Papaventos 27

Page 1

2016

Nยบ27


PAPAVENTOS

MAIO 2016

EDITORIAL Un ano máis sae con ilusión o PAPAVENTOS. Todos os que, dalgún xeito, colaboramos (alumnos-as, profesores-as, país e nais) para que estas páxinas vexan a luz, poñemos interese para que todos vós, ao lelas, pasedes un tempo agradable, disfrutando un chisco do que aconteceu no noso colexio ao longo de todo un curso . Curso que iniciamos con moitos cambios pola implantación da nova Lei de Educación (LOMCE), que modifica á anterior Lei (LOE), aportando importantes modificacións no sistema educativo, como as reválidas de 6º e 3º de E. Primaria. A portada deste Papaventos amosa un gran lazo solidario. A solidariedade foi o fío condutor da actividade escolar: maratóns, quimións, subasta dos cadros da entrada do colexio e tamén os nenos-as de E. Infantil fixeron unha película (Galicia é cor). Estes fondos solidarios irán para axudar a Ecuador. Queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa implicación na tarefa educativa, non só pola aportación económica, senón tamén, pola oferta variada de actividades culturais e extraescolares que pon a nosa disposición, e coas que, dende hai anos, disfrutamos o profesorado e o alumnado. Estendemos este agradecemento as Bibliotecas e ao EDL de Oleiros, por contar sempre coa súa axuda no desenvolvemento de actividades encamiñadas ao fomento da lectura e da nosa lingüa. Damos as grazas a ANPA Bidueiro pola súa implicación para que, curso a curso, a tarefa educativa sexa máis doada. Dende estas páxinas despedimos unha nova promoción de sexto (2007-16), desexándolles moita sorte na nova etapa que inician. Esperamos que o ventiño suave do Parga os-as acariñe e lles dea ánimos para acadar unha formación e desenvolvemento persoal completo. Damos a benvida aos nenos e nenas de tres anos que inician a súa andaina en E. Infantil. Sorte para todos e todas!

“LA EDUCACIÓN NO CAMBIA EL MUNDO, CAMBIA A LAS PERSONAS QUE VAN A CAMBIAR EL MUNDO” (Paulo Freire)

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

2


PAPAVENTOS

AS CORES DO OUTONO

MAIO 2016

O colexio vestiuse coas cores do outono e así de bonito lucía no Magosto e no Samaín.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

3


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

4


PAPAVENTOS

MAIO 2016

EN NOVEMBRO…SAN MARTIÑO

EN NOVEMBRO, PEÓNS E LIBROS SAIRON AOS ANDEIS DO COLE PARA AMOSARNOS A TODOS, COMO AS COUSAS MÁIS XINXELAS, PODEN SER UN GRAN DIVERTIMENTO.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

5


PAPAVENTOS

MAIO 2016

En novembro nenos e nenas falaron tamén da igualdade de xénero. O 25 de novembro é unha data para reivindicar a non violencia. As mulleres non precisamos escobas nin feitizos para seren libres. Colorea este lazo de violeta, é a cor da creatividade

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

6


PAPAVENTOS

MAIO 2016

No nadal, ao carón do lume, nenos e nenas soñaron cos xoguetes que os Reis, Papá Noel ou o Apalpador lles ían deixar nestas datas.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

7


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Coa ilusión de todos os anos, felicitáronnos as festas e participaron no concurso de postais de nadal. Estes foron os premiados.

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

DE NADAL DE

2015 IMAXE GAÑADORA PARA A PORTADA DA POSTAL DE NADAL DO 2016!! Marta P. de 5ºA de Primaria. Educación

TEXTO GAÑADOR PARA O CONTIDO DA POSTAL DE NADAL DO 2016!! Álvaro G. de 4º de Educación Primaria

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

8


PAPAVENTOS

MAIO 2016

DÍA DA PAZ O alumnado do Parga, é un alumnado solidario. O día 30 de xaneiro, conmeroraron a Paz.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

9


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Axiña chegou o Entroido. O meco e os seus mandadiños animaron a festa. Houbo diversión a cachón! Mirade, senón!!!

Foi un día xenial para maiores e pequenos!

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

10


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Ao longo do curso traballamos o fomento da lectura. Os libros son os amigos cos que pasamos bos ratos… Soñamos, viaxamos, temos miles de aventuras. Nenos e nenas medramos coa compaña dos libros. Don Qixote e Sancho seguen a ser os heroes de moitos de nós, e mesmo aprendemos a ler coas súas andanzas. No día do libro temos un recordo moi especial para os dous. Queremos agradecer ás profesoras que se encargan da biblioteca escolar o seu traballo cotiá, pero moi en especial o esforzo por presentarnos nesta data unhas novidades tan apetitosas coas que fan as delicias de todos, nenos nenas, profesores e profesoras.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

11


PAPAVENTOS

MAIO 2016

O pasado mes de maio festexamos as Letras Galegas no centro e o alumnado de 1º A e 2ºA realizaron uns traballos entorno aos poemas de Manuel María, autor homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Mirade que artistas hai nestas aulas!

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

12


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

13


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

14


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

15


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

16


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

17


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

18


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

19


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

20


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

21


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

22


PAPAVENTOS

MAIO 2016

O alumnado de 1ºB elaborou en grupos uns pósters durante a semana das letras galegas para homenaxear ao poeta Manuel María. Desfrutaron moito traballando en equipo, chegando a acordos. Algún ata fixo máis do que lle tocaba, pero o resultado mereceu a pena. Felicidades pola vosa perseveranza e estes traballos tan elaborados e bonitos.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

23


PAPAVENTOS

MAIO 2016

As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil despídense desta bonita etapa e miran con moita ilusión cara a Primaria. Desexámosvos moita sorte e esperamos a vosa visita polas aulas de infantil o vindeiro curso.

Feliz verán! CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

24


PAPAVENTOS

MAIO 2016

EDUCACIÓN INFANTIL E O CINE Alumnado de 4º de E. Infantil fixo unha mergulladura no cine. Titoras, país e nais e incluso avós foron o apoio dos nenos e nenas, nun acto solidario con Ecuador. Os nosos parabéns para estes grandes artistas. Non deixedes de ver a gran estrea “GALICIA É COR” https://www.youtube.com/watch?v=Ti42_yT3Y0g

SOLIDARIEDADE O alumnado do Parga é un alumnado solidario. Xa adiantamos no editorial as distintas actividades realizadas durante este curso. Os nenos-as de infantil xa son uns pequenos-as artistas e grandes persoas solidarias. Na carreira que se celebrou a día da V Romaría, moitas persoas colaboraron co SAHARAECUADOR, mercando os dorsais. Vendéronse moitos e vaian os nosos parabéns para todos e todas polo seu compromiso social. Tamén os nosos cativos e cativas, profesores-as, país e nais, esmeráronse na elaboración dos quimións para que os nenos-as enfermos , síntanse acariñados polo ventiño solidario do Parga.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

25


PAPAVENTOS

MAIO 2016

4ยบ NA GRANXA ESCOLA DE BARREIROS

CEIP. PLURILINGร E ISIDRO PARGA PONDAL

26


PAPAVENTOS

MAIO 2016

6º NA GRANXA DE BARREIROS

Aprendend o as herbas medicinais

Xogamos

Esquilando as ovellas

Fixemos pan

Lavamos a lá

Fiámola

Valentín deixábase acariñar CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

27


PAPAVENTOS

MAIO 2016

UN CONTO DE TRES NOITES

CEIP. PLURILINGÃœE ISIDRO PARGA PONDAL

28


PAPAVENTOS

LETRAS GALEGAS

MAIO 2016

MANUEL MARÍA A terra que tanto o inspirou, Outeiro de Rei, viu nacer a Manuel María Fernández Teixeiro o 6 de outubro do ano 1929. O primoxénito de Pastora Teixeiro Casanova e Antonio Fernández Núñez veu ao mundo na Casa de Hortas, o lugar que hoxe acolle a casa museo dedicada á súa figura. O futuro poeta medrou naquel fogar labrego acomodado tendo acceso a algunhas obras da literatura galega ou ao Gaiteiro de Lugo, que adoitaba mercar o seu pai. Pero tamén na escola á que acudiu en Rábade, á outra beira do río Miño, tivo un primeiro achegamento á poesía na lingua nai. Malia os tempos que corrían, o seu mestre dedicaba os sábados á lectura de Amado Carballo ou Manuel Antonio, que máis adiante deixarían pegada no primeiro poemario de Manuel María. O vínculo afectivo coa Casa de Hortas manteríase sempre forte, pero con só 12 anos, tras a morte do pai, marchou vivir a Lugo co seu tío, Xosé Fernández Núñez, o párroco de San Froilán. Home severo e de gran formación intelectual, marcou o seu espertar á mocidade, no que ben axiña amosou o seu interese polo mundo literario. Manuel María soubo aproveitar como lector a biblioteca do tío, mais tamén gastaba os cartos que tiña en librarías de vello enchoupándose nos clásicos. Como poeta fincaba tamén alicerces: de volta a Outeiro de Rei polo verán, Manuel Paderna, xornaleiro na Casa de Hortas, aprendíalles a el e a outro rapaz a compoñer versos. Tras un tempo nos Maristas, no quinto curso trasladouse ao Instituto de Lugo para rematar o bacharelato. Foi nesa época cando coñeceu a quen sería un dos seu grandes amigos, Uxío Novoneyra, e tamén aos intelectuais galeguistas que estaban na cerna da recuperación cultural no Lugo de finais dos anos 40 e comezos dos 50. Foi grazas ao seu profesor de Literatura, Lázaro Montero, cando lle presentou a Celestino Fernández de la Vega para que impartise unha conferencia no Círculo das Artes, dentro dun ciclo titulado “Los jóvenes valores lucenses”. Manuel

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

29


PAPAVENTOS MAIO 2016 María coñeceu naquel acto a Luís Pimentel, a Juan Rof Codina e a outros membros do faladoiro do Cantón Bar, que pouco despois se trasladaría ao Méndez Núñez. En 1949, xunto ao seu amigo Manuel Antonio Sopena, Manuel María fundou a revista de poesía na que faría públicos por primeira vez versos da súa autoría. A publicación, por suxestión de Pimentel, chamouse Xistral, nome que anos despois foi recuperado para a colección de poesía que creou con Ánxel Xoán. Pouco despois, en 1950, saía do prelo o seu primeiro libro, Muiñeiro de brétemas, escrito un ano antes, cando só tiña 19 anos. Con este poemario converteuse no primeiro autor novo en publicar en galego tras a Guerra Civil. Aínda debedora da mocidade, esta obra inaugurou a denominada Escola da Tebra, caracterizada pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus. O seu desexo era estudar Filosofía, pero en 1950 acabou matriculándose por libre na carreira de Dereito por vontade do seu tío. Froito daquela frustrante e curta experiencia, nunha noite de insomnio, segundo el mesmo contaría despois, escribiu Morrendo a cada intre, publicado en 1952. A morte do seu irmán pequeno nun atropelo incrementou a angustia existencial e deu lugar a Libro de pregos. Escrito en 1951, este poemario gañou o Premio Eduardo Pondal de Poesía en Buenos Aires en 1955 mais non se publicaría ata 1962. Desa época de desasosego é tamén Advento, co que gañou o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires no ano 1952. Os versos da crise persoal de mocidade deron paso a unha nova etapa de apertura á paisaxe, inaugurada con Terra Chá. Manuel María coidaba que esta obra foi froito das lecturas d’O ermo de Noriega compartidas con Novoneyra no tempo libre que lles quedaba cando cadraron no campamento de Parga. Pero a maior parte do servizo militar fixérona os dous novos poetas en Compostela, onde Manuel María iniciou unha estreita relación con Ramón Otero Pedrayo e, sobre todo, co pintor Carlos Maside, que o introduciu nas teses marxistas. Alí tamén se incorporou ao faladoiro do Café Español a carón de Borobó, Bouza Brey, Ramón Lugrís, García Sabell, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo… e outros escritores máis novos como Pura Vázquez, Pilar Vázquez Cuesta, Celso Emilio ou Xosé Manuel Beiras. Manuel María era, xa naquela altura, coñecido nos centros culturais do país e participaba en numerosos recitais de poesía. Arredor de 1954 foi convidado por Ramón González Alegre, director da revista Alba, a colaborar na publicación e na súa casa coñeceu a dous poetas dos máis novos: Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín, co que mantería unha estreita relación. Ese mesmo ano viu publicados Advento e Terra Chá e gañou os Xogos Florais de Ourense, recoñecemento ao que seguirían moitos outros nos vindeiros anos. Para se gañar a vida, o poeta decidiu preparase para procurador dos tribunais. Tras o servizo militar e de regreso a Lugo, mentres preparaba estas probas, que superaría en 1957 cunha das máximas cualificacións, Manuel María coñeceu a Saleta Goy, a súa muller e compañeira na meirande parte dos seus proxectos, presente tamén en diante ao longo da súa obra. A parella instalouse en Monforte de Lemos en 1958. Nos anos sesenta e setenta a poesía e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo. No entanto, a carón do traballo intelectual, o poeta manifestou o seu compromiso na militancia política clandestina e formou parte da UPG e da Fronte Cultural da ANPG. A súa opción provocoulle marxinación en certos sectores intelectuais que, se ben traballaban na resistencia cultural, non aprobaban a participación en organizacións políticas marxistas. Neste contexto, a disparidade de posicións con respecto ao grupo de Galaxia levouno a crear a Editorial Xistral no ano 1967. Desde este selo, lanzaría a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Lois Diéguez, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo, Xosé Luís Álvarez Pousa, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Lois García, Bernardino Graña e o propio Manuel María. O mesmo nome que a editora levaríao a libraría que abriu xunto a Saleta en 1970, un auténtico centro de dinamización cultural desde Monforte. CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

30


PAPAVENTOS MAIO 2016 Do 68 é tamén o seu primeiro libro de poemas infantís, Os soños na gaiola, escrito cando a produción literaria en galego para o público máis novo apenas sumaba uns poucos títulos e unha década antes da introdución oficial da lingua galega no ensino. Tras saír á luz por primeira vez nunha edición non venal, en 1972 a Editorial Celta reeditouno e sería a partir dese momento cando empezaría a gañar popularidade, se ben á súa sona axudou moito o disco do mesmo nome que Suso Vaamonde gravou 1978, no que cantaba os seus versos. Pouco despois, en 1979, Manuel María fixo público As rúas do vento ceibe, outro éxito da poesía para o público máis novo e outra contribución destacada á normalización do idioma entre as novas xeracións. A súa produción literaria non se viu reducida por mor da implicación política. Pola contra, o escritor multiplicou a súa actividade. A diversidade nos xéneros que cultivou foi recoñecida ao gañar, en 1976, o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega. Na súa poesía, 1977 supón un ano ponte entre Poemas pra construir unha patria, o libro máis definido na aposta nacionalista, e Poemas ó Outono, que marcou en parte unha nova etapa que continuou con Poemas da labarada estremecida, publicado en 1981. Este libro, cun claro cambio de rumbo, dedicouno á súa historia de amor, analizando a vida desde unha perspectiva máis madura, con maior preocupación pola forma dos versos e no que se produce, tamén, un regreso á infancia, á paisaxe das súas orixes, Outeiro, a Terra Chá. En diante a poesía social ou patriótica que tanto cultivara na etapa anterior case desapareceu da súa produción, que seguiu a ser intensa. Ademais de poesía, escribiu ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti ou Crecente Vega e publicou pezas de teatro e centos de artigos en xornais e revistas galegas ou de fóra como El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Grial ou A Nosa Terra, onde escribiu baixo o pseudónimo Manuel Hortas Vilanova. Como persoa comprometida socialmente, entre as últimas iniciativas coas que colaborou figuran as de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis, a raíz do desastre do Prestige. En 1999 volveu ademais concorrer nunha lista electoral, polo BNG, na cita coas urnas que supuxo a designación do primeiro deputado nacionalista galego no Parlamento Europeo. Ao longo da súa vida, foi recoñecido con numerosos galardóns como o Premio Celanova, Casa dos Poetas, outorgado en 1990, ou o Pedrón de Ouro, que recibiu en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro. O 15 de setembro de 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dedicoulle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e, en maio de 1997, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou en Outeiro de Rei a homenaxe O escritor na súa terra, na que se plantou un carballo, se descubriu unha pedra conmemorativa e se inaugurou unha rúa co nome do poeta. O 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, ingresou na Real Academia Galega co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe (.pdf).

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

31


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

32


PAPAVENTOS

TALLERES

MAIO 2016

Para conmemorar as Letras Galegas fixemos moitos talleres, dende xoias con flores secas , ata cestos… Foi unha xornada ben divertida!

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

33


PAPAVENTOS

OS ENXEÑEIROS - ENXEÑEIRAS DE 5º

MAIO 2016

Nenos e nenas de 5º botaron man da súa creatividade e enxeño para faceren estes aparellos tan curiosos, que ademais funcionaron perfectamente. Parabéns polo voso esforzo.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

34


PAPAVENTOS

MAIO 2016

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

35


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Ronsies de 6º

Outro curso máis, os nenos-as de 6º inician a etapa de Secundaria no IES Mª Casares. Parabéns para todos e todas por finalizar a etapa de Primaria, polo voso esforzo para conquerir unha educación plena. O colexio sempre gardará un recordo agarimoso das pegadas que deixastes. Contade sempre con nós! As vosas visitas polo cole son un alento para os compañeiros-as e o profesorado.

Agora que me vou do cole, sinto tristura e alegría. Alegría por coñecer xente nova. Tristura porque neste cole pasei a miña vida.

Vendo mochilas! Corre que no las pillas! Son unha marabilla! Vendo mochilas! Funcionan con pilas! Sempre son de cor amarilla.

Ariadna

Juan

Botarei de menos o cole cando os recordos entren na miña cabeza. Recordos bos e malos, pero recordos do cole.

Adeus colexio! Estrañarei as clases,os recreos, compañeirosas que deixo atrás, profesores e profesoras.

Khem

Estrañarei esas clases aburridas, divertidas, felices , tristes, cantarinas… Sofía

Hoxe voume con tristura do cole, pero sei, que a xente que máis quero, está conmigo.

Os nenos-as de 6º despedímonos do colexio e ao instituto saúdamos.

Antía

O colexio é meu amigo,

Estamos tristes por irnos, pero felices por chegar a un novo lugar, porque … ímolo pasar xenial!

Vén sempre conmigo,

Xián

Polos anos tan divertidos Iria CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

36


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Estou moi alegre polas vacacións , anque sempre levarei dentro o Parga.

Me vou do cole, estou alegre porque me fago maior, pero triste por deixar atrás toda a miña infancia.

Iago

Lucía Triste por irme, contenta por chegar ata aquí.

Dame moita mágoa marchar co cole porque levo moitos anos nel e teño moitos e bos momentos. Tamén estou feliz polo instituto, donde vou coñecer xente nova e facer novos amigos. Laura

Teño mágoa por marchar do cole, pero no instituto vou coñecer xente nova. Alba

Paula

Dame moita mágoa irme do cole porque estou deixando atrás os meus recordos. A xente que me coñece e quere, ao mellor, non se recordarán de mín, pero eu si, e sempre as quererei. Clara

Botarei en falta ao colexio, aos meus amigos-as de Infantil e de Primaria, e tamén botarei de menos ás profesoras e a esta lugar que me fixo vivir inesquecibles experiencias, coma as excursións normais e a excursión de Fin de Curso que fixemos hai pouco, (a miña favorita).Non esquecerei xamais a xente de alí, pero faime moita ilusión ir ao instituto.

É o derradeiro día, perfecto para seguir a vida. A vida dun estudiante, é a vida dun camiñante e sempre camiña cara adiante, con pasos tan grandes coma os dun elefante, ou tan pequechos coma os dun malfalante.

José

Carlos

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

37


PAPAVENTOS

MAIO 2016

¡Vendo mi alma dañada! mi corazón descolorado, mi sangre desteñida. Vendo mis pensamientos dolidos! Un nudo en mi garganta por tus mentiras me ha salido.

¡Vendo patatas con sabor a manzana! ¡Vendo limones con sabor a tritones! ¡Vendo mi casa que está encantada! Hugo Barreiro

¡Vendo mis lágrimas caídas! Para ti, lágrimas desapercibidas. ¿Las tomarás como bebidas? ¡Vendo mi felicidad! ¡Ah! ¡Ah! ¡Qué chiste! ¡Eso no! ¡Eso es para la eternidad! Khem

¡Vendo alegrías a las personas como un payaso a la gente, en el Circo de Oriente! ¡Vendo objetos frágiles , dulces y bonitos a los muy timiditos!

Vendo chuches de sabores, de fresa, de cereza y de limón para endulzar las mañanas.

¡Vendo un sueño regalo de trolles imaginarios, que están en mi armario!

Vendo soles de colores, amarillos, verdes y marrones para llenar de luz mis amores Laura

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

38


PAPAVENTOS

MAIO 2016

PRÓXIMO DESTINO…MARÍA CASARES A ilusión do alumnado de 6º por chegaren ao instituto, levounos a pescudar polo seu nome: María Casares, unha muller importante de quen os alumnos-as séntense moi orgullosos.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

39


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Así de chulo e rebonito luce o patio de Educación Infantil. Que grandes artistas!

Exposición Invitámosvos a visitar a exposición dos grandes maestros da pintura contemporánea pertencentes a Escola do Parga. Creatividade, color, enxeño, movemento, expresión, destellos de luz, son as notas máis importantes deste traballo cooperativo que non vos defraudará. Donde: na entrada do cole. Cando: Durante todo o vindeiro curso.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

40


PAPAVENTOS

MAIO 2016

Equipo de Dinamización Lingüística CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal Curso 2015-16

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.