Excursión A Coruña

Page 1

1

15 de xaneiro de 2019 Destino: A CoruĂąa

1


COMA TURISTAS !!! O 15 de xaneiro do 2019, os nenos de 5º e 6º fomos de excursión a Coruña ,foi moi divertido, xa nada máis subir ao autobús non parabamos de rir. Ao chegar fomos ao Acuario ,custounos quedar calados , e aínda por riba chegamos cunha hora de atraso .Unha guía foinos explicando que peixes había en cada acuario. Algúns non chamaban a atención pero eran moi interesantes. Descubrimos cousas novas cos leóns mariños e vimos ao tiburón Gastón, o mais famoso do acuario. Despois fomos ao Domus, alí, xogamos dunha forma moi especial , había unha báscula que media a altura ,a lonxitude do fémur e a do úmero, tamén había un cerebro de verdade. Comemos alí, cada un levou a súa comida: ensaladas, bocadillos, pizza, empanada , etc . Pola tarde ,visitamos a Casa das Ciencias, onde descubrimos cousas novas. Na parte mais alta atopábase o planetario ,alí, puxéronnos un vídeo explicando que eran os nanoplanetas e un eclipse de lúa. Ao saír botámonos unhas risas de medo cando ocorreu algo moi divertido, comezamos a tirarnos costa abaixo dando voltas. Merendamos e collemos de novo o autobús , que nos levou de volta a casa. Esta excursión quedará grabada na miña cabeza, será un día que non esquecerei. Paseino moi ben rindo e xogando cos meus compañeiros e ademais aprendín moitas cousas.


EXCURSIÓN A CORUÑA O martes 15 de Xaneiro do 2019, os nenos e nenas do colexio CEIP Porto Cabeiro, fomos de visita a Coruña. O primer lugar que visitamos, foi o acuario, un sitio ALUCINANTE e MARABILLOSO, alí coñecimos a unha guía e a un montón de animais mariños, incluso puidemos ver uns pequenos leóns mariños, algún que outro polbo e un tiburón, Gastón. O segundo lugar que visitamos, foi o Domus, alí aprendimos moitas cousas, había moitos xogos;o máis divertido, un de relaxación. Alí foi onde comimos.

O terceiro e último lugar que visitamos, foi a.... CASA DAS CIENCIAS, nese lugar tan fermoso xogamos cos experimentos e un señor, explicounos como iba a ser o próximo eclipse. Gustoume moito esta excursión en especial o acuario, oxalá volvamos de visita. Eu creo que esta excursión foi moi bonita, en especial porque aprendimos cousas novas, xogamos e o pasamos moi ben. Gustaríame volver outra vez.


A EXCURSIÓN A A CORUÑA

A esta excursión fomos os alumnos de 5ºe 6º . O día 15 de xaneiro de 2019. Marchamos as 9.00 h e volvemos ás 19.00h Esta excursión realízase cada 2 anos e imos a 3 sitios en concreto: Ao acuario./Ao museo chamado DOMUS /E ao planetario. Primeiro fomos ao acuario e unha guía moi amable guiounos e ensinounos todo e cada un dos animais que viven nese gran acuario .O que máis importa é o tiburón GASTÓN, que convive con moitos peixes en paz e harmonía. E por último fomos a tenda de agasallos a mercar uns recordos desta magnífica excursión.

De segundo fomos ao museo (Domus) onde visitamos 3 plantas moi divertidas e creativas con moitos xogos interactivos para : relaxarnos, pensar, e moitísimas cousas máis. Despois comemos na cafetería do Museo con comida que trouxemos da nosa casa e marchamos. Por último fomos ao planetario onde primeiro visitamos unhas plantas de xogos moi creativas coa ciencia. E despois subimos unhas escaleiras que chagaban ao planetario onde un señor moi amable explicounos cunha película qué eran os astros, as estrelas e as constelacións ... E despois tamén explicounos un eclipse de lúa que se produciu da noite 20 a mañá do día 21 de Xaneiro. Despois por desgraza marchamos para a nosa casa. Collemos o autobús e viñemos. Esta excursión encantoume, eu a repetiría outra vez.


REDACCIÓN Thais As 9.00 saímos do colexio cara A Coruña tardamos 1h45m en chegar .A excursión fomos 5º e 6º o día15/1/2019. Primeiro fumos ao acuario onde vimos moitos tipos de peixes: mantas raia, tiburóns, cabaliños de mar, estrelas, leóns mariños e ata peixes artificiais. Explicáronnos que había peixes que podían cambiar de sexo,tamén había un tiburón chamado Gastón. Despois fumos ao Domus onde vimos cousas moi interesantes ,por exemplo: un cerebro humano e moitísimas cousas máis. Alí tamén comimos. Por último fumos a Casa das Ciencias onde aprendemos moitas cousas e por último tamén fumos ao planetario. Foi moi chulo.


A REDACCIÓN DA CORUÑA Primeiro fomos ao acuario, onde estivemos vendo os diferentes tipos de peixes, explicados por unha monitora. Despois fomos ao Domus, alí non tiñamos monitores, é dicir, que podías ver e facer as actividades que había nas diferentes salas. Logo comemos a nosa comida do mediodía. E xa por último fomos ao planetario onde había moitas plantas con cousas moi interesantes, e na última planta vimos un vídeo sobre o planeta Terra, as estrelas... Cando marchamos de alí xa eran as 5.30h da tarde ou por alí, e xa era hora de irse, fixemos a croqueta para baixar a costa do planetario,jeje., O momento máis divertido foi no autobús, porque xogamos todos xuntos aos retos, pontes...En fin xogos nosos, ao chegar a casa xa era de noite (por que en inverno se fai de noite rápido) e estaban nosos pais agardando diante do colexio para levarnos a casa. Paseino xenial e gustaríame repetilo algunha vez.


A excursión a coruña As 9 da mañá do día 15 de xaneiro nos fomos da escola nun autobús, o meu camiño faríase interminable se non baixara co meu amigo David Alonso. Xogamos moito polo camiño por exemplo ao coche vermello. Fomos a o acuario avía moitas cousas por exemplo: polbos, medusas, moreas, leóns mariños, raias etc. pero o que mais destacaba era o tiburón Gastón, que era un tiburón toro que infundía moito respeto. Contounos que os humanos non estaban na dieta dos tiburóns solo se estaban desesperados por comer. Fomos tamén ao Domus onde a maioría da clase traumouse e non esaxero, tamén xogamos a un xogo de relaxación eu gañei todas, tamén de canta forza tes no pe, pero eu non o xoguei. Pola tarde visitamos o museo de Ciencias onde había moitos pitos torpes, bolas que levitaban, vimos un vídeo dunha nena que aprendía moitas cousas do espazo . Finalmente fómos ao autobús. Izan quedouse durmido eu e quedei a falar co meu amigo David Alonso. FIN MANDARIN


A VISITA A CORUÑA O martes 15 de xaneiro de 2019 os alumnos de 5º 6º do colexio fomos de excursión a Coruña. O acuario peixes ,polbos , eo tiburón Gastón e focas . Domos xogos comimos CASA DAS CIENCIAS PlaNETARIO XOGOS


A

CORUÑA

Fomos 5º e 6º a Coruña o martes 15 de xaneiro fomos ao acuario e vimos un tiburón Gastón. Era grande e vimos moitos máis peixes. Despois fomos ao Domus, alí había moitos xogos e tamén comemos . A continuación xa pola tarde, fomos a Casa das Ciencias e ahí si que había moitos xogos por exemplo, un columpios no que un tiña que empurrar . A miña opinión é que o pasei xenial.


A

CORUÑA

Fomos 5º e 6º a Coruña o martes 15 de xaneiro fomos ao acuario e vimos un tiburón Gastón. Era grande e vimos moitos máis peixes. Despois fomos ao Domus, alí había moitos xogos e tamén comemos . A continuación xa pola tarde, fomos a Casa das Ciencias e ahí si que había moitos xogos por exemplo, un columpios no que un tiña que empurrar . A miña opinión é que o pasei xenial.



EXCURSIÓN A CORUÑA O outro día fomos de excursión A Coruña 5 e 6. Cando chegamos o primeiro que fixemos foi ir ao acuario. Donde nos esperaba unha chica para darnos unha charla do acuario . Despois fomos a ver peixes, leóns mariños, tiburón ... logo ao termiñar fomos a tenda a comprar algún recordo. Mais tarde fomos ao Domus onde nos deixaron ir por cada planta 15 minutos. Na primeira planta había un xogo de capacidade e moitas cousas mais, na segunda planta había un xogo de relaxarse que consistía en ver cal neno estaba mais relaxado ect, na terceira planta había un xogo de forza que consistía en tirar un balón a portería. E cando termiñamos de ver cada planta fomos a comer a un sitio donde nos deixou o Domus. Cando termiñamos de comer fomos A Casas das Ciencias donde había cosas de ciencia como volas que dibuxaban, unha incubadora de hovos ... cando foron as catro fomos a ariba a ver o planetario e cando termiñamos fomos a coller o autobús para volver a casa. Me gustou moito pero pareceume un pouco corta.


A CORUÑA Primeiro fomos ao acuario nos explicaron sobre o sexo azul :é cando un pez nace sendo masculino e vai cambiando a feminino mentres vai nacendo. Despois nos ensinou como daban de comer a leóns mariños. E por último nos ensinou a Gastón, un tiburón touro moi bo. Despois fomos ao Domus, vimos moitas cousas. O que máis nos chamou a atención foi como naceran os bebés. Eu non entrei moito tempo por que me da asco. Vimos cousas moi impresionantes. Na hora de comer fomos a unha planta que tiña vistas ao mar. Ao acabar estivemos un pouco máis e marchamos ao planetario. Antes de de subir ao planetario vimos un ovos nacendo, había dous polos pequenos que xa saíran do cascarón. Estivemos nas plantas vendo como funcionaban as cousas. Por último subimos ao planetario, alí nos explicaron como encontraban novos planetas. A min me gustou moito e paseino moi ben.


Excursión A Coruña 15/01/2019 O outro día fomos de excursión a coruña e o pasamos xenial, vimos moitas cousas, pero a que máis me gustou foi a excursión a casa das ciencias porque había moitos xogos aos que xogamos, e uns pitiños súper kawais, pero o acuario tamén estuvo ben. Vimos unha peli e comimos no Domus. Paseino xenial!!!


Redacción A Coruña

DATA:15/1/2019 Os de 5º e 6º fomos a unha excursión a os sitios máis interesantes de A Coruña e o pasamos xenial. :) De primeiro fomos ao acuario, molou moito aprendemos moitas cousas sobre os peixes e vemos un tiburón chamado Gastón, é un tiburón touro. Despois fomos a un Domus onde vimos un montón de cousas moi interesantes e unhas especies de xogos moi divertidos e alí foi onde comemos. Por último fomos a un museo de ciencias onde estaba tamén o planetario. Había un criadeiro de pitiños moi monos . No planetario ensináronnos un vídeo sobre os exoplanetas. A miña opinión e que me encantou a excursión . Feito por David Santos


Redacción da excursión da Coruña

- O acuario é moi grande e espacioso, había moita variedade de peixes para mirar, pulpos, estrelas de mar, medusas, tiburóns... Despois fomos ao Domus onde había medidor de resistencia, de forza, de flexibilidade, de altura e de peso. Logo comimos no Domus e ao rematar, nos fomos ao autobús. Cando baixamos do autobús fomos a casa das ciencias había moitas cosas que podías ver, arriba de todo está o planetario, no planetario vimos unha peli do espazo e ensinounos cando ía a haber un eclipse. VALORACIÓN: Paseino xenial.


A Coruña O día 15 de Xaneiro visitamos a coruña. O primeiro que fixemos foi visitar o acuario, vimos raias,medusas, o tiburón toro Gastón, leóns mariños e moitas máis cousas divertidísimas. O segundo sitio que visitamos foi o Domus onde vimos os primates, medimos a forza, o salto, o corazón e como nacen os bebés. Cando comimos tiñamos unhas vistas preciosas ao mar e á cidade. O terceiro que visitamos foi a casa das ciencias, onde vimos un péndulo, pitiños, un columpio dobre e moitas cousas máis. Na parte de arriba está o planetario que conta unha historia dunha nena que quería ver as estrelas, planetas, planetas ananos e constelacións. A miña opinión é que foi moi moi moi divertido porque estiven cos meus amigos e todo era chulísimo.


A excursión da Coruña

O día 15 de xaneiro, fomos 5º e 6º a Coruña, primeiro fomos ao acuario.Alí, déronnos unha charla sobre os peixes, despois cando saímos entramos a tenda de recordos. Máis tarde; entramos no Domus onde estuvemos xogando cos inventos que habían, despois, comimos alí. É finalmente fomos ao planetario; había catro planta, na primeira estaba dous poliños na incubadora, na segunda e terceira había moitos inventos raros e na cuarta vimos un video sobre os planetas. Me gustou moito espero que volvamos outra vez a Coruña.


Excursión A Coruña O 15 de xaneiro , os alumnos de 5º e 6º fumos A Coruña a visitar : ao acuario ( acuarium ) , a o Domus e a Casa das Ciencias. No acuario pudimos observar uns leóns mariños , un tiburón touro , polbos , unha mata raia... Pero tamén nos ensinaron os tipos de reproducións de peixes , información de os tipos de animais acuáticos, etc ... Despois no Domus estibemos vendo como nace un bebe , como medimos , como pesamos ... pero tamén vimos como late noso corazón , as nosas capacidades para adiviñar as cousas , un aparato se se conecta atraves de dúas persoas e unha vola que consiste en ver que e o mais relaxado ... Despois de a visita do Domus todos comimos o que trouxemos . Logo visitamos a Casa das Ciencias que tiña ... un reloxo que cada vez que pasaba entre 30 e 40 minutos tiraba un trouzo de ferro , uns inventos de parellas... Pero o mellor e que había un planetario , e nos proxectaron un video dunha nena que lle encantaba o espazo , e na noite unha vola azul le ensino todo o que era o espazo . Cando acabamos a visita fumos a merendar . E cando rematamos nos subimos a o autobús camiño a casa .


Redacción a Coruña Os nenos de 6º e 5º fomos a Coruña o 15 de Xaneiro de 2019, tardamos 2 horas en chegar: O primeiro destino: o acuario, onde había: moitos tipos de peixes, raias, cabaliños de mar, estrelas de mar, un tiburón toro chamado Gastón e leóns mariños. Logo fomos a o segundo destino: o DOMUS onde vimos cousas interesante xogos e moitas cousas máis. Despois de ver o DOMUS comemos porque tiñamos moita fame. Xa pola tarde chegamos ao terceiro destino: a Casa das Ciencias onde vimos moitos xogos divertidos, despois fomos ao planetario onde nos explicaron que ía a ver un eclipse lunar. Finalmente, ás 17.30 horas marchamos para casa. Foi moi divertido iso si todos vimos esgotados.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.