REVISTA_ENTROIDO

Page 19

TESTAMENTO DO MECO. ENTROIDO 2016 Este ano un novo Meco van queimar mentres o Sofía enteiro estará a ollar. Nin a chuvia nin os tronos me salvarán deste mal soño. Polos nenos e nenas téñome que sacrificar e ningún berro vou dar. O Entroido comezará como de costume cando o director me prenda lume. Mirade para min, rapaces, mentres levades postos os vosos disfraces! Mentres me vou queimando as filloas e orellas ides papando. Mais son un Meco valente, que non ten medo ao lume quente! Este testamento heivos deixar e moi ben vos ides amolar porque cheos de piollos ides quedar! No xuízo xulgáronme sen motivo e eu heime vingar, xa que moitas desgrazas no cole van pasar e por facer disfraces de contos ides quedar todos tontos! Os ratiños e ratiñas de primeiro, anden o seu lomo a vixiar xa que un gato no cole atrevinme a soltar! Aos de segundo, que non teñan pipas Facundo! Aos de quinto, que lles veña un profe distinto! Os de sexto, tolos a recadar, queren ir de excursión a Madrid. Nin unha rifa lles hei mercar! Xa acudirán a min! E para rematar, aos do comedor vou fastidiar na hora do xantar. O menú de pizza xa rematou e o de acelgas comezou!

Alumnado de 6º de E.P.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.