O circo nas letras

Page 1


Había unha vez un circo que tiña “Majorettes”, pero Lucía non sabía facer as cousas, o adestrador adestrador explicáballo moitas veces pero ela non lle facía caso. Un día unha “Majorette” que se chamaba Violeta fíxose amiga de Lucía e defendíaa cando os demais se metían con ela. O director do circoeVioleta circo Violeta enganaron a Lucía. Dixéronlle que ía bailar nun gran espectáculo espectáculo cheo de xente. Lucía concentrouse tanto que ensaiou todos os días. A actuación saíulle tan ben que Lucía se converteu nunha auténtica bailarina e todo grazas a axuda da súa gran amiga Violeta.

CONTO CREADO COLECTIVAMENTE POR1º


Cando o circo chegou á vila, os equilibristas facían equilibrios, os pallasos pallasadas e os aplausos eran ouro. Facían día tras día sorrir á xente. Ata un triste día no que xa non había xente no circo, e o problema era que todos os días o mesmo acabou por aburrir á xente. - Como podemos arranxalo? – queixábase o presentador. - Non sei – dicían todos, todos menos Pepe o malabarista. El sabía o que facer. E dixo: - Por que non o cambiamos? Os pallasos poden montar unha bicicleta, que nunca o fan e os equilibristas poden subir a unha corda, e eu podo vender as entradas. - Non! Queremos que actúes connosco. Sé o xefe de pista – dixeron. E así foi como aquel circo impresionou á vila.

JULIA GARCÍAOTERO2º


Érase unha vez un neno que desexaba ser equilibrista. Durante moitos anos, anos da súa familia, eran os mellores equilibristas, e agora lle tocaba a el, pero o seu pai non o deixaba. Castigou ao neno, pero el non se rendeu, saltou pola fiestra e rompeu unha perna. Tivo que ir ao hospital e decidiu serchef. O seu pai estaba de acordo. En dez anos converteuse no Presidente dos Estados Unidos.

IKER GABRIEL LÓPEZ ACHAR 3º


Hai moitos anos había un circo no que ninguén era distinto. A trapecista apecista Matilde era igual ao fonambulista fonambulista Óscar e o forzudo Fronch igual á contorsionistaNilda. conto . Ninguén tiña unha personalidade diferente. Pero un día aquel triste circo cambiou. Unha tarde, cando todos descansaban, chegou o protagonista protagonist desta historia: o malabarista Abstrac. Todo o mundo lle preguntaba de onde era, era pois as súas bólas eran moi raras. rara El só dicía que viña dun lugar onde todo era triangular, cadrado e redondo. Todos quedaron coma parvos. Pero, despois dunha semana, todas as noites, unha persoa especial para Abstrac consolábao, pois todos se rían del. Aquela persoa era a tragalumes Lena, Lena, que era a única que tiña unha personalidade propia a parte de Abstrac. Lena, desde entón, fíxose a mellor amiga do malabarista e ata lle ensinou a tragar antorchas e lle regalou un colgante coa súa fotografía. Ata que un fatídico día o forzudo Fronch plantoulle p cara a Abstrac. Díxolle que se fose porque era diferente. Abstrac marchou, Lena abrazouno e díxolle que co colgante posto ela sempre estaría alí onde el estivese. Abstrac marchou a un porto e todas as noites facía fací malabares, contemplaba a Lúa, mirabaa a fotografía do colgante e preguntábase se Lena o botaría tanto de menos como el a ela.

BEATRIZ LÓPEZ DIGÓN 4º


Había unhaa vez un circo que tiña trapecistas magníficos, super equilibristas, bailarinas estupendas e moitos máis artistas incribles. Un día, nunha actuación moi importante, o presentador púxose enfermo. Os demais intentaron poñer o pallaso de presentador, pero o pobre non sabía o guión. Tamén o intentaron co domador, domado pero tiña que ocuparse do león Zampón. Zampón. Por un momento pensaron que terían que suspender a función, pero nese instante unha idea pasou p pola cabeza do malabarista. -Por Por que non o fas ti, mago?mago? O mago quedou asombrado, pero non dixo nada pensando que o traxe traxe de presentador non lle serviría. Cando o malabarista entrou no seu camerino para ver como ía co seu número, asustouse ao ver que non estaba. Rapidamente foi correndo ata os camerinos dos seus compañeiros a alertar da desaparición do mago. Os mimos, de d tantaa tristeza, debuxáronse unhas bágoas na cara; o zanqueiro, que nunca caera caera dos zancos, caeu; o pallaso, que sempre estaba contento, entristeceuse… Todos, asustados, empezaron a buscar o mago por todas as partes: as contorsionistas ían dando piruetas, as bailarinas facendo xiros de ballet, os o malabaristas facendo malabares…Despois de moito tempo, o mago apareceu e explicou que desaparecera cun incrible truco de maxia que faría no espectáculo,, pero dixo que non quería ser o presentador porque o traxe non lle servía. O tragalumes dixo que o guión de presentador era moi difícil e o tragasables que non pasaba nada por non ter presentador, que o importante era facer o espectáculo.E así foi, actuaron actuaron sen presentador e foi un éxito. ADRIANA VIDAL LAGO


Este circo, co nome de “Circo da Lúa” é un pequeno circo ambulante. Componse de vinte artistas, ademais de moitos outros técnicos. O seu mellor espectáculo conta con todo tipo de actividades. Esta é a orde das actuacións: Os monotrapecistas: Este nome tan singular débese a que fan a súa actuación colgados das árbores máis altas que atopan, igual ca monos. O forzudo e as contorsionistas: O pequeno grupo que forman fai un gran espectáculo, creando contorsionismos enriba do forzudo, rzudo, que pode con varias persoas. A parella insólita: Que conta coa muller barbuda e o home máis anano do mundo, facendo bailes e piruetas. O mimo e os arlequíns: Acostuman a ensaiar por separado, pero á hora de lucirse saen á pista xuntos. - Que divertido! - Ademais conta con outros artistas e espectáculos, mais se cho conto non ten misterio. -Por Por que ten ese nome, “Circo da Lúa”? - Porque fan os seus espectáculos de noite, coa luz da Lúa. - Veña, imos ao “Circo da Lúa”.

NEREA VEIGA DAVILA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.