Guía libros verano 2

Page 1





Teñen poder, diñeiro, beleza, e a súa vida abrangue varios séculos. Son esplendorosos e crueis.Fascinantes. Son Karah, os catro clans. As súas lendas din que proceden doutra realidade. Karah vive entre nós, controlando o noso mundo, ocultando segredos milenarios, pero estanse a extinguir e decidiron forzar o nacemento dun nexo para intentar o contacto cos seus creadores. Agora necesítana a ela, unha heroína que non sabe que é algo especial e á que todos perseguen, nunha trama de traizóns, viaxe, asasinatos... na busca da clave: Que é o Anima Mundi?


Unha historia que arranca nun reformatorio, cun mozo asasino, un misterio e un camiĂąo por percorrer. Polo camiĂąo: o medo, a angustia, unhas circunstancias desesperadas, unha busca sen recompensa. Fuxir, saĂ­r, defenderse, loitar, e ao final...


O destino sinaláraos dende antes de nacer, pero tivo que ver agonizar todo o seu mundo para coñecer a súa misión. Agora, o seu momento chegou. Nunha guerra despiadada, onde os exércitos non son máis que monicreques ao servizo da ambición dun emperador cruel, eles saberán encontrar a súa sorte na desgracia, a amizade na traizón, o amor na inxustiza e as súas armas na maxia. Teñen un obxectivo: recuperar o latexo da terra,o corazón de xade.




A historia comeza cando Carter Kane e o seu pai, Julius Kane, van a Londres a visitar a Sadie, a irmá de Carter, que vive separado deles. Julius lévaos ao Museo Británico para "estudar" a pedra Rosetta. Pero en realidade ten motivos máis profundos, e trata de chamar a Osiris, o deus exipcio do inframundo mediante o uso da pedra como unha áncora.







No mundo de Dos, un enclave subterráneo, a xente debe sobrevivir ata os quince anos para unirse a un destes tres grupos: Criadores, Construtores ou Cazadores. Dous converteuse en Cazadora. E o seu labor é claro: saír do enclave a buscar comida para os demais enfrontándose a uns feroces monstros aos que chaman Engendros. Pero todo está a punto de cambiar para sempre.


O mundo de Dos cambiou dende que os lectores a coñeceron en Enclave. A superficie xa non é segura, os monstros cada vez son máis intelixentes. Observan. Planean. Que destino lles espera a Dos e aos seus se xa non queda ningún lugar libre de tal amenaza ?


Ser a única rapaza de seis irmáns na Texas de principios de S.XX non é doado. A nai de Calpurnia Tate quere que aprenda cousas de señorita: aprender a cociñar e coser, comportarse con propiedade, deixar de meterse en pelexas e tocar o piano. Non obstante ela goza saíndo a observar a natureza e recollendo especimes que logo mostrará ao seu avó, o único interesado nas andainas de Callie.


Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de pantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos?.Cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente. Non o acreditas? Pois entón colle o libro e le nel.







Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.