Lareteiro do Xallas

Page 1

REVISTA ESCOLAR CONTIDO

• Educación Infantil: Tararí, tarará. A primavera aquí está! • ENGLISH LANGUAGE . • Segundo Curso e Educación Musical: “Un libro, o teu mellor amigo.” • Primeiro B: A auga é un ben de todos. • Primeiro A: Os contos da avoa coella. • Terceiro A: Experimento: limpando a auga. • Terceiro B: Obradoiro de escritura. • Cuarto A: Cantigas e refráns. • Quinto A: Galicia no corazón. • Sexto A: Escritura creativa. • Sexto C: Usos da auga. • Biblioteca: Anxo Fariña e Semana da Poesía. • Pedagoxía Terapéutica Os Xogos Paralímpicos. • Relixión: “O poder das apertas.” “O poder dos abrazos”.

C E I P B A R R I E D E L A M A Z A . – S A N TA C O M B A

O LARETEIRO DO XALLAS CURSO 2011-2012


O LARETEIRO DO XALLAS

EDUCACIÓN INFANTIL

Para celebrar a túa chegada fixémosche moitos agasallos e uns deles foron os nosos maios decorados.

Páxina 2


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 3

EDUCACIร N INFANTIL


O LARETEIRO DO XALLAS

EDUCACIÓN INFANTIL

Outro deles tamén foi unha idea xenial, porque para ti fixemos un enorme mural no que nos enchemos de pintura e pasámolo fenomenal.

Páxina 4


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 5

EDUCACIร N INFANTIL


O LARETEIRO DO XALLAS

EDUCACIÓN INFANTIL

Outro deles tamén foi unha idea xenial, porque para ti fixemos un enorme mural no que nos enchemos de pintura e pasámolo fenomenal.

Páxina 6


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 7

EDUCACIร N INFANTIL


O LARETEIRO DO XALLAS

EDUCACIÓN INFANTIL

Sobre a terra caeron sementes de flores e deixárona chea de moitísimas cores

Páxina 8


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 9

ENGLISH

The 6th grade students improve their

English,

topics during 2011-2012

working different this Academic Year


O LARETEIRO DO XALLAS

ENGLISH

Pรกxina 10


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 11

ENGLISH As well, in Bilingual Section they learnt about Nutrition: Respiratory, Circulatory and Digestive System ; Reproductive System, Health and Illness, Machines and European Union.

Sarah, our Assistant”

“Language

making an experiment.


O LARETEIRO DO XALLAS

PRIMEIRO CICLO e Mร SICA

Pรกxina 12


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 13

PRIMEIRO CICLO e Mร SICA


O LARETEIRO DO XALLAS

PRIMEIRO CICLO e Mร SICA

Pรกxina 14


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 15

PRIMEIRO CICLO

Como aforrar auga? Os alumnos de 1º A querémosvos dar uns conselliños de como cuns pequenos xestos e boa vontade podemos aforrar ese ben tan escaso como é a auga. Ademais están ilustrados cuns bonitos debuxos que nos fan entender mellor como desde a nosa vida cotiá podemos axudar ao medio ambente. Esperamos que sigades os nosos consellos.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 16

PRIMEIRO CICLO Este ano os nenos de 1º lemos “Cuentos de Abuela Coneja”. Na clase traballamos moito con actividades de comprensión, pero sen dúbida o que máis nos gustou foi o día que a contacontos veu ao cole.


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 17

PRIMEIRO CICLO


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 18

SEGUNDO CICLO Material necesario: • Auga • Un recipiente de plástico • Un pouco de terra • Un vaso de cristal • Unha pedra pequena • Unha bolsa de plástico • Unha pinza para cerrar a bolsa

No recipiente de plástico vertemos un litro de auga. Despois incorporamos a terra e remexemos para mesturalo todo moi ben. Agora temos que colocar vaso de cristal no centro do recipiente. Colocamos todo esto dentro dunha bolsa de plástico que cerramos ben coa axuda dunha pinza.

Logo colocamos a pedriña sobre a bolsa de maneira que quede situada xusto enriba do vaso pero sen tocalo. Agora colocámolo nun lugar ben soleado, onde o deixaremos todo o día para que a auga empece a evaporarse.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 19

SEGUNDO CICLO Este “limpador de auga” queda todo un día ao calor do sol. Ao Solpor, retiramos a bolsa de plástico e observamos o que acontece: A auga que está no interior do vaso está COMPLETAMENTE LIMPA, sen rastro de suciedade.

Explicación

Conclusión

Grazas ao calor dos raios do sol a auga do cacharro evapórase e logo condénsase formando gotiñas de auga no interior da bolsa de plástico. Estas gotas van escorrendo polo plástico grazas á inclinación que provoca o peso da pedriña e acaban caendo no interior do vaso de cristal pola acción da gravidade.

A natureza ten o seu propio sistema de purificación da auga: O CICLO DA AUGA. Este comeza coa evaporación da auga dos mares, ríos, lagos e charcas para formar as nubes que cando se arrefrían deixan caer as precipitacións: chuvia, neve ou sarabia, que é auga totalmente purificada.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 20

SEGUNDO CICLO Este curso os nenos e nenas de 3º B participamos nun pequeno obradoiro de escritura do que saíron uns textos divertidos e sorprendentes. Esperamos que vos gusten e sirvan de modelo para facer o mesmo. Estas son algunhas das técnicas empregadas:

ESCRITA LIBRE

Esta actividade consiste en deixar voar a imaxinación e escribir o que se queira. Os textos fixéronse nunha sesión de 25 minutos, escoitando música clásica de fondo.

“Esta música recórdame a

“A música soa a un detective

unha película ou a un conto.

sospeitoso, inspirado e

Pero agora mesmo non me

relaxado investigando. Está

acordo moi ben, pero estou

nunha sala moi escura e

segura de que a escoitei antes

monstruosa. O detective ten

porque tráeme un recordo de

unha chaqueta marrón e

moito antes cando era máis

clariña, os ollos negros e

pequena, cando tiña máis ou

saltóns, unha boca calada e

menos catro ou cinco anos. E

rara, o nariz chato, unha

creo que era da Pantera Rosa” camiseta marrón e o pantalón tamén. Investiga e de repente aparece un pallaso moi sospeitoso e sorrinte. O detective asústase pero pouco a pouco vai pensando. O pallaso rille. Caso resolto.”


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 21

SEGUNDO CICLO •

S+7

Todos os nenos/as partimos do seguinte texto, marcamos os substantivos, buscámolos no dicionario e substituímolos polo sétimo a partir do buscado. Acadamos resultados diferentes e disparatados dependendo do noso dicionario.

CARIÑAS

CARABULLO

CARACOCHAS

Hoxe chateamos

Hoxe chateamos

Hoxe chateamos

E ando a practicar,

e ando a practicar,

e ando a practicar,

a facer cariñas

a facer carabullos

a facer caracochas

con só teclear.

con só teclear.

con só teclear.

Se me queres ver

Se me queres ver

Se me queres ver

has por a cabeza

has por a cabina

has por a cabina

sobre o ombro esquerdo

sobre o omnívoro esquerdo

como quen a deita

como quen a deita.

como quen a deita.

:-) este é o meu sorriso

:-) este é o meu sosego

:-) este é o meu sota

Se teño un bo día;

se teño un bo dialecto

se teño un bo diáfono

;-) aquí fago o mesmo

;-) aquí fago o mesmo

;-)aquí fago o mesmo

Con máis picardía.

con máis pigmento.

con máis picnic.

sobre a omnisciencia


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 22

SEGUNDO CICLO •

REDACCIÓN ALFABÉTICA

Nesta actividade fixemos pequenas composicións ou frases poñendo as palabras en orde alfabético. Alba buscaba cunchas. Daniela e Facundo gústalle ir ladrando. Manolo, Natalia, Óscar, Pedro queren roer, saltar, texer, ulir, visitar,…xogar.

Antón buscaba contos de estrañas frases. Galicia houbo importado kiwis. Lois mercou novos ñus. Óscar parecía que ría sen temor. Uxía vendía whisqui xenuíno zaragozano.

Alba busca casa donde está Fernando Garcia Hernández. Isabela Katiusca lambe mazás. Noemí Ñandez olvidou poucos queixos roxizos. Sara ten uvas violetas, xamóns, zanorias,,…

REPETICIÓN

A partir dunha palabra ou grupo de palabras creamos estes textos. GÚSTAME Gústame pensar. Gústame bailar.

Gústame pasear. Gústame escribir. Gústame cociñar. Gústame correr. Gústame xogar. Gústame debuxar. Gústame saltar.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 23

SEGUNDO CICLO TEÑO MEDO Teño medo a estar soa na casa. Teño medo ás serpes.

Teño medo aos crocodilos. Teño medo aos ladróns. Teño medo a morrer. Teño medo a que veña xente estraña á miña casa e me faga dano. Teño medo aos lobos. Teño medo ás baleas.

Teño medo a romper algo. Teño medo a que se acabe o mundo. Teño medo a quedar encerrada nun ascensor. Teño medo a perder os meus amigos. Teño medo a que me caian

Teño medo ás orcas.

as árbores enriba.

Teño medo aos tiburóns

Teño medo a que me

brancos.

atropelen.

teño medo a suspender.

Teño medo a que me

Teño medo á pantasmas.

secuentren.

Teño medo ás alturas.

Teño medo as montañas

Teño medo a que me maten

rusas. E teño medo a que me mate

Teño medo aos piratas.

un raio.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 24

SEGUNDO CICLO •

LIPOGRAMAS

Nesta actividade estaba prohibido empregar unha letra determinada. Ollo que non se nos escape algunha polo medio. Texto sen M

“Había unha vez unha nena que quería ir á praia de Louro ou de Laxe, pero resulta que non tiña o coche porque seus pais levárano. Entón xuntouse coa súa tía Anabel que tiña un cabalo que entendía por Bell. Colleron o cabalo e foron a Louro. Pola tarde as dúas bañáronse e á tía Anabel picoulle unha faneca brava e foron a urxencias no cabalo Bell. A tía Anabel coñeceu a un chico. El presentouse e foron dar un paseo. A nena ía detrás aburrida e os outros ían disfrutando dos bicos.”

TAUTOGRAMAS

E agora máis difícil. Todas as palabras deben empezar pola mesma letra. Que complicado!

“Sara sacou sacos secos. Sábado sementei sete setas. Sonia sacou salsa sen sal. Samuel soñou sen sentido. Samanta saiu soa sen sorriso. Susana sentouse soa sempre. Sandra saboreou sete sardiñas saborosas.”


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 25

SEGUNDO CICLO O río cando vai cheo leva carballos e follas . Tamén podía levar as linguas murmuradoras .

Adiós á miña casiña portelo do meu quinteiro auga da miña fontiña sombra do meu laranxeiro .

Unha nena nunca fonte por unha berza bebía .

Adiós rios , adiós fontes

A berza estaba rachada

lavadoiros de lavar,

e toda a auga lle vertía .

adiós querida da alma , eu non che volvo a falar .

Santa Margarita ten unha fonte con dous caños, onde se van curar todos os males estraños .

O río Xallas non ten avoa nin falta lle fai , leva auga a caudales toda fresca ela vai .


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 26

SEGUNDO CICLO

● En abril , augas mil . ● Auga corrente non mata a xente. ● Auga pasada non move o muiño. ● Cando o río sona auga leva. ● Gato escaldado a auga fría tenlle medo . ● En pouca auga, pouco se navega. ● En abril, cada pingueira vale por mil. ● Mal lle vai a maio, cando o boi non bebe no prado. ● Chova abril e chova maio, aínda que non chova máis todo o ano. ● Cando en San Xoán secan as fontes, en setembro tumban as fontes. ● A auga de San Xoán, tolle o millo e non dá pan. ● Auga de outono, mata ao seu dono. ● Cando no ceo hai nubes de lá, se non chove hoxe chove mañá. ● Cando chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro .


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 27

SEGUNDO CICLO ● Falten augas mil e non falten as de abril. ● Maio chuvioso , verán caluroso. ● Se en novembro arden os montes, en agosto abren as fontes. ● Abril chuvioso, vén o maio florido e fermoso. ● As choivas de Nadal, non fan mal.

● Auga esperei e tarde plantei, sabe Deus o que recollerei. •

Auga por San Xoán, quita viño e non dá pan.

● En maio, a auga corre detrás do arado. ● Auga ardente non mata á xente, auga detida mala bebida. ● Cada un quere levar a auga ao seu muiño e deixar seco o do seu veciño. ● Auga de maio, pan para todo o ano. ● Auga en abril, enche o carro e o carril.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 28

TERCEIRO CICLO POEMAS CREADOS POLOS ALUMNOS A PARTIR DE MODELOS DE CELSO EMILIO FERREIRO SOBRE A FALA E SOBRE GALICIA.

A FALA. A fala viaxa libremente Polo mundo sen límites, Cada segundo a fala recorre O mundo A fala viaxa libremente Non ten idade, nin tampouco Barreiras. A FALA A fala é galega, A fala é o mundo

Nós falamos a fala

Se non hai fala non hai mundo

Vós falades a fala Eles falan a fala Xuntos falaremos

A fala sempre está en ti. Por moito que a olvides Sempre estará dentro de ti.

A FALA Galego é a nosa vida A fala da nos aterra Eu falo galego, Ti falas galego, El fala galego, Nós falamos galego, Vós falades galego. Todos xuntos falamos galego.

No nos planeta E no Universo.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 29

TERCEIRO CICLO

FALA Todo o nos ser Está ligado á fala

GALICIA Galiza somos nós Os gaiteiros e os galegos E sobre todo os labregos Que traballan para nos Alimentar.

A fala é o que

A NOSA LÍNGUA

Vemos. Unha fala que Nunca se acaba.

A nosa lingua É o galego e non

A fala somos, eu,

O podemos perder.

Ti, nós, vós, todos

Porque nela nos

Somos a fala.

Criamos con Esperanza e agarimo.

A NOSA TERRA

A fala é herdeira.

Como verdadeiros

A fala é fermosa.

Galegos que somos E que sempre o Seguiremos sendo.

Galicia é paz, amor,

Porque a nosa

Vida e esperanza,

Lingua querida

Galicia é Galicia,

É un sentimento

A mellor.

Que sempre o tivemos dentro.

Galicia a nosa nai, a Nosa terra é grande, Pacífica e soñadora. Galicia é cada recuncho Que ves, cada mar que Tocas, cada gota que Che molla, Galicia é Galicia A típica soñadora.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 30

GALIZA Galiza son os galegos, Os galegos son Galicia. Cando a choiva baixa Sobe a risa. Os galegos poñen o entusiasmo, Os galegos poñen a alegría. Dentro de nós

LINGUA

Temos Galiza. A nosa lingua é o galego Así e como falamos. Unha lingua continua Que nunca se acaba. Todo o noso ser está Asociado á lingua. A FALA Vamos a buscala fala, Non importa que se atope No mar de esperanzas. Solo busca e cala. Estou no mar de esperanzas, E intento atopar a fala, Eu nótoa porque ri, Chora e ata canta. Chora porque a deixei, Porque a deixei unha vez, pero non Volverá a ocorrer, porque agora Rirei, cantarei e ata chorarei Coa miña fala, coa fala de todos, O GALEGO.

Lingua fermosa.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 31

A FALA A túa fala é fermosa, De eso non podes dudar. Pero sexa a fala que sexa Sempre che vai a gustar. A fala que tí aprendes tela No sentimento, nunca che escapará, Porque tés un bonito recordo,

A LINGUA

De eso non podes dudar. GALICIA

A lingua para nós Nin rie nin chora,

Galicia está no mar,

Só é un sentimento

Con moitas aldeas

Que está no corazón.

E cos prados verdes Coa vida e océanos.

A lingua está agachada

En Galicia estamos nós

Nun caixón que ten a terra,

Ollando con chuvias

Por eso nós a utilizamos

Ten montañas, ríos, lagos,

Na lingua galega.

Como o que ten alegría, En Galicia temos vida

A lingua é a nosa fala,

O ceo está azul e luz.

Tamén un canto galego,

A terra ten océanos

Se non a queremos perder

Enerxía, naturaleza.

Coidala e mimala teremos.

En Galicia temos todos Coa chuvia a cantares, E con moito turismo. Con pobos e aldeas. Co mar, chuvia e aire, Está con nós. Galicia está en nós, Con prados verdes, Enerxía e naturaleza.


O LARETEIRO DO XALLAS

TERCEIRO CICLO

Pรกxina 32


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 33

TERCEIRO CICLO


O LARETEIRO DO XALLAS

TERCEIRO CICLO

Pรกxina 34


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 35

TERCEIRO CICLO


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 36

TERCEIRO CICLO A AUGA A auga é un dos elementos da natureza, sen ela a vida sería imposible. En Galicia hai moita auga, e o home sempre tentou aproveitala

Fontes e pozos Unha das formas de aproveitala foi facendo os pozos artesáns. Facíanse xunto ás casas e daban auga para beber os animais e a xente. A auga sacábase cun caldeiro atado a unha corda. (Roldana) A auga para os animais botábase nunha pía. As pías estaban feitas de pedra. A xente ía tamén buscar auga ás fontes para beber e para usar na casa, e traíase nuns caldeiros chamados Senllas. As senllas estaban feitas de madeira con láminas metálicas

A auga dos ríos Nos ríos facíanse presas para aproveitar a auga de dúas maneiras: -Para regadíos

-Para muíños


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 37

Os muíños

TERCEIRO CICLO

Un muíño sirve para moer os cereais (millo,trigo e centeo) para obter fariña e facer o pan. Partes dun muíño Os muíños funcionan coa forza da auga. As principais partes do muíño son: 1.

Moega.

2.

Capa

3.

4.

Vara

5.

Pexadoiro

6.

Rodicio

7.

Pau do aliviadoiro

8.

Pau da porca .

9.

Canle.

Funcionamento A auga procedente da canle, bate contra o rodicio, que se pon en movemento. Este movemento transmítese a través do eixe á capa (peza de moer). A capa ao xirar esmaga o gran que se converte en fariña e cae arredor do pé.

Regadíos Os “herbales” son leiras nas que se facían regos, ou canles, principais dende a fonte ata as testas dos “herbales”. •Cada

herbal collía a auga da canle nas tornas ou torneiras.

•Despois

facíanse uns regos coa sacha para repartir auga por todo o herbal,

chamadas freitas. •Nalgúns

sitios turnaban a auga. Por exemplo : a un tocáballe as 10 da mañá e a

outro as 10 da noite. •Noutros

sitios o primeiro que chegaba poñía a auga para que regase a súa leira .


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 38

TERCEIRO CICLO Os lavadoiros Antigamente para lavar a roupa, había que ir aos lavadoiros que estaban ao lado dos ríos, dos regatos ou das fontes que había en cada aldea. Había dous tipos de lavadoiros : Comunitarios: e dicir para utilizar toda a xente do pobo. Particulares: os que tiñan lavadoiros na súa leira. Lavadoiros no río Xallas

As ferrarías Tamén os ferreiros aproveitaban a forza da auga para mover as súas moas de afiar é os mazos, uns grandes martelos cos que


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 39

TERCEIRO CICLO

Batáns Son máquinas de madeira que funcionaban coa enerxía hidráulica. Estaban situados cerca dos ríos. Os batáns serven para abatanar as teas, e dicir, golpealas. Funcionaban da seguinte maneira, a auga pasaba por una canle de madeira cara una roda que tiña una serie de palas ou culleres, coa forza da mesma producíase o movemento.. A máquina estaba suxeita por catro pés cravados na terra, e un bastidor do que colgaban dous mazos moi pesados de madeira, que ao caeren golpeaban os panos situados na cuba.

Pelamios Eran unha especie de pías ou lavadoiros feitos de pedra,onde as pelicas ou peles de animais (vacas, cabalos, ovellas), se poñían a remollo en auga pura, é dicir, auga de río,para quitarlles o pelo que teñen e despois poder curtilas.

Aserradoiros A auga almacenábase nun canal que levaba a auga cara unhas turbinas. A turbina de menor tamaño xeraba corrente eléctrica, mentres a segunda, de maior tamaño,poñía en funcionamento por medio dunhas poleas os discos da serra de corte para a madeira.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 40

TERCEIRO CICLO Fábricas da luz O funcionamento básico destas fábrica da luz era o seguinte: a auga almacenábase nun depósito para que entrase con gran presión na turbina. Circulaba polo seu interior facendo xirar unhas pás conectadas a un alternador. (eran unhas pequena centrais) As fábricas da luz eran de titularidade privada e os poboados tiñan que pagar unha cota en función da cantidade de lámpadas. Na época dos anos trinta e corenta, algunhas casas só tiñan unha ou dúas lámpadas para alumear e, malia todo, era un privilexio, pois a maioría das parroquias non dispoñían de luz eléctrica.

Como vedes a auga sempre foi

e seguirá sendo

moi importante

na nosa vida.


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกgina 41

BIBLIOTECA


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 42

BIBLIOTECA Os nenos e nenas de 3º tivemos a sorte de coñecer a un autor de libros moi simpático. O autor Gisbert visitounos para animarnos a que leramos moito. Falounos dos libros que el escribira e tivemos que

facer

un

solemne

xuramento,

comprometéndonos a ler ao longo do curso “Moitos dos seus libros”.

Anxo Fariña colleu como modelo a unha das nosas compañeiras de 5º curso e nun plis-plas converteuna nunha “pirata terrorífica”


O LARETEIRO DO XALLAS

Página 43

BIBLIOTECA Dende FEGAMA ( Federación Galega de Medio Ambiente) e Dirección Xeral de Agricultura ofrecéronnos unha bonita charla sobre a importancia do traballo responsable dos agricultores para axudar a mantenza e coidado da natureza. Faláronnos das distintas razas autóctonas de animais domésticos (Galiña de Mos, Porco celta, vacas cachenas…) Tamén nos falaron da importancia de respectar a flora e a fauna para manter a cadea alimenticia.


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 44

Pedagoxía Terapéutica Ola lareteir@s! Este ano 2012 é un ano olímpico, e como sodes uns grandes deportistas xa sabedes o que iso significa verdade??

Pero un ano máis queremos lembrarnos das persoas con discapacidade xa que eles tamén teñen un espazo nestas olimpiadas de Londres 2012. E sabedes como é isto posible?? Pois a través da celebración das OLIMPIADAS PARAOLÍMPICAS!!!! As olimpiadas paraolímpicas son aquelas nas que participan persoas con algún tipo de discapacidade e este é un pequeno resumo da súa historia: “Durante os Xogos Olímpicos en 1948, o médico ingles Ludwig Guttman Guttma propuxo unha serie de concursos para os minusválidos que foran feridos na Segunda Guerra Mundial e, polo tanto, estaban nunha cadeira de rodas. A partir desta idea naceron os Xogos Paralímpicos. Paralímpico Nestes participaron as persoas con discapacidade física, mental e sensorial. Os primeiros Xogos Paralímpicos foron realizados en 1960 en Roma nas mesmas instalacións e locais que os Xogos Olímpicos.. Os Xogos Paralímpicos comezaron seis días despois de rematar os Xogos Olímpicos de verán, e tiveron o apoio de diferentes institucións e das autoridades italianas. Os primeiros Xogos foron realizados do 19 ao 24 de setembro de 1960 e tiveron a participación de máis de 400 atletas de cadeiras de rodas de 23 países. Estes xogos constaban de 8 deportes (atletismo, baloncesto para discapacitados, dartchery masculino, esgrima, natación, snooker, tenis de mesa e tiro con arco).


O LARETEIRO DO XALLAS

Páxina 45

Pedagoxía Terapéutica Así ao longo das diferentes celebracións olímpicas, de catro en catro anos ( Tokio 64, New York 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992 entre outros), foron gañando importancia, prestixio, número de participantes e de disciplinas deportivas ata chegar a última celebración das olimpiadas en Pekín 2008 na que participaron máis de 4000 deportistas e 130 países. Nesta última edición os deportistas paralímpicos españois obtiveron 58 medallas posicionándose entre os 10 mellores países do mundo!!! E xa que este ano, no noso centro lle estamos a adicar unha especial importancia ao tema da auga , queremos prestarlle atención á natación paraolímpica. Destacando a Teresa Perales como exemplo de superación e éxitos deportivos. Teresa Perales foi a deportista paraolímpica española que obtivo máis medallas nos pasados xogos: ouro en 50, 100 e 200 metros libres; prata en 50 metros costas e bronce nos 100 metros braza. Esta é a súa pequena historia:

Naceu en Zaragoza o 29 de decembro de 1975. A súa paraplexia non lle impediu desenvolver unha carreira brillante. Aos 19 anos perdeu a mobilidade da cintura . Despois de algúns meses moi duros, asimilado que perdera a capacidade de andar e adpatándose a súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e despois dun ano comezou a competir e foi acumulando moitos éxitos deportivos. Toda unha campeona!!!!

Lembrade nen@s con superación e esforzo podemos conseguir todo aquilo que nos propoñamos!!!


O LARETEIRO DO XALLAS

RELIXIร N

Pรกxina 46


O LARETEIRO DO XALLAS

Pรกxina 47

RELIXIร N


“ É consolador soñar mentres un traballa que ese barco, ese neno, irá moi lonxe pola auga. Soñar que ese navío levará a nosa carga de palabras cara portos distantes, cara illas lonxanas”. Gabriel Celaya

Desexámosvos

unha

boa travesía, mariñeiros xalleiros.

CEIP Barrié de la Maza.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.