Charla Infantil. Proxecto de enerxía.

Page 1

¿QUÉ LLE PASA Á TERRA?

CEIP San Salvador 14 de xaneiro de 2015


Hola, son Superluluz. Quería contarvos unha pequena historia. Son amigo da Terra, e hai uns anos atrás que ésta se atopa moi triste. ¿Queredes saber por qué?


Onte pola noite cando cheguei a Vigo en avi贸n, e mentras estaba aterrando, ollei un mont贸n de luces de todas as cores.


¿Sabedes o que eran? Montón e montón de bombillas.

Por eso a Terra se atopa moi triste, porque gastamos demasiado esa cousa que chamamos…

¡¡¡ ENERXÍA !!!.


¿E sabedes o qué é a Enerxía? A enerxía é o que fai que funcionen case todos os aparatos: a tele, o frigorífico, a lavadora, a cociña, a prancha e ata as consolas de videoxogos…


¿Sabedes o qué é a Enerxía? A enerxía tamén é o que fai que luza unha bombilla, pero tamén é o carburante do autómobil e o que teñen as pilas. A enerxía axúdanos a por as cousas en movemento.


Vouvos contar a Historia da Enerxía. O Sol é como unha pila enorme. Cando os seus raios chegan a Terra, éstos convírtense en Enerxía. Con esa enerxía, por exemplo, as prantas e as árbores poden medrar e dar froitos para comer.


Con esa enerxía se quenta o aire e fai que se forme o vento que move as cometas e os muíños. Con esa enerxía, nos quentamos cando entra o sol pola ventá. Con esa enerxía tamén se quenta o auga do mar, que desta maneira, convírtese en nubes que, ó chover, forman ríos enormes.


¿Para qué máis cousas podemos empregar a Enerxía? • • • • • • • •

Para Para Para Para Para Para Para Para

iluminarnos pola noite con lámpadas. que funcione a tele e o ordenador. que a calefacción nos de calor. que o frigorífico enfríe. que o motor do automóbil poida andar. que o ascensor suba e baixe. que funcionen os nosos xoguetes. que se quente a auga da bañeira.


Pero como vos dixen o comezo, a Terra se está poñendo un pouco enferma, porque as persoas non fan máis que gastar e gastar enerxía … ¿Sabedes o que me dixo onte ó oído a Terra? “Como non apaguedes algo, ídesme deixar sen enerxía”


Pero vouvos contar un segredo: Entre todos… ¡¡podemos curala!!.

¿Sabedes o que se pode facer?

Hai que gastar moi pouco, só a enerxía que necesitemos.


“ ¡Para curar á Terra, hai que Aforrar Enerxía!”


¿Cómo podemos aforrar Enerxía? • Aproveita a luz natural, acende a luz só se é necesario. • Apaga a luz nos espazos que non se estén empregando. • Non xoguedes coas luces. • Apaga o ordenador e a tele cando non os usedes é aforrar enerxía.


• Pechar ben o grifo tamén é aforrar enerxía. • Avisa se ves perdas de auga • Mentras estedes lavando os dentes, pechar o grifo. • Se o inodoro ten dobre pulsador, non descarguedes a cisterna completa se non é necesario.


• Coa calefacción acendida, comproba que as portas e ventás estén pechadas.

• No colocar obxectos diante ou enriba dos radiadores.


• Pechar persianas e cortinas ao

rematar a xornada.

• Un frigorífico aberto gasta moita enerxía, hai que pechalo rápido.


Se cada un de nós seguimos estes consellos aforrando enerxía, podemos curala e así a ¡¡¡Terra estará feliz!!!


¡Recordade!: Gastar só a Enerxía necesaria, e contarlle todo isto aos maiores.

¡¡¡ Todos xuntos o conseguiremos !!!


Grazas

E colorĂ­n colorado, este conto rematou


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.