Revista 2016

Page 1

Curso 2015-16 Nº 22

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ


Ao longo do curso, como proposta do equipo de Dinamización da lingua galega, cada mes, fomos traballando diferentes campos semánticos. Un deles foi as estacións, polo que os nenos e nenas de 3 anos realizamos estas ilustracións.

Outro foi os sentidos e, desta vez, traballámolos a través de refráns.


VISTA

TACTO

OLFACTO OOOoO

OÍDO

GUSTO


ESTE QUEIXO QUEIXOLÁN, ESTA BOCA PIDE PAN, ESTE NARIZ NARISERE, ESTE OLLO REVIRETE, ESTE SEU IRMÁN. ARRIBA RABO DE CAN! 4º EDUCACIÓN INFANTIL














6ยบ de Educaciรณn Infantil












Nenos/as de 2ยบ de Primaria







A SEMANA DE CASTELAO No colexio, como cada ano, homenaxe.

na semana de Castelao fixémoslle unha

Pintamos debuxos del, e fixemos unha composición con eles. Limos os seus libros, e cada curso preparou un conto que Castelao escribiu, que tamén representamos.


Tamén fixemos unha saída a Rianxo e contáronnos moitas cousas sobre

Castelao. Vimos a casa onde viviu cos seus pais, tamén na que viviu coa súa

muller e onde tiña a súa consulta. E finalizamos a visita cantando a Rianxeira diante da taberna, onde se puxo por primeira vez cando chegou de América.

Así foi a semana de Castelao no noso colexio. Foi moi divertido!

4º PRIMARIA


A SEMANA DO LIBRO

Do 18 ao 22 de abril fixemos diferentes actividades para conmemorar o día do libro que cada ano celébrase o 23 de abril. Cada aula preparou un kamishibai. Fomos contar poas aulas, tanto como de primaria como de infantil. Tamén fixemos un gravado de Cervantes en cartulinas de distintas cores.

Ao rematar fixemos unha exposición con elas.

Entre todo o cole fixemos un kamishibai sobre o conto “O que máis doe do mundo”

VAINOS QUEDAR MOI BEN !!!

4º PRIMARIA




THE TREASURE ISLAND












FOTOS DA NOSA VIDEOCONFERENCIA


POEMAS PARA FELICITARNOS NO NADAL Un bo Nadal che quero desexar no que te poidas divertir e sexas moi feliz. As emocións do Nadal cada ano son mellores, unha sensación xenial pasándoo cos maiores.

Deséxoche unhas boas vacacións e regalos a montóns. Deséxoche alegría, música e amor e, sobre todo, o gordo da lotería.

Abandonamos a escola, o traballo e os deberes, agora con moito placer coa familia estaremos.


Hou, hou, hou, chega Papá Noel cos seus renos e trineos repartindo felicidade e amor.

Ós reis e ós camelos o día cinco algo lle deixamos e, ao seguinte pola mañán, dos regalos desfrutamos.

Estrela, estreliña que estás no ceo, baixa á árbore e concédenos os nosos desexos.

Espero que os Reis Magos che traian moitos agasallos.

Felices festas, sen cole e sen mestras.


Nesta Noiteboa os agasallos non importan importa estar coa familia e pasalo ben todo o día.

Desexo que coa familia o poidas celebrar, comendo turrón e cantando panxoliñas sen parar.

Cantando panxoliñas polo Nadal espero que o pases xenial.

Mira, por alí veñen os Magos! Pero, que levarán no saco? Pois… para ti moitos agasallos!

Alumnos/as de 6º curso.


O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ Aínda tiñamos o Nadal nas nosas mentes e, de súpeto, o Entroido chamounos á porta!! E… a gran pregunta: de que iriamos disfrazados este ano?

As nosas sospeitas empezaron a medrar cando Raquel entrou na aula e díxolle a Berta algo de disfraces. Nós aguzamos o oído para intentar averiguar algo. Non descubrimos nada porque as mestras susurran que non vexades! Quedamos coa mesma intriga que antes ou, incluso máis.

Un día, na nosa aula, atopamos unhas pistas máis: uns tubos de cartón, moi longos que, supuxemos, serían para os disfraces; un globo pegado a un cacho de cartón e tiras de papel de xornal. Estaba claro: O Entroido estaba á volta da esquina! E, despois de moito insistir, descubrimos que, a careta que vimos enriba da mesa da nosa mestra e que tanto nos intrigaba, era: a cabeza dunha XIRAFA!!!


O Entroido achegábase e o Meco aínda non asomara a cabeza; polo tanto, había que meterse de cheo a traballar nel. No primeiro intento, o Meco estoupou; vaia susto nos deu! E… volta a empezar co Meco! Para rematalo a tempo tivemos que quedarnos sen moitos recreos. Este ano ía velliño; os poucos pelos que lle quedaban eran brancos e as cellas, grises; para disimularlle os anos, puxémoslle un sombreiro moi colorido. Era vello pero, estiloso! Esmerámonos na súa confección para que lucise en todo o seu esplendor no paseo pola parroquia. E, debeu de quedar ben guapo porque foi tan retratado que incluso saíu no xornal. Co Meco xa rematado, era hora de poñerse mans á obra coas xirafas. Continuamos quedándonos nos recreos e ademais vindo a traballar polas tardes. O traballo era esgotador e, cando chegábamos á casa, cansos como estábamos, aínda tiñamos que preparar o disfraz do día seguinte para cumprir coas ordes do Meco: o martes viñemos de olímpicos e fíxonos correr a máis non poder; o mércores, de verbena fíxonos bailar e non nos puidemos queixar; menos mal, que o xoves iamos de vacacións porque necesitábamos relaxarnos a “mogollón”. Aínda cos disfraces sen rematar, tíñamos que poñernos a elaborar o xuízo do Meco. En realidade non nos custou tanto como pensábamos e foron ocorréndonos moitas ideas: as nosas goteiras, as tarxetas black, os terroristas islámicos, o terremoto de Andalucía, o tema de JordiPujol e a súa dona e todos os casos de políticos corruptos … Foi divertido inculpar ó Meco!!

E os nosos disfraces? Aínda sen rematar! Xa non estábamos seguros se lograríamos acabalos a tempo para saír no pasarrúas. Era o venres pola mañán e aínda faltaban algúns detalles e os rabos e logo maquillarnos e


vestirnos. Ao final conseguímolo, grazas tamén á axuda dalgunhas nais e mestras.

Saímos ó patio acompañados da música do Rei León. Estábamos moi emocionados e satisfeitos e, ó mesmo tempo, un pouco tristeiros porque este ía ser o noso último entroido no colexio. Por uns intres, sentímonos importantes ó ver tantas cámaras e xente pendentes de nós. No patio xa estaban todos os nenos e nenas do colexio lucindo os seus fantásticos disfraces; había: moitísimos animais do bosque ( coelliños, raposos e esquíos) correteando entre unhas árbores nas que se agochaban uns simpáticos mouchos e tamén había unhas graciosas e apetitosas nécoras. Todos estaban guapísimos e guapísimas!!

E chegou o momento tan esperado do correrrúas. Era a hora de lucir o noso Meco, tan estiloso! Durante todo o camiño acompañounos a música que levaba o director e non nos puidemos resistir a mover o esqueleto ao seu ritmo. De volta ao colexio degustamos os saborosos postres que elaboraran as nosas familias e, deste xeito, recargamos as pilas que xa viñan esgotadas da camiñata.


E, coa barriga chea, era hora de xulgar ó Meco que, como todos os anos saíu culpable e rematou, ben quentiño, na fogueira!

Para nós, foi o mellor Entroido no colexio, sería … porque era o último! Nenas/os de 6º curso


XUÍZO DO MECO Bos días, señores, señoras nenos e nenas de todas as idades. Grazas por vir ao noso entroido e axudarnos a deliberar neste xuízo que vai comezar.

Ó final da sesión, vós decidiredes se o queimamos na fogueira, ou na fogueira o queimamos!!! Por todos os recreos perdidos, quedándonos na aula para darche forma humana, nós, xa non somos os teus amigos!

Grazas a ti, a nosa aula máis ben parece unha peceira porque do teito non paran de caer goteiras! Polas mandarinas do patio, que non se poden comer, están demasiado altas para podelas coller.

Cando éramos pequenos tiñamos un parque sensacional; agora, grazas a ti, estamos sen columpios e tobogáns sen infancia e mazapáns! Polas lesións da aula,


que xa van alá catro, se che gusta o sufrimento vai ver unha obra de teatro!

Polo terremoto en Andalucía, polas casas destrozadas, as familias asustadas, e o Meco de Galicia, a facer gaiteiradas!

O martes de olímpicos, fixéstesnos correr a máis non poder!

O mércores de verbena, fixéstesnos bailar e non nos puidemos queixar! Menos mal que o xoves Iamos de vacacións, porque necesitábamos relaxarnos a mogollón!

Pola non necesaria monarquía que gastan os cartos a montóns e polo caso Urdangarín que viven coma ricachóns! Juan Carlos e Corina fóronse á China e Felipe herda o reinado coa infanta no xulgado!


Na Bankia había un Rato que se levou os cartos, correde, ide axiña a buscar un gato!!!

O Pujol e Marta Ferrusola quixéronnos enganar dicindo que era herdanza da avoa os cartos que mandaron para Andorra!

Polo atentado en París, deses desalmados terroristas; pasou de ser a cidade do amor para ser a cidade do terror!

A violencia de xénero e o racismo provocástelo ti mismo, es un desalmado que só pensa no seu coidado!

E despois de todo isto, señores, señoras nenos e nenas de todas as idades decídenos: CULPABLE OU INOCENTE??? CULPABLE!!!!!!!! POIS Á FOGUEIRA CON EL!!!!!!

Alumnos/as de 6º curso


SLOGANS

NA AULA DE SEXTO ELABORAMOS SLOGANS PARA O FOMENTO DA LECTURA…


…E PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA



CALIGRAMAS



Alumnos/as de 6ยบ curso


GRAZAS AVÓS ... I

Eses avos, avoíños,

que comigo tan boíños,

son os mellores da aldea,

aínda máis que a veciña Lela.

Esforzáronse moito sempre e agora quérolles felicitar, cun poema e unha festa na que van a disfrutar. Cando me quedábades a coidar, a diversión non había faltar: xogos de mesa,

tocar a trompeta, … pasábao tan ben,

como comendo unha piruleta. Non me podo imaxinar sen vós e espero que vos agrade

o poema que acabo de compoñer. Alumnos/as de 6º curso


II Queridos avós:

Grazas por quererme,

grazas por coidarme

e grazas por mimarme.

Vós sodes os meus segundos pais e así o digo sen máis.

Avoíña, ti moito me coidabas,

o biberón me dabas e, ás veces,

ó parque, no carriño, me levabas. Avoíño, ti poñíasme a andar e ata o colexio me levabas para ver ós nenos xogar. Avoa e avoíño,

non sei se recordaredes,

cando, de pequena,

as cantigas me cantábades e o ben que eu o pasaba.

Alumnos/as de 6º curso


III Os avós son os nosos segundos pais

que nos coidan e nos miman sen máis. Lévannos ó parque,

e ás veces fannos de comer,

quérennos moito

e sempre nos queren ver. No noso aniversario

chaman para felicitar,

fannos o mellor agasallo víndonos a visitar. As súas comidas

non se comparan con ningunha pois son as máis ricas que probei nunca.

Cando estamos enfermos con vós quedamos;

facéndonos rir e falando, falando … o tempo pasa voando.


Quérovos moito e vós a min; cando estamos xuntos,

da vosa casa,

non me quero ir. Contádesnos contos

e con nós xogades,

levádesnos a pasear

e fotos nos ensinades. Cando era pequena,

no columpio me empurrabas

mentres me dabas o bocadillo,

porque si non nin o tocaba. Cando quedamos na casa e estamos aburridos,

historias nos contades

de cando erades cativos. Dende que era pequena,

viñades á escola polo nadal

para o noso festival podelo desfrutar.


Cando eramos pequenos contos nos contábades

mentres vós, felices, nos coidábades.

Dádesnos cartos,

todos os domingos,

comprádesnos lambetadas e, ás veces, libros. Por todo isto

e mil cousas máis, douvos as grazas

e mándovos un bico.

Alumnos/as de 6º curso


IV Avós, avós, …

Canto me queredes! Xogades comigo,

sempre que podedes. Cando era pequena,

avoa, contos me lías, eran tan divertidos, que ata ti te rías. Avós, avós,

das cousas da escola

non vos acordades;

das cousas da vida

moitas me ensinades.


Ao parque me acompañades,

chistes graciosos me contades, Cousas da vosa nenez sempre recordades,

cando a luz se marcha

e ás escuras nos quedamos. Avós, avós,

segundos pais,

querédesme moito, pero eu a vós máis.

Cun sorriso na cara sempre vos vexo Esther e Xosé,

canto vos quero!!

Alumnos/as de 6º curso


Por un mundo ... mellor

Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter un fogar e un anaquiño de pan; a ter unha casa con teito na que poderse acubillar cando chova, neve ou vente.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a ir á escola para poder aprender mil cousas novas; a ter unha mestra que lles ensine a escribir, debuxar e ler.


Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter a alguén ó seu carón, que os queira con todo corazón; a xogar nun parque verde e grande no que as risas non teñan remate.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a xogar cos seus amigos, a construír castelos nas praias, a ter paz no seu país sen medo a que unha bomba ó seu lado poida estoupar.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a desfrutar e sorrir e a súa ledicia compartir; a soñar e imaxinar, e a outros mundos poderse transportar.


Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter centos de libros; a soñar con cabaleiros e loitar contra dragóns; a escoitar mitos e lendas e vivir mil e unha aventuras.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a rir, soñar, sentir e vivir.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a ser un millón de veces felices.

Alumnos/as de 6º curso


TRINTA OU TRINTA E UN? Fai moitos anos, pode que séculos, ou incluso miles de anos, os meses do ano tiñan, todos, trinta e un días.

Daquela Xaneiro e Febreiro tiñan moi boa relación, como se fosen irmáns;

eran inseparables; coma ... “Os dous de sempre”. Eses cafeciños de tarde ..., eses segrediños picantóns, … e aquelas noites criticando ó Coletas … Aínda que Xaneiro era o maior dos

meses, a Febreiro non lle importaba, era o seu mellor amigo!

Que disgusto se levou cando Xaneiro

tivo aquela desgraza! O pobriño non

podía co corpo: Xaneiro perdera unha semana

das

Xaneiro

e

catro

correspondían a cada mes! Febreiro

que

lles

estiveron

cavilando e chegaron á solución que lles pareceu máis razonable: Febreiro

propoñería ó resto dos meses que lle regalaran un día ó máis ancián dos compañeiros. Gritou ben forte para que lle escoitasen ben todos, sobre todo Decembro que estaba gordo de tanto turrón e xordo de tanta festa.

Reuníronse en asamblea para amañar aquela desfeita pero, non todos

estaban dispostos a desprenderse dos seus preciados días. Só cinco dos


meses, os máis xenerosos, estaban decididos a ceder un día cada un. Ó momento, Febreiro, caeu na conta de que esa donación non era suficiente: - Que desgraza!- dixeron todos. - Aportar

dous

demasiado!

días

dixo

enchoupado en bágoas. Febreiro

quedou

xa

é

abril

pensativo.

Viñéronlle á cabeza tantos e tantos recordos vividos co seu compañeiro

Xaneiro. E, de tan apenado que

estaba e demostrando a súa gran

xenerosidade decidiu darlle dous días máis a Xaneiro. Polo tanto cos tres

días que el lle donaba e o que lle regalaban abril, xuño, setembro e novembro respectivamente, solucionaban o problema.

Xaneiro quedou tan contento que invitou a todos os seus doadores a unha festa rachada: Anís, comida, festa, baile, máis anís,...

Despois volveron todos ás súas casas moi cansos pero satisfeitos por haber axudado a un compañeiro.

E é por este motivo polo que, dende aquela, uns meses teñen trinta e un días, outros trinta e febreiro só vinte e oito.

Alumnos e alumnas de 6º curso


SAÍDA AO RÍO TE O dia 10 de xuño fomos ao río Té.

Saímos camiñando ata a senda. Alí fomos acabamos enchendo catro bolsas de lixo.

recollendo

todo o lixo

e

Durante o percorrido observamos distintas especies de animais: cabaliños do demo, troitas, lesmas... Tamén aprendemos diferentes plantas e árbores: salgueiros, ameneiros, fieitos... que forman parte da vexetación da beira do río.

Fixemos unha parada para merendar. Vimos pontes e muíños. Despois volvemos andando ata o colexio. Foi unha bonita mañá.







O noso invernadoiro


RECOMENDACIÓNS DE MERLÍN PRELECTORES UN GATO CHAMADO ALMOFADA Editorial Lata de sal

XA VOOOOU ! Editorial Bululú

RODRIBICO APRENDE A VOAR Editorial Baía Edicións

PRIMEIROS LECTORES O CADERNO DE EDUA Editorial Sushi Edicións

FELIZ FEROZ Editorial Xerais

EMILIO Editorial Kalandraka


LECTORES AUTÓNOMOS SMARA Editorial

SMERLING. NA TEA DE ARAÑA Editorial Rodeira

O GATO FANTASMA Editorial Xerais

LECTORES EXPERTOS ESMERALDIÑA, A PEQUENA DEFUNTA Editorial Xerais

SOPA DE COLA DE LAGARTA Editorial Rodeira

O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA Editorial Everest



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.