente e efectivo grazas ás ilustracións que combinan plano xeral e plano curto para contar a sensación de medo do rapaz e o súpermedo do monstro que é quen máis demanda protección. Todo o libro suxire, porén, que o verdadeiro perigo non vive nos monstros que haxa detrás das portas senón nos propios medos. Haberá que combatelos. Outro xeito de espantar o medo é acudir a diferentes argucias. O rato que inventa un Grúfalo para sobrevivir e logo resulta ser moito máis espilido é quen de atopar un monstro tal cal como el o deseñara: “arrepiantes garras e dentes arrepiantes na arrepiante queixada. Xeonllos broullentos e reviradas unllas e unha horrenda espulla”. Pero a intelixencia é quen domina calquera monstro, e a autora inglesa Julia Donaldson xunto co ilustrador alemán A x e l Scheffer déixano

claro. Un libro que se converteu nun “clásico instantáneo” debido ao éxito tanto da crítica coma do público. Este álbum data do ano 2001 e converteuse no libro ilustrado máis vendido en Gran Bretaña no ano 2002: foi colocado a carón dos outros grandes da literatura infantil anglófona como Maurice Sendak. Curiosamente, a autora baseouse nunha lenda folklórica chinesa para escribir o seu relato; orixinariamente a lenda falaba dun tigre, pero para topar palabras rimadas resultáballe moi difícil, polo que acudiu á onomatopea dun gruñido -“grrr”- para inventar o seu monstro. Seguramente, falar de criaturas é pensar inmediatamente en monstros. E pensar en monstros é pensar en Frankenstein, o máis clásico dos monstros, nado da man da inglesa Mary Shelley en 1818. Un libro enmarcado na tradición da novela gótica, explora temas como a moral científica, a creación e a destrución da vida e a audacia da humanidade na súa relación con Deus. Falando de clásicos e de criaturas terribles, a novela de 1897: Drácula do irlandés Bram Stoker presenta, sen dúbida ningunha, o vampiro máis famoso de todos os tempos. A novela estaba escrita de xeito epistolar, aínda que tamén presenta temas como o papel da muller na época vitoriana, a inmigración, o colonialismo ou o folclore. Non foi el o inventor da lenda, pero a súa influencia déitase nas moitas versións realizadas tanto en libro como en audiovisual (por exemplo, a realizada polo ilustrador arxentino Luis Scafati no ano 2007, onde realiza unha incursión ilustrada pola morte que vai devorando personaxes). Imposible non mencionar a versión reaRevista Criaturas

29


lizada pola ilustradora española Ana Juan neste mesmo ano 2007 baixo o título Demeter. Unha tremenda versión dunha parte da novela primixenia: aquela que relata a viaxe inicial do personaxe principal a bordo do barco “Demeter” dende a cidade de Varna (Romanía) ata o porto de Whitby (Inglaterra). Pero non todos os monstros son horripilantes. Poden ser Otra cosa e ser outra cousa significa tan só ser diferentes. Así o amosan no ano 2003 os ingleses Kathryn Cave e Chris Riddel nun álbum premiado pola Unesco que fala das diferenzas e do respecto cara aos demais. E, asemade, da soidade dos “monstros”. E é que ata dentro de familias monstrosas, hai monstros ben diferentes. Este é o caso de Un monstruo muy especial das inglesas Angela McAllister e Alison Edgson, do ano 2010. Ligado a Un pesadelo no meu armario, esta sorpresa de monstro é coma un osiño de peluche que quere apertar. Un monstro doce e amigable que resulta adorable. Por que non pensar en monstros así cando haxa pesadelos nocturnos? Un novo álbum sobre a aceptación dos seres diferentes. Sen marchar de onda os monstros, o americano Patrick McDonnell crea no ano 2012 un monstro, baseándose claramente nas súas ilustracións en Frankenstein, tenro e doce que dá as grazas constantemente, deixando aos seus creadores to-

30 Revista Criaturas

talmente pampos en El monstruo de los monstruos. Cómpre precisar que os seus creadores eran á súa vez tres monstros que non se poñían de acordo en cal deles era o máis malos, aterrador e horrible. Así, ese enxendro creado por eles, debería cumprir unha función que non chega. Intimamente ligado ao álbum de Mercer Mayer hai un monstro famento que come a escuridade. Esta é a proposta da escritora inglesa Joyce Dynbar e o taiwanés Jimmy Liao no ano 2010: El monstruo que se comió la oscuridad incide novamente nos terrores nocturnos; desta volta o monstro non está metido no armario, senón que anda por baixo da cama. De tanta fame que sente, unha fame insaciable, come sen parar e remata coa escuridade do mundo... pero esta cómpre que para que todo siga igual. Así que o monstro grande vólvese pequeno e amigo da neno que tiña medo. E é que a soidade é realmente o máis terrorífico... Botando unha ollada cara atrás, compróbase como e en que medida foron necesarias as criaturas: criaturas lendarias, fantásticas, presentes nas mitoloxías de todas as civilizacións e en todas as lendas tradicionais da cultura popular. Poden ter corpo de animal, ou non; poden combinar partes de diferentes animais, poden ter partes humanas, poden ser máis ou menos corpóreos ou poden ser máis ben espirituais. Un catálogo imprescindible é Animais fantásticos do portugués José Jorge Letria e o seu fillo André Letria, un libro que vén a ser unha galería literaria e visual.


ar dw E o, lut bso a zoo (O

y) ore G d

N a s s ú a s páxinas repousan a ave fénix, o basilisco, o bucéfalo, o cérbero, o centauro, o ciclope, o dragón, a esfinxe, o fauno, o grifón, a hidra, o lobishome, o minotauro, o ogro, o pegaso, a salamántiga, a serpe mariña, a serea e o unicornio. Estas criaturas ocupan auténtico espazo nas civilizacións e nas mitoloxías, pero sobre todo nas lendas tradicionais que logo se converteron en libros, algo que serviu de alimento a miles de nenos e nenas ao longo dos séculos. Outro tipo de criaturas foi creado polo particular universo do americano Edward Gorey, artista que falaba de si mesmo como que a súa misión na vida “consiste en producir a maior incomodidade posible, porque así é o mundo”. En El zoo absoluto, creado en 1967, unha colección de animais exóticos, de todos os tamaños e condicións, poboan as súas páxinas. Dentro deste abano enorme de posibles criaturas, hai algunhas con aspecto humano que poden chegar a selo. O italiano Carlo Collodi publicou en 1883 As aventuras de Pi-

nocho onde o protagonista da historia, Geppetto, crea un monicreque para cubrir a súa propia soidade. Esta criatura é educada no honor, na verdade e na virtude, características humanas que a criatura debe posuír para chegar a converterse en persoa. Outra cousa diferente é que nacer ser humano signifique posuír estas virtudes, pero esa xa é outra historia. Pinocho non é o único monicreque que chega a ser humano. Hai outros que deciden por si mesmos procurar a liberdade, rachar as cadeas que o atan ao monicrequeiro e vivir por conta propia, procurando os propios erros e acertos. Este é o caso de Zimbo do espa-

ñol Arturo Abad con ilustracións da polaca Joanna Concejo, do ano 2011. Rachar con lazos físicos para construír lazos afectivos, moito máis importantes e duradeiros. A historia constrúese coa dor da separación, co mérito de nos ofrecer as dúas faces do espello: a tristura que lle xera ao boneco a falta de liberdade e a tristura do monicrequeiro por deixar marchar un seu fillo. Pero hai criaturas que necesitan verse libres para poder experimentar o mesmo que os humanos. Ás veces, semella ser posible que o lector ou lectora constrúa o seu propio animalario. Cando menos, iso sucede coa proposta do español Javier Sáez Castán no seu Animalario Universal del profesor Revillod. Un libro provocativo porque provoca curiosidade, sorrisos, xogos... e sobre t o d o provoca non querer pechar o libro durante ben tempo porque as súas páxinas axudan a viaxar ben lonxe. Revista Criaturas

31


Nesta mesma liña o libro Estrambólicos dos portugueses André Letria e José Jorge Letria, criaturas estrañas e multiformes que o lector ou lectora pode combinar e cambiar tanto de aspecto como de forma. De 16 personaxes poderanse formar ata 4096 novas identidades, o que dá pé a xogos malabares tanto con palabras como con ilustracións. Hai criaturas salvadoras e hai criaturas horripilantes. Mesmo hai criaturas concienciadas, aquelas que tentan axudar a humanos e humanas a coidar o seu propio mundo e ter un futuro asegurado. É o caso de Los Gulinos, simpáticos alieníxenas que procuran salvar o seu planeta. Da man dos españois Luis Amavisca e a ilustradora Noemí Villamuza, imposible non alentar á poboación a reciclar e coidar o medio ambiente. Miles de criaturas de todos os estilos e condicións poboan a literatura infantil e xuvenil. Animais fantásticos que posúen

32 Revista Criaturas

característica humanas, con sentimentos e experiencias propias dos humanos: unha literatura simbólica onde estes animais axudan normalmente a explorar emocións e relacións entre os seres humanos. Outro tipo de “criaturas” poden ser os xoguetes coa capacidade humana da fala; estes cobizan polo xeral converterse en humanos —xa se falou de Pinocho— e presentan ademais rasgos humanos. Logo, pantasmas e criaturas sobrenaturais que non teñen explicación, moitas aborrecidas, temidas e temibles. Outras veces é posible atopar criaturas grazas ás viaxes que se realizan dentro da narración, o que dá un grao de verosimilitude a calquera tipo de criatura que se atope no transcurso desa viaxe. Esa é a proposta final: o lector ou a lectora poderá descubrir aínda miles de páxinas impresas poboadas por outras tantas criaturas diferentes, deliciosamente tenras ou maliciosamente abominables. Da ollada do lector ou da pluma do escritor dependerá en cada caso.


Imaxe: EFStig (2012)


cara a JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO


Entrevista

a cara HELENA PÉREZ


“A

vanza a mañá no Casco Vello de Vigo. A temperatura non é propia destes días de novembro e iso crea unha curiosa sensación de atemporalidade. Na Praza do Rei hai unha manifestación de persoal público, berran e axitan pancartas. Baixamos cara a rúa Abeleira Méndez, entre os edificios de pedra restaurados, cos seus balcóns e varandas de ferro repuxado. No número 26 está A Matina, un bazar cheo de obxectos doces e porcións de torta. As voces das protestas dilúense ao lonxe e, de súpeto, é como se xa non estivésemos na cidade. En A Matina agardan por nós Helena Pérez, editora de infantil e xuvenil de Edicións Xerais de Galicia e Jacobo Fernández Serrano, ilustrador e escritor apaixonado das criaturas. Ambos os dous levan anos traballando xuntos en numerosos libros. Son moitas as obras de Jacobo que Helena se encargou de editar con todo o mimo e o coidado. Coa complicidade de dúas persoas que comparten a mesma emoción e a mesma entrega, que conviven coa Lix como se fose unha criatura que mora nas súas casas, empezan a conversar. Limitámonos a permanecer en silencio, pendentes de cada aceno e cada resposta. Convidámosvos a escoitar a conversa completa aquí e ofrecemos neste número cero de Criaturas un pequeno bocado”:

36 Revista Criaturas


Helena Pérez. Coñecémonos dende hai un monte de anos. O primeiro contacto que tiven contigo foi a través da revista Golfiño, cando traballabas facendo unha das páxinas onde aparecía unha personaxe que era unha criatura. Por que empezaches con ese personaxe que non é moi recoñecido para os nenos? E menos no mundo galego. Jacobo Fernández. Archimboldo era un rinoceronte-unicornio. A cousa da serie era presentar en cada capítulo un amigo distinto. Eses amigos si que eran criaturas totalmente disparatadas. De xeito, un dos lemas que tiña a serie era: “todo é xente”. É dicir, que alí un personaxe podía ser un zapato, un animal, unha árbore, un bastón, unha nube... era a personalidade estendida a todo o universo. Esa foi a primeira publicación seriada. Foi unha especie de motor para seguir inventando personaxes. Helena Pérez. Logo pasaches da banda deseñada a un texto da túa propía autoría e viñeches pola editorial con Dona Bixelmina. E nesa obra volvía haber criaturas. Jacobo Fernández. Bixelmina é un conto fantástico baseado nun caso real. No fondo, A gardería de Dona Bixelmina, no canto de ser un sitio onde os rapaces aprendían, tratábase dun lugar onde o importante eran os virus e onde os nenos pasaban por alí para que os virus se alimentasen.

alí está todo o que estas explicando agora: hai xente normal, hai animais e tamén está o mundo do máis alá. Danse os tres niveis. Jacobo Fernández. Mesmo as forzas da natureza, coma o Río. Alí todo está mesturado. En realidade, pola criatura que son eu, ás veces fago cómic, ás veces libros, ás veces ilustro libros doutros escritores pero, no fondo, a materia é a mesma. Helena Pérez. Con Marcopola volves recuperar as criaturas. É sorprendente que haxa unha illa que rema e que ten por mellor amigo un oso chamado Libro, a min sorprendeume moitísimo cando o lin por vez primeira. Jacobo Fernández. Para min é importante e é tamén o que busco cando leo libros ou cómics, esa certa orixinalidade, tratar de fuxir do común e do establecido. Marcopola apareceu por vez primeira nunha historia de Archimboldo. En Archimboldo había unha historia romántica de dous protozoos. Naufragaban e eran rescatados por unha illa remeira, que aparecía como personaxe secundario. Ás veces hai personaxes que están aí latexando e teñen máis cousas que dicir.

Helena Pérez. Nesa mesma liña de traballo da que falas cando dis que “todo é xente”, quizais a túa obra máis importante sexa Mil cousas poden pasar, coa que levaches o Premio Merlín. Porque Revista Criaturas

37


Helena Pérez. Por que hai monstros que producen medos e, non obstante, hai outros que non o producen, sendo aínda máis horribles? Jacobo Fernández. Por un lado, hai un factor vital no que o medo se fai real diante do neno. Ou ben pode ser a forza do propio personaxe do debuxo, é dificil precisalo. Helena Pérez. Cres que niso axudou o cine, onde os nenos ven monstros máis amables? Jacobo Fernández. Non sabería dicir. Os mesmos nenos de dez anos poden estar lendo unha literatura infantil, digamos máis suave, cunha influencia potente da pedagoxía, unha literatura light, no que se refire aos monstros, ou vendo unha peli de Pixar. Pero poñen a tele e atopan uns debuxos cheos barbaridades. Ou unha peli como “Piratas do Caribe”, na que hai un protagonista medio humorístico, pero tes uns monstros terribles. Non é só como se presentan, tamén o son, a música… todos os impactos que recibe o rapaz. Helena Pérez. Esa ambivalencia entre o ben e o mal aparece nas películas de Miyazaki. Ten criaturas moi particulares, unha da que eu son moi fan é Totoro. Pero nesa ambivalencia destaca sobre todo a Princesa Mononoke. Non é que ela sexa mala, simplemente quere defender o seu, os seus, do avance dos animais, e non comprende que estes a ataquen. Jacobo Fernández. No cine de Miyazaki non está moi claro, porque no fondo está mostrando como é a vida. A xente

38 Revista Criaturas


é boa e mala. Hai persoas que fan cousas que, en principio, consideraríamos malas, pero temos que valorar as súas circunstancias para poder comprendelo. Desde o meu punto de vista, todo ese traballo enriquece a obra, artisticamente falando.. Helena Pérez. No caso dos americanos, Tim Burton tamén rompe cos estereotipos que estamos acostumados a ver. Pode haber criaturas como Jack, que é un cadáver, pero que nos resulte amable, que nos guste. Ou tamén pode ser que unha nena que está toda cosida resulte terna e encantadora. Por non falar xa dos seus personaxes en The Melancholy Death of oyster boy. Como é a arte capaz de transcender o tema do medo?

ao redor. Tamén o tema gótico romántico, incluso decadente, coma os contos ilustrados por Bemjamin Lacombe. Ese tipo de creacións teñen éxito. Helena Pérez. Non cres que falta algo dentro da literatura galega? Falando de criaturas, hai poucos textos onde se traten os nosos monstros propios. Iso provoca que sexan pouco recoñecidos polos rapaces... Jacobo Fernández. Se falamos de personaxes mitolóxicos, os rapaces están dispostos a recibir calquera. Se falamos de corpus galego, eu penso que chegará, pero que falta unha compoñente artística, no sentido de que todos estes son personaxes moi ligados á antropoloxía.

Jacobo Fernández. Ben, coido que estes temas tamén funcionan por modas. Os monstros, as criaturas, están de moda, non hai máis que ver creacións como Monster High. Teñen outra idea da estética medio terrorífica. Tim Burton conta que o monstro non é malvado porque é merecedor dos seus pecados, senón que é diferente polas súas circunstancias, porque foi, por exemplo, creado por un científico tolo. E diante da sociedade presentase como diferente, como o caso de Frankestein, que está en contraposición coa sociedade. Ese tipo de personaxes veñen moi ben acaídos para a adolescencia. Ese asunto adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas Revista Criaturas

39


En si mesmos, os personaxes son moi atractivos e funcionan perfectamente. Por exemplo, Cunqueiro ten un material impresionante de fantasía equiparable a calquera outra tradición de oriente ou occidente. Se ese material se lle presenta aos rapaces vailles gustar, porque ten maxia e humor. Se cadra, falta coller ese material, separalo un pouco do texto e realizar un traballo distinto con eses personaxes, para que poidan presentarse de forma accesible e que cheguen a un público potencial. Ese público que, o mesmo que gozan das personaxes d’O Hobbit, poderían gozar con calquera moura ou calquera trasno dos que ten Cunqueiro. O paso para que iso resulte pasa polo traballo artístico dunha obra. Igual que aconteceu con Bola de dragón e a lenda do Home-Mono, que é o causante de que se estendese o manga. Helena Pérez. Esperemos que haxa algún autor que sexa quen de recuperar da nosa mitoloxía fantástica, algún personaxe que nos conmova e nos chame a atención. Porque editores arriscados coma os nórdicos, aquí hainos.

40 Revista Criaturas

Jacobo Fernández. Dende a túa visión como editora, como ves esa influencia nos textos, destas temáticas sobre as que estamos falando de criaturas internacionais? Helena Pérez. Boto algo en falta. E non é de agora, é dende hai moitos anos. O que percibo é que hai moi pouca xente que escriba sobre esta temática; chegan moi poucos textos. A influencia social do que ocorre no mundo é o que chega á editora. O problema é que non hai un texto rompedor, un texto con criaturas ou con seres especiais, como pasou no teu caso con Mil cousas poden pasar. Nos últimos anos si que se comeza notar un cambio, non sei se por influencias


ou por cubrir ese baleiro. Este ano, en concreto, o Premio Merlín foi Escarlatina, a cociñeira defunta, que me parece un texto moi novidoso na literatura infantil en galego. Iso independentemente de que en Escarlatina tamén haxa receitas, e de que ademais dunha obra literaria tamén sexa un libro de cociña. Creo que necesitamos que os autores vexan esa necesidade de traballar estes temas, deixando un pouco o tema realista. Ás nenas e os nenos de aquí vanlle gustar tanto coma os que veñen doutras tradicións, e os editores estamos dispostos. Falta atrevemento dos autores. Jacobo Fernández. Os autores traballan coa súas influencias e hai que perder os medos. Helena Pérez. O que pasa é que moitas veces as obras que nos chegan son libros que se prescriben nos centros escolares, libros de lectura, e os autores deixanse levar polo seu didactismo. Hai un exceso de didactismo e quizais sería o momento de evitalo porque, realmente, a literatura é iso, pasalo ben, gozar e divertirse lendo. No momento en que os

libros rompan coa prescrición e dean o salto e se vendan a maiores, poderemos arriscar. Por exemplo, Geronimo Stilton foi capaz de saltar e de venderse non só pola prescrición escolar, senón que foi quen de venderse nas librerías polo ti a ti, como pasa con moitas películas. Jacobo Fernández. E incluso é cultura. Sería tamén marca de imaxe ao exterior. Algo do que hai que presumir e que hai que exportar, presentalo como un valor. BIBLIOGRAFÍA Jacobo Fernández Serrano: Marcopola, a illa remeira: As orixes de Marcopola; Vigo: Edicións Xerais, 2012. Marcopola, a illa remeira: Os piratas da Lúa; Vigo: Edicións Xerais, 2013. Marcopola, a illa remeira: Dragoneta; Vigo: Edicións Xerais, 2014. Os amigos de Archimboldo Roque, Vigo: Factoría K de libros, 2008, Mil cousas poden pasar I, Vigo: Edicions Xerais, 2009. Mil cousas poden pasar II, Vigo: Edicions Xerais, 2011. A gardería de dona Bixelmina, Vigo: Edicions Xerais, 2005. Burton, T., La meláncolica muerte de Chico Ostra, Barcelona: Anagrama, 2000. Poe, E.A., Cuentos macabros, Il. Benjamin Lacombe, Madrid: Edelvives, 2013. Costas, L., Escarlatina, a cociñeira defunta, Vigo: Edicions Xerais de Galicia, 2014. Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton, Barcelona: Destino, 2010 Toriyama, A., Dragon Ball : ultimate edition; Barcelona: Planeta DeAgostini, 2006. Shelley, M., Frankenstein ou o moderno Prometeo., Vigo: Galaxia, 2000. Tolkien, J.R.R., O Hobbit, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2007. FILMOGRAFÍA La novia cadáver. Director: Tim Burton. Piratas del Caribe: la maldición de la perla negra. Director: Gore Verbinski. Monstruos, S.A.. Director: Dan Scanlon. Mi vecino Totoro. Director: Hayao Miyazaki. La Princesa Mononoke. Director: Hayao Miyazaki.

Revista Criaturas

41


Planisphærium cœleste, Frederik de Wit. [s. xvii]


Monográfico

CONSTELACIÓNS Neste número cero da revista no que se fai un monográfico sobre criaturas na LIX son moitos os títulos que apareceron nas nosas conversas. Títulos cos que nos emocionamos, cos que nos divertimos ou que admiramos. Títulos que se nos escapaban dos nosos artigos e que queríamos amosarvos, e deste xeito é como nace esta sección. Para vos ofrecer algúns dos títulos que tratan destas criaturas da literatura e de como un libro nos leva a outro e a outro... Tomamos o nome de “constelación” da profesora Guadalupe Jover quen o emprega para facer un itinerario de lecturas ao redor dun tema. Porque compartimos a idea de que cada libro forma parte dunha agrupación na que existen vínculos comúns aínda que estas lecturas esten alonxadas entre sí no espacio o no tempo.

Mar García Pérez


Editorial: Edicións Xerais Ano: 2009 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9914-048-3 Colección: Merlín Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Título: Das cousas de Ramón Lamote Autor: Paco Martín Ilustrador: Xoán Balboa Editorial: SM Ano: 1990 Lugar: Vigo ISBN: 84-348-1530-3 Colección: O Barco de Vapor Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

44 constelacións

Un dos libros fundacionais da moderna LIXGA e dos que teñen acadado un maior éxito de público e crítica. Foi Premio O Barco de Vapor no ano 1984 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1986. O seu protagonista, Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante se soños por encarga, é un personaxe prototípico, un ser altruísta e sensible no medio dunha sociedade materialista e inculta. Inclúese este libro na presente relación porque nel parecen dúas “criaturas” sorprendentes e moi interesantes: O reparante, animal que acorda cada seiscentos noventa e seis anos, e o entomodelfo, singular animal doméstico do que se fai unha exhaustiva descrición.

Título: Mil cousas poden pasar Libro I Autor e ilustrador: Jacobo Fernández

Esta obra coa que Jacobo Fernández foi galardoado co Premio Merlín nos presenta pequenas pezas narrativas entrelazadas que nos van descubrindo criaturas insólitas e diferentes situacións na Vila de Nil e no mundo dentro e fora do mar.

Título: O home do traxe branco. O accidente. Autor e ilustrador: Herikberto M. Quesada Editorial: Edicións Xerais Ano. 2009 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9914-057-5 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Na noite dun caloroso día de verán, uns rapaces descobren no bosque unha gran nave da que baixa unha estraña criatura, e contemplan asombrados como este ser dá a luz a súa cría... O artista ourensán Herikberto Quesada crea nesta novela todo un mundo de seres extraordinarios, debuxados con meticulosidade científica, partindo da teoría dos deseños coincidentes que explica como noutros planetas a vida pode evolucionar de xeito semellante a como o fai na Terra.

Título: Lapadoiras, Sacauntos e Cocón Autora: Marilar Aleixandre Ilustrador: Lázaro Enríquez Editorial: Galaxia Ano: 1999 Lugar: Vigo ISBN: 84-8288-294-5 Colección: Bambán Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial) Observacións: Álbum ilustrado Álbum ilustrado dirixido ao lectorado inicial, conta como Bibi, unha nena que ten moito medo da escuridade, coñece un día ao rato Pérez que a leva de viaxe do outro lado da noite. Alí coñece a Lapadoiras, Sacauntos e Cocón, tres monstros encargados de preparar a chegada do novo día: Lapadoiras pasa a noite rillando na lúa e facéndoa cambiar de forma, Sacauntos é quen coida os rabaños de nubes e as mantén en forma para que non tapen o ceo, e Cocón zuga as sombras para que veña un día claro... As excelentes e orixinais ilustracións son obra de Lázaro Enríquez, artista cubano afincado en Galicia, prematuramente falecido no ano 2005.

Título: El Zoo Absoluto Título Orixinal: The Utter Zoo Autor e ilustrador: Edward Gorey Tradutor: Marcial Souto Editorial: Libros del Zorro Rojo Ano: 2011 Lugar: Barcelona/Madrid


Álbum ilustrado de pequeno formato, amosa o talento para o humor negro, absurdo e místico do escritor e ilustrador Edward St John Gorey (Chicago, 1925 – Cape Cod, 2000), quen na actualidade é obxecto de culto entre numerosos admiradores de todo o mundo. O presente libro é un bestiario que vai desde o A ao Z presentando un singular zoolóxico de animais exóticos e que inclúe unha breve descrición en forma de pareado na paxina da esquerda e un debuxo a tinta negra sobre fondo branco na da dereita, para dar vida e “realidade“ a estas inquietantes criaturas.

Título: Diario de Pichük. O Longo longöbio de Longölia. Autor e ilustrador: Manel Cráneo Editorial: Everest Galicia Ano: 2014 Lugar: A Coruña ISBN: 978-84-403-1254-9 Colección: Ler é vivir. Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) Último título, polo momento, da serie “DiaRIo de PiChüK”, historias que transcorren no Planeta Mincha e que son protagonizadas por PiChüK, un pequeño ciéntifico soñador que recorre o Planeta descubrindo os seres singulares que nel habitan. Manel Cráneo, autor do texto e das ilustracións, inventa todo un universo de “criaturas” descoñecidas polos seres humanos que son presentadas por

PiChüK utilizando a linguaxe ciéntifica que corresponde a este sabio estudioso.

Título: Catálogo de obxectos rebuldeiros Autor e ilustrador: Pablo Prestifilippo Editorial: Faktoría K de Libros Ano: 2011 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-96957-99-2 Colección: Textos infames Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Observacións: A colección a completan outros título do mesmo autor Calcetíns salvaxes e Cadeira durmida Un libro cheo de humor e moita fantasía que nos amosa o mundo que nos rodea dun xeito máis divertido e surrealista. Uha colección de criaturas estrafalarias que son catalogadas en diferentes xerarquías: bechos nómades, bechos das cortes, bechos acuáticos, bechos territoriais, bechos desarraigados e algún becho a parte.

Título: O Grúfalo Título Orixinal: The Gruffalo Autora: Julia Donaldson Ilustrador: Axel Scheffler Tradutores: Piño Sáez, John Rutherford e Laura Sáez Editorial: Patasdepeixe Ano: 2013 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-939350-4-7

Público destinado: de 0-6 (prelectorado e lectorado inicial) Observacións: Álbum ilustrado http://www.gruffalo.com/ Unha divertida fábula cunha liña narrativa baseada na repetición dunha mesma situación na que rato moi intelixente consegue sortear todos os perigos do bosque coa súa picardía. Este álbum ilustrado conta coa súa páxina web onde amosan unha morea de curiosidade e actividades para realizar baseadas nesta historia.

Título: Circo Rigatoni Autor: Carlos López (Pinto & Chinto) Ilustrador: David Pintor (Pinto & Chinto) Editorial: Everest Galicia Ano: 2008 Lugar: A Coruña ISBN: 9788440310552 Colección: Punto de encontro Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) O Circo Rigatoni non tiña mago, pero un bo día apareceu un como por arte de maxia. E con el tamén apareceu a súa chisteira de onde sacou unha trapecista, un home bala, unha muller barbuda, un faquir, un lanzador de coitelos, unha amazona, leóns, tigres, cabalos, elefantes, focas e un elenco circense completísimo.

Revista Criaturas 45

ISBN: 978-84-92412-82-2 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Observacións: Álbum ilustrado


Título: Paxaro de mar e vento Autor: Tucho Calvo Ilustrador: Xosé Cobas Editorial: Biblos Clube de Lectores Ano: 2012 Lugar: Cesuras, A Coruña ISBN: 978-84-15086-25-3 Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) Observacións: Álbum ilustrado

46 constelacións

O nacemento dunha nova criatura, dun paxaro único que nace gracias as fermosas palabras de Tucho Calvo e toman corpo nas delicadas imaxes de Xosé Cobas trasládanos a unha praia bañada polo sol e polo mar a espera deste ser imaxinario. “Como nun soño, o paxaro botará a voar ou nadar (ave acuática ou peixe voador) nun día de mar azul e de ceo azul, nunha mañá de atmosfera verdella e aínda bretemosa”

Título: Animalario universal del profesor Revillod Autor e ilustrador: Javier Sáez Castán Editorial: Fondo de Cultura Económica Ano: 2003 Lugar: México ISBN: 968-16-7048-5 Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial) Observacións: Comentarios de Miguel Murugarren Un libro para xogar e gozar unha e mil veces. Partindo dun caderno de campo onde se describen a 16 animais , dun xeito científico e rigoroso, acompañado dunhas primeiras follas que evocan a este tipo de publicacións do século XIX . As follas troqueladas e divididas en

tres dan lugar a crear novas especies. Pódense formar máis de 4000 criaturas novas, diferentes e cada unha máis incrible, nas que tamén podemos escoller o seu hábitat e o seu nome.

Título: Jesús Betz Autor: Bernard Fred Ilustrador: Françoise Roca Tradutores: (ao castelán) Ghislaine Fortier-Durand e Juana Inés Dehesa Editorial: Fondo de Cultura Económica Ano: 2004 Lugar: México, D.F. ISBN: 968-16-7428-6 FCE 968-01-0547-4 SEP Colección: Libros del Rincón Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo) Observacións: álbum ilustrado Álbum de gran formato no que o seu protagonista, Jesús Betz “O home tronco” un ser que nace sen pernas nen brazos, un incansable loitador, relata a súa historia. Este relato ten forma dunha carta que Jesús dirixe a súa nai e que abarca desde o momento do seu nacemento no ano 1894 ata o presente, trinta e tres anos despois. Cunha linguaxe moi poética e fermosa, o protagonista conta a súa azarosa vida na que vai pasando polas mans de sucesivos „donos“: o capitán dun barco baleeiro, unha enorme pescadeira, o dono dun espectáculo, o director dun circo. É neste último lugar onde Jesús atopa finalmente a felicidade. Chaman a atención as extraordinarias ilustracións nas que predominan os tons vermellos que engaden un toque de dramatismo e que reflicten marabillosamente os distintos escenarios da vida de Jesús Betz.

Título: As Aventuras de Pinocho Título Orixinal: Le avventure di Pinocchio Autor: Collodi, Carlo Ilustrador: Roberto Innocenti Tradutora: Pilar Martínez Editorial: Kalandraka Ano: 2006 Lugar: Pontevedra ISBN: 84-8464-578-9 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Este clásico universal recollido por Carlo Collodi e magnificamente ilustrado con gran detalle na descrición dos personaxes e dos paisaxes por Roberto narra a historia dun títere animado que posúe sentimentos e o que máis desexa neste mundo en ser un neno de verdade e como vive un torberllino de aventuras para conseguilo.

Título: Frankenstein, ou o moderno Prometeo Título Orixinal: Frankenstein, or the modern Prometeus Autora: Mary W. Shelley Tradutor: Fernando Rafael Tato Plaza Editorial: Galaxia Ano: 2000 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-8288-343-4 Colección: Costa Oeste Páxinas: 268 Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo) Considerada a primeira novela de ciencia ficción este clásico


Título: O hobbit Título Orixinal: The Hobbit Autor: J. R. R. Tolkien Tradutor: Moisés R. Barcia Editorial: Edicións Xerais Ano: 2010 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9782-541-2 Colección: Fóra de Xogo Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo) Esta historia da comezo ao mundo máxico de Tolkien e a saga do Señor Dos Aneis. A historia do hobbit Bilbo Bolsón que un día sae da súa casa na Comarca levado polo Mago Gandaf e que xunto una compañía de trece enanos, liderada por Thorin vense inmersos nunha gran aventura.

Título: La historia interminable Título Orixinal: Die unendliche Geschichte Autor: Michel Ende Ilustradora: Roswitha Quadflieg Tradutor: Miguel Saenz Editorial: Alfaguara Ano: 2007

Lugar: Madrid ISBN: 978-84-204-6439-8 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Convertido xa nun clásico da LIX en poucas xeracións destaca a súa peculiar edición bicolor (verde e vermella) onde cada cor describe os dous planos do lector: o real e a fantasía. Planos que chegan a atoparse e mesturarse no desenvolvemento da historia, Lendo un estraño libro, Bastian descobre que o “Reino de Fantasía” está en serio perigo e a piques de desaparecer. Bastian e o valente guerreiro Atreyu loitan para salvar a Emperatriz Infantil da súa enfermidades e a Fantasía de desaparecer por culpa da Nada.

Título: Monstro pequeno di non! Título Orixinal: Nei! sagdi litla skrímslid Autor: Güettler, Kalle Ilustradores: Helmsdal, Rakel Jónsdóttir, Áslaug Editorial: Sushi Books Ano: 2014 Lugar: Cangas do Morrazo ISBN: 978-84-15920-24-3 Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial) Observacións: álbum ilustrado Monstro Pequeno NON! quere ir a xogar con Monstro Grande porque sempre que Monstro Pequeno xoga con Monstro Grande síntese moi mal porque non se porta ben. Pero Monstro Pequeno dálle un nova oportunidade para xogar xuntos. Unha fermosa e divertida historia de como a amistade pode axudar a ser mellor persoa.

Título: Rinocerontes e quimeras Autor: Marcos Calveiro Editorial: Tambre-Edelvives Ano: 2007 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-96772-17-5 Colección: Catavento Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo) Nun lugar situado en Norteamérica e a finais do século XIX, nun vello vagón de tren esquecido nunha vía morta, un grupo de criaturas agarda a que se resolva o seu destino. Eles son sete nenos especiais, monstros de feira, parte das atraccións dun circo que sorprende ao público coa exhibición das súas deformidades. Mentres agardan, cada un dos nenos-monstro conta a súa historia, son historias de violencia e desarraigo, de seres excluídos dunha sociedade que ve neles o froito do pecado e da perversidade.

Título: Un becho estraño Autor: Xosé Ramón Daporta Padín Ilustrador: Óscar Villán Editorial: Faktoria k de libros Ano: 2009

Revista Criaturas 47

da literatura universal nos introduce nas limitacións do ser humano por enriba da natureza. Esta novela gótica inglesa conta a historia de como Víctor Frankenstein crea un monstro pero asustado da súa creación o abandona a súa sorte.


Lugar: Vigo ISBN: 978-84-96957-66-4 Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial) Observacións: Álbum ilustrado Un orixinal libro con rimas de oito sílabas que mantense durante todo o texto. Un libro para xogar cos nenos máis pequenos e descubrir que criatura atópase nestas páxinas, lendo de diante para atrás dándolle a volta e comezar outra vez, xa que basease nos xogos ou historias de contos sen fin.

48 constelacións

Título: Malos tempos para os fantasmas Autor: Agustín Fernández Paz Ilustradora: Patricia Castelo Editorial: Edicións Xerais Ano: 2012 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9914-437-5 Colección: Merlín Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) O traslado de Marta a unha nova vivenda será o comezo dunha gran amistade entre ela e unha pantasma que leva anos incomunicado. Unha amistade que romperá esta incomunicación e que amosa como a tenrura e a solidariedade e o mellor xeito de axuda.

Título: O Xigante do pantano Autor: Richard Marnier Ilustradora: Géraldine Alibeu Tradutores: Paco Liván e Pilar Ferriz Editorial: OQO Ano: 2013 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-450-0 Colección: O (Oqo) Público destinado: de 0 a 6(prelectorado e lectorado inicial) Todo o mundo ten medo do pantano porque alí vive o Xigante; pero O Xigante síntese triste porque ninguén quere falar con el e quere viaxar. Coa axuda de Camila unha nena moi valente os dous poderán loitar contra Quedirán e aloxarse do pantano.

Título: O crebacabezas Autores: Txabi e Manu Arnal Gil Ilustrador: Roger Olmos Tradutora: Marisa Nuñez Editorial: OQO Ano: 2012 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-387-9 Colección: Q (Oqo) Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Este inquietante álbum ilustrado nos mostra a historia dun home crebacabezas vive no centro da vila, vixía todo o que en ela acontece e coas súas pezas muda ao seu capricho a vida dos seus habitantes.

Título: Hilda y el gigante de medianoche Título Orixinal: Hilda and the midhight giant Autor e ilustrador: Luke Pearson Tradutores: Carles Andreu e Albert Vitó Editorial: Barbara Fiore Editora Ano: 2013 Lugar: Albolote, Granada ISBN: 978-84-15208-43-3 Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) Un orixinal cómic dirixido a un grupo de idade o que rara vez ofrecéselle este xénero e que foi nominado aos Eisner Awards. O cómic narra a historia dunha pequena que conta entre as súas amistades con Gatancanos, Xigantes, Lobondrinas e outras criaturas misteriosas. Person amosa nesta colección o xeito de achegarnos ao fantástico como parte do cotidiano.

Título: Adiviñas montruosas Autora: Gloria Sanchez Ilustradora: Purificación Hernández Editorial: Rodeira Ano: 2006 Lugar: A coruña ISBN: 84-96352-83-8 Colección: Tucan Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo) Este divertido poemario esconde un conxunto de adiviñas nas que nos propoñen descubrir terribles e misteriosas criaturas.


Texto: Dous irmans Will e Jabo cruzan o espello que se atopa no despacho do seu pai chegando a un lugar máxico e as veces perigoso. Estas viaxes cada vez son máis frecuentes ata que nunha ocasión Will cae baixo un feitizo no que a súa carne pouco a pouco convertese en pedra. Jacob terá que atopar o xeito de liberar ao seu irmán deste feitizo. Observacións: A historia continúa en Reckless: Vida nas sombras

Título: Imaxina animais Autor: Xosé Ballesteros Ilustrador: Juan Vidaurre Editorial: Kalandraka Ano: 2008 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-650-1 Público destinado: de 0-6 (prelectorado e lectorado inicial)

Título: Onde viven os montros Título Orixinal: Where the wild things are Autor e ilustrador: Maurice Sendak Tradutor: Xosé Manuel González Editorial: Tras os montes (Kalandraka) Ano: 2014 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-859-8 Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial) Un clásico da LIX que mostra nunha viaxe de ida e volta os temores e os desexos da infancia. Observacións: Nas primeiras páxinas deste número cero da Revista Criaturas pódese ler un artigo monográfico dedicado a esta obra de Maurice sendak.

Título: As bruxas Título Orixinal: The witches Autor: Roald Dahl

Ilustrador: Quentin Blake Tradutora: Xela Arias, Lidia Iglesias Izquierdo Editorial: Xerais Ano: 2006 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9782-499-6 Colección: Biblioteca de Roald Dahl Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Dentro da colección da Biblioteca de Roald Dalh podemos gozar con este título na que un neno moi valente e a súa avoa enfrontase a terrorífica Asociación de Bruxas de Inglaterra para salvar do perigo de converterse en ratos a todos os nenos do país. Nesta ocasión tamén podemos gozar coas fermosas e divertidas ilustracións de Quentin Blake.

Revista Criaturas 49

Título: Reckless: Carne de pedra Título Orixinal: Reckless. Steinernes Fleich Autora e ilustradora: Cornelia Funke Tradutora: María Xesús Bello Rivas Editorial: Edicións Xerais Ano: 2010 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9914-161-9 Público destinado: máis de 15 (ectorado mozo)

Recopilación de bichos e animais que nos observan sen que nos demos conta da súa mirada. Bechos coma o “pingúitor“, a “fregulpo“ que sorprenden en cada páxina. Un xogo divertido de metáforas visuais que presentan obxectos cotiáns separados do seu entorno e que son recreados como novas criaturas.

Título: Harry Potter e a pedra filosofal Autora: J.K. Rowling Tradutora: Marilar Aleixandre Editorial: Galaxia Ano: 2002 Lugar: Vigo ISBN: 84-8288-496-4 Colección: Salamandra Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) A primeiro libro desta saga protagonizada polo novo aprendiz de mago Harry Potter, onde descobre os seus poderes e escapa para vivir e estudar co resto dos aprendices de magos a escola de Hogwarts. Unha novela crossover que conseguiu romper a barreira da LIX e que millares de lectores de todas as idades gozasen con estas historias.


Título: La cosa perdida Título Orixinal: The lost thing Autor e ilustrador: Shaun Tan Editorial: Barbara Fiore Editora Ano: 2007 Lugar: Cádiz ISBN: 978-84-934811-9-3 Público destinado: máis de 15: Lectorado mozo

50 constelacións

Un bo día durante o seu paseo pola praia un rapaz atopase cunha cousa perdida. Preocupado por ela decide levala a casa, pero sabe que esa non é a mellor solución, pensa en levala ao “Departamento Federal de Objetos Inútiles”, pero de novo ese non é o mellor lugar para ela. Alí dánlle unha nova dirección onde pode levala. Nesta viaxe entre as rúas Shaun Tan fai un homenaxe a outros grandes artistas como Jeffrey Smart , John Brack e Edward Hopper.

Chapas da revista Criaturas. Nuria Díaz (2014)


soĂąar ĂŠ vivir criaturas


Imaxe: “aula” (fonte: Ministerio de educación de Ontario)


Monogrรกfico

LER PARA ESCRIBIR UNHA PROPOSTA DE LECTO-ESCRITURA


E

sta sección da revista vai dirixida especialmente a aquelas persoas que traballan na formación de usuarios da lingua (docentes, responsables de bibliotecas, persoas encargadas de talleres de escritura …) e pretende amosar algunhas experiencias relacionadas coa animación lectora ou con prácticas de lecto-escritura que lles poidan servir de axuda e orientación no desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, os responsables

da revista Criaturas, conscientes do bo traballo que se está realizando en moitos colexios, institutos, bibliotecas…, abren as páxinas deste medio á colaboración de todos aqueles que teñan unha experiencia interesante e desexen compartila. Na proposta inaugural, e partindo do convencemento de que ler e escribir son dúas caras da mesma moeda, convidamos a todas e todos os interesados a realizar unha lectura creativa.

O contacontos. Anker Grossvater (1884)

Ler para escribir (unha proposta de lecto-escritura). Texto: María Jesús Fernández

De todas as maneiras individuais de achegarse á lectura, (ler como forma de ocio, para obter información, para adquirir coñecemento …), a máis intensa e eficaz é aquela de quen pretende “apropiarse” do que le, a lectura que fai quen se achega ao texto alleo tentando descubrir as chaves do proceso creativo para poder comprender, non só o que se pretende comunicar, senón

54 Revista Criaturas

tamén as técnicas e recursos utilizados para acadalo (Que se di?/ Como se di?). Non estamos falando en modo algún dos fríos e academicistas “comentarios de texto”, senón dunha lectura intuitiva e atenta, que propicie o diálogo e que sitúe ao aprendiz no punto de vista de quen escribe coa finalidade de dotarse de ferramentas e poder utilizalas nas propias creacións.


A imaxinación creadora de criaturas. O númerocero da revista Criaturas está dedicado de maneira especial a eses seres cuxa existencia non procede da limitada realidade sensorial, senón que son produto da capacidade imaxinativa das persoas. No seu libro La imaginación y el arte en la infancia(1), o psicólogo ruso Vigostky fala desta facultade dos seres humanos, da capacidade para idear algo absolutamente novo, que non procede da experiencia “real”, pero que ao ser creado adquire a súa propia realidade e comeza a “existir” como tal e a interactuar cos demais seres e obxectos preexistentes. A esta categoría de seres, que constitúen unha parte da nosa cultura e do noso imaxinario individual e colectivo, pertencen as fadas, os trasnos, os unicornios, as sereas, os dragóns, os anxos, o minotauro… Todas elas criaturas cunha existencia incuestionable que responden a desexos de transcender as limitacións que nos atan á monótona vida cotiá. A proposta deste Obradoiro diríxese nesta ocasión a esa extraordinaria capacidade creativa e consiste en imaxinar e dar vida a unha desas criaturas, e facelo previa lectura dun fragmento literario que sirva de modelo. O fragmento elixido pertence ao libro Imaxina animais (Edit. Kalandraka), do que son autores Xosé Ballesteros polos textos e Juan Vidaurre polas imaxes. Trátase dun pequeno bestiario no que se describen e retratan doce animais “case descoñecidos”, creados a partir de analoxías inusuais. A interesante proposta gráfica consistente en fotografías que botan unha ollada descontextualizadora sobre obxectos de uso cotián, compleméntase cos textos que reproducen de forma paródica as características formais da linguaxe

científica dun caderno de campo escrito por un naturalista. A mestura de “rigor científico” e humor é precisamente onde reside a singularidade e eficacia destes textos. A proposta pasa por tres fases: Antes da lectura / A propia lectura/ Despois da lectura. Antes da lectura: Suxírese un diálogo que sirva de análise da ilustración e do propio nome co que se designa a criatura (A FREPOLBO):

Que vemos. A que se parece. Que nos suxire o nome. Con que elementos xoga a imaxe para conseguir a transformación. Cales poderían ser as características de vida e costumes da Frepolbo. …………………………………………

Revista Criaturas

55


A propia lectura:

Despois da lectura: Rematada a lectura farase unha análise da mesma tentando, como se dixo, descubrir que nos queren contar os autores, que tipo de reacción ou sentimento pretenden provocar no receptor e con que procedementos o conseguen. Esta análise ou comentario farase mediante o diálogo aberto no que todos deberían participar, tendo a persoa que dirixe a sesión o papel de estimular este diálogo e propiciar que xurdan ideas e opinións. (É importante ter en conta que non existe unha única interpretación dun texto literario e que a lectora ou lector recrea o texto en cada lectura individual) A continuación chégase á proposta de escritura, individual ou de grupo, consistente na creación dunha criatura. Esta creación pode facerse utilizando o recurso da analoxía, como no caso da

56 Revista Criaturas

frepolbo no que un obxecto se transforma nun animal co que comparte certa semellanza física; por asociación e síntese de dúas realidades diferentes, como sería o caso do basilisco, mestura de galo e serpe; ou creando libremente, sen referencia previa. Para facilitar a xeración de ideas pódese partir dos supostos apartados dun caderno de campo. Proporase tamén que se fagan dous debuxos, un da criatura descrita e outro dalgún elemento singular (pegadas, agochos, algunha parte concreta do corpo, etc.). Unha ficha como a que segue podería servir de exemplo.


Nome da criatura (científico/vulgar):

CADERNO DE CAMPO

Descrición: características físicas, tamaño, color, pelaxe, órganos de locomoción, sons que emite, etc

Hábitat

Hábitos de alimentación e apareamento

Coidado das crías

Costumes que o caracterizan

Relación cos seres humanos

Parte final: Con todos estes datos á vista, o aprendiz de escritor ou escritora xa está en condicións de relacionalos dándolles coherencia e cohesión, para producir o propio texto. Este texto pode ser unha descrición, ou unha narración na que a criatura participe como personaxe. (En ambos casos é fundamental ir amosando a estrutura do texto descritivo e do texto narrativo) Outros libros nos que buscar modelos para a creación de “criaturas”: - Das cousas de Ramón Lamote. Paco Martín. Ed. SM (As páxinas nas que se describe o “Entomodelfo”) -

- Animais fantásticos. José Jorge Letría / André Letría. Ed. Kalandraka. - O Home do Traxe Branco. Herikberto M. Quesada. Edicións Xerais. - Paxaro de mar e vento. Tucho Calvo / Xosé Cobas. Edit. Biblos. - Animalario Universal del profesor Revillod. Javier Sáez Castán. Edit. Fondo de Cultura Económica.

(1) Lev Semenovich Vigotsky. La imaginación y el arte en la infancia (1930). Akal.

Revista Criaturas

57


imaxe: Konrad Von Gesner, Historia Animalium (Zurich, 1551-87).


Secci贸n da Cr铆tica


crítica Xabier P. DoCampo

ícaro de federico delicado

A

Federico Delicado Naceu en Badaxoz no 1956. Licenciado en Belas Artes pola universidade Complutense de Madrid. Comeza a súa actividade como ilustrador realizando materiais audiovisuais e dibuxando en prensa. Actualmente dedícase á ilustración de libros infantís e xuvenís.

60 Revista Criaturas

índa que o fin desgraciado do imprudente Ícaro foi o que acabou por dar o nome deste ao mito, a mitoloxía dinos que é Dédalo, o seu pai, o que verdadeiramente toma a decisión de sair de Minos voando cunhas ás que confecciona con plumas e cera. E por que non pensar Dédalo que lle di ao seu fillo o mesmo que Federico Delicado escribe como derradeira frase deste marabilloso álbum: «Nunca teñas medo a voar»?

Esta mesma frase podería ser un moi breve resumo desta obra que nos trae resonancias da mesma soidade que enche a alma de Gregor Samsa encerrado no seu cuarto. Ícaro é un álbum de Federico Delicado que, como é sabido, gañou VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Trátase dunha fermosa historia inzada de amargura, de soidade e de aillamento. Atravesada por ese cruel prexuízo da desconfianza diante do diferente. Mais tamén, é unha obra que trata da diverxencia, daquilo que nos fai únicos e resistentes á uniformidade. Cóntanos Robert Graves que Dédalo, cando emprende o voo, dille ao seu fillo: «Ségueme de perto e non tomes un rumbo propio(1)», mais o autor


deste álbum parece dicirnos que Ícaro, ao final do libro diante dunha fiestra aberta, disponse a elixir o seu rumbo. El sabe desde sempre que pertence a outra raza de seres humanos, a daqueles que están convencidos de que, no medio da carreira se abres os brazos poderás voar. Porque o desexo de voar foi sempre un fermoso xesto de rebeldía. Son demasiado frecuentes os álbumes de autor único onde o texto literario non acada a altura do gráfico, e poucos aqueles onde o equilibrio entre ambas partes dan unha obra complementada de forma maxistral como ocorre neste e piden da persoa que o le o esforzo de non desaparellar ambos compoñentes se o que se pretende é unha comprensión completa da obra. Unha parte gráfica que, chea dese realismo melancólico de paisaxes desertas e interiores de sinxela intimidade, onde as arquitecturas espidas e impersoais nos levan directamente ao americano Edward Hopper, como moi ben di a promoción da editora, mais aquí dotado dunha suavidade no relato que nos emociona. O conxunto de imaxe e texto deste álbum apréndenos unha magnífica lección que é preciso non esquecer: se a arte só é entretemento estamos a nos encamiñar cara ao caos e a barbarie. Este álbum é tamén un reto para calquera actividade diso que demos en chamar animación á lectura e que virou nunha serie de ocorrencias, moitas delas ben baleiras. Gustaríame saber que este álbum se toma para propiciar o diálogo educativo que representa que o lector novo se vexa acompañado daqueloutro máis experimentado e competente, e con ese diálogo entre ambos a lectura se converta en feliz experiencia.

Ficha técnica Título Ícaro Autor Federico Delicado Tradución Manuela Rodríguez Editora Kalandraka, 2014

(1)

Robert Graves; Los mitos griegos I (pp 354-355). Alianza Editorial, Madrid, 1985

Revista Criaturas

61


crítica

Armando Requeixo

o raio que non cesa sobre Historia da bicicleta dun home lagarto de fina casalderrey

F

ina Casalderrey sabe ben que as boas historias deben deixar no padal o pouso agradecido do chocolate, pero tamén o amargor do zume de limón. Ese tasto agridoce é o que invade a un tras a lectura de Historia da bicicleta dun home lagarto, relato que Xerais publica na colección Sopa de Libros con ilustracións de Laura Súa Campo.

Fina Casalderrey Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1952) é unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer con Mutacións xenéticas (1991). No 1995 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O misterio dos fillos de Lúa.

62 Revista Criaturas

Serra de Albarracín, prolegómenos da Guerra Civil. Un neno, Mundo (Raimundo), fillo dun pastor de ovellas, esperto, inocente e bondadoso, e mais unha nai facedora de queixos. E un seu amigo, Camilo, que lle descobre o fascinante quefacer dos empregados de Telefónica, rubindo aos postes de telefonía como se fosen homes lagarto. Un paradiso eglóxico que se ve truncado coa loucura bélica, as delacións, os paseos, os fuxidos ao monte, os silencios e as represalias. Con estes sinxelos vimbios tece Casalderrey unha trama de poderosísimo sentimento. A ollada cándida coa que os dez anos de Mundo van descubrindo as feridoras pegadas da Guerra gañan a complicidade do lector, que pronto enguedella nese mesta arañeira de abraios melancólicos, de temores fundados, de sombras da vesania que desata a loucura dos que empuñan armas para defender o indefendible.


Enxertadas na historia principal van outras ponlas

non por secundarias menos lucidas: a ilusión moza de Mundo que se vai facendo maior e anda a descubrir a vida; o beatus ille e o contemptus mundi no que semella

instalada toda a familia, fóra das celeridades e tensións urbanas; a afouteza labrega capaz de sobrevir a todos os

lobos da vida e, xaora, o poder das palabras, neste caso

Ficha técnica

Título Historia da bicicleta dun home lagarto Autora Fina Casalderrey

a través da persoa do poeta Mi-

Ilustracións

republicano de Mundo, quen,

Editora

guel Hernández, a quen le o pai

logo de fuxir ao monte para

evitar a furia dos nacionais,

Laura Súa Campo Xerais, 2014

manda mensaxes á súa familia

nas follas de El rayo que no cesa. Casalderrey constrúe unha narración na que o feitío dun-

ha prosa de glícido sabedoiro non empece para que a papila

estordegue co ácido do drama de fondo. A escrita da pontevedresa acompaña de veludo o que de espiñento

aguilloa no cor, ao que axudan, non pouco, as ilustracións coloristas e desaristadas de Súa Campo, lumino-

sos oasis nos que deixar abeberar a ollada e acalmar o corazón mancado.

Historia da bicicleta dun home lagarto é un soño de loai-

ras entre a néboa, unha cicatriz de luz que se abre como un raio incesante para lembrarnos que a Bondade re-

siste esperanzada e alanca por riba dos peores lameiros, unha lección para todo tempo que cobra hoxe especial sentido.

Revista Criaturas

63


crítica

Mario Regueira

os libros da merenda de martinho terrafría e vladimir zatonski

A

Os libros da merenda É un proxecto de Urco Editora que conta actualmente con catro títulos; Señor Fiz, o repolo feliz, Don Bento, o porco fedorento, Fariñeiro, o burro larpeiro e mais Xoana, a ra lacazana

importancia dos libros para unha sociedade ten sido comparada moitas veces coa necesidade vital do pan. Precisamos da cultura como de comer. Se cadra levando esa tese ao campo da literatura infantil, poderíamos dicir que hai que dar os libros como se dá a merenda, diariamente e coa mesma noción de que resulta algo necesario para o desenvolvemento das crianzas. Ese é polo menos o punto de partida co que Urco Editora presenta estes Libros da Merenda, un espírito ao que responde tamén o seu formato pequeno e manexábel, xunto con detalles como incluíren un apéndice coas ilustracións en branco para colorear ou o estilo lúdico do texto de cada un deles. Non cabe dúbida de que a colección está pensada para aproveitar os momentos de lecer e para continuar as historias dos seus personaxes e o baixo prezo de cada exemplar está tamén pensado para poder acompañar con frecuencia este contexto. Resulta admirábel como un formato tan sinxelo pode ter tanta potencialidade. Sinxeleza da parte das ilustracións, doadas de imitar e divertidas de reinterpretar con novas cores, pero tamén das pequenas historias,

64 Revista Criaturas


centradas en cada número da colección nun becho ou nun vexetal cunha característica especial e presentadas xa dende o título a través de sonoras rimas. Non re-

sulta doado, polas limitacións que impón este formato, conseguir o notábel nivel de galego que se emprega na colección, rico en xiros propios e expresións ameaza-

das de desaparecer do uso popular, como case todo na nosa lingua. Sen dúbida un fac-

tor particularmente importante

nun dos primeiros contactos vitais que unha persoa pode ter co galego escrito.

Ficha técnica

Título Os libros da merenda (colección) Autor Martinho Terrafria Ilustracións Vladimir Zatonski Editora Urco Editora, 2014

Polo demais, os personaxes

que desfilan polos distintos números da colección teñen a

característica principal de ser enormemente divertidos, alén de que, sen convertelo nunha

función omnipresente, fan a súa particular educación

en valores como a importancia da hixiene, dunha boa alimentación ou a superación dos problemas coa axuda

das amizades. Bo exemplo disto é o primeiro volume, estelarmente protagonizado por Don Bento, o porco

fedorento, un cocho que aprenderá, con sabios conse-

llos dun amigo, como librarse do fedor que espanta ao resto dos animais da granxa.

Como dicíamos, unha idea tan brillante como sinxela e necesaria, particularmente axeitada para familiarizarse de forma divertida coa lingua e con personaxes chisto-

sos e difíciles de esquecer. Un debut ben atinado para unha editora que incia a súa andaina na literatura in-

fantil e xuvenil e da que agardamos que siga enchendo as tardes de merenda con novas historias.

Revista Criaturas

65


crítica Miguel Vázquez Freire

a vida colgada ou a aventura ecolóxica sobre La vie suspendue / Les yeux d’Elisha de Timotée de Fombelle

É

Timothée de Fombelle Debutou no campo da novela con Tobi Lolness, o libro revelación da literatura xuvenil francesa recente. Dende a súa publicación, en abril de 2006, acadou importantes galardóns como o premio Saint-Exupéry (na categoría de novela), ou o prestixioso Premio Andersen en Italia.

66 Revista Criaturas

para min un misterio por que un determinado autor ou autora, ou un determinado título, conseguen concitar o entusiasmo do lectorado infantil ou mozo, mentres outros autores e títulos, que eu diría non teñen nin maiores nin menores virtudes, apenas merecen tan só a atención duns poucos. Ou tamén: por que o que emociona a nenos e nenas (un supoñer) franceses ou italianos, non esperta o mesmo interese entre (outro supoñer) os galegos ou portugueses. Vén isto a conto do libro que aquí comento, que cando o lin, na versión francesa e por recomendación de alguén que me falou do impacto que estaba a ter o autor, considerado o gran renovador da literatura para a mocidade en Francia, apostei que ben podía chegar a ser un novo Harry Potter. Non foi así e a versión castelá (haina tamén catalá), sen ser un fracaso, non acadou nin por asomo a resonancia da saga británica. E decátense de que a editorial que a promoveu en España é a mesma que distribúe os libros da Rowling. Posto que sobre misterios mellor é calar, limitareime de seguido a ponderar os méritos que fan desta espléndida novela de aventuras (aínda que se presenta en dúas entregas, constitúe unha perfecta unidade, sen o carácter de historias independentes que teñen os títulos da saga do pequeno mago) un título que non debería faltar en ningunha biblioteca escolar ou familiar. Mágoa que ningunha editora galega se teña animado a ofrecela na nosa lingua. Estamos diante dunha novela que responde, por un lado, a unha férrea e á vez moi innovadora estrutura,


mentres por outra reúne as características comúns a todas as grandes novelas do xénero de aventuras. Tocante ao primeiro, o lector vese situado diante dun universo absolutamente único, que o autor ten a habilidade de ir amosando desde dentro mesmo del. Aínda que o relato é en terceira persoa, por un narrador omnisciente, este non introduce ningún distanciamento que faga pensar ao lector: ah, este é un mundo fantástico, non o meu mundo real. Ao contrario, desde a primeira páxina sitúasenos nun espazo inventado, si, mais este se nos ofrece, ao modo dos contos marabillosos, como un lugar onde as cousas ocorren dun xeito que non pretende ter nada de extraordinario. Simplemente, ese é o mundo ao que se nos convida a entrar e que o lector aceptará tan insólito como veraz. Un mundo que imos ver desde os ollos e as vivencias dun rapaz de 13 anos chamado Tobi Lolness, que mide pouco máis dun milímetro e medio (“o que non era moito para a súa idade”, dísenos na primeira páxina), e que sofre unha terrible persecución, comandada por quen fora o seu mellor amigo, que o levará desde as Pólas Altas, ata as Baixas, dun Gran Carballo. E nesa aventura non se nos aforrará nada do que cabe esixir ás máis grandes: os maiores perigos, os máis crueis viláns, a amizade e a traizón, o amor, a perda e a redención. Non é o menor dos méritos desta apaixonante odisea a riquísima galería de personaxes, de entre os que xurdirá unha prodixiosa fauna (gurgullos, escaravellos rinocerontes, cochinillas, arañas velenosas...) que incrementarán as ameazas sobre o heroe ou se trocarán en aliados. Finalmente, o Gran Carballo, que constitúe o mundo enteiro e único que coñecen os seus habitantes, eríxese como símbolo diáfano do noso planeta en perigo pola sobreexplotación e o mal uso dos coñecementos científico técnicos. E o lector, calquera lector, coido eu, non atopará demasiadas dificultades en trasladar ao seu propio mundo as arelas de Tobi e a súa amada Elisha por protexelo dos despóticos Jo Mitch que tamén aquí destrúen coa súa cobiza o noso fráxil planeta.

Ficha técnica

Título Tobi Lolnes (Vol.I La huida de Tobi. Vol.II Los ojos de Elisha) Título orixinal La vie suspendue/ Les yeux d’Elisha Autor Timothée de Fombelle

Ilustrador Fraçois Place Tradución (cast) Teresa Clavel Editorial Salamandra, 2007

Revista Criaturas

67


crítica Xabier P. DoCampo

o homiño vestido de gris de Fernando Alonso

T

ráenos Kalandraka este gran clásico seguindo a rota da súa atinada política de traducións ao galego, cando van perto de corenta anos da súa primeira edición en Alfaguara.

Fernando Alonso

Naceu en Burgos en 1941, é escritor, xestor de actividades culturais e documentalista televisivo. O seu libro máis coñecido é El hombrecito vestido de gris (1978, con ilustracións de Ulises Wensell).

68 Revista Criaturas

O homiño vestido de gris, este Huvez posto aquí antes de que o autor creara esoutro personaxe, é un ser que por dentro é un arco da vella, mais o seu exterior gris impídelle recoñecerse como un individuo que naceu para a felicidade. Este extraordinario conto, verdadeiro fito canónico da literatura española, fálanos dos nosos camiños de liberación, da oportunidade de tomalos e transitalos. Como de feito nos falaba, aló polo 1978 cando apareceu por primeira vez, tamén da liberación que para a nosa xeración, a miña e a do autor, foi o final do franquismo, o desaloxo do home da torre. O momento no que «o destrutor dos soños de todo o barrio se perdeu ao lonxe», a máis esperanzadora frase literaria que se puido escribir naquel tempo de incerteza, estabamos a comezar a construír a nosa casa de planta baixa, a que nos acollería para iniciar nela unha nova etapa da Historia. Non é menos oportuno este libro nos tempos que andamos, tempos onde a tentación da desilusión e do abandono nos arrodean parecendo choernos todas as saídas, mais poden axudar estes contos de Fernando Alonso a xuntar forzas para expulsar aos novos señores da torre e a recobrar a forza que dá sabérmonos seres nacidos para a felicidade e para danzar cos bailarins


que nos saian ao encontro. Ese ser que nos mira, que repara na nosa presenza e téndenos a man para bailar. Ese encontro que Fernando Alonso creou entre o espantallo e o bailarín que sempre me pareceu inspirado por un fermoso aforismo de Elías Canetti que di: «Encontrei alguén que me escoitou, e emocioneime». Porque nesta obra poderán atopar os lectores de hoxe pulos para seguir a loitar pola igualdade e a solidariedade humana como camiño de supervivencia da especie.

Ficha técnica

Ten Kalandraka o acerto de nos ofrecer O homiño vestido de gris e outros contos nunha fermosa nova edición, mais conservando a disposición do texto en bandeira e o corte de liña que tiña no orixinal. Acerto é tamén contar coas ilustracións orixinais de Ulises Wensell, triste e prematuramente desaparecido hai tres anos, e que son unha lección de sinxeleza feita de sutiles fragmentos e miniaturas que acompañan a ilustracións a páxina enteira ou media páxina, que enchen o noso corazón dunha leda emoción como ocorre co pai e o fillo que contemplan A paxariña de papel, o charlotesco final d’Obarco na botella ou o pobo expectante ao pé d’O gardián da torre.

Tradución

Título O homiño vestido de gris e outros contos Autor Fernando Alonso Ilustrador Ulises Wensell

Ramón Nicolás Editorial Kalandraka, 2014

Do mesmo xeito que a experiencia persoal vese acrecentada non só polo vivido senón tamén polo aprendido das experiencias alleas, a nosa LIX tamén se engrandece coa chegada de obras de contrastada calidade e interese procedentes doutros corpus literarios e traducidas para a nosa lingua. De xeito especial cando a selección se fai, como é o caso, con criterios de oportunidade do seu significado histórico, quer para aquel tempo quer para o presente. Revista Criaturas

69


imaxe: Libraría Shakespeare & Co. (París) [Alexandre Duret-Lutz]


librarĂ­as


Onde viven os contos

En criaturas queremos dar voz a historias que teñan detrás algo máis ca números, historias que teñan paixón, esforzo, bágoas e, sobre todo, moita ilusión. A libraría Bahía de Foz é unha desas historias. Así o conta Cielo, a nosa primeira libreira.

72 Revista Criaturas


É

rase unha vez... Velaquí tres palabras capaces de derrubar todos límites da materia e da mente; velaquí a porta de entrada a un novo estado da conciencia e da percepción no que todo se detén e todo é posible, e o corpo e a mente esquecen o que os rodea e actívanse para comezar unha aventura que saben ou intúen ou esperan apaixoante, renovadora, imprescindible. Erase unha vez... un libro. Un libro que lemos e relemos e volvemos ler e que xamais nos cansa ou nos aburre. Un libro que como alfombra voadora, nos sostén nunha viaxe da que regresamos diferentes, non sabemos cómo, en qué ou por qué, pero sabemos que xa non somos os mesmos, nutrímonos desa lectura e ela agora forma parte das nosas células. Erase unha vez.... Un libro, e outro, e outro e máis outro xuntos, conversando entre eles, ignorándose algúns, buscándose outros, colocados sobre os andeis, deixados sobre algunha mesa, acabados de chegar, mesturados con vellos coñecidos, algúns espectaculares, outros miúdos... Érase unha vez unha librería.

Estas sensacións, estas experiencias, confórmanme como libreira e son as que dan sentido ao meu traballo. A diario síntome interpelada polos libros que chegan á nosa librería e pasan polas miñas mans. Non por todos. Hai libros que son iguais a outros tantos, que puideron ter o seu valor pero a industria converteunos en copias repetidas ata a extenuación, que só buscan xerar ingresos á xigantesca industria do libro. Estos libros non reclaman nada porque non teñen nada que ofrecer. Son fáciles para todos. Para os editores que saben teñen unha fonte de ingresos segura, para os libreiros que só temos que colocalos na mesa ou andel adecuados, para o lector que xa sabe o que vai obter coa súa lectura e que non terá que facer ningún esforzo, por satisfactorio que este sexa, para dialogar con él. O principal peligro que teñen estes libros dos que ahora hai moreas é que os lectores queden pechados aí, que alimenten unicamente con eles as súas lecturas, entón a experiencia lectora será empobrecedora. Os libros que me interpelan son outros, son libros únicos que piden a miña atención e o meu tem-

Revista Criaturas

73


po, que me berran dende as súas capas e dende as súas páxinas. As veces non podo prestarlles a atención que quixera, que quizáis merecen, e entón síntome traizoando algo preciado e parece que me chegara a tristura dende as súas follas... Outras veces podo determe nun, noutro, noutro máis e ás veces descubro tesouros que logo trato de compartir con todo o entusiasmo do que son capaz. A relación da libreira cos libros é constante e moi esixente. Pero non sempre esta relación é directa. A librería tamén é unha comunidade na que se intercambian opinións, os consellos son bidirecciónais, a libreira recolle a opinión dos lectores e fai de caixa de resoancia para que esta chegue a máis xente, a máis lectores, a librería convértese nun foro, non virtual senón físico, con toda a enerxía que a materia proporciona.

74 Revista Criaturas

Algo así pretende ser a nosa librería. Fundada no ano 1963 por Suso Fernández, axitador cultural, visionario, creador de infinitos proxectos para a súa vila, actualmente cronista oficial de Foz. No ano 1963 Foz era unha vila sinxela de mariñeiros e labregos na que non se lían moitos libros. Aínda así Suso e Marita, a súa dona, fundaron unha librería na que os libros compartían espazo con outras mercadorías de todo tipo, xa que había que vivir. E esa librería foi referencia para varias xeracións de focegos e foi o lugar ao que acudir para falar de libros ou de calquera cousa que tivese que ver coa cultura, xa que Suso sempre foi gran conversador e atento anfitrión. A librería Bahía foi xerme de acontecementos como a Feira do Libro de Foz que cumple 30 anos o próximo verán, lugar de visita e encontro de escritores e poetas como Manuel María, Carlos Reigosa ou Marina Mayoral entre outros moitos. A librería Bahía capitaneada por él, foi merecente no ano 1996 do premio Irmandade do Libro polo seu labor de promoción da cultura en xeral e da lectura e do libro en particular, e con ocasión da 25 edición da Feira do Libro de Foz, no ano

2008 de novo a Federación de Libreiros entrega a Suso unha fermosa placa pola que recoñece o seu traballo a prol da cultura e do prestixio da profesión libreira. Despois dun intenso e moi frutífero


traballo, a Suso e a Marita chegoulles a xubilación e a librería está actualmente rexentada pola súa filla Cielo Fernández, quen firma estas líneas, e o seu home, Miguel Menacho. E neste ano encara un novo cambio co que nos sentimos tremendamente ilusionados e comprometidos. A librería cambia de acubillo e trasládase a un local cunha fermosa historia da que, dalgún xeito, nos gustaría ser continuidade. Comezado a construir no ano 1935, o 25 de xullo do 1936 ía ser inaugurado, xa estaban impresos os carteis que anunciaban os actos que ían ter lugar ese día que, como podedes supoñer e seguro que non hai que explicar as razóns, nunca se fixeron. O cine comezou a funcionar pero sen festa inaugural. E así continuou durante moitos anos, nos que non só se proxectaron películas senón que houbo representacións teatrais, nalgúns casos protagonizadas polos propios veciños de Foz, veladas musicais e todo tipo de eventos culturais. Daquela, a vida cultural e social de Foz, durante todos estos anos, xirou en torno a este edificio. Pódese entender entón a carga de significado e a responsabilidade que este traslado ten para nós. O proxecto do espazo da librería correu a cargo dunha arquitecta e amiga gran amante dos libros, Rosa López, e o seu traballo logrou crear un espazo moi acolledor, que convida a estar e a deixarse levar pola maxia dos libros e que fala a través da pedra e dalgún detalle que puidemos recuperar da historia e das historias que aquí se viviron. É un espazo cheo de sentido e significado. O

noso proxecto pretende que este espazo cheo de significado se encha de vida e a vida dunha librería para nós ten moito que ver con aquelas tres palabras coas que empezamos: Érase unha vez... E sobre todo, unha librería infantil, ou o espacio infantil dentro da librería. Hai poucas cousas que como libreira me podan emocionar tanto como ver un montonciño de caras de pícaras e pícaros con todos os sentidos aguzados e completamente absortos na historia que están a escoitar , podo imaxinar a súa mente como un fervedoiro de imaxes, emocións e expectativas mentras o seu corpo se abre ao fluir das palabras, cada un á súa maneira, quietos ou movéndose, calados ou comentando, e x p re s a n d o ou escondendo, todos pendientes da maxia das historias. Na nosa librería organizamos con regularidade contacontos, obradoiros relacionados cós libros (de cociña, de plástica, de ilustración), teatros que eles mesmos protagonizan ás veces despois dun traballo previo e música. Co cambio de emplazamento e as maiores posibilidades que nos permite o novo, queremos reforzar estas actividades, entre os proxectos está establecer un día fixo de contar, un ratiño non longo, que nos sirva tamén para ir conectando con nais e pais que tamén se vaian animando a contar e ir formando unha pequena comunidade coa que

Revista Criaturas

75


Se a túa criatura non ve aquí unha mesa. Falamos.

@juegamates


plantexar proxectos; tamén queremos explorar ámbitos de creación en ilustración, comic e teatro e, de maneira puntual, plantexar exposicións das que ata ahora celebramos unha, no anterior local, da ilustradora Montse Gisbert que foi moi ben recibida. Outro aspecto que cuidamos é a relación con outros ámbitos que están no mesmo barco que nós e neste sentido organizamos en colaboración cós colexios e có instituto de secundaria presentación de libros e contacontos: eleximos unha clase que se achega ata a librería para participar na actividade, esta opción de colaboración é principalmente interesante cós institutos, xa que nesta edade é moitísimo máis difícil que as rapazas e os rapaces se acheguen ata a librería a participar nas propostas que ofrecemos, porén, quedaron moi satisfeitos despois de terse achegado coa súa clase. Estar en conexión coas bibliotecas escolares e reforzar na librería os temas que eles están tratando é outro medio de colaboración que

tamén desenvolvemos, así cando na biblioteca o ano pasado se falaba das letras da ciencia, nos expoñíamos no escaparete e dedicábamos un espacio dentro da librería a ese tipo de libros, o mesmo cando no instituto traballaron o Greco de maneira interdisciplinar. As posibilidades de traballo dentro do espacio infantil da librería son enormes, pero tamén é certo que o traballo e o tempo impoñen as súas limitacións. Como librería infantil ademáis pertencemos ao club Kirico, grupo dentro de CEGAL de intercambio de experiencias e elaboración de material e

elaborar material e seleccionar libros de calidade.

proxectos conxuntos, o intercambio coas compañeiras e compañeiros que están traballando na misma línea que nós é sumamente interesante e a él debemos que o noso repertorio de actuacións se enriquecese moito, tamén nos é de grande axuda á hora de

que nos forman e nos conforman e nos explican e nos axudan a entendérmonos a nós mesmos e aos demais dende parámetros que non son racionais nin científicos pero que son xerme de creación, de todas as creacións.

Agora que materias como filosofía, ou linguas clásicas están practicamente abolidas do sistema educativo, que se trata con indiferenza, se non con desprezo, a aquelas que nalgún tempo foron consideradas Belas Artes, a literatura, a música a educación plástica, que só merece a consideración social o que resulta útil (útil para qué?, para quén?), necesitamos cada vez máis o espazo dos contos, das historias, de todas as historias

Revista Criaturas

77


.gal proximamente


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.