Saída Cultural

Page 1

26 de maio de 2010


O día 26 de maio , os nenos de 1º e 2º de primaria iremos de excursión. Este ano a nosa saída ten moito que ver co mundo “ celta “ pois xa durante todo o curso estivemos traballando este tema e aprendemos moitas cousas sobre eles. Sairemos de Santa Comba ás 9 : 30 da mañá en dirección ao municipio de Cabana de Bergantiños . Alí visitaremos primeiro o Dolmen de Dombate

despois , o Castro de

Borneiro e finalmente iremos ao Monte Branco e subiremos ata o miradoiro de aves Luis Rabuñal Patiño . Ao mediodía xantaremos na praia de Balarés que está en Ponteceso . Pola tarde iremos a Vimianzo para visitar o seu castelo e despois regresaremos a Santa Comba .

Esperamos pasalo MOI BEN !


DOLMEN DE DOMBATE Un dolmen é un monumento megalítico prehistórico formado por dúas ou máis grandes lousas de pedra sen labrar clavadas no chan que soportan unha pedra a modo de teito. Crese que foron cámaras mortuorias. Dolmen de Dombate é un dos mellor conservados. Está na parroquia de Borneiro en Cabana.

O poeta Eduardo Pondal, que naceu en Ponteceso , adicoulle no ano 1985 un famoso poema en “Queixume dos Pinos “.


CASTRO DE BORNEIRO

Está na parroquia de Borneiro en Cabana. É un dos castros máis antigos de Galicia. Estivo habitado entre os séculos IV e I aC. Foi descuberto en 1924 por Isidro Parga e Pérez Bustamante. O conxunto que mide 90 por 55 metros está rodeado por un foso e dous muros defensivos.


CASTELO DE VIMIANZO

Está situado na entrada da vila. Atópase en moi bo estado de conservación. Conserva partes do século XIII, aínda que a maioría pertencen aos séculos XIV e XV .

Na actualidade acolle unha mostra permanente de artesanía popular.


MIRADOIRO DE AVES Está situado no Monte Branco na praia de Urixeira .Inaugurouse en outubro de 2006 durante o 1º congreso de ornitología da Costa da Morte . Chamase José Luis Rabuñal Patiño en recoñecemento os máis de 30 anos que este ornitólogo adicou á observación e ao estudo das aves .

Ten unhas preciosas vistas sobre a desembocadura do rio Anllóns e a praia da Barra


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.