A campaña “Merca na Rúa” busca principalmente fomentar as ventas e incentivar o consumo no comercio local. Promocionar o comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo, animar as rúas comerciais das vilas e premiar a fidelidade dos clientes do pequeño comercio.
Esta iniciativa, enmárcase dentro das actuacións a desenvolver pola Deputación de Pontevedra tralo compromiso acadado coa sinatura dun importante convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia centrado en traballar en prol do modelo comercial de Galicia, o comercio de proximidade.