Historias de Pepe, Mari e Pacopaco.II entrega

Page 1

II ENTREGA “HISTORIAS DE PEPE, MARI E PACOPACO. HEROES DE ANDAR POR CASA”

“A Gala dos Oscars”. Jonathan V.

• • •

“A crise económica”. Cristian

“Terremoto en Haití”. Jonathan Quintela


"Pepe e Mari na gala dos Oscars"

A Pacopaco lle gustaba moitísimo o cine e sempre quixera ir aos Oscars. Pepe e Mari lle quixeron dar unha sorpresa a Pacopaco e lle propuxeron ser invisible para poder entrar. Estaban na alfombra vermella cando viron como se acercaba unha limusina da que saia alguén que raptaba a Lady Gaga. Pepe, Mari e Pacopaco colleron o seu chimpin e foron detrás da limusina para rescatala. Pacopaco saltou á limusina, baixou polo teito solar e teletransportou a Lady Gaga. Asi foi como Lady Gaga puido facer o paseo pola alfombra vermella e ser a atención de todos os fotografos e de todos os periodistas . Aquela noite Lady Gaga foi unha das gañadoras dos oscars.Cando estaba a recoller o seu premio fíxolle un guiño a Pacopaco e a súa familia. Ao día seguinte saíu nas revistas en portada a foto de Lady Gaga guiñando o ollo a Pacopaco. Dende entón Pacopaco garda no seu lugar secreto a fotografía da súa istoria da súa cantante preferida.

Autor: Jonathan V.


“ A crise económica”

Coa crise economica que hai agora, Pepe e Mari non tiveron moitos cartos para arranxar a casa polos destrozos da cicloxénese explosiva, e o banco non daba para mais. Tiveron que vender o chimpín para gañar mais, ademais Pepe e Mari cos seus superpoderes fixeron que crecesen mais os froitos das árbores e que toda a verdura crecera aa os 5 metros de altura en todo o pobo. Pola mañá , a xente levantouse para ir traballar ó campo, e leváronse unha gran sorpresa. Cos cartos que gañaron fixeron unha festa, chamaron a orquestra Panorama e o pasaron en grande. Pepe e Mari , pola súa banda compraron outro chimpín que tiña ordenador, raio láser, cambiaba de forma, que tiña ordenador, raio láser, cambiaba de forma, e tiña os poderes do antigo chimpín.

Autor: CristIan


“Terremoto en Haití”

Pepe e Mari viron na tele as noticias do terremoto de Haití. Entón foron ao garaxe donde tiñan o chimpín para ir a colaborar no rescate dos haitianos. Foron a 199 km por hora pola estrada xeral. No camiño a uns 5 km encontráronse un accidente, 2 coches, un todoterreno e un ferrari, estaban volcados con persoas dentro. Pepe baixou do seu chimpín e puxo os outros coches dereitos. Resolto o accidente foron a Haití. Cando chegaron Pepe e Mari rescataron a toda a xente que estaban sepultados entre os escombros. Pepe utilizando o seu superpoder de superforza e Mari o seu da elasticidade.O chimpín converteuse nunha pala para quitar as pedras. Pepe co seu poder levantaba as pedras mais grandes. Mari como era elástica meteuse nos ocos mais pequenos. Ó día seguinte en tódolos xornais, na páxina principal, sairon Pepe Mari e o seu chimpin como os supereroes mellores do mundo. Autor: Jonathan Q.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.