GUIA USUARIO

Page 1

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP PORTO CABEIRO


FORMACIÓN DE USUARIOS

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP PORTO CABEIRO


INTRODUCIÓN: A BIBLIOTECA ESCOLAR A BE é un espazo educativo que está ao servizo dos procesos de ensino - aprendizaxe. É o centro de recursos do noso Colexio: nela habemos centralizar todo o material informativo.

É a encargada de organizar, facilitar e

difundir, entre o profesorado e o alumnado, todos os fondos existentes para un uso eficaz dos mesmos, tanto no tratamento da información como no fomento da lectura. Non só é un lugar para atopar os recursos necesarios para a realización de traballos ou para o estudo, senón tamén para o entretemento, a imaxinación, para gozar de historias, visitar lugares e épocas...

OLA ! Chámome Saínza e son a Mascota da Biblioteca. Vinde comigo e saberedes como desenvolvervos nela, coñecendo os seus espazos, servizos, horarios e normas básicas.


USUARIOS E SERVIZOS

Son usuarios da BE todos os alumnos e alumnas do Centro, o profesorado, os pais e nais do alumnado e os ex -alumnos/as do Centro. O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta na BE é estar en posesión do carné da Biblioteca. O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en que pertence ao Centro. Os pais, nais e ex -alumnos/as teñen que solicitalo á BE. Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso. O resto dos usuarios mantéñeno na súa posesión.

Os servizos da BE son diversos: A) Lectura. B) Consulta. C) Préstamo individual. D) Préstamos ás aulas. E) Mochilas viaxeiras. F) Proxección de vídeos, DVDS. G) Audición de música. H) Acceso a Internet.


ESPAZOS E HORARIOS

Na nosa BE contamos coas seguintes zonas ou espazos: A) Zona de xestión e préstamo. B) Zona de lectura para o alumnado de primaria. C) Zona de consulta. D) Zona de traballo en equipo. E) Zona de lectura para os máis cativos/as. F) Zona de consulta por ordenador. G) Expositor de novidades e exposicións temáticas. H) Zona de material audiovisual: CDS, vídeos e DVDS. I) Zona de publicacións periódicas. J) Taboleiro de novas. K) Zona de libros para adultos (fóra do espazo da Biblioteca).

Horarios: A BE está aberta todos os días, de luns a venres, de 9 a 14 horas, para alumnado e profesorado, e polas tardes (non sendo os martes), de 16:00 a 17:00, para toda a Comunidade Educativa. Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á BE. Durante esta hora estarán acompañados polo seu titor/a e nela poden realizar actividades de lectura, consulta… A BE está tamén aberta durante os recreos atendida por profesorado responsable da mesma coa axuda do alumnado colaborador. Durante este horario realízanse os préstamos.


RECURSOS MATERIAIS

A) FONDOS: * Libros de lectura ou ficción e cómics (en formato papel e dixital). * Libros de consulta, dicionarios e Enciclopedias. * Libros e material didáctico (Tamén na Sala do profesorado). * Materiais de produción propia e Publicacións periódicas. * Cintas de vídeo, DVDS, CDS (Tamén na Aula de Música). * Xogos, programas de Informática (Tamén na Aula de Informática). B) MOBILIARIO: * 4 mesas de traballo e 1 para os ordenadores de usuarios. * 2 mesas para xestión e préstamo e 1 carro para devolución de libros, exposicións temáticas e novidades. * 1 estante de publicacións periódicas e 2 para CDS, DVDS, vídeos. * 1 expositor de rodas para Valores e Atención á Diversidade. * 3 estantes para os fondos do alumnado de Infantil. * Estantes para libros de lectura de Primaria. * Estantes para libros de consulta e enciclopedias. * Estantes para traballos de elaboración propia. * Estantes para libros de adultos (Na planta baixa do Centro). C) EQUIPOS TICS E AUDIOVISUAIS: * 1 ordenador e 1 impresora para a xestión. * 5 ordenadores para os usuarios/as. * 1 televisión con conexión VGA (Vídeo, DVD, Internet). * 1 radio casete e 1 cámara dixital de fotografía.


ORGANIZACIÓN DOS FONDOS

Cada volume leva pegada unha “etiqueta branca de posición” que indica o seu lugar na BE (Moble, andel e nº de orde no andel). Para os lectores/as de primaria e Infantil, nos andeis de Lingua Castelá hai un distintivo amarelo, nos de Lingua galega, azul claro. Os lectores/as de infantil teñen o seu propio recanto.

A) Sección Infantil/Xuvenil: Os libros de lectura e ficción se catalogan por idades, marcados con etiquetas de cores: ? Etiqueta azul: pre lectores, de 3 a 6 anos (Ed. Infantil). ? Etiqueta vermella: primeiros lectores, de 6 a 9 anos. ? Etiqueta verde: lectores autónomos, 9 a 12 anos. ? Etiqueta amarela: lectores adultos (Familias). B) Libros de consulta e divulgación: Non teñen etiqueta de cor, mais manteñen a “etiqueta de posición” que permite a súa fácil ubicación. Están dispostos nos distintos andeis dos estantes atendendo a CDU. Estes materiais de consulta non se prestan.

C) Outro material: As revistas, vídeos, CDS, DVDS, materiais de produción propia… están colocados en mobles específicos e facilmente recoñecibles.


PRÉSTAMO

Os usuarios/as deben contar cun carné de Biblioteca para poder acceder ao servizo de préstamos. O préstamo estará xestionado mediante o Programa Meiga é será realizado polo profesorado responsable e por alumnado colaborador. Cada usuari@ da BE é responsable dos fondos que leva, coidando o material e devolvéndoo nas mesmas condicións. Se algún usuari@ estraga ou extravía un libro, deberá repoñelo mercando un exemplar igual. Esta obriga faise extensiva aos materiais das “Mochilas Viaxeiras”. A) Préstamo individual: O número de fondos que se poden levar prestados é de 1 exemplar e poden ser libros de lectura. Non se prestan os dicionarios, as enciclopedias nin os libros de consulta. A duración do préstamo é de 15 días, prorrogables outros 15 previa petición expresa. B) Préstamo ás aulas: A duración do empréstito será tamén de 15 días, prorrogables por outros 15 segundo as necesidades da aula. Os fondos prestados son os de lectura. Farase un rexistro en papel destes fondos. C) Préstamo nos recreos: O alumnado acode co seu carné e solicita á persoa responsable o préstamo do libro elixido. O carné queda no arquivo da BE. O alumnado de Infantil pode retirar os libros, acompañado pola súa titora, na hora semanal asignada á súa aula. D) Préstamo ás familias: As familias poderán, presentando o seu carné, retirar libros identificados co distintivo de adultos, nas mesmas condicións que o alumnado e en horario de 16 a 17 horas, menos os martes.


E, POR ÚLTIMO, AS NORMAS

Na BE pódense facer moitas actividades: ler, consultar, utilizar internet, coller libros en préstamo... Facer todo isto implica cumprir unha serie de normas para un bo funcionamento: * Estar en silencio ou falar cun ton axeitado para non molestar. * Coidar os libros e o material, que son de todos e todas. * Deixar os libros do préstamo dentro da cesta de devolucións. * Non se poderá merendar na Biblioteca. * Deixar todo recollido antes de saír: libros e cadeiras. * Os días de choiva a BE estará aberta para préstamos e para o uso dos ordenadores solicitados previamente, mais non para ningunha outra actividade de lectura ou consulta.

USO DOS ORDENADORES: Na Be hai, de momento, seis ordenadores, un deles para a súa xestión e os outros cinco para o uso dos usuarios/as. Estes últimos poden ser usados para buscar información, realizar traballos de investigación e para entreterse con xogos educativos. Poderán usarse

durante o horario da BE sempre que estea un

profesor presente. Non se pode usar para chatear ou mandar mensaxes. Para usar os ordenadores hai que pedir cita previa. De non poder usalo, o día que ten reservado, o alumno/a comunicarallo á responsable da BE.


EDUCACIÓN DOCUMENTAL

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP PORTO CABEIRO


QUE SON E PARA QUE SERVEN AS “FONTES DE INFORMACIÓN” ?

INFORMAR significa dar noticias ou datos sobre unha cousa. Para informarse hai que documentarse, é dicir, buscar documentación: empregar “documentos” que nos proporcionan máis coñecemento ou datos sobre un tema. Os “documentos” ou “fontes de información” son declaracións escritas que serven para probar ou confirmar algo. Hoxe en día dispomos de moitos “recursos documentais”. A segunda parte desta “Guía de Uso” pretende amosalos para saber o que podemos atopar neles e así facilitar que as nosas buscas sexan o máis rápidas e fiables posible.


“OS SOPORTES DOCUMENTAIS”

“OS SOPORTES DOCUMENTAIS” son as distintas formas de presentársenos a información. Son as bases ou materiais sobre os que se rexistra un determinado concepto ou contido científico, en definitiva, calquera tipo de información.

TIPOS DE SOPORTES: - SOPORTE

IMPRESO:

libros,

xornais,

carteis,

catálogos,

dípticos… - SOPORTES GRÁFICOS: fotografías, diapositivas, láminas, películas… - SOPORTE MAGNÉTICO: casetes, vídeos, disquettes… - SOPORTE ÓPTICO: CD-ROM, CD, DVD… - SOPORTES INFORMÁTICOS E LIBROS DIXITAIS.


COMO BUSCAR INFORMACIÓN DE FORMA AXEITADA

Se queremos saber máis dun tema concreto, se queremos resolver unha dúbida ou se estamos buscando información para facer un traballo para a escola… podemos recorrer aos libros, aos medios audiovisuais ou a Internet.

Ao noso alcance podemos dispor de:

1.- AS OBRAS DE CONSULTA OU DE REFERENCIA:

* 1.1.- ENCICLOPEDIAS. * 1.2.- DICIONARIOS. * 1.3.- ANUARIOS. * 1.4.- BIOGRAFÍAS. * 1.5.- ATLAS. * 1.6.- XORNAIS. * 1.7.- REVISTAS. * 1.8.- AUDIOVISUAIS: CD – ROM, VÍDEOS E DVD.

2.- OS LIBROS INFORMATIVOS OU DOCUMENTAIS.


AS ENCICLOPEDIAS

AS ENCICLOPEDIAS: Son obras de consulta que reúnen o saber e coñecemento humanos e universais.

TIPOS DE ENCICLOPEDIAS:

- ENCICLOPEDIAS

ALFABÉTICAS:

Teñen

a

información

ordenada alfabeticamente.

- ENCICLOPEDIAS TEMÁTICAS: Céntranse nun tema ou rama do saber determinados. Para encontrar a información hai que consultar o sumario e o índice alfabético de cada tomo.


OS DICIONARIOS

OS DICIONARIOS: Libro, catálogo ou listaxe ordenada que recompila, explica e define as palabras dunha lingua ou dunha determinada materia ou rama do saber seguindo a orde alfabética.

TIPOS DE DICIONARIOS:

- NORMATIVOS: Recollen, por orde alfabética, as palabras dunha lingua cos seus significados. - ENCICLOPÉDICOS: Inclúen nomes propios, denominacións xeográficas e información sobre os distintos campos do saber. - BILINGÜES: Traducen palabras dunha lingua a outra. - DE SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS: Proporcionan listas de palabras de significado igual ou parecido, e de significados contrarios. - TÉCNICOS: Son dicionarios específicos para as palabras dun campo concreto do saber. Por exemplo, dicionario de medicina…


ANUARIOS, BIOGRAFÍAS E ATLAS

UN ANUARIO é un rexistro do que acontece nun ano. Recompila datos de carácter político, económico, cultural, científico que serven de guía a persoas de determinadas profesións.

UNHA BIOGRAFÍA é un libro no que se conta a vida dunha persoa ou varias.

UN ATLAS é unha colección de mapas ou láminas xeográficas, políticas, históricas… nun volume.


XORNAIS E REVISTAS

OS XORNAIS

son publicacións informativas que aparecen

periodicamente perante o lector, aínda que en especial o que sae á rúa todos os días. Conteñen noticias e comentarios de actualidade inmediata (política, economía, cultura, sucesos, deportes…). Poden ser locais, rexionais, nacionais… Ordenan a información por seccións (local, nacional, mundo, economía…) para axudar ao lector a atopar a información que lle interesa.

AS REVISTAS son publicacións periódicas non diarias. Ofrecen información de actualidade moi elaborada e contribúen á divulgación dunha gran variedade de temas. Poden ser de información xeral ou especializadas nunha materia: animais, música, infantís, informática, mecánica… No sumario ou índice aparece unha lista dos artigos que trata ademais da páxina onde se atopan.


OS AUDIOVISUAIS

CD – ROM: Con este formato temos enciclopedias, dicionarios, obras literarias, libros informativos… Reciben o nome de “ DOCUMENTOS MULTIMEDIA” porque o texto aparece mesturado con imaxes fixas ou en movemento e poden incluír son. Admite múltiples posibilidades de consulta. Estes contidos pódense atopar en MP3 ou MP4.

VIDEOS e DVDS: Atopámolos baixo moitas películas, contos animados, vídeos musicais, documentais…

presentacións:


OS LIBROS INFORMATIVOS OU DOCUMENTAIS

Estes libros recompilan coñecementos sobre un determinado tema de forma ordenada, detallada e exhaustiva incorporando ilustracións, esquemas, cadros sinópticos, cronoloxías…

Traen una serie de “ferramentas” ou “utilidades” para facilitar a consulta por parte do usuario/a. Son as seguintes: • Índice ou sumario. • Vocabulario ou glosario. • Bibliografía. • Notas. • Esquemas. • Imaxes e anotacións sobre elas. • Cronoloxía. • Introdución / Prólogo.


ÍNDICE OU SUMARIO

É unha táboa de materias na que se resume e sintetiza o contido dun libro. Consiste na enumeración de capítulos e apartados coa páxina do libro onde se poden atopar.


VOCABULARIO OU GLOSARIO

OS LIBROS INFORMATIVOS usan palabras moi específicas que, ás veces, non damos entendido. E, polo que, estes libros engaden unha ferramenta que resulta moi útil: o VOCABULARIO ou GLOSARIO: É unha listaxe de palabras que aparecendo no texto poden ter algunha dificultade na súa explicación ou definición.


BIBLIOGRAFÍA

Pode suceder que a información que nos proporciona un libro informativo non nos sexa suficiente e queiramos saber máis datos sobre o que estamos a investigar. Entón podemos facer uso da BIBLIOGRAFÍA: Lista de documentos usados polo autor/a do libro que estamos a empregar para redactalo e onde podemos profundizar sobre o tema que trata. Por exemplo, de estar a facer un traballo sobre cine, poderiamos consultar esta Bibliografía:


NOTAS E ESQUEMAS

AS NOTAS están situadas ao pé da páxina ou ao final da obra, aparecen numeradas e dan explicacións complementarias.

OS ESQUEMAS son representacións gráficas, por medio de liñas, dos aspectos máis importantes dun texto establecendo as relacións entre eles para facilitar a súa comprensión de xeito claro e resumido.


IMAXES E ANOTACIÓNS. CRONOLOXÍA

AS IMAXES serven para facilitar información visual. Ao lado das imaxes aparecen anotacións sobre elas que reciben o nome de “Pés de foto ou de imaxe” e que nos aportan explicacións significativas.

CRONOLOXÍA: Serie de sucesos ordenados por datas que nos serven para situar no tempo os acontecementos e establecer relacións entre eles.


A INTRODUCIÓN vén ao principio dun libro e explica a intención do seu autor/a ao escribilo. Tamén aclara como utilizalo.

O PRÓLOGO está escrito por algunha persoa distinta ao autor/a do libro e explica ou xustifica a obra ou algún aspecto relacionado con ela.

E para rematar: INTRODUCIÓN / PRÓLOGO. Espero que usedes moito esta “GUÍA” e que vos sexa de utilidade.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.