Como elaborar un traballo escrito

Page 1

COMO ELABORAR UN TRABALLO ESCRITO C.E.I.P. Frian - Teis (Vigo) Biblioteca Escolar


ÍNDICE

1. Introdución..................................... 2 2. O aspecto do teu traballo........... 3 3. O contido do teu traballo............5 a) Apartados do traballo..... 5 b) Non esquezas................... 6 4.Conclusión....................................... 7 5. Bibliografía....................................... 8

1


INTRODUCIÓN Antes de comezar a redactar o teu traballo xa tes feito unha tarefa importante:

• buscar información en documentos

impresos e

electrónicos; • elaborar un guión sobre os puntos que queres tratar no teu traballo; • facer un primeiro borrador. Agora xa tes recopilado moita información, e tes que darlle forma. Le atentamente as seguintes indicacións. Axudaranche a presentar un fantástico traballo.

2


O ASPECTO DO TEU TRABALLO

• Non esquezas empregar as túas propias palabras, e escribir só aquilo que entendas.

• A presentación é moi importante: ✓ se presentas o teu traballo manuscrito, escribe con bolígrafo, e con letra clara e ordeada;

✓ se presentas o teu traballo en formato dixital, elixe unha letra sinxela e doada de ler.

3


O ASPECTO DO TEU TRABALLO • Escribe só por unha carilla, e a dobre espazo. • Deixa marxes á esquerda, á dereita, enriba e debaixo. • Non esquezas numerar as follas. • Evita cometer faltas de ortografía. • Fíxate na puntuación. • Engade ó teu traballo imaxes que complementen a información.

4


O CONTIDO DO TEU TRABALLO O teu traballo ten que ter unha estrutura clara e coherente. Por iso non deben faltar estes apartados: • PORTADA: na que indicarás o título do teu traballo, o teu nome e o teu curso.

• ÍNDICE: nel reflectirás os distintos apartados do teu traballo,

indicando a páxina na que os atoparás. Debes elaboralo cando o resto do traballo estea rematado.

• INTRODUCIÓN: un escrito breve no que indicarás que tes

feito, ou as dificultades que tes atopado para elaborar o traballo.

• CORPO DO TRABALLO: no que desenvolverás o tema do teu traballo. Podes dividilo en diversos apartados.

• CONCLUSIÓN: na que resumes os resultados da túa investigación.

• BIBLIOGRAFÍA: na que indicarás todas as fontes que tes consultado para facer o teu traballo.

5


O CONTIDO DO TEU TRABALLO

NON ESQUEZAS:

• Comezar cada apartado nunha folla nova. • Incluír unha folla en branco entre a Portada e o Índice.

• Paxinar o Índice co número 1.

LEMBRAR!!!

• Engadir outra folla en branco ó final.

6


CONCLUSIÓN Se para facer o teu traballo tes seguido as pautas indicadas nesta e na anterior presentación... Parabéns! Tes aproveitado o tempo:

• estarás aprendendo como se fai un bo traballo; • terás visto como mellora considerablemente a presentación do mesmo. A próxima vez que teñas que facer un traballo, non esquezas estes consellos.

7


BIBLIOGRAFÍA Neste apartado debes incluír, por orde alfabética, as fontes que tes consultado para elaborar o teu traballo. Se empregas unha páxina web, debes indicar a dirección URL completa (a que aparece na barra do navegador). Se empregas libros de consulta, debes citalos seguindo estas normas (fíxate ben nas maiúsculas, nas minúsculas, nos suliñados e nas comas):

APELIDOS DO AUTOR, Nome do autor. Título do libro. Editorial, lugar de publicación, ano de publicación.

8


BIBLIOGRAFÍA

• ILLESCAS, Mª Jesús.

Estudiar e investigar en la biblioteca escolar. Formación de usuarios. Gobierno de Navarra, 2007. <http://dpto.educacion.navarra.es/bibliotecasescolares/blitz_files/Blitzverde4%20cas.pdf>

• MARTÍNEZ, Raúl. Web: aprender a estudiar.

<http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html>

9


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.