A Peneira 2011

Page 1



CEIP de Pazos

- A Peneira -

Un ano máis estamos aquí cun novo exemplar da

Xuño 2011

nosa revista escolar “A

Peneira”, concretamente o nº 18, para poder amosarvos o traballo realizado por toda a Comunidade Educativa durante este curso 2010-2011. Esperamos que nos recibades cos brazos abertos e así poder lembrarvos os bos momentos que pasamos todos xuntos.

Coma sempre, o obxectivo do Equipo de Normalización Lingüística e do Equipo de Biblioteca é que esta nova edición sirva para contribuír á normalización da Lingua Galega na nosa comunidade escolar e que os nosos rapaces e rapazas poidan achegala máis alá do noso centro.

Nela

poderemos ver unha mostra das actividades que fixeron os

alumnos de Infantil e Primaria ao longo destes intensos meses, pois eles son os principais protagonistas desta revista e foron feitas con moito esforzo e ilusión pola súa parte.

Neste número

non queremos esquecer a eses compañeiros de 6º que

marchan, posto que a súa etapa no colexio xa rematou e deben comezar outra nova no instituto. BOA SORTE RAPACES E RAPAZAS! E A TODOS E A TODAS, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POR LERNOS UN ANO MÁIS! O Equipos de Normalización e Dinamización Ligüística e Biblioteca. 3


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Limiar Samaín e Magosto Festival de Nadal Día da Paz Entroido Día da Poesía e Teatro Certame de Poesía e Imaxe Saída ao hipermercado Alcampo Saída ao Teatro Jofre: Spinderella Saída á Ópera Saída ao Teatro Jofre: Títeres Novas de Chispa Conto de Educación Infantil Letras Galegas 2011: Lois Pereiro Cinensino Correlingua 2011 Viaxe a Cabeza de Manzaneda Pasatempos A ANPA do CEIP de Pazos Un ano en imaxes Despedida dos de 6º de Primaria

4

Xuño 2011

3 5 7 10 11 14 16 18 20 21 22 23 33 35 37 39 41 42 44 46 48


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

No outono recordamos as nosas tradicións e costumes en xornadas de media mañá moi ben aproveitadas.

No Magosto: asamos as castañas.

Fixemos cucuruchos de papel de periódico e comémolas con leite. Estaba todo moi rico.

Xogamos ás carreiras con culleres, ao tragacastañas, con peóns feitos polos nenos e

nenas, mestres e familias. Todo en distintas zonas do patio cuberto. Por grupos iamos pasando dunha zona a outra, e en cada unha delas faciamos un xogo que un mestre explicaba.

Ao final recollemos entre todos e todas o patio cuberto. 5


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Polo San Martiño fixemos exposicións con peóns. Había moitísimo colorido e imaxinación, todo elo con materiais sinxelos: plastilina, papel, trozos de madeira pequenos, lá de distintas cores... Na exposición apareceu Chispa e outros personaxes que non coñeciamos de nada; supoñemos que viñeron coa nosa amiga e querían coñecer o colexio.

Disfrutamos do Samaín baleirando as cabazas con nosos mestres e facendo un desfile. Estaba todo ás escuras e as candeas das nosas cabazas iluminaban todo o corredor da planta baixa e o salón de actos. Os mestres recordáronlle aos nenos que hai algo máis que os vídeo-xogos e consolas. Temos outras posibilidades de xogar moi sinxelas.

6


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Un ano máis o Festival de Nadal estivo moi animado coas actuacións de todos os nenos e nenas do cole. Aquí temos aos máis pequerrechos do cole, os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil, bailando “Chim-pum”.

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil bailaron e cantaron “Los colores van al portal”.

7


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Estes son nenos do 1º ciclo de Primaria, representando a obra de teatro “O pequeno abeto”.

Os alumnos do 2º ciclo, fixeron unha bonita actuación con monicreques. Tamén cantaron a canción “As pequenas marionetas”.

8


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Os maiores do cole, os de 5º e 6º de Primaria, representaron unha obra de teatro titulada “O arco da vella”.

Tamén algunhas nenas de 5º e 6º, fixeron un divertido baile en inglés: “Jingle Bell’s Rock”.

9


CEIP de Pazos

- A Peneira -

10

Xu単o 2011


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Como todos os anos o Entroido en Pazos celebrámolo

Xuño 2011

con moitas ganas e ilusión.

Quixemos recuperar a vella tradición de disfrazarse con cousas e roupas vellas ou usadas da casa. Participamos todo o persoal do Centro. Despois de facer diferentes actividades na aula, como colares, carautas… e cantar algunhas coplas, tivemos o desfile no salón de actos, presentado polo profe Pepe, que por certo, iba de señora da limpeza. Aquí tedes as fotos:

11


CEIP de Pazos

- A Peneira -

12

Xu単o 2011


CEIP de Pazos 3º Educación Primaria

- A Peneira -

Xuño 2011

E ESTES SON OS TESTAMENTOS:

Pois aquí estou outro ano animándovos a pensar aí vai o meu testamento que dará moito que falar. Vou deixando aos de terceiro uns agasallos peliqueiros para que disfruten como artistas bailes e moitas risas. Para Ernesto, moi presto un balón de baloncesto. Para Joan, moi galán, achégolle un bambán. A Olaya, que non para, déixolle a Abella Maya. A Luis, que é moi pillín, déixolle un balancín. Para César rebulideiro achégolle un pandeiro. E déixolle para Álex un almorzo en Panes. A Aitana, ferrolana, déixolle unha gran nana. Para Alberto, sempre esperto, un caixón e outro cento. Á profe Lola, que non está soa, déixolle unha caracola. E ao resto dos seus profes que están todo o curso con eles, déixolles moitos bicos e así faranse ricos.

4º Educación Primaria

Hoxe, catro de marzo, festa de Entroido en Pazos, antes de me quiemar, ídesme a escoltar. Aos de Infantil déixolles unha campá tin tin. para primeiro e segundo un canciño vagabundo. A terceitro e cuarto un cabalo barato. Déixolles aos de quinto un coello dando un brinco. Para os de sexto,que se van, déixolles mel con pan. E agora moita atención: para Marta pequeniña unha fermosa casiña. A Dani, que non traballa déixolle moita palla. Para Elisa unha caixa de pizza. A Jose xoguetón un gran balón. Para Xana traballadora unha lavadora A Rafa moreniño un bonito libriño. Para Michelle faladora unha alfombra voadora. A Lucía déixolle a miña fotografía. E, por último para Feli moitos bicos e unha peli.

VIVA O ENTROIDO 2011!

3º Ciclo de Educación Primaria Chegou o momento Aos profes do colexio do meu pasamento. que tan malvados son, Vaise o inverno unhas boas vacacións e chegará o bo tempo. e un gran quilo de carbón. Aos pequenos de Infantil E para Xaime,Carme e Aurora que tan choromicas son, un saquiño de paciencia déixolles cebola e unha dose de resistencia para que choren mellor. para aguantarnos a cada hora. A este terceiro ciclo que comendo chicles sempre está, recoméndolle algo de deporte que non lle virá nada mal.

13


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Na semana do 25 de marzo celebramos a festa da Poesía e do Teatro. Durante estes días os nosos alumnos convertéronse en poetas, participando con moito interese na actividade “HAI VERSOS PARA MIN?” Adicaron voluntariamente as súas pequenas obras a compañeiros e membros da comunidade educativa.

Exposición de libros de poesía e creacións feitas polos alumnos.

O venres 25 de marzo foi o festival na biblioteca Xoán Farias con actuación de todos os alumnos do centro.

Rima en inglés: “Two little blue birds” Nenos e nenas de 3 e 4 anos

14


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Dramatización dun poema polos alumnos de 2º.

Lectura de poemas con pictogramas e en lingua de signos.

15


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Outro ano máis, o colexio participou neste Certame que é promovido polo Concello de Ferrol e pola Coordenadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística. Todos os nenos e nenas traballaron con moita ilusión na realización dos debuxos referidos aos poemas en diversas linguas que se lles ofrecía, e sempre temos a sorte de que hai gañadores no noso colexio. Este ano foron:

- Dan Rivas Núñez (5º Ed. Infantil) e a súa poesía en Lingua xaponesa. - Leandra Luisa do Rego Martínez (6º Ed. Primaria) cunha poesía en Lingua portuguesa.

NORABOA AOS DOUS! E aquí tedes as súas obras de arte:

Lingua xaponesa A bolboreta perfuma As ás no recendo Da orquídea.

Basho

16


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Lingua portuguesa Laverquiña, que te axotas das degaradas gueivotas oíndo o salvaxe berro, musa, que a mariña estrañas, olla as azules montañas ¡desde as plaias do desterro! Esquence o mar, lembra o gado miúdo, o o regalado vivir, ¡as tumbadas festas!, i as cantigas dos pastores, que fan grinaldas coas frores amareliñas das xestas.

Noriega Varela: Do ermo Foi o día 18 de maio cando acompañamos a estes artistas ao Centro Cultural Carvalho Calero, a recoller os seus ben merecidos premios. Que emocionados estaban!!!! Estas son as fotos dese día:

17


CEIP de Pazos

- A Peneira -

18

Xu単o 2011


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Escrito por: FARRUCO, KELLY, IRENE, ELIA, ANDREA, ALEJANDRA e SOFÍA, da aula de 6º de Educación Infantil. 19


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

TEATRO EN INGLÉS: “SPINDERELLA”

DJ Dave e Becky no concurso de karaoke “Spinderella” é unha versión moderna do clásico conto de fadas “A Cincenta” e nela trátanse temas como a necesidade de alimentarnos ben e a importancia de vivir e intentar conquerir os nosos soños.

O pasado 5 de Abril os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron no Teatro Jofre á representación dunha divertida comedia musical en Inglés: “Spinderella”. A obra foi interpretada pola Compañía “Blue Mango Theatre”.

Cindy e súa irmá Becky nunha escea da obra 20


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

O día 8 de febreiro o alumnado de 2º e 3º ciclos asistimos ao Teatro Jofre a ver un espectáculo sobre o humor na ópera. Unha selección de catro fragmentos que se correspondían con óperas coñecidas como “Así fan todas” de Mozart, “O barbeiro de Sevilla” de Rossini e “O elixir do amor” de Donizetti.

O día antes de ir ao Jofre estivemos na Biblioteca do cole informándonos no libro ÓPERA onde están recollidas as máis importantes óperas de todos os tempos e os seus autores. Pasámolo moi, pero que moi ben.

21


CEIP de Pazos

- A Peneira -

22

Xu単o 2011


CEIP de Pazos

Benvidos

- A Peneira -

Xuño 2011

e benvidas ás páxinas da

Biblioteca. ¿Queredes facer con nós un percorrido por moitas das actividades que fixemos? Algunhas quedan moi lonxe, pero seguro que as recordades. Empezamos con…

Empezamos con esta fermosa data, un soleado 25 de outubro. Ese día celebramos por todo o alto o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e visitáronnos Paco Martín, Xabier DoCampo e Xavier Senín para homenaxear a Xoán Farias e axudarnos a cumprir o prometido o curso pasado: poñerlle o seu nome á nosa Biblio. Foi unha emotiva celebración na que nos agasallaron cun acto cargado de agarimo, lembranzas e bo humor. Nós recibímolos agradecidos, porque nos achegaron sobre todo ao lado humano de Xoán Farias, ao tempo que recordaban a importancia da súa figura como escritor.

23


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Foron o Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri e a Concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, os encargados de descubrir a placa co novo nome da Biblioteca. Ese día estivemos acompañados por toda a Comunidade Escolar: as familias, a ANPA, os ex-alumnos, as compañeiras do CFR de Ferrol, doutros coles e bibliotecas, da AVV de Pazos, da encargada do comedor… e de Xaime, o noso eterno solucionador de problemas. Se cadra un dos momentos máis emotivos foi a lectura que fixo Xabier DoCampo dunhas palabras que Xoán Farias enviou a través da súa dona Lourdes Huanqui, na que ao final da carta dicía:

“… Este acto, la inauguración de esta Biblioteca en Serantes, significa mucho para mí. Por muchas razones, porque es el pueblo donde yo nací, hace ya más de 70 años, y porque es el pueblo donde yo jugué de pequeño, cuando era niño como vosotros, y tenía los mismos sueños y las mismas alegrías y, por supuesto, hacía las mismas travesuras (solo que tal vez peores) que vosotros. Solo os pido que visitéis mucho la Biblioteca, allí estaré yo, esperando vuestra visita y tal vez, para susurraros al oído alguna que otra travesura inédita para que la pongáis en marcha, pero eso si, leed, leed mucho porque eso siempre os hará compañía. “

Plantamos unha pequena pero fermosa maceira: “A maceira de Xoán Farias” Dentro de pouco teremos a primeira colleita… ¡Mmmm! ¡Serán unhas mazás con corazón!

24


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Este curso houbo moitísimos contacontos. Nos recreos e tamén noutras horas, como na Hora de Ler. As profes tomáronse moi en serio esta tarefa porque somos conscientes de que lerlle un libro a un pequeno é case asegurar o futuro dese libro. Está comprobado… ¿a que si?

¡UN APLAUSOOOO PARA OS CONTACONTOS!

25


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

e é que os nenos e nenas do noso cole apúntanse a contar contos aos máis peques. E vaia se contan…

¡Guau!

E tamén viñeron contacontos profesionais. Con eles cantamos, tocamos palmas, recitamos, soñamos, aprendemos historias, … medramos un pouco máis.

XERAIS

KALANDRAKA

26


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

¿Recordades a nosa CAZA DO TESOURO?

A

COLABORAMOS COS DEMAIS. XUNTOS PERCORREMOS O CAMIÑO PARA A PAZ dicamos gran parte da mañá do 28 de xaneiro a celebrar o Día da Paz.

A primeira actividade consisitíu na lectura do novo Libro colectivo da Paz, no que traballamos ao longo destes últimos días. Despois, como era de esperar, chegou a maleta de Chispa cunha carta, máis libros e as intrucións dA CAZA DO TESOURO, que tivo lugar tras o recreo. Todos os nenos e nenas, mesturados por idades en dez grupos, recorreron cinco postos repartidos polo cole para superar cinco probas, e conseguir cinco pezas dun puzzle, que se correspondía coas portadas de dez libros da PAZ que temos na Biblio. Ao final atoparon as chaves que abrían o cofre da Biblioteca onde estaba agochado o tesouro:

27


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Na Biblioteca acabamos a “Caza do Tesouro”. Para todo o cole foi unha interesante experiencia, que permitiu descubrir a grandes e pequenos calidades dos demais que, se cadra, estaban, ao igual ca o tesouro, algo agochadas. Os nenos e nenas dos cursos altos axudaron aos máis peques, e ademais serviron de apoio aos profes para que todo saíse de marabilla. Pouco e pouco os puzzles foron montándose e así apareceron as chaves que cada equipo necesitaba. As CHAPAS DA PAZ simbolizaron os bos propósitos dos que nos falaban páxinas atrás os peques de Infantil:

¡PAZ CADA DÍA!

28

Xuño 2011


CEIP de Pazos

- A Peneira -

No mes de maio do pasado

Xuño 2011

curso, xa pasa dun ano, comezamos a falar dun proxecto colaborativo entre moitas das BIBLIOTECAS de centros públicos de Ferrolterra. A nosa idea era adicar a Xoán Farias o día 2 de abril como recoñecemento, un curso máis, á súa obra. Cada centro escolleu un libro seu no que afondar. Nós: “Galego. Á beira do mar” Con todos os traballos fixemos unha Exposición virtual que permanecerá vinculada aos nosos blogs, aberta a calquera achega que se queira facer. No colexio foron moitas as actividades que preparamos en torno ao libro escollido: maquetas da portada, exposición de libros de todo tipo relacionados co mar, montamos unha lagoa artificial para pescar peixes de cartolina… ¡cantos mariñeiros e mariñeiras pescaron! Fixemos unha fermosa exposición coas fotos dos nosos avós e avoas, porque no libro había tamén unha relación avó-neto na que quixemos profundizar, gravamos vídeos, aprendimos e cantamos “Catro vellos mariñeiros” e “Hai un colexio no fondo do mar”… Puffff! Cantas cousas fixemos!

29


CEIP de Pazos

RAPACIÑO: ¡Ai! Xa había moito tempo que non estabamos xuntos aquí. PENCAS: Avó, non cres que xa son maior? Hoxe poderías ensinarme a cebar un anzol. RAPACIÑO: ¡Claro, home! Mira, fai así. (O avó

explícalle ao neno como pode cebalo) Ti si que vas ser un

gran pescador coma min. PENCAS: Avó, dime: Ti que es tan vello, ¿como é que te chaman O Rapaciño? RAPACIÑO: ¡Ai, meu rei! Tantos anos teño, tantos, tantos, tantos que xa nin recordan o meu nome. Gústame O Rapaciño, faime recordar que eu tamén fun un neno coma ti. PENCAS: Avó, ¿ti sabes quen foi o mouro Almanzor? E ¿ti te sabes a táboa do catro? Mira, mira, (cántaa) catro por unha, catro; catro

- A Peneira -

por dúas, oito; catro por tres, doce… Liro, laliro, liro, liro, laliro, laaaa….. RAPACIÑO: (Ri) Si, home, si! As táboas…! Ti atende, a ver se pica algunha robaliza. Mmmm, mañá vai chover… PENCAS: E logo, avó? RAPACIÑO: (Mirando ao ceo) “Ceo empedrado, chan mollado”. Iso non o sabías, ¿eh? PENCAS: (Nega coa cabeza) Avó, gústame pescar contigo, gústame que me ensines cousas; como o outro día cando me contaches que tivese coidado cos cans cando non moven o rabo. ¿A que si? RAPACIÑO: ¡Claro que si! O mar tamén che ten os seus perigos. Vouche contar o que lle pasou a un amigo que tiven de mozo, o Silverio. Unha mala tarde picoulle un escarapote.

Basado no conto de Xoán Farias: “Galego. Á beira do mar”, e representado o 1 de abril polo alumnado de 4º e 6º de Primaria.

30

Xuño 2011

PENCAS: Teño oído que os escarapotes poden picar e son velenosos. ¿A que si, avó? RAPACIÑO: Pois si, a el picoulle, e non puido chegar á terra. Eu acórdome moito del porque “Un amigo é un amigo”. PENCAS: ¿Sabes que, avó? A mamá dálle medo que saias na buceta a pescar. Será por se che pasa algo, ¿non? RAPACIÑO: Si, xa temos peixes e peixes. Os nosos gatos van ter unha boa comilona. ¡Haaa, haa, haaa! PENCAS: ¡Ha, ha, ha! Si avó. Será mellor regresar. Mmmmm (mirando ao ceo) mañá vai chover. Xa sabes, ¿non? “Ceo empedrado, chan mollado” (Rin os dous.

Chocan as mans no aire e miran para o público)

RAPACIÑO E PENCAS: ¡Feliz día! Feliz 2 de abril, con agarimo para Xoán Farias!


CEIP de Pazos

- A Peneira -

A visita de Isidro

Xuño 2011

Fraguela, o avó de Irene, á nosa Biblioteca, foi unha das máis esperadas. Para commemorar o 2 de abril, entre as actividades das que falamos nas páxinas anteriores, invitamos aos avós e avoas a vir ao noso cole para contarennos cousas sobre a súa vida. Quixemos abrir as portas para que eles mesmos puidesen ser os protagonistas de historias de verdade. As súas propias.gfkkkkkkkffjkkkkkhfjhfjhhjjhfjhfjhfhfjhfhfhhfjf Seguro que nas casas escoitamos moitos relatos dos nosos maiores, de cando eran pequenos, de como xogaban, en que pasaban o tempo, como facían para poderen estudar, que comodidades tiñan. Se cadra, o que nos contou faga reflexionar a máis de un sobre esas comodidades ás que estamos acostumados e que xa forman parte da nosa rutina, da nosa vida cotiá. Isidro contounos todas esas cousas e moitas máis. Aceptou a nosa invitación e ademais preparou unha presentación de imaxes que serviron para completar canto contou. ¿Qué máis se pode pedir? Falounos da súa orixe humilde e de canto tivo que esforzarse para chegar a onde chegou. Transmitíunos a todos e todas, pequenos e grandes tamén, que na vida hai que loitar polo que un cre e hai que esforzarse moitísimo para conseguir aquilo que se quere. O de Isidro é un exemplo real, unha desas historias que buscabamos, e estamos moi agradecidos por querer compartir con nós esa parte importante da súa vida. Desde aquí enviámoslle un saúdo agarimoso.

31


CEIP de Pazos

- A Peneira -

INFANTIL SALVOU:

PRIMARIA SALVOU:

“Sopra neste furadiño”, de Antón Cortizas. ¿Por qué? Porque compartir con vós os alentos que lle sobran a Antón é para nós un orgullo e unha grande satisfacción. E memorizamos: Xa que soprar non te cansa, sopra o máis forte que poidas e veremos o que pasa.

Soprar forte ben que sabes; a ver se podes agora soprar con máis suavidade. Cun muiño viraventos faslle cóxegas ao ar co riso do teu alento! O teu alento é de cores e bailan as bolboretas co ventiño que ti moves.

Xuño 2011

“¿Quen me quere adoptar?”, de Fina Casalderrey.

Que libro salvarías ti? Esta exposición xurdíu dun traballo colaborativo entre

96 bibliotecas escolares

galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito. Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

32

¿Por qué? Porque a Manuel tamén lle gusta salvar libros, coma a nós; e pola súa tenrura e humanidade. E memorizamos: A Manuel gustáballe merendar con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro. ¡O libro non o comía! Pero case… (…)

Cando Manuel abría un libro convertíao en bolboreta. Pasaba as follas e agarimaba as súas cores.(…) Moitas tardes, Al, Ada, Ainoa e Manuel merendan con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro. ¡O libro non o comen! Pero case…


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

HABÍA UNHA VEZ UN NENO E UNHA NENA QUE ESTABAN PASEANDO POLO BOSQUE. UN BOSQUE GRANDE, ESCURO E CON MOITAS ÁRBORES DEITADAS. O NENO E A NENA ATOPARON UN GRILO E DECIDIRON LEVALO A SÚA CASA PERO, DE SÚPETO, CAERON E, SEN QUERER, PISARON UNHA XOANIÑA QUE ESTABA DURMINDO NUNHA FLOR.

ANTES DE CHEGAR A CASA LEVARON A XOANIÑA AO VETERINARIO QUE A SANOU CUNHA MEDICIÑA. AO CHEGAR Á CASA CANTÁRONLLE UNHA CANCIÓN. O GRILO REPETIUNA DICINDO CRI-CRI, CRI-CRI, CRI-CRI. DESPOIS OS PAIS METERON O GRILO NUNHA GAIOLA E TODOS XUNTOS FORON Á PRAIA.

33


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

NA PRAIA, OS NENOS E O GRILO, ACHEGÁRONSE Á AUGA E… DE SÚPETO, APARECEU UN TIBURÓN: GRANDE, CON DENTES AFIADOS E UNHA BOCA ENORME. OS NENOS COMEZARON A CHORAR: GUAAAAAAA!, GUAAAAAAA!... PERO O GRILO, GRITANDO CON TODAS AS SÚAS FORZAS: CRI-CRIIIIIII, CRI-CRIIIIIIII, CRICRIIIIIII… DOULLE UN SUSTO AO TIBURÓN E ESCAPOU NADANDO.

OS NENOS, DE AGASALLO POR SALVALOS, DÉRONLLE AO GRILO UN CARAMELO DE LEITUGA. AO GRILO ENCANTOULLE A LEITUGA E FINALMENTE TODOS LEDOS RIRON.

34


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

LETRAS GALEGAS 2011 Este ano o autor homenaxeado con motivo das Letras Galegas é Lois Pereiro. Entre outras actividades, fixemos un mural ilustrando os momentos máis significativos da súa vida. Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.

Lois Pereiro, o segundo de tres irmáns, naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 na mesma casa que o seu avó Manuel construira nos anos 50.

Pasou a súa infancia entre Monforte e as aldeas dos avós: Reádigos e Santa Cristina.

No ano 1975, con 17 anos, marchou a Madrid para estudar na universidade a carreira de Socioloxía, pero tres meses despois retornou a Monforte para traballar na cristalería do seu pai.

No ano 1976 regresou a Madrid e matriculouse na Escola Oficial de Idiomas. Alí estudou inglés, francés e alemán. 35


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Xunto co seu irmán Xosé Manuel, o escritor Manuel Rivas e outros artistas galegos, editou a revista Loia. Nesta época gústalle viaxar por Europa.

No ano 1981 caeu enfermo intoxicado cun aceite adulterado, coñecido como o “aceite de colza”, decidíu voltar a Galicia definitivamente e instalarse en A Coruña.

Entre os anos 1984 colectivo poético “De Escribiu poemas, un “Que é Galicia?”, “Poemas” e “ Poesía enfermidade”.

No ano 1994 caeu gravemente enfermo e morreu en maio de 1996. Foi soterrado en Santa Cristina do Viso, no Incio, provincia de Lugo.

e 1995 uniúse ao Amor e Desamor”. guión televisivo : e dous libros: última de amor e

e a chamada da montaña máis verde e negra máis querida e húmida máxico e sólido seda e decadente.

Anoitece en Irlanda Da solidez máxica das danzantes cordas clorofílicas entre o menos longo o acertado tremor 36


CEIP de Pazos

O

- A Peneira -

Xuño 2011

Programa de Prevención Escolar Cinensino leva máis dunha década

funcionando como un programa para incentivar actitudes saudables na comunidade escolar e pretende ser un instrumento complementario dentro do actual sistema educativo.

Este programa emprega como soporte o cine, e mediante a proxección dunha serie de películas vaise profundizando e traballando na aula diferentes temas de interese relacionados coa prevención de conductas negativas para a saúde, realizando unha serie de actividades vinculadas coa película.

O alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, igual que en cursos anteriores, asistimos ao cine Dúplex, en tres ocasións invitados polo Concello de Ferrol. Vimos unha película por trimestre. Estas películas están pensadas para traballar aspectos moi importantes como: • A autoestima • A vida en sociedade, necesidade de normas. • O respecto pola natureza.

O día 3 de Decembro de 2010 fomos ver “EL PEQUEÑO NICOLÁS” Nicolás vive feliz e querido polos seus pais, cun grupo de amiguetes cos que se divirte moitísimo…; non quere para nada que as cousas cambien. Pero un bo día, Nicolás oe unha conversación entre os seus pais pola que entende que a súa nai está embarazada. Éntralle tal terror que imaxina o peor: vaille caer encima un irmán que acaparará todos os coidados dos seus pais… ata o punto de que mesmo é posible que acabe abandonado nun bosque como Polgarciño. 37


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

O día 1 de Marzo de 2011 “LOS NIÑOS DE TIMPELBACH” Cansados das constantes trasnadas dos indisciplinados nenos que non aceptan ningunha autoridade, os adultos de Timpelbach deciden abandonar a cidade para darlles unha lección. Unha cidade sen pais! Non é unha mala noticia para todo o mundo. Unha vez sós, sen adultos, dúas bandas tentarán facerse co control da aldea, pero decataranse de que non todo é tan sinxelo como crían, e que coidarse a si mesmos é máis duro do que pensaban.

E finalmente o día 6 de Maio de 2011 “FANTÁSTICO MR.FOX” A historia céntrase nun astuto raposo chamado Fox, que parece levar unha vida idílica coa señora Fox e o seu fillo Ash. Pero polas noites, o señor Fox rouba as galiñas, os patos e os pavos dos granxeiros Boggis, Bunce e Bean. Cansos desta situación, os granxeiros deciden pór remedio ao asunto e cazar a Mr. Fox para que non siga roubando… Esta película está baseada no famoso libro de Roald Dahl, “El Superzorro”.

38


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Este ano, o día 5 de maio, os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo participamos, como en anos anteriores, no Certame de Correlingua. Moitos centros de Ferrol e Narón xuntámonos na Praza de Galicia e no auditorio municipal de Narón. Fomos polo menos 800 alumnos os que participamos! E a verdade é que o pasamos moi ben!! Alí realizamos moitas actividades lúdicas e educativas e animáronnos a falar en galego para que non se perda o noso idioma. O lema deste ano foi “EN GALEGO SEMPRE SOMOS”. Primeiro fixemos unha marcha arredor da Praza de Galicia e despois, dividíronnos en dous grupos para poder participar en todas as actividades programadas: - PRAZA DE GALICIA- Alí participamos en xogos populares variados, por exemplo, a mariola, carreira de sacos, o brilé, o tiracordas, os zancos, etc. - AUDITORIO- Onde tivemos unha sesión de maxia con Martín Caminha. Todos queriamos facer maxia con el. Logo houbo un GALEOKE onde cantabamos todos xuntos as cancións que poñían. E, para rematar, actuou un grupo chamado “TIC,TAC”, que estivo unha morea de tempo animándonos coas súas cancións, as cales nos fixeron 39


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

saír dos nosos asentos para bailar e facer longas filas de profes, nenos e nenas por todo o auditorio. As risas en todas as actividades, sobre todo cando saímos bailar, eran tremendas é que, en verdade, pasámolo moi ben e acabamos moi cansos, pero…

MERECEU A PENA, NON SI? E aí van máis fotos da xornada tan estupenda que pasamos.

40


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Os días 25, 26 e 27 de maio fixemos unha viaxe a Cabeza de Manzaneda, pero con dúas paradas para recordar: á ida en Monforte de Lemos, onde visitamos o actual Parador de Turismo e o Museo do Ferrocarril; á volta, a viaxe no catamarán do embarcadoiro de Doade, en Sober. O resto do tempo pasámolo na Estación de Cabeza de Manzaneda. Todos estamos de acordo en que disfrutamos un montón. Xa case estabamos a punto de quedarnos unha ou dúas semanas máis cando recordamos que tiñamos a chegada ao colexio para as nove da noite, máis ou menos, do día 27. Non quedou máis remedio que voltar. ¡Uiiiii! ¡Por pouco! Cando falamos do que máis nos gustou, démonos conta de que era un pouco complicado elexir. Claro, empezamos a recordar, e en cuarto a máis votada foi a ¡discoteca!, seguida dos karts e a piscina. En quinto e sexto os karts, a piscina e a equitación “gañaron por goleada”. ¡O VINDEIRO CURSO, OUTRA! ¿APUNTÁDESVOS?

41


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2011

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria fixeron estas divertidas sopas de letras nas que terás que atopar todos os nomes dos nenos e nenas do colexio. A por elas!!!

42


CEIP de Pazos

- A Peneira -

43

Xu単o 2011


CEIP de Pazos

ANPA

CEIP

- A Peneira -

AS

de

Xuño 2011

pedras PAZOS

Aproveitamos este espazo para agradecer ao personal encargado do comedor, Carmen e Aurora o seu labor ao frente deste servizo, fan un labor incrible.

O noso agradecemento tamén, a todo o persoal do CEIP Pazos polo seu labor. Sodes un equipo extraordinario; grazas a vós todo funciona da mellor forma posible. Así que ánimo e a seguir traballando do mesmo xeito.

Tamén aproveitamos para darlle un “tirón de orellas” ás institucións implicados nas actividades extraescolares e no comedor escolar, xa que por mor da súa mala xestión, os pequenos estiveron moito tempo sen actividades, co prexuízo que supuxo tanto para alumnos, coma para familias. Esperamos que para o vindeiro ano non volva suceder.

Para cada unha das institucións responsables de prestar os servizos necesarios para que a educación dos nosos fillos sexa da mellor calidade posible, esiximos que asuman as súas responsabilidades e fagan todo o posible e imposible, de ser preciso, para que non exista nin o máis mínimo erro, en compensación pola nefasta xestión deste curso que remata.

A todos os pais, grazas por seguir confiando neste, o noso centro. Tamén queremos pedir dende aquí a vosa colaboración; a ANPA é unha asociación creada para que todos os pais e nais dos alumnos poidan participar na actividade educativa, dispón dun órgano de representación como é a Xunta Directiva, que se renova cada certo tempo.

Todos os pais e nais dos pequenos poden presentarse para representarnos durante un tempo. Para ser membro con dereito a voto soamente debedes cursar unha solicitude. Así que animámosvos a todos a facervos socios.

De todos os xeitos, o resto dos pais e nais que non desexen ser socios, tamén poden sumarse aportando ideas, colaborando, etc. O único que tendes que facer é achegarnos as vosas propostas para que as podamos estudar e levalas a cabo, se é posible.

Pregamos que cando se solicite a vosa colaboración, ou se realicen xuntanzas, o grao de mobilización sexa o maior posible; cantos máis sexamos, máis ideas e mellor para todos. 44


CEIP de Pazos

- A Peneira -

45

Xu単o 2011




¡Mmmmm! ¡NON ESQUECEREMOS ESTE COLE!

¡SI! ¡SEGUIREMOS TRABALLANDO!

¡ATA SEMPRE! ¡…E LENDO!

¡VISITARÉMOSVOS!

¡BUENO, E XOGANDO TAMÉN!

Toca despedírmonos. Deixamos atrás moitos Bonitos recordos e amizades. Dende os 3 anos algúns, e desde 3º o resto, pasamos xuntos moItas aventuras e experiencias: o fútBol dos recreos coas súas “discrepancias”, as casiñas do ximnasio que construïamos para xogar en InfantiL... ehem, e agora tamén… Algúns entramos chorando no cole, e agora, despoIs de tanto tempo, case nos ocurre o mesmo á hora de marchar. BOtaremos de menos a moitos compañeiros e profes. ¿BoTarédesnos de menos vós a nós? Así, despedímonos dEste marabilloso cole, das excursións de fin de curso, da Biblioteca, de todas as clases, pero en especial, de 5º Con quen compArtimos o último curso. Visitarémosvos

canto poidamos. ¡Prometido!

¿Seguro que lestes todo?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.