4 de xuno 2013

Page 1

CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DISTE CONCELLO NA DATA DO 04 DE XUÑO DE 2013 ALCALDE D.José Antonio Pérez Cortés CONCELLEIROS. D.Pablo Pérez Pérez D.Juan José Lamas Álvarez D.Xosé Antonio Estevez Fernández Dª Julía Domínguez Rodríguez D.David Domínguez Díaz D.Manuel Rivera Rodríguez SECRETARIO. D.Daniel Carnoto Espiño. No Salón de Sesións da Casa do Concello de Quintela de Leirado, presentes os señores concelleiros, que se expresan con anterioridade, ao obxecto de celebrar Sesión ordinaria, cursada legalmente en forma, ó efecto. Preside o sr.Alcalde D.José Antonio Pérez Cortés e actúa como Secretario D.Daniel Carnoto Espiño. Aberto o acto pola Presidencia sendo as doce horas da data sinalada, procedeuse a exame dos asuntos incluídos na orde do día. 1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.- Achegada a Acta da sesión anterior correspondente á ordinaria de data 2 de abril de 2013; O sr.Rivera Rodríguez sinala que no punto 5º cando se fala do rexeitamento dos actos vandálicos contra o Concelleiro Juan José Lamas Álvarez, quere sinalar que se debería haber resaltado a súa condición de concelleiro non do partido do que forma parte. O sr.Alcalde dille que é lóxico distinguir ao grupo político do que forma parte: feitas estas observacións a Acta é aprobada, por unanimidade.

2.- APROBACIÓN INICIAL PXOM.- o Sr.Alcalde achega o Plano Xeral de Ordenación Municipal para este Concello, unha vez emitidos os informes e realizados os tramites legais ao efecto. O Sr.Rivera Rodríguez di que se vai a abster porque non tivo tempo de examinar a documentación; o sr. Domínguez Díaz di que se vai a abster tamén porque non entende nada.

1


Sometida a votación , este Pleno por cinco votos a favor ( Srs. Pérez Cortés, Sr. Pérez Pérez, Lamas Álvarez, Estevez Fernández e Rodríguez Domínguez) e dúas abstencións( Srs. Domínguez Díaz e Rivera Rodrigues), acorda: 1º Aprobar inicialmente o Plan xeral de Ordenación Municipal do Concello de Quintela de Leirado 2º Que se sigan os tramites fixados ao efecto na Lexislación urbanística e así se someta a información pública, remisión aos Concellos limítrofes e aos demais organismos e entidades preceptivos.

3.- MOCIÓNS PSDG-PSOE.1.Manuel Rivera Rodríguez, voceiro do PSdG – PSOE, presenta a debate ante este Pleno a seguinte moción para súa aprobación e traslado á Xunta de Galicia , competente na materia.

Exposición de motivos: Parece que os recortes en Sanidade tamén chegan a Celanova en forma de supresión dos reforzos de enfermería que nas fins de semana viñan atendendo as diversas curas e atencións programadas e urxentes e que se non facemos nada, como dixen, van a suprimilas Por iso pido que esta Corporación aprobe a moción de solicitar a Xunta de Galicia que se sigan mantendo os servizos de enfermería tal como se viñan prestando ata agora. A moción é a probada, por unanimidade. 2.Manuel Rivera Rodríguez, Voceiro do PSdG- PSOE nesta Corporación presenta ante o sr.Alcalde e Pleno a seguinte moción. O dono dunha propiedade no Valiño Manuel Yáñez Rivera , entrada para o Val, deume queixas de que a obra que fixo o Concello no camiño reduciulle considerablemente a altura da súa entrada, ademais as augas de chuvia verten agora para dentro da súa adega debido a que o camiño quedou máis alto do que era antes; por ilo pido que se aprobe por este pleno o arranxo inmediato deste derramo, xa que o Concello cando menos ten obriga de deixar os servizos existentes e non derramalo como é o caso. Tamén observei que no mesmo sitio , no fronte desta entrada había dúas entradas para dúas fincas que quedaran inutilizadas, que tamén o Concello ren a obriga de arranxalas para que os seus donos poidan entrar con tractor ou carro como entraban antes de levantar o camiño.O que tamén pido que sexa aprobado por este Pleno. O sr.Alcalde solicita o rexeitamento por considerar que non existe ningunha queixa formal polos interesados no Concello. Sometida a votación é rexeitada por un voto a favor ( sr.Rivera Rodríguez) e seis votos en contra ( Srs. Pérez Cortés, Pérez Pérez, Lamas Álvarez, Estevez Fernández, Domínguez Rodríguez e Domínguez Díaz)

2


CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)

4.-ROGOS E PREGUNTAS.Ábrese a quenda de rogos e preguntas O sr.Rivera Rodríguez 1. Segundo me informei no Boletín Oficial da Xunta de Galicia, DOGA, a este Concello fóronlle concedidas as seguinte subvencións para obras publicadas con data nese medio con data 17 de outubro de 2012. A 1º Delas por cantidade, foi: Revalorización das ribeiras do Deva e o seu patrimonio Etnográfico, pregunto cando foi aprobada polo Concello esta obra e en que Acta consta, 2º cando foi adxudicada e a que empresa; segundo os datos recollidos no DOGA a subvención é por importe de 70.800,039 €, e o importe total do investimento de 80.767,04 + IVE pola conta do Concello , sendo subvencionado polo 87,66 %. Tamén quero saber se na obra a realizar vai haber movementos de terra e se se contan coas autorizacións pertinentes da CH, e mais quero ver o proxecto e memoria da obra adxudicada. O sr.Alcalde respóndelle que a semana que ven estará a súa disposición todo o expediente da obras para o seu exame. 2º Tamén quero saber a quen se lle adxudicou a web municipal , que conta cunha subvención do 75% ( 3.375) cun orzamento de 4.500 €. O primeiro tente de Alcalde señor Pérez Pérez, di que foi a empresa Planos, pola contía sinalada, e que en pouco tempo estará plenamente operativa, 3ºPregunto tamén polo circuíto Biosaudable de Redemuiños e Mociños cunha subvención total para ambos do 90% cun orzamento total de 10.017,00 € ; tamén pregunto pola situación de ambos e se foron adxudicados o seu importe, e ver as memorias e proxectos . Vanse colocar nas Praza de Redemuiños e nas beirarrúas nos Mociños. 4ºPregunto con que fin se compra a carpa da mancomunidade, subv. 75% importe total 2817,00 €, Ë propiedade da mancomunidade que a vai a utilizar nos seus servizos turísticos; iso non impide que se poda prestar aos Concellos . sempre que se solicite en tempo, forma e nunhas condicións determinadas,

3


5º Como se investiron os 60.000,00 € de subvencións do alumeado público , quero ver as memorias e proxectos. De momento trátase dunha subvención solicitada ao INEGA, e aínda non se sabe se foi ou non concedida. 6ºRogo me comunique cando se fagan ofertas de adxudicación , pois quero estar presente na apertura de ofertas, e nas ofertas que fai o Concello. 7º Quero ver tamén o emprego que se leva feito das ultimas subvencións que viñeron a Mancomunidade e que xa comentei no Pleno anterior, a memoria da súa utilización e o estado de xustificación das mesmas. As subvencións xa están funcionando co persoal xa existente que reunía as condicións axeitadas; ademais actualmente non se pode contratar novos traballadores. E,non habendo máis asuntos a tratar clausurase a Sesión pola Orde do señor Alcalde, sendo as trece horas e vinte e tres minutos da data sinalada de todo o que EU SECRETARIO DOU FE; VISTO E PRACE O ALCALDE.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.