REFLEXIÓNS SOBRE O NOSO MAR

Page 1

REFLEXIÓNS SOBRE O NOSO MAR

Estela Parada Rodríguez “ O mar, auga, auga preta da área adornada con pedriñas. O mar é como a vida mesma, moitos adxectivos podería atribuírselle, pero sobre todo, é bonito. O mar relaxa á xente, entristece á xente, alegra á xente e….faina sentir soa…. A mar é un amplificador das emocións e dos sentimentos, que nos axuda ás persoas a darnos conta de que somos libres. O mar é un lugar ideal para bailar, iso sí bailar nas augas sintindo que se baila no ceo, sintindo como pasa o tempo e disfrutando de que pase. O mar é como o momento no que estás diante de él: infinito.”


David Misa “ O mar dame sensación de calma, tranquilidade, libertade. Faime sentir en paz conmigo mesmo e cos demais.”

Andrea Bouzón e Laura Míguez “O mar: tres letras que me inspiran paz, tranquilidade e benestar. Danme gañas de sentir a auga na miña pel e a área nos meus pés, con esa suave brisa batendo na miña cara e con ese aroma salgado que entra nos meus pulmóns, invadindo o meu ser. Esas ondas que me hipnotizan e me embelesan facéndome sentir libre, como os paxaros que o sobrevoan.”


Ana Pérez e Yasmina Ribeiro “ As ondas do mar de Cesantes danme tranquilidad ecos seus movementos e o son cando chega a beira. A sensación de ir nun barco é algo inexplicable porque navegar por esa auga tan cristalina e poder observar de preto a Illa de San Simón é unha experiencia que se ten que repetir máis dunha vez. Gústame nadar nesa auga tan fresquiña que che golpea as costas co paso dos barcos preto da ponte de Rande. Algún día gustaríame afastarme da beira e adentrarme no mar para percorrelo na súa totalidade. Nunca tal vin.”


Claudia Santos Castro “ A ría de Vigo inspírame os recordos das historias que un día tiveron lugar aquí. Síntome orgullosa de poder ter a man esta paisaxe tan fermosa co son das ondas mariñas que tan embriagador é. E de ter á vista a Illa de San Simón que foi testemuña de moitas historias, a mayoría de feitos tráxicos, pero que segue a manterse tan interesante coma sempre. A súa vez, sinto pena de que nós os propios galegos non saibamos valorar o que temos e non o coidemos como se merece.”


Laura Otero Villar “ ¿ Qué me inspira el mar? Temor, miedo de no saber lo que me espera dentro. Incertidumbre a no saber que te encontrarás dentro de él. Por otro lado, desde la orilla me inspira calma y una agradable sensación de notar la brisa marina en la cara.” Raquel Blanco e Andrea Amoedo “ O mar inspírame gañas de vivir, gañas de aventuras, tranquilidade e paz. Ó ouir as ondas do mar batir as rochas pensó meses bos momentos e deixo atrás ós llantos e as tristezas.”


Iara García Carballo “ Transmíteme tranquilidade e un sitio natural e romántico no que en ocasións refuxiarse do mundo.”

Ricardo Vilaboa Cerdeira “ A mín o mar suxíreme paz e tranquilidade, por iso hai que coidalo. Pasaron cousas interesantes nel como a Batalla de Rande. A ría de Vigo é moi rica en marisco e empresas de for instálanse aquí para verter residuos e ainda por riba, traen o mariscop de fora”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.