algas

Page 1

ALGAS PARDAS


A maioría viven nas costas rochosas das zonas temperadas e subpolares, dominando a zona intermareal como as Laminariales. Presentan clorofila a y c y xantófila. NOME CIENTÍFICO: Fucus spiralis L. OUTRAS DENOMINACIÓNS: Bocho do mar.

Alga parda verdosa, que pode alcanzar ata 30 cm de lonxitude. Presenta un disco basal, do que parte unha fronde dividida dicotomicamente. As ramificacións poden alcanzar os 3 cm de ancho, posúen un nervio central visible e abundantes cavidades con pelos (criptas pilíferas). No ápice podemos atopar os receptáculos. Foi moi utilizada na costa galega como abono e para alimentación animal e, ao igual que noutros países, como laxante, contra a escrofulose, o bocio e como antibiótico e antifúnxico. Tamén é un bo indicador de contaminación orgánica. Xunto con outras especies de algas pardas empregouse para a extracción de alxinatos e de elementos como sodio, potasio e sobre todo iodo.

NOME CIENTÍFICO: Sargassum

muticum (Yendo) Fensholt

Alga de cor parda dourada, que pode alcanzar os 6 m de lonxitude. Ten numerosísimos aerocistes esféricos saíndo lateralmente das ramas, o que lle permite acaparar case toda a zona fótica. É unha alga foránea, procede do Xapón, e se cre que chegou a Galicia asociada aos cultivos de ostra, ou adherida aos cascos e ás hélices dos barcos



ALGAS VERDES

Hai unhas 10.000 especies diferentes, sendo as más diversas de todas las algas. Podemos atopalas en augas doces e salgadas, conteñen clorofila a e b

NOME CIENTÍFICO: Ulva rigida C.Agardh OUTRAS DENOMINACIÓNS: Berza do mar, Leituga de mar.

As leitugas de mar son de cor verde, variable dependendo da exposición ao sol, da zona, etc. Presentan un pequeno disco basal que a amarra ao substrato durante o crecemento, xunto cos rizoides que emiten as células inferiores. A fronde é laminar, de tamaño variable, escorregadiza ao tacto cando está húmida e con aspecto de plástico ao secar. Foi utilizada para a alimentación tanto animal como humana; é moi rica en vitaminas, sobre todo na Vit. A. Ten propiedades astrinxentes, antihelmínticas, e utilizouse na medicina como tratamento para as queimaduras, a escrofulose e a gota. Nas zonas costeiras, onde hai actividade agrícola, recóllese como abono. Así mesmo é bioindicadora da contaminación, sobre todo da de tipo orgánico.

NOME CIENTÍFICO: Enteromorpha muscoides (Clemente) Cremades Enteromorpha crinita (Roth) J. OUTRAS DENOMINACIÓNS: verdello ETIMOLOXÍA: Enteromorpha, do grego enteron= intestino e morpha= forma. Presenta un talo verde claro ou verde amarelado, de 15-30 cm de longo, en forma de penachos compostos por eixos tubulares ocos, moi ramificados, de ata 1 mm de ancho. Os eixos e as ramificacións están cubertas por ramiñas curtas e cónicas, semellantes a espiñas, que fan que sexa áspera ao tacto. Podémola atopar no litoral medio de todo tipo de costas, sobre rochas, pedras ou epífitas, polo Atlántico Norte ata Marrocos e tamén no Mediterráneo, así como nas costa de Norteamérica.

ALGAS VERMELLAS


Son un grupo de 5.000 a 6.000 especies dunha gran diversidade de formas e tamaños. Presencia de pigmentos ficobilínicos en los ficobilisomas Localización dende zonas intermareales ata zonas moi profundas.

NOME CIENTÍFICO: Chondrus crispus Stack. OUTRAS DENOMINACIÓNS: Lique de Irlanda, Algaso de vender, Golfe rizo, Musgo de Irlanda, Ouca riza, Pata de galiña, Raspa riza. Alga de consistencia cartilaxinosa e cor vermella púrpura ou rosada escura, a miúdo amarelada nos extremos, irisada baixo da auga, de ata 15 cm de alto e anchura moi variable (0,5 a 3 cm). Fíxase a través dun pequeno disco basal que dá lugar a unha fronde que se divide dicotomicamente. A esta especie déronselle múltiples usos ao longo dos anos. O máis coñecido é para a producción de carraxenato, para a extracción


de vitaminas como B1 e B2, así como de esteroles que diminúen o colesterol. Outro dos usos habituais é como abono. NOME CIENTÍFICO: Callophyllis laciniata (Huds.) Kütz. Rhodymenia laciniata (Huds.) Grev. ETIMOLOXÍA: Callophyllis, do grego kallos = fermoso e phyllon = folla. Fronde de cor vermella ou rosa viva, que pode alcanzar ata 25 cm. A súa consistencia é membranácea e algo cartilaxinosa. Adhírese ao substrato a través dun disco basal, do que parte un curto estipe no que agroma unha fronde ampla en forma de abano. Esta divídese en lacinias de 2 cm de ancho na base, que á súa vez se subdividen varias veces, de aí o nome específico. Na marxe atópanse pequenas proliferacións redondeadas, moi próximas e que reforzan de forma continuada a marxe. NOME CIENTÍFICO: Chylocladia verticillata (Lightf.) Bliding Chylocladia kaliformis (Gooden. & Woodw.) Hook. ETIMOLOXÍA: Chylocladia, do grego chylos = zume e klados = rama. Talo de cor variable, que vai de rosa púrpura a vermella pardenta, os exemplares expostos durante moito tempo á luz tórnanse amarelos. Pode alcanzar ata 50 cm de lonxitude. A consistencia é membranosa, á vez que xelatinosa ao tacto. Fíxase ao substrato por un disco basal do que parte un eixo cilíndrico que presenta constriccións aproximadamente cada 2 cm. NOME CIENTÍFICO: Dumontia contorta (S.G.Gmel.) Rupr. Dumontia incrassata J.V.Lamour.


Esta especie de consistencia bastante fráxil e xelatinosa, presenta unha cor moi variable, xa que se poden atopar exemplares violáceos, vermellos escuros, case negros ou pardos e ás veces amarelo verdosos. É bastante grande, podendo alcanzar 30-50 cm de longo. Foi utilizada nalgúns países para obter unha xelatina (o funorano).

NOME CIENTÍFICO: Plocamium cartilagineum (L.) P.S.Dixon Plocamium coccineum (Huds.) Lyngb. ETIMOLOXÍA: Plocamium, do grego plokamos = rizo. Especie de cor púrpura rosada, de ata 15 cm de altura e de consistencia cartilaxinosa. É máis ou menos doada de identificar, xa que presenta un disco basal, do que parte un eixo de ata 2 mm de ancho, comprimido con ramificacións alternas nun só plano, que se volven a ramificar do mesmo xeito. As últimas ramiñas portan de 3 a 4 rámulas agudas dispostas a modo de peite, todas viradas cara a un lado. NOME CIENTÍFICO: Corallina elongata J.Ellis & Sol. Corallina mediterranea Aresch. OUTRAS DENOMINACIÓNS: Uz do mar, Silva do mar. ETIMOLOXÍA: Corallina, do grego corallion = coral. É un alga de cor rosada que torna branca se está moi exposta ao sol; o tamaño varía entre os 5-10 cm de lonxitude. Ten consistencia dura, áspera ao tacto, xa que está impregnada de CaCO3. Fíxase por un disco do que parten eixos divididos en artellos,


máis ou menos cadrados no ápice, e trapezoidais cara á base. Da parte alta dos artellos parten ramas e ramiñas opostas nun mesmo plano, que se poden seguir ramificando do mesmo xeito. Os conceptáculos son apicais e no extremo dos femininos presenta unha especie de cornículos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.