Diptico blog

Page 1

Estamos no

Primeiro Ciclo! 1º e 2º de Primaria

Boletín de Información ás Familias 1º Ciclo Educación Primaria CPI Mosteiro-Meis 1


É moi importante ter en conta que…  No

Primeiro Ciclo de Primaria o alumnado comeza a

ESCO-

LARIDADE OBRIGATORIA. A asistencia á escola debe ser regular. As faltas de puntualidade e asistencia teñen que ser xustificadas.  HABILIDADES

LECTOESCRITORAS. Este Ciclo é básico para a

adquisición e /ou xeralización de aprendizaxes instrumentais imprescindibles para o seu desenvolvemento no resto das aprendizaxes . A

COLABORACIÓN entre a familia e o profesorado é funda-

mental para acadar o éxito escolar. É necesario manter comunicación para intercambiar información, suxestións e ideas. A

ACTITUDE DA FAMILIA na casa débese amosar interese polo

que se fai na escola e valorar o esforzo e rendemento acorde coa súa capacidade. Hai que asegurar momentos de comunicación e conversa cos fillos, fomentar o diálogo familiar. Agradecemos a colaboración nos Proxectos Educativos que desenvolvemos ao longo do ano.


Hábitos e Normas 

Nas AUSENCIAS do centro en mitade dunha xornada lectiva

(incluída asistencia a comedor) cubrirase o impreso facilitado en conserxería. En todo caso as faltas XUSTIFICARANSE mediante outro documento que o acredite e/ou usando o impreso vixente do centro que deberá ser asinado polo pai/nai/titor-a legal (pódese descargar dende o blog). 

A LECTURA DIARIA é una actividade básica.

O alumnado usará a AXENDA ESCOLAR to-

dos os días e as familias revisarán o seu contido. Esta Axenda Viaxeira é una ferramenta que facilita a comunicación diaria entre as familias e o profesorado, e axudará ao alumnado a realizar as tarefas na casa para o día seguinte. 

Os nen@s necesitan seguir unhas pautas de comportamento

que lles permitan ter AUTOCONTROL. É importante que todos os coidadores do nen@ (nai, pai, avoa…) compartan as normas e sinalen límites como prevención de comportamentos non axeitados e/ou anomalías de conducta.


Saúde e Hixiene 

É necesario que cada neno traia diariamente unha botella de AUGA na mochila. As botellas de auga non se comparten.

É conveniente almorzar ben polas mañás e traer MERENDA para o recreo aínda que o nen@ non a pida.

O contaxio de piollos é frecuente. Non dependen dos hábitos de limpeza e poden afectar a calquera persoa. INFORME ao centro se o seu fillo-a está infestado e revise a súa cabeza a miúdo.

INFORME ao centro sobre as ENFERMIDADES, ALERXIAS e INTOLERANCIAS ou mesmo das medicacións que está a tomar o seu fillo-a e que poidese ter relevancia para as súas actividades na escola.


Celebracións de Aniversario Poden traer algo caseiro que lles sirva de almorzo do día e os utensilios necesarios para tomar o pastel (pratos, cubertos,…). Aconsellamos evitar as chucherías. Comuníquese co titor-a no caso de querer celebrar. Non se permite traer invitacións de cumpreanos ao centro escolar.

Roupa 

Os días de Educación Física é necesario que

asistan con roupa axeitada para o desenvolvemento das actividades no ximnasio. Un Chándal e calzado deportivo son indispensables. Dende 2º curso ademáis traerán unha muda para asearse.

A roupa de abrigo debe estar marcada co nome e a ser posi-

ble cunha fita que facilite ser colgada nos percheiros.


Coordinadora do 1º Ciclo Silvia Rey Acuña Titor 1ºA José Luis Nartallo Abalo Titora 2ºA Pilar Sánchez-Agustino Rodríguez Titor 2º B Silvia Rey Acuña

Profesorado de apoio no Ciclo: Ana González Neira

HORARIO ATENCIÓN ÁS FAMILIAS Días Preferentes 2º e 4º martes de cada mes. De 16.30 a

17.30h. (indicados no calendario e na axenda). Para unha mellor atención solicite con anterioridade unha entrevista co titor-a. IMPORTANTE: é conveniente asistir ás entrevistas como mínimo unha vez por trimestre. As reunións non son para os nenos e nenas polo que convén que non os traian con vostedes.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.