revista nadal

Page 1


Índice A maxia do magosto (2º A-B) ......3 - 4 Eu recomendo (3º A) ..................... 5 - 6 Magosto (4º A)................................7 - 8 Obradoiros (1º Ciclo)....................... 9 - 10 Espazo lectura (4º B).....................11 - 12 Equipo Dinamización Biblioteca ..... 13 - 14 Novidade Neira Vilas ...........................15 Carta ida e volta 16 Competencias ...... 17 - 18 Perdehoriñas ....... 19 -20-21 Un percorrido polo museo (6º B) 22 Sabias que..? (3º B) 23 - 24 Poemario (5º B) 25






O venres fomos ao magosto e levamos o chuvasqueiro posto. Acompañáronnos os policías, fixéronnos de guías. Chegamos á area recreativa de Peitieiros, alí xogamos cos nosos compañeiros. Sorpresa! Había uns ilusionistas que fixeron trucos sen darnos pistas. Tivemos que buscar castañas pintadas e no tres en raia fixemos boas xogadas . Chegou a hora do bocadillo pero ninguén trouxo pan de millo. Para que ninguén o collera coa man non botamos o lixo ao chan. Marcos fixera unha boa fogueira porque os de 6º foron buscar madeira. Con ela asou as nosas castañas que nós comemos como pirañas. Coas mans negras nos “enfarruxamos” e na fonte de auga fría nos lavamos. Chegou a hora de volver e todo tivemos que recoller. No colexio de volta estamos: Xogamos, saltamos e descansamos. Neste magosto pasámolo ben, agardamos repetir o ano que vén.



Neste curso os nosos alumnos e alumnas repártense tódolos luns en seis obradoiros co fin de traballar dun xeito máis motivador as competencias: Xogos matemáticos, expresión corporal, animación á lectura, papel e cartón, educación emocional e cociña.

PRIMEIRO LEMOS QUE OBRADOIRO NOS TOCA: HOXE…


NON CHE PARECE GUAI ISTO DA COCIÑA?

SI, VOU FACER NA CASA ESTAS RECEITAS

NO PRÓXIMO Nº DA REVISTA VEREDES MÁIS OBRADOIROS IGUAL DE DIVERTIDOS.


O 8 de outubro os nenos e nenas de 4º e 5º curso fomos a unha sesión de maxia á Biblioteca de Gondomar. O mago era moi simpático, sacaba aos rapaces e rapazas para que fosen os seus axudantes. Fíxonos un truco de maxia que consistía en coller unha mesa no aire e facela bailar, quedamos todos impresionados.

A continuación fixo un truco con panos e discos: o mago colleu 3 panos, 3 discos e un sobre cun burato no medio. Despois botou uns pos máxicos no sobre e dixo unhas palabras que conseguiron cambiar a cor dos discos facéndoa coincidir coa cor dos panos, foi marabilloso!.

O último truco que nos amosou chamábase o xogo da carta. Consistiu en meter unha baralla de cartas nunha chistera e cunha corda branca e botando os seus pos máxicos, saíu a carta que buscaba atada á corda. Aínda estamos pensando como o puido facer… A sesión foi tan animada que incluso un profesor do cole, Manuel, animouse a facer un truco.

Ao remate da sesión agasalláronnos a todos e todas cun libro titulado o Sorriso de Rosalía que xa estamos a ler e que nos encanta. Volo recomendamos.


Un mes despois, tivemos a oportunidade de volver á Biblioteca de Gondomar esta vez, fomos os nenos e nenas de 3º e 4º. Nesta ocasión, o tema da visita era moi interesante, tratábase de aprender a facer unha banda deseñada, ou o que é o mesmo un cómic. Eh?... a quen non lle gustan os cómics!!! Cando chegamos, observamos que a biblioteca estaba decorada con grandes paneis que falaban sobre a banda deseñada. Alí, explicábanse todos os pasos a seguir para elaborala.

A exposición levouna a cabo un ilustrador, Miguel Porto, que debuxaba moi ben, claro. Ensinounos a facer as viñetas dunha historia. Explicounos os diferentes planos das viñetas, como o plano xeral, plano medio, primeiro plano e plano detalle.

A medida que ía explicándonos, nós iamos facendo nun folio os nosos propios debuxos. Tamén aprendemos a facer os bocadillos onde se escriben os diálogos das viñetas e a usar as onomatopeias, xa sabedes, esas expresións que se utilizan para imitar ruídos ou emocións, como crashs, cando rachamos un vaso, umh… cando algo sabe moi ben, como por exemplo unha comida que nos gusta moito, e algunhas outras que estaredes cansos de ler nos vosos cómics favoritos. Ao remate da sesión agasalláronnos cun lapis e levámonos os nosos propios debuxos.

Recomendámosvos que vaiades á Biblioteca de Gondomar xa que hai actividades moi divertidas e apréndense moitas cousas interesantes. O alumnado de 4º B

ANIMADEVOS!!!!


EQUIPO DE DINAMIZACIร N DE BIBLIOTECA Durante este trimestre o noso labor consistiu en lembrar as 4 NORMAS bรกsicas que deben estar presentes nunha biblioteca:

1234-

Silencio. Coidado dos libros. Orde nos andeis. Lectura.

Para iso axudaron moito os nenos e nenas do terceiro ciclo que fixeron uns bonitos marcapรกxinas para lembralas, agasallando a todo o alumnado con eles.


Non contentos con isto, tamén realizamos un concurso de carteis destas catro normas para adornar a nosa biblioteca cos gañadores, catro por ciclo.

OS NOSOS PARABÉNS PARA OS CAMPIÓNS! E por último, e non menos importante, foi a realización, por parte de cada neno e nena, do seu punto de lectura que colocado no lugar que ocupa o libro que collen para ler, marca o sitio exacto onde deberá poñerse ao rematar a súa lectura.

Isto si que axudará a gardar unha orde!

Por outra banda, queremos facer mención dunha triste nova coa que comezamos este curso. O 22 de outubro falecía a nosa benquerida madriña Anisia Miranda, á cal lle debemos o nome da nosa biblioteca. Por esas datas coincidiu a celebración do día das bibliotecas escolares (24 de outubro) e o alumnado e profesorado lembrámola con dobre motivo. Tivemos ocasión de falar da vida de Anisia e o seu home Xosé Neira Vilas collendo como referencia a colección de fotos recompiladas no noso colexio sobre ámbolos dous. Desde aquí mandámoslle unha forte e agarimosa aperta ao noso padriño.






1.- Fai coas seguintes figuras un cadrado perfecto.

2.- Fai

o

mesmo con

estoutras

figuras. (Tangram chinĂŠs)


Hai que romper a “cabesiña” un chisco! eu non! veña!

■ Hai un número que se lle quitamos a metade, dános 0. Cal é? Sol.:……………. ■ Canto tempo precisamos para cocer un ovo duro? Sol.:…………….. ■ Dúas persoas estiveron xogando ás damas. De 5 partidas cada un gañou 3. Como é posible? Sol.:………………………………………………………………………………………………………………

■ Un pastor ten que atravesar un río nunha gamela levando un lobo, un repolo e unha cabra. Pero só pode levar a un deles en cada viaxe. Como ten que facer para que cheguen os 4 á outra marxe do río sen que ninguén sexa papado? ____________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________

■ Que palabra ten 5 sílabas e máis de 20 letras? Sol.:________________________________ ■ Donde hai máis pescado na terra ou no mar? Sol.:_____________ ■ Como podes levar auga nun coador? Sol.:________________ ■ Pon col cara ao revés e o meu nome tes. Sol.:_____________


■ A Galiña precisa da túa axuda para atopar os seus pitiños.

Axuda ao meniño a atopar os carameliños.







Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.