Cerna 73

Page 4

RECURSOS LIBROS

Ramsés Pérez

O PEQUENO É GRANDE. A AGRICULTURA FAMILIAR COMO ALTERNATIVA: O CASO GALEGO

INVENTARIO ESPAÑOL DE LOS CONOCIMIENTOS TRADICIONALES RELATIVOS A LA BIODIVERSIDAD. PRIMERA FASE: INTRODUCCIÓN, METODOLOGÍA Y FICHAS

Xoán Carlos Carreira Pérez e Emilio V. Carral Vilariño Através Editora / AGAL

Pardo de Santayana M.

Galego (278 páx.), 2014

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

ISBN: 978-84-87305-82-5 DL: C 1804-2014

Esta publicación pertence á colección Através das Ideias centrada na importancia da agricultura a pequena escala. Unha combinación de revisións bibliográficas, investigacións e conclusións propias dos autores, hipóteses e ideas prospectivas, que intenta incentivar un debate necesario na nova fase que deberá comezar para a agricultura galega. Procura respostas para as preguntas chave: Quen habita hoxe o medio rural? Cales son os tipos de explotacións agrarias galegas na actualidade? Cal é o papel da agricultura a pequena escala? O minifundio continúa a ser un problema para o desenvolvemento agrario da Galiza ou é unha agricultura de precisión feita, iso si, con base a un enorme esforzo? Até que punto son certas as ideas consideran as pequenas explotacións labregas familiares como marxinais? Que importancia teñen no novo paradigma da agricultura entendida, non só como produtora de alimentos, mais tamén como fornecedora de servizos á sociedade?

Español (411 páx.), 2014

ISBN: 978-84-49114-01-4

Nas últimas décadas, o interese polos coñecementos tradicionais foi en aumento, tanto na súa vertente académica como na de xestión do medio natural. Este feito reflíctese na política de conservación do Estado e, en particular, na Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que recolle a necesidade de documentar e conservar os coñecementos tradicionais como parte do concepto de utilización sostíbel da biodiversidade.

En aplicación á Lei, o R. D. 556/201, do 20 de abril inclúe como un dos seus compoñentes o Inventario Español dos Coñecementos Tradicionais relativos á Biodiversidade, que recolle coñecementos tradicionais previamente publicados, recompilados mediante entrevistas in situ de informantes locais e a observación participante. A través del aproximámonos aos coñecementos tradicionais, á súa importancia e ao estado actual do seu estudo en España. Tamén presenta 55 fichas coa finalidade de divulgar o patrimonio etnobiolóxico do Estado.

GUÍAS

GUÍA DE CULTIVO DO CASTIÑEIRO PARA A PRODUCIÓN DE CASTAÑA Josefa Fernández López. Grupo de Investigación Forestal de Lourizán

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar Galego (134 páx.), 2014 DL: C 1627-2014

Esta recente publicación do Centro de Investigación Forestal de Lourizán está dirixida principalmente a silvicultores que se dedican á produción de castaña e a viveiros de Galiza. O manual ten como obxectivo orientar estes colectivos na elección de variedades de castaña, na instalación e coidado dos soutos, nas técnicas de enxertado e na identificación de pragas e enfermidades que afectan o castiñeiro. Así mesmo, nesta guía faise un percorrido pola historia da cultura do castiñeiro en Galiza desde os seus inicios no século XII.

FOLLETOS SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

ADEGA (textos), Calros Silvar (ilustracións) Galego (16 páx.), 2015

ATLAS DOS DESCARTES DA FLOTA DE ARRASTRE E ENMALLE NO CALADOIRO NACIONAL CANTÁBRICO-NOROESTE

Julio Valeiras, Nélida Pérez, Hortensia Araujo, Itxaso Salinas, José María Bellido Instituto Español de Oceanografía (IEO) Galego (118 páx.), 2015

DL: C 300-2015

Este Atlas permite establecer as bases para a elaboración de plans de descarte e plans plurianuais de pesca, baixo requirimento da nova Política Pesqueira Común. O proxecto pretende reforzar a cooperación entre os científicos e o sector pesqueiro, contando coa colaboración de pescadores, asociacións pesqueiras e comités consultivos rexionais (CCRs), con información recollida a bordo da flota pesqueira. O Atlas atende a datos de seis pescarías e nove especies reguladas pola normativa europea, que estarán afectadas pola nova regulación de obrigatoriedade de desembarque de forma paulatina, entre 2016 e 2020. O Atlas inclúe dúas guías das especies de peixes e invertebrados presentes no Caladoiro Nacional Cantábrico-Noroeste, que se poden descargar na web www.mapdescar.org.

ADEGA vén de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras no marco do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”. Esta iniciativa, que conta co apoio do Ministerio de Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidade, pretende reforzar e dar continuidade ás diferentes propostas de divulgación e actuación que ADEGA fai desde hai anos.Cada folleto conta con 14 especies de fauna e outras tantas da flora invasora que se poden atopar nos ecosistemas acuáticos ou que son potenciais de chegar a eles. Pódense descargar na web www.adega.gal ou solicitar en papel no local nacional de ADEGA.

COLABORA CON “RECURSOS” CERNA

cerna nº 73 · 4

se queres que divulguemos nesta publicación algún libro, CD, revista, película, documental, etc., envía a referencia a ramses@adega.gal ou cerna@adega.gal, indicando “Recursos CERNA”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.