Presentacion bon pollo gourmet 2015 gl

Page 1

Polo Certificado Gourmet


Somos o que comemos 100 % SANO: Porque ten tanta importancia a túa alimentación coma a das aves que consomes, en BonPollo apostamos pola saúde dos nosos polos. 100 % VEXETAL: A mellor alimentación tradicional e vexetal, coas materias primas máis selectas.

100 % SABOR: Os cereais como o millo e as proteínas da soia danlle á carne un sabor exquisito e natural. 100 % CALIDADE: Todo isto fai que o polo BonPollo Gourmet sexa un produto de alta calidade co sabor de sempre.


Somos o que comemos 100 % SANO 100 % VEXETAL 100 % SABOR 100 % CALIDADE


Que é o polo certificado É un polo criado e sacrificado con rigorosos estándares e controis de calidade. Con alimentación vexetal que lle proporciona unha textura tenra e firme ao tacto e un sabor digno de gourmets. A coidadosa selección que se realiza co produto final garante que todo o polo certificado cumpra os requisitos de calidade. Rastrexabilidade: desde a granxa ata a mesa, podemos seguir todo o proceso produtivo co número de rastrexabilidade. O noso polo certificado ten carné


Quen nos certifica O selo Galicia Calidade


Quen nos certifica Galicia Calidade é unha marca que recoñece a calidade, o prestixio e a confianza dos produtos que certifica. Os seus programas de auditorías garanten que os produtos que ampara a marca superan todos os controis esixidos, para o cal necesitan contar coas mellores materias primas e producións e lograr un produto final óptimo. A marca Galicia Calidade é outorgada por Galicia Calidade, S. A. consonte a Lei Española de Marcas, lei 17/2001 de 7 de decembro, e co apoio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.


Que certifica - Alimentación vexetal: - cereais: millo, trigo, orxo... - aceites vexetais; - oleaxinosas: soia, xirasol... - leguminosas: chícharo bravo, ervella... - vitaminas; - minerais; - Baixa densidade de animais en granxa.

Ao tratarse dun animal cunha alimentación tan coidada, pode ser consumido por grupos de alto risco: alérxicos ao peixe, celíacos etc.


Que certifica - Rastrexabilidade: co número de rastrexabilidade presente en cada etiqueta podemos saber cal é a incubadora de procedencia, a granxa en que se criou, os lotes de pensos con que se alimentou, data e condicións de matanza... isto é, un seguimento do 100 % desde o nacemento ata a mesa. - Minuciosa selección do produto finalizado. - Controis de calidade frecuentes en todas as etapas do proceso: no nacemento, na crianza, no sacrificio e no produto final.


Grazas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.